[go: up one dir, main page]

Pamplona

capital de Navarra e capital do Reino histórico de Navarra

Pamplona[1] ou Iruña (en castelán: Pamplona, en éuscaro: Iruña, as dúas denominacións cooficiais; tamén en éuscaro: Iruñea[2]) é un concello e unha cidade do norte de España, capital da Comunidade Foral de Navarra e tamén do histórico País Vasco. É sede arcebispal e etapa no Camiño de Santiago. A súa poboación é de 197.138 habitantes (INE 2017).

Modelo:Xeografía políticaPamplona
Iruña (eu)
Pamplona (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 42°49′00″N 1°39′00″O / 42.8167, -1.65
EstadoEspaña
Comunidade foralNavarra
MeiriñadoMeiriñado de Pamplona
ComarcaCuenca de Pamplona Editar o valor en Wikidata
Capital de
CapitalCidade de Pamplona Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación205.762 (2023) Editar o valor en Wikidata (8.737,24 hab./km²)
Lingua oficiallingua castelá (zona lingüística)
lingua éuscara (zona lingüística) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie23,55 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Arga Editar o valor en Wikidata
Altitude450 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación74 a. C. Editar o valor en Wikidata
Evento clave
755asedio de Pamplona
31 de outubro de 1813Asedio de Pamplona
10 de abril de 1823asedio de Pamplona
27 de agosto de 1874asedio de Pamplona Editar o valor en Wikidata
Santo padrónSadurniño de Tolosa Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataYolanda Barcina (1999–2011)
Enrique Maya (2011–2015)
Joseba Asiron (2015–2019)
Enrique Maya (2019–2023)
Cristina Ibarrola (pt) Traducir (2023–2023)
Joseba Asiron (2023–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal31001–31016 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico948 Editar o valor en Wikidata
Código INE31201 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webpamplona.es Editar o valor en Wikidata
BNE: XX451108

Pamplona foi fundada no 74 a.C. polo xeneral romano Pompeio sobre un poboado preexistente chamado Iruña ou Bengoda[3], converténdose nunha das poboacións máis importantes do territorio dos vascóns.

É coñecida internacionalmente polos Sanfermines, festas que se celebran entre o 6 e 14 de xullo e que están declaradas de interese turístico internacional.

Xeografía

editar
 
O Arga en Pamplona

Pamplona esta sita na Navarra media ou Prepireneo, nunha ampla depresión, a uns 445 m de altitude sobre o nivel do mar, rodeada de montañas, denominada Cuenca de Pamplona, atravesada polo río Arga, a ambas dúas beiras do cal se estende a cidade. Polo termo municipal de Pamplona, tamén discorren os ríos Elorz e Sadar. É unha boa situación estratéxica, en cruzamento de vías por todas as direccións, o que influíu no papel histórico da cidade.

A súa situación na Navarra media, crea un clima de transición entre o tipo atlántico, da Navarra norte e o mediterráneo continentalizado da Navarra sur ou Ribera. A media de temperaturas dos meses máis fríos (decembro, xaneiro, febreiro) é de 6,6 °C, con riscos de continentalización por mor da súa situación interior; mentres que a dos meses máis cálidos (xuño, xullo, agosto) é de 21,6 °C, máis suave que que a de localidades do curso medio do Ebro. Porén as precipitacións medias son superiores ás do val do Ebro, evidenciando a influencia oceánica, especialmente nos meses invernais (225,9 mm), aínda que só representen a metade das que recibe Donostia (490 mm) no mesmo período, pero netamente superiores ás de Logroño (148,9 mm) ou Zaragoza (88,2 mm). A época máis seca corresponde á primavera con só 34,5 mm.

Demografía

editar

Evolución demográfica

editar

Da evolución demográfica contemporánea da cidade dáse conta no apartado histórico e sinálase no gráfico inferior. Baste indicar que a mediados do século XIX, Pamplona apenas representaba o 7 % da poboación de toda Navarra, mentres que a mediados da década de 1960 ascendía a case o 30 %.

