[go: up one dir, main page]

Ramón Otero Pedrayo

xeógrafo e escritor galego
(Redirección desde «Otero Pedrayo»)

Ramón Otero Pedrayo, nado en Ourense o 5 de marzo de 1888 e finado na mesma cidade o 10 de abril de 1976, foi un xeógrafo, profesor, escritor, político e intelectual galego. Membro da Xeración Nós, ingresou nas Irmandades da Fala en 1918. Foi responsable da área de xeografía do Seminario de Estudos Galegos e deputado polo Partido Galeguista nas Cortes Constituíntes republicanas. Traballou na aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1936. Fiel á causa galeguista durante a Guerra civil española, foi expedientado. Foi membro da Real Academia Galega e presidiu a Editorial Galaxia. Participou no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento. É autor dunha ampla obra narrativa, ensaística e dramática.

Modelo:BiografíaRamón Otero Pedrayo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de marzo de 1888 Editar o valor en Wikidata
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Morte10 de abril de 1976 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Ourense (España) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte natural Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de San Francisco de Ourense Editar o valor en Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas
13 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933

Circunscrición electoral: Ourense
Catedrático de universidade
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Relixióncatólica
EducaciónUniversidade Central Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, xeógrafo, político, catedrático Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Galeguista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticonovela, ensaio, teatro, poesía
ProfesoresAndrés Ovejero Bustamante, Antonio González Garbín, Marcelo Macías, Eduardo Moreno López e Eduardo de Hinojosa y Naveros Editar o valor en Wikidata
Influencias
Pseudónimo literarioCerro de los Llanos
Santiago de Amaral
Roque de Agra Editar o valor en Wikidata
Linguagalego e castelán
Obra
Obras destacables
DoutorandoMaría del Rosario Castells Vila Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJosefa Bustamante Muñoz [1] Editar o valor en Wikidata
Fillosnon tivo Editar o valor en Wikidata
PaisEnrique Otero Sotelo Editar o valor en Wikidata  e Eladia Pedrayo Ansoar Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Diciopedia do século 21, (vol:3, p.1532)
Diccionario de escritores en lingua galega, (p.306-307) Editar o valor en Wikidata
Galiciana: 36187 BNE: XX1022329 Bitraga: 653 BUSC: otero-pedrayo-ramon-1888-1976 Find a Grave: 10920815 Editar o valor en Wikidata

A Fundación Otero Pedrayo e a Fundación Penzol conservan a súa biblioteca e arquivo. En 1988 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Traxectoria

editar

Mocidade

editar
 
Casa natal. Rúa da Paz, Ourense.

Naceu no número 25 da rúa da Paz (até 1839 chamada a dos Zapateiros), no mesmo edificio en que vivía Vicente Risco, e foi bautizado o 6 de marzo na igrexa de Santa María Nai cos nomes de Ramón Antonio Vicente. Foi membro dunha familia rica, fillo único do médico e deputado Enrique Otero Sotelo, e mais de Eladia Pedrayo Ansoar, filla do prestixioso avogado e político ourensán Ramón Pedrayo Silva, quen foi padriño do neno.

En setembro de 1898 ingresou no Centro Provincial de Instrución, hoxe coñecido coma Instituto Otero Pedrayo, inaugurado en 1896 nas inmediacións do xardín do Posío.[2] Estudou o bacharelato na súa cidade natal, onde recibiu clases de Marcelo Macías e Eduardo Moreno López entre outros. Grazas aos seus bos resultados académicos, en xuño de 1901 foi elixido canda a Florentino López Cuevillas para ter unha merenda con Emilia Pardo Bazán.

Trala morte do seu pai, pasou o curso 1904-05 preparando por libre o primeiro curso de Filosofía e Letras e mais o preparatorio de Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. En maio de 1905 foi por vez primeira a Santiago de Compostela, onde recibiu clases de Armando Cotarelo Valledor, González Salgado e Modesto Fernández Ferreiro. En xuño aprobou os exames e no verán fixo unha viaxe co seu tío polo mar do Norte, recalando en Southampton, Brest e Rotterdam. En outubro de 1905 marchou a Madrid a estudar Dereito e retomar Filosofía e Letras. Alí frecuentou o Ateneo.

