[go: up one dir, main page]

A Torre de Londres é, oficialmente, O palacio e fortaleza da súa maxestade, a Torre de Londres, aínda que o derradeiro gobernante que residiu nela foi Xacobe I (1566-1625).

Modelo:Xeografía físicaTorre de Londres
(en) Tower of London Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoxacemento arqueolóxico Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaTower Hamlets, Reino Unido e Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónTower Hill, London EC3N 4AB Editar o valor en Wikidata
Mapa
 51°30′30″N 0°04′34″O / 51.5082, -0.0761981
Bañado porRío Támesis Editar o valor en Wikidata
Composto por
Características
Material usadoReigate stone (en) Traducir
rag-stone (en) Traducir
lamito (pt) Traducir
Caen stone (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio cultural  → Europa-América do Norte
Data1988 (12ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (ii) e (iv) Editar o valor en Wikidata
Identificador488
Monumento planificado
Data1 de xaneiro de 1900
Monumento clasificado como grao I
Torre Branca (pt) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg
Data30 de novembro de 1989
Identificador1260258
Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundación1066 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Visitantes anuais2.741.126 (2016) Editar o valor en Wikidata
FundadorGuillerme I de Inglaterra Editar o valor en Wikidata
PropietarioCarlos III do Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Instalaciónsbanheiro acessível (pt) Editar o valor en Wikidata

Páxina webhrp.org.uk… Editar o valor en Wikidata
Facebook: toweroflondon Twitter: TowerOfLondon Editar o valor en Wikidata

A Torre Branca, o edificio cadrado con torretas en cada esquina que lle deu o nome ao edificio, atópase no centro dun complexo de diversos edificios á beira do río Támese en Londres. O complexo foi empregado como fortaleza, armería, almacén do tesouro, palacio, palacio de detención, observatorio, refuxio e cárcere, especialmente para prisioneiros de "clase alta". Este último uso converteu a frase "enviar á Torre" en sinónimo de "entrar en prisión". A raíña Isabel I estivo prisioneira aquí durante o reinado da súa irmá María; a derradeira vez que a Torre foi empregada como prisión foi durante a segunda guerra mundial para Rudolf Hess.

Historia

editar

A primeira fortificación coñecida no sitio foi unha fortificación romana que Claudio construíu para protexer a cidade de Londinium.

En 1078 Guillerme o Conquistador ordenou a construción da Torre Branca, tanto para protexer aos normandos da poboación de Londres como para protexer á cidade de calquera inimigo. Os primitivos fortes existentes, incluído o romano, eran edificios construídos en madeira, pero Guillerme ordenou que a Torre construísese con pedras traídas especialmente desde Francia. Foi o rei Ricardo Corazón de León quen construíu o foxo ao redor do edifico e encheuno con auga do Támese. O foxo non foi demasiado efectivo ata que Henrique III reconstruíu seguindo unha técnica neerlandesa (en 1830 o foxo foi drenado e atopáronse ósos humanos no fondo).

 
Exteriores da Torre Branca de Londres.

No século XIII estableceuse na Torre unha casa de feras, probablemente nos inicios de 1204 durante o reinado de Xoán I e, posiblemente, con animais procedentes dunha antiga casa de feras establecida en 1125 polo rei Henrique I no seu palacio preto de Woodstock. A colección de animais abriuse algunhas veces ao público durante o reinado de Isabel I. En 1804 a colección abriuse ao público de xeito regular. Aquí foi onde o poeta William Blake viu o tigre que inspirou o seu poema. Os animais trasladáronse ao novo zoolóxico de Londres en 1828. Aínda se conserva unha porta co nome de porta do león en honra aos animais que un día residiron na Torre.

A maioría dos criminais comúns eran executados en sitios públicos fóra da Torre; execucións que tamén se fixeron públicas con algunhas personalidades de clase alta como Tomás Moro. Con todo, os nobres e, sobre todo, as mulleres, eran executados de forma privada na Torre Verde, no interior do complexo, e soterrados na Capela Real de San Pedro ad Vincula. Algúns dos nobres executados no exterior da Torre están soterrados tamén nesta capela.

Algúns dos executados na Torre acusados de traizón foron:

A lenda di que pódese ver a Ana Bolena, executada por traizón ao rei Henrique VIII, pasear pola Torre coa súa cabeza debaixo do brazo.

O uso militar da Torre como fortificación volveuse obsoleta coa introdución da artillaría. Con todo, a Torre serviu como cuartel xeral do departamento de armamento británico ata 1855. Durante a primeira guerra mundial once espías alemáns estiveron prisioneiros na Torre. En 1941 o axudante de Hitler, Rudolf Hess, permaneceu encarcerado na Torre durante catro días.

Descrición

editar
 
Sentinela na Torre de Londres.

Hoxe a Torre é basicamente unha atracción turística. Ademais dos edificios pódense ver as Xoias da Coroa Británica, unha colección de armaduras reais e restos da muralla romana.

O control da Torre corre a cargo dos Gardas Yeomen, coñecidos popularmente como Beefeaters, que actúan como guías turísticos sendo eles mesmos unha atracción. Cada serán os gardas participan na cerimonia das chaves que asegura a Torre durante a noite.

Segundo manda unha antiga tradición, un número determinado de corvos mantense na Torre. Alimentáselles con fondos gobernamentais. Segundo esta lenda, mentres os corvos permanezan na Torre, Inglaterra estará a salvo das invasións. Agás as dos Ingleses.

Véxase tamén

editar