 
Evolución demográfica de Pamplona desde 1900

Historia

editar

Pamplona é citada por Tolomeo como Pompailon, supóndose que o nome alude á súa fundación por Cneo Pompeio no ano 74 a.C. No Itinerario de Antonino aparece como Pompelone. No ano 465 a cidade é ocupada polo rei visigodo Eurico, e posteriormente por reis francos por pouco tempo. Nese mesmo século afírmase como sé episcopal, con san Fermín como primeiro bispo segundo a tradición. Tomada polos árabes, foi atacada por Carlomagno no ano 778, pero este sería derrotado en Roncesvales na súa retirada.

Durante o século IX o reis de Pamplona, os Enneco, afirman paulatinamente a súa independencia, buscando, se era preciso o apoio dos Banu Qasi de Tudela e tomando precaucións diplomáticas a respecto doutros gobernantes musulmáns próximos. En 924 foi de novo asolada polos musulmáns, con Abd ar-Rahman III, que saquea e incendia a cidade, pero que non incorpora.

 
Baluarte do Redín das Murallas de Pamplona (século XVI).

A finais do século XI parece estar restaurada a sede bispal, pero a cidade está sometida á autoridade real. Durante o reinado de Sancho Ramírez iniciouse a construción da catedral, no que se coñece como a Navarrería, que ven continuar o antigo núcleo romano. O impulso de renovación urbana en toda Europa, propiciou a chegada de estranxeiros, especialmente de territorio francés, de aí o nome xenérico de francos con que son coñecidos. Acollidos na cidade, acrecentan o seu perímetro asentados no burgo de San Cernín, que é obxecto de protección real a través de foro propio desde 1129. Sesenta anos despois engádese o burgo de san Nicolás. Os tres burgos, autónomos en certo modo, pasan a formar unha unidade urbana en 1423 polo Privilexio de Unión outorgado polo rei Carlos III.

As ambicións aragonesas no século XV e a súa rivalidade con Francia, herdadas polo Rei Católico, conduciron á invasión de Navarra e á toma da capital, con tropas ao mando do duque de Alba o 25 de xullo de 1512. O reino, perdida a súa secular independencia medieval, sería, porén incorporado á Coroa de Castela en 1515, e pasa a ser dirixida por un vicerrei auxiliado por un consello real, aínda que conservaría os seus foros, facenda (Cámara de Comptos), cortes, moeda propia e alfándegas fronte os reinos peninsulares limítrofes.

Poucos anos despois en 1521 a cidade sería cercada, por tropas de Francisco I de Francia, infrutuosamente. Con oito camiños en dirección cara ao país galo, decidiuse fortificar adecuadamente a cidade, e en 1571, no reinado de Filipe II levantouse a cidadela amurallada.

O século XVII, como noutras localidades españolas, veu xurdir unha febre construtiva que dotou a cidade dalgúns dos seus mellores edificios: conventos das recoletas e das carmelitas descalzas, basílica de santo Ignacio, febre que proseguiu no XVIII: Pazo episcopal, capela de san Fermín (catedral), seminario sacerdotal de san Xoán, casa de misericordia, fachada da catedral etc.

 
Panorámica dos barrios do norte de Pamplona co Monte Ezcaba ou San Cristóbal ao fondo, visto desde o miradoiro do Redín.

En 1808 Pamplona foi tomada polas tropas napoleónicas, que a mantiveron no seu poder até 1813. Foco Navarra, como o País Vasco en xeral, tradicionalista, as guerras carlistas, marcaron un certo declive da capital, en especial desde a terceira guerra carlista. Só paulatinamente nas primeiras décadas do XX foi capaz dun certo dinamismo, que superou a atonía vixente. Durante a II República, Navarra e Pamplona con ela, volveu ser un centro da ideoloxía tradicionalista, onde o xeneral Mola atoparía o clima propicio para dirixir o golpe militar do 18 de xullo de 1936 e lograr o apoio dunha forte masa carlista, calculada en 100.000 homes que se lle uniría en milicias.

con algo menos de 23.000 habitantes en 1860, a segunda metade do século XX veu medrar a cidade en detrimento do país rural navarro. En 1950 a cidade tiña xa sobre 50.000 habitantes, pero en 1958 estaba xa moi cerca dos 80.000. En apenas unha ducia de anos esta poboación duplicaríase até atinxir arredor dos 150.000 en 1972, alcanzando a súa periferia unha serie de localidades que tamén viron medrar a súa poboación.