Tras rematar as dúas carreiras en 1912, regresou a Ourense, coa idea de preparar oposicións a catedrático. En 1917 publicou dous artigos en La Centuria: «La confesión del hombre culto» (no n.º 2) e «Cartas espontáneas» (no n.º 3). O 13 de xaneiro de 1918 publicou en La Región o artigo «Acción regionalista», en apoio á candidatura de Luís Porteiro Garea ás eleccións xerais. Xusto unha semana despois interviu nun mitin en Bentraces. Nese mesmo ano, 1918, ingresou nas Irmandades da Fala.[3] O 19 de febreiro de 1919, logo de tres intentos, aprobou por oposición a cátedra de Xeografía e Historia. Tomou posesión o 23 de marzo dese ano en Burgos, e en xullo permutou a praza por outra en Santander. En outono de 1921 acadou praza en Ourense.

En 1920 foi un dos fundadores da revista Nós, onde publicou o seu primeiro artigo en decembro de 1921, «Irlanda política no século XIX». Nesta época aumenta a súa militancia galeguista, e dá o seu primeiro discurso público en galego na presentación do álbum Nós de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao en Vilagarcía de Arousa.

 
Membros do SEG en 1928. De esq. a d. De pé: Otero Pedrayo, Losada, Cuevillas, Risco, Carballo Calero, Filgueira, García Paz, Pintos, Fraguas e Osorio-Tafall. Sentados: Parga, Moralejo, Carro, Cabeza de León, Arias, Limeses e Novás.

Catedrático en Ourense

editar

O 6 de agosto de 1923 casou en San Vicente de Toranzo, Corvera de Toranzo, con María Josefa Bustamante Muñoz (Fita), dez anos máis nova, nada o 27 de setembro de 1898, a quen coñecera en Santander.[1] Marchan de lúa de mel a París, Bélxica e as praias do mar do Norte,[4] e á volta residen entre Ourense e Trasalba, pasando os veráns en Cantabria. Nunca terían fillos.

A súa actividade cultural e política é cada vez maior. En abril de 1921 participou na III Asemblea Nacionalista de Vigo, e en febreiro de 1922 na IV Asemblea Nacionalista de Monforte de Lemos. Aínda que nesa época non tivo cargos de responsabilidade, durante a ditadura de Primo de Rivera consagrouse como líder ideolóxico e membro da Xeración Nós. En 1924 acadou o premio convocado polo Seminario de Estudos Galegos coa obra Pantelas, home libre, publicada por Lar en 1924. En xaneiro de 1924 publicou «O feitizo das roínas», o seu primeiro artigo no voceiro A Nosa Terra.

En agosto de 1926 publicou no número 32 da revista Nós un anaco da novela de James Joyce Ulises, a primeira tradución realizada nunha lingua da península Ibérica[5]. Tamén en 1926 publicou a Guía de Galicia, volume publicado por Espasa Calpe.

 
Ingreso de Otero Pedrayo na RAG, 1929. Con Lugrís; Pérez Barreiro; Eladio Rodríguez; Estrada Catoyra; Carré e Risco.

Colaborou de forma activa co Seminario de Estudos Galegos e dirixiu a sección de Xeografía desde 1926. En xullo dese ano, Ano Santo Xacobeo, foi canda a Vicente Risco, Xavier Pardo, Lois Feixoo e Antón Sánchez desde Ourense até Santiago de Compostela camiñando. O itinerario, de catro días, deu pé ao texto de Lameiro No camiño de San-Yago. En 1927 percorreu as terras do Carballiño e O Ribeiro. En xullo dese mesmo ano foi con Vicente Risco e Xosé Ramón Fernández-Oxea camiñando desde Ourense até o Santuario de Santo André de Teixido, percorrido que deu pé ao libro de viaxes Pelerinaxes I, publicado en 1929.

O 9 de decembro de 1929 ingresou na Real Academia Galega co discurso Romanticismo, saudade e sentimento da raza e da terra en Pastor Díaz, Rosalía de Castro e Pondal, contestado por Vicente Risco.[6][7] Inicialmente ía ler o seu discurso o 30 de novembro,[8] mais sufriu un accidente de tráfico ao envorcar o coche no que ía coa súa muller, a carón da Torre de Hércules.[9] O 10 de xullo de 1930 foi elixido primeiro presidente da Asociación de Escritores Gallegos.

 
Deputados galegos de 1931. Ramón Suárez Picallo, Daniel Vázquez, Alejandro Rodríguez Cadarso, Castelao, Nóvoa Santos, Antón Villar Ponte, Poza Juncal, Otero Pedrayo e Antón Alonso Ríos.[10]

En 1929 rexeitou unirse á Organización Republicana Gallega Autónoma creada por Santiago Casares Quiroga. O Día Nacional de Galicia de 1930 deu un mitin no Teatro García Barbón de Vigo, canda a Valentín Paz-Andrade e mais Castelao. En setembro dese mesmo ano participou no Pacto de Barrantes. O 1 de abril de 1931, pouco antes da proclamación da Segunda República Española, fundou o Partido Nazonalista Republicán de Ourense. Para as eleccións constituíntes celebradas o 28 de xuño de 1931, foi elixido deputado a Cortes pola provincia de Ourense, acadando máis votos ca Basilio Álvarez, José Calvo Sotelo e Manuel Martínez-Risco. Nas Cortes defendeu un modelo de estado federalista e confesional, maila cooficialidade de castelán e galego. En outubro de 1931 asinou, canda a outros nove galeguistas, o texto «Afirmación Católica d'un grupo de Nacionalistas», que apareceu publicado na revista Logos.

 
Na mesa presidencial do Aberri Eguna de 1933, en Donostia.

En decembro de 1931, o seu partido unificouse xunto con outras frontes nacionalistas no Partido Galeguista, de cuxo primeiro Consello Executivo pasou a formar parte. En xullo de 1932 visitou a Generalitat de Cataluña xunto con Castelao, convidados por Francesc Macià i Llussà, e en abril de 1933 participou no Aberri Eguna, organizado polo Partido Nacionalista Vasco. Nas eleccións de 1933 perdeu a acta de deputado. Comezou entón a afastarse da primeira liña política, se ben o 25 de xullo de 1934 participou no mitin das arengas. En abril de 1935, na IV Asemblea do Partido Galeguista, enfrontouse ás voces máis vinculadas á esquerda. Defendeu a aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1936.

O 3 de maio substitúe na presidencia do Ateneo ourensán a Marcelo Macías. O 19 de maio de 1936 defendeu a súa tese de doutoramento, titulada Los orígenes de la Galicia moderna e cualificada con sobresaínte polo tribunal, presidido por Cotarelo Valledor. A finais de maio substituíu a Luis Iglesias —nomeado reitor da Universidade compostelá— como presidente do Seminario de Estudos Galegos.

Guerra e posguerra

editar

No verán de 1937, durante a guerra civil española, foi deposto da súa cátedra e salvou a vida grazas ás boas relacións que mantiña coa cúpula da igrexa ourensá. Nos anos seguintes viviu na súa casa de Trasalba, retirado da vida política. Xosé Filgueira Valverde animouno a que solicitase a súa reincorporación á vida docente, pero Otero Pedrayo negouse ao entender que xa que non pedira que lle quitasen o traballo, non ía pedir que llo devolvesen.[11] Nesa época escribiu colaboracións na prensa en castelán cos pseudónimos de Luís de Alba, Santiago Amaral, Luís Peñaforte, Roque de Agra[12], Juan Gallego, Tristán de Montenegro ou coas iniciais R.O.P. En 1946 comezou a colaborar no xornal compostelán La Noche coa sección Parladoiro, escrita en galego e asinada co seu nome.

 
Conferencia en Mendoza, o 20 de agosto de 1947.

En xuño de 1947, embarcando en Lisboa, viaxou á Arxentina coa súa dona, convidado polo centro galego da capital, chegando alí o 18 de xullo. Levou un exemplar da Carta xeométrica de Galicia de Domingo Fontán. Amais de Buenos Aires, visitaron Rosario e Mendoza. Á volta a Buenos Aires, tivo ocasión de se reencontrar con Castelao, a quen non vía desde 1936.[13] Xurdiu entón o proxecto para publicar Historia de Galicia, encargado por Manuel Puente.

Entre 1947 e 1949 participou na creación do padroado Rosalía de Castro, encargado de adquirir a Casa da Matanza (musealizada en 1971). Amais, en 1951 rodouse o filme Peregrinaxe lírica aos lugares rosalianos. En 1949 participara na homenaxe en Ourense a Valentín Lamas Carvajal, posiblemente o primeiro discurso que deu en galego despois da guerra.[14]

Regreso a Santiago de Compostela

editar
 
Despacho na súa casa de Trasalba, coa súa toga pendurada.

En novembro de 1948, xa con sesenta anos, foi reposto na docencia no instituto de Ourense, e en abril de 1950 acadou a cátedra de Xeografía na Universidade de Santiago, e marchou vivir á capital galega. O seu maxisterio, ata que se xubilou en 1958, foi de grande importancia para atraer ao galeguismo a un feixe de estudantes que anos despois serían líderes do novo nacionalismo.[15] En xullo dese mesmo ano foi dos fundadores da Editorial Galaxia, sendo presidente do consello de administración.[16] En marzo de 1956 estivo un mes en Caracas, onde o acolleu Silvio Santiago. Dous anos despois editouse o libro Homaxe da Galicia Universal.

Nesta época seguiu a escribir decote, e participou en varios congresos, como o celebrado en Braga en 1950 na memoria de Martiño de Dumio ou no de etnografía e folclore celebrado na mesma cidade en 1956. En 1957 retomou a publicación en galego coa colección de relatos Entre a vendima e a castañeira, e en 1958 publicou o seu primeiro poemario, Bocarribeira.

O 4 de febreiro de 1957 finou a súa nai, coa que mantivo unha relación moi cariñosa e á que ía visitar cada semana. Otero Pedrayo xubilouse o día do seu septuaxésimo aniversario, cunha lección maxistral no paraninfo universitario co título de «Unha visión xeral de Galicia». Tras deixar a docencia, regresou vivir a Ourense e Trasalba.

 
Casa-museo en Trasalba.

Últimos anos

editar

Logo de xubilarse, seguiu escribindo e participando en actos. En 1959 regresou a Buenos Aires. En 1962 acadou o Premio Galicia da Fundación Juan March, dotado con 300 000 pesetas. En 1964 foi premiado pola Deputación de Ourense con 150 000 pesetas polo traballo de investigación El padre Feijóo. Su vida, doctrina e influencias. Dado que lle quedara unha pensión de xubilación baixa, en 1973 a Fundación Pedro Barrié de la Maza concedeulle unha bolsa de axuda económica.[17]

Desde 1958 fixéronlle diversas homenaxes. En 1967 foi nomeado cronista da cidade de Ourense, de xeito que exerceu até 1970, aínda que seguiu a ser o cronista oficial até o seu pasamento.[18][19] O 3 de marzo de 1968, dous días antes do seu octoxésimo aniversario, celebrouse na Catedral de Santiago de Compostela unha misa en lingua galega da man do arcebispo Fernando Quiroga Palacios. O 4 de agosto de 1973 celebrouse un xantar en Ourense para celebrar as súas vodas de ouro. Pola súa banda, participou na homenaxe celebrada en Madrid en 1958 co gallo do centenario do matrimonio de Rosalía de Castro e Manuel Murguía, e na homenaxe celebrada en Ourense en 1966 a Celso Emilio Ferreiro pola súa marcha a América.

Logo da morte da súa muller en febreiro de 1975, pasou o último ano de vida feble de saúde, e estivo ingresado no Policlínico da Rosaleda en Santiago de Compostela, ao cargo do doutor Agustín Sixto Seco. Finou na súa casa natal o 10 de abril de 1976.[20] Foi soterrado no Cemiterio de San Francisco de Ourense,[21] vestido co hábito da orde de San Francisco e envolto na bandeira de Galicia.

O seu patrimonio foi legado á Fundación Penzol, e en 1979 creouse a Fundación Otero Pedrayo, que garda a biblioteca así como os documentos e escritos do ilustre galego e continúa o seu labor na casa museo de Trasalba.

Considerado o «patriarca das letras galegas», pertenceu á Xeración Nós e é un dos máis preclaros escritores galegos. Traballou diversos xéneros: ensaio, novela, poesía, ademais dos estudos científicos de xeografía da súa cátedra da Universidade de Santiago.

Entre as súas novelas destacan Os camiños da vida, publicada orixinalmente en tres partes,[22] e O mesón dos ermos,[23] descrición minuciosa dos costumes e da vida rural galega. Pero a máis coñecida é Arredor de si que pode considerarse como parcialmente autobiográfica e que nos permite albiscar os camiños que percorreron os integrantes da chamada Xeración Nós ata o galeguismo. Neste sentido «autobiográfico», Arredor de si complétase cos artigos «Dos nosos tempos», de Florentino López Cuevillas, e mais con Nós, os inadaptados, de Vicente Risco; estes dous últimos aparecidos na revista Nós.

   

Pantelas, home libre, 1925, e Escrito na néboa, 1927.

Na súa obra destaca o influxo do antropónimo Adrián. O autor, que nacera o día 5 de marzo, día de Santo Hadriano de Cesarea, mártir, puxo este nome a tres personaxes dos seus libros: Adrián Solovio (Arredor de si e Escrito na néboa), Adrián Silva (La vocación de Adrián Silva) e Adrián Soutelo (o tío de Paio n'Os camiños da vida).[24]

Obra en galego

editar

Narrativa

editar
  • Pantelas, home libre (relatos breves; Lar, 1925).[25]
  • O purgatorio de don Ramiro (relatos breves, 1926).[26]
  • Escrito na néboa (relatos breves, Lar, 1927).[27]
  • Os camiños da vida (novela en tres libros; Nós, 1928). Inclúe:[22]
  • I. Os señores da terra
  • II. A maorazga
  • III. O estudante
   

Fra Vernero e A romeiría de Xelmírez, ámbolos dous
de 1934.[29][30]

Teatro

editar
   

O mesón dos ermos, 1936, e Romanticismo,
saudade e sentimento da raza…
, 1931.

Ensaio

editar
  • Síntese xeográfica de Galicia (Lar, Biblioteca do Seminario de Estudos Galegos, 1926).[48]
  • Romanticismo, saudade e sentimento da raza e da terra en Pastor Díaz, Rosalía Castro e Pondal (Nós, 1931).[6]
  • Por os vieiros da saudade. Lembranzas e crónica de un viaxe a Buenos Aires (Galaxia, 1952).[49]
  • O libro dos amigos (Centro Gallego de Buenos Aires, 1953).[50]
  • Síntesis histórica do século XVIII na Galiza (Galaxia, 1969).
  • Florentino L. Cuevillas (Galaxia, 1980).[51]
  • A miña amizade con Castelao (Ediciós do Castro, 1986; conferencia ditada en 1971 no Museo Maside).
  • Sereno e grave gozo. Ensaios sobre a paisaxe (Galaxia, 1999).[52]
  • Lembranzas do meu vivir II. Os tempos da universidade. Madrid, 1904-1912 (2016).
  • Lembranzas do meu vivir I. O meu século XIX. Os tempos do instituto. Ourense, 1898-1904 (2020). Galaxia. 368 páxs.[53]

Obra xornalística

editar
   

O fidalgo, 1982, e Ensaio histórico sobre a cultura
galega
, Biblioteca Básica da Cultura Galega.[42][54]

  • Parladoiro. Obra selecta I (1973).
  • Prosa miúda. Artigos coleccionados (1927-1934) de Ramón Otero Pedrayo (1988).
  • Otero Pedrayo na revista Nós 1920-1936 (1988).
  • Lembranza de D. Ramon Otero Pedrayo 1888-1988. Galiza, dentro e lonxe (1988).
  • Artigos de posguerra: Finisterre e Sonata Gallega (2002).
  • Teoría de Galicia. Obra xornalística completa en Vida Gallega 1926-1963 (2007).

Epistolarios

editar

Poesía

editar

Obras colectivas

editar
   

Paisajes y problemas geográficos de Galicia, 1928,
e El padre Feijóo, 1972.

  • Ensaio sobor da paisaxe galega, en Paisaxe e cultura (ensaio, 1955, Galaxia).
  • «A revolta de Casdenón», en Contos (Galaxia, 1965).[59]
  • Historia de Galiza, como coordinador, (1973, Ediciones Galicia, Buenos Aires).

Zarzuela

editar

Obra en castelán

editar

Narrativa

editar
  • Las palmas del convento (Buenos Aires, Emecé, 1941)[61]
  • La fiesta del Conde Benrstein (1943; editada en 1988)[62][63]
  • Adolescencia (Buenos Aires, Editorial Nova, 1944)
  • La vocación de Adrián Silva (A Coruña, Moret, 1949)

Ensaio

editar
  • Guía de Galicia (1926).[64]
  • Paisajes y problemas geográficos de Galicia (Madrid, CIAP, 1928).
  • Treinta y tres lecciones de Geografía General (1929).[3]
  • Lecciones elementales de Historia Universal (1929).[3]
 
Ensayo histórico sobre la cultura galega, Nós, 1933.[54]
  • Ensayo histórico sobre la cultura gallega (Madrid, 1933).[54]
  • Lecciones elementales de Historia Universal (1931).
  • Lecciones de geografía e historia (Ourense, 1936).
  • Historia de la cultura gallega (Buenos Aires, Emecé Editores, 1939).
  • Vida del Doctor Don Marcelo Macías y García (Moret, 1943).
  • Guía de Santiago de Compostela (Editorial Compostela, 1943).
  • Motivos sobre el paisaje de Galicia (1948).
  • Juan Manuel Bedoya (1950).
  • Las ciudades gallegas (Buenos Aires, Ediciones Galicia, 1951).
  • El doctor Varela de Montes. Médico humanista compostelano del siglo XIX (Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, 1952).
  • Geografía de España. Presencia y potencia del suelo y el pueblo español (1956).
  • Orense (Caixa de Aforros Provincial de Ourense, 1966; con debuxos de Xaime Quessada).
  • El padre Feijóo. Su vida, doctrina e influencias (Ourense, IEO, 1972).
  • Galicia: una cultura de Occidente (Editorial Everest, 1975).
  • Ciudades y paisajes de Galicia en la obra de Julio Prieto Nespereira (1977).
  • Gelmírez o el genio afectuoso, creador y humorista del tiempo románico (1991).[65]

Guións

editar

Epistolarios

editar
  • Ramón Otero Pedrayo. Cartas á nai 1905-1950. Galaxia. 2007. [67]
  • Ramón Otero Pedrayo. Cartas á nai 1951-1956. Galaxia. 2007. [68]

Galería de imaxes

editar
  1. 1,0 1,1 Casares 2004, p. 260.
  2. "O neno. A familia". Fundación. Consultado o 20/11/2015. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Figuras homenaxeadas. Otero Pedrayo". RAG. 
  4. Arias, P.; Pazos, M., eds. (2007). Ramón Otero Pedrayo. Cartas á nai 1905-1950. p. 23. 
  5. McKevitt, K. A. (2003): "Introdución", en Joyce, J.: Fragmentos de Ulises, 1926. Vigo: Ed. Galaxia. Páx. 7-51. ISBN 978-84-8288-646-0.
  6. 6,0 6,1 Otero Pedrayo, R. (1931). Romantismo, saudade, sentimiento da raza e da terra en Pastor Díaz, Rosalía Castro e Pondal. Real Academia Galega. 
  7. "Os homes, os feitos, as verbas", en Nós nº 73, 15/1/1930, px. 15.
  8. "Junta ordinaria de 30 de noviembre de 1929". Boletín da Real Academia Galega 19 (222): 154–155. 
  9. "Discurso de ingreso de Otero Pedrayo". Real Academia Galega. 11 de abril de 2013. 
  10. "Dúas entrevistas...". Factoría Ronsel. 27/3/2014. 
  11. Arias Chachero & Vázquez-Monxardín 2014, p. 116.
  12. Otero Pedrayo, R. (2007). Arias Chachero, P. e Pazos Martínez, M., ed. Cartas á nai. 1905-1950. Editorial Galaxia. p. 22. ISBN 9788471541055. 
  13. Arias, P.; Pazos, M., eds. (2007). Ramón Otero Pedrayo. Cartas á nai 1905-1950. p. 33. 
  14. Arias Chachero & Vázquez-Monxardín 2014, p. 123.
  15. Beramendi, J. (2003). "XI. De la dictadura a la democracia (1936-2000)". Historia de la ciudad de Santiago de Compostela (en castelán). USC. p. 592. ISBN 84-9750-137-3. 
  16. "A historia de Galaxia"
  17. Arias Chachero & Vázquez-Monxardín 2014, p. 144.
  18. "Ourense recupera a faceta de Otero Pedrayo como cronista oficial da cidade". La Voz de Galicia. 24 de abril de 2018. 
  19. "Ourense permanece sin cronista oficial desde el año 2009, fecha de la muerte de López Morais". Faro de Vigo (en castelán). 2/5/2018. 
  20. VV.AA. (11/4/1976). "Morreu Ramón Otero Pedrayo" (PDF). La Voz de Galicia: 10–16. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29-01-2018. Consultado o 28-01-2018. 
  21. Find a Grave (en inglés).
  22. 22,0 22,1 I Os señores da terra; II A maorazga e III O estudante
  23. 23,0 23,1 O mesón dos ermos na BDH.
  24. Arias, P.; Pazos, M., eds. (2007). Ramón Otero Pedrayo. Cartas á nai 1905-1950. p. 16. 
  25. Premio da Festa da Lingua Galega 1924, convocado polo SEG. Os libros de Ánxel Casal
  26. Publicado na revista Galaxia (La Región, 21/7/1926, p. 1; El Pueblo Gallego, 22/7/1926, p. 2).
  27. Iglesias, X.: "Escrito na néboa" OLdÁC.
  28. Iglesias, X.: "Pelerinaxes I" Os libros de Ánxel Casal.
  29. 29,0 29,1 Homenaxe a Zacharias Werner. Iglesias, X.: "Fra Vernero" Os libros de Ánxel Casal.
  30. 30,0 30,1 A romeiría de Xelmírez na Biblioteca Digital Hispánica e A romaría de Xelmírez na BVG.
  31. Incluído, co n.º 20, na Biblioteca Galega 120.
  32. "The World Around Us". Biblioteca da Tradución Galega. Arquivado dende o orixinal o 12/3/2018. Consultado o 8/7/2019. 
  33. "Circling". Biblioteca da Tradución Galega. Consultado o 8/7/2019. 
  34. Despois incluído en O fidalgo e outras narracións, BBdCG, 1982 (e O fidalgo e outros relatos).
  35. Iglesias, X.: "Contos do camiño e da rúa" OLdÁC.
  36. Sobre a edición orixinal en Os libros de Ánxel Casal e edición de 1992 en Galaxia en Google Books.
  37. Entre a vendima e a castañeira na BDH.
  38. O señorito da Reboraina na Biblioteca Digital Hispánica.
  39. "El señorito de la Reboraina". Biblioteca da Tradución Galega. Consultado o 20/6/2019. 
  40. O espello na serán en Google Books.
  41. O Maroutallo imaxe da portada.
  42. 42,0 42,1 O fidalgo e outras narracións en WorldCat. Despois retitulado: O fidalgo e outros relatos [1]
  43. Despois incluído na Biblioteca de Autores Galegos co n.º 10 e na Biblioteca 114 co n.º 4.
  44. 44,0 44,1 A lagarada. O desengano do prioiro na BDH.
  45. Teatro de máscaras na Biblioteca Digital Hispánica.
  46. O fidalgo e a noite na Biblioteca Virtual Galega.
  47. Rosalía na BDH e Rosalía en Google Books.
  48. Iglesias, X.: Síntese xeográfica de Galicia OLdÁC.
  49. Ficha na Biblioteca Virtual Galega
  50. Reeditado en 1997 por Galaxia na colección Literaria.
  51. Florentino L. Cuevillas en Google Books.
  52. Sereno e grave gozo na BDH. Antes incluído en Paisaxe e cultura (1955).
  53. López Silva, Xosé Antonio (xaneiro, febreiro, marzo 2021). "Un fundamental Otero Pedrayo". Grial. Revista galega de cultura LIX (229): 86–87. ISSN 0017-4181. 
  54. 54,0 54,1 54,2 Editado en 1933 en castelán por Nós;[2] en 1939 en Buenos Aires por Emecé Editores co título Historia de la cultura gallega, e en 1982 (xa en galego) por Galaxia na Biblioteca Básica da Cultura Galega. En 2004 foi incluído na Biblioteca Gallega de Autores en Castellano de La Voz de Galicia.
  55. ISBN 978-84-95632-35-7.
  56. ISBN 978-84-942893-1-6. Edición de Xosé M. Sánchez Rei e Estefanía Mosquera Castro: Correspondencia entre M. María e Otero Pedrayo
  57. "Polos camiños das horas: Epistolario de Ricardo Carballo Calero e Ramón Otero Pedrayo". publicacions.academia.gal. Consultado o 29/4/2021. 
  58. "Ao abeiro da amizade". editorialgalaxia.gal. 
  59. Amais inclúe: "Todos cantos sabían algo da historia da vila" de Castelao; "Conto de Reis" de Dieste; "A arrasadeira" de Blanco Amor; "Os lobos" de Fole e "O reló de area" de Cunqueiro.
  60. "Miñatos de vran". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-01-26. 
  61. "La novela del ultimo Trovador. Biografía novelada de Rodríguez del Padrón" (Colección Hórreo).
  62. "Las palmas del convento; La fiesta del conde Bernstein. Novelas de Otero Pedrayo". Fundación Barrié. 
  63. Vélez Latorre, J. M. (2018). "Alemaña en Otero Pedrayo. Para unha interpretración de "La fiesta del Conde Bernstein" (1943)". A Trabe de Ouro (109). pp. 71–81. ISSN 1130-2674. 
  64. Otero Pedrayo (1954) [1926]. Guía de Galicia. Galaxia. 
  65. Escrito en 1951 para un concurso da editorial Aedos de Barcelona. Publicado en castelán en 1991 pola Xunta de Galicia. Versión en galego da Editorial Galaxia: Xelmírez ou o xenio afectuoso, creador e humorista do tempo románico BDH.
  66. Escrito en 1952 por encarga de Suevia Films. Camino de Santiago. Guión para una película Galaxia.
  67. Arias, P. e Pazos, M. (eds.). ISBN 978-84-7154-105-5. Cartas á nai 1905-1950 en Google Books.
  68. Arias, P. e Pazos, M. (eds.). ISBN 978-84-7154-106-2 / Salgado, Daniel (26/7/2007). "La intrahistoria de Otero Pedrayo". El País (en castelán). 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
Multimedia externa
Gravacións de son
  Discurso de Otero Pedrayo en 1972
  Achegando a Literatura Galega R. Reimunde
Vídeos
  Ramón Villares sobre Otero Pedrayo
Predecesor:
Vicente Risco
 Cronista de Ourense 
1967 - 1970/1976
Sucesor:
Alfredo Cid Rumbao