Patrimonio monumental e cultural

editar
 
Catedral de Santa María
  • Cidadela (1571), recinto amurallado de plano en estrela pentagonal, edificado polo italiano Jacopo Paleazzo.
  • Igrexa de San Cernín (San Sadurniño), gótica, de comezos do século XIV, coa capela barroca da Virxe do Camiño.
  • Catedral, do século XV, gótica: reedificación polo monarca navarro Carlos III, despois do esborrallamento da vella sé a fins do século XIV. As tres naves góticas complétanse cunha serie de capelas barrocas construídas nos séculos XVII e XVIII
    • Claustro, século XIV e XV, con importantes relevos góticos.
    • Fachada, de estilo neoclásico, non se corresponde co resto da fábrica, débese ao arquitecto Ventura Rodríguez.
  • Cámara de Comptos, edificio que albergou a facenda real navarra desde o século XIV.
  • Palacio de Navarra,
  • Basílica de San Ignacio (1694), barroca.
  • Igrexa de San Lourenzo (1717), coa capela de San Fermín.
  • Pazo Municipal, do século XVIII.

Museos

editar
  • Museo de Navarra, ocupa un edificio renacentista (1556) que foi hospital. Contén coleccións arqueolóxicas e coleccións de pinturas desde a época gótica.
  • Museo Diocesano, sito na catedral, exhibe coleccións fundamentalmente de orixe relixiosa, procedentes de toda Navarra.

Linguas

editar
 
Placa dunha rúa escrita en castelán e éuscaro.

Xunto ao castelán, lingua principal que se fala na cidade, o éuscaro ten unha presenza notable e histórica como queda patente, ademais de nos múltiples documentos históricos que a testemuñan, na gran cantidade de nomes euskéricos presentes na toponimia da cidade. Durante a Idade Moderna comezou un período de declive ata a súa case desaparición. Na actualidade, o seu coñecemento e uso están a aumentar. Segundo datos oficiais, un 20% da poboación coñécea, aínda que o seu uso na vida cotiá sexa bastante menor do que indica esta cifra.[4]

Pamplona pertence á chamada Zona mixta segundo a Lei foral do éuscaro de 1986 (as outras dúas zonas definidas pola lei son a "Zona vascófona" e a "Zona no vascófona". Polo tanto, todos os impresos da administración, e tamén as rotulacións, deben estar nas dúas linguas oficiais da cidade, o castelán e o éuscaro, aínda que non chega a ser así.

A propia cidade noméase coa dobre denominación Pamplona-Iruña en virtude da citada Lei, sendo dobres os nomes oficiais de moitos dos seus barrios (Rochapea/Arrotxapea, Casco Viejo/Alde Zaharra, San Juan/Donibane).

Deporte

editar
 
Estadio Reyno de Navarra

Ten equipos nas máis altas categorías dalgúns deportes, destacando a nivel rexional, estatal e ata a nivel continental.

Entre eles cabe destacar o Club Atlético Osasuna de fútbol, histórico do fútbol español. O Osasuna participou ademais en diversas ocasións nas principais competicións europeas, a Copa da UEFA e a Liga de Campións. Xoga os seus partidos no coñecido estadio de El Sadar.

Outro que destaca é o SDC San Antonio de balonmán, que conseguiu varios títulos nacionais e europeos, e o MRA Navarra de fútbol sala, que milita na máxima categoría da liga española. Sendo así mesmo digno de destacar que nela se atopa a sede da Federación Internacional de Pelota Vasca, máximo organismo deste deporte a nivel internacional.

Cidades irmandadas

editar
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pamplonés.
  2. O topónimo correcto en éuscaro segundo a Euskaltzaindia é Iruñea, aínda que popularmente chámase tamén Iruña. Non obstante, os topónimos oficiais son Pamplona e Iruña.
  3. De Historia general de España y América páxina 265 Disponible en Google Books Arquivado 14 de decembro de 2011 en Wayback Machine.
  4. pampiruña.com (ed.). "Euskera en Pamplona". Consultado o 16 de xuño de 2009. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar