5 de marzo
data
<< | Marzo | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
2024 Todos os días |
5 de marzo é o 64º día do ano no calendario gregoriano e o 65º nos anos bisestos. Quedan 301 días para acabar o ano.
Acontecementos
editar- 1798 - Os franceses ocupan Berna.
- 1876 - Publícase o primeiro número do xornal Corriere della Sera.
- 1933 - Triunfo do partido nazi nas eleccións alemás.
- 1935 - Fórmase o concello de Ribeira de Piquín.
- 1946 - Winston Churchill crea a expresión Cortina de Ferro nun discurso. Este facto é lembrado como o comezo da guerra fría.
- 1982 - O satélite soviético Venera 14 chega a Venus.
- 2004 - Iníciase o proxecto gráfico Aduaneiros sem fronteiras.
Nacementos
editar- 1133 - Henrique II de Inglaterra
- 1324 - David II de Escocia
- 1512 - Gerardus Mercator, xeógrafo alemán
- 1696 - Giovanni Battista Tiepolo, pintor italiano.
- 1871 - Rosa Luxemburg, revolucionaria comunista de orixe polaca.
- 1881 - Augusto Barcia Trelles, avogado e político republicano español.
- 1888 - Ramón Otero Pedrayo, escritor, político e intelectual galego (m. 1976).
- 1887 - Heitor Villa-Lobos, compositor brasileiro (m. 1959).
- 1918 - James Tobin, economista estadounidense (m. 2002).
- 1922 - Pier Paolo Pasolini, escritor e director de cine italiano (m. 1975).
- 1925 - Luís Filipe Lindley Cintra, lingüista e filólogo portugués (m. 1991).
- 1930 - Jean Tabary, debuxante de cómics (m. 2011).
- 1931 - Antonio Alonso Fontán, escritor galego.
- 1937 - Olusegun Obasanjo, presidente de Nixeria.
- 1938 - Lynn Margulis, bióloga estadounidense (m. 2011).
- 1941 - José María Merino, escritor en lingua castelá.
- 1942 - Felipe González, expresidente do goberno de España.
- 1944 - Ewa Sowińska, política e médica polaca.
- 1944 - Élisabeth Badinter, escritora e filósofa francesa.
- 1946 - Fermín Bouza Álvarez, sociólogo e escritor galego.
- 1949 - Francisco Sineiro, enxeñeiro agrónomo e político galego.
- 1958 - Andy Gibb, cantante (m. 1988).
- 1967 - Ray Loriga, escritor, guionista e director de cine español.
- 1968 - Pedro Casteleiro, poeta galego.
Mortes
editar- 1605 - Clemente VIII papa.
- 1827 - Alessandro Volta, físico italiano.
- 1893 - Hippolyte Taine, filósofo e historiador francés.
- 1901 - Federico Blume Othon, enxeñeiro pioneiro da navegación submarina en Suramérica (n. 1831).
- 1944 - Max Jacob, artista francés.
- 1949 - Carmen Temprano Salorio, guerrilleira antifranquista galega.
- 1953 - Herman J. Mankiewicz, guionista norteamericano.
- 1953 - Serguei Prokofiev, compositor ruso.
- 1953 - Iosif Stalin, máximo dirixente soviético.
- 1966 - Anna Akhmatova, poeta rusa.
- 1981 - Fermín Penzol, galeguista (n. 1901).
- 1982 - John Belushi, actor norteamericano.
- 1984 - Tito Gobbi, barítono italiano (n. 1915).
- 2013 - Hugo Chávez, presidente de Venezuela (n. 1954).
- 2014 - Leopoldo María Panero, poeta español (n. 1948).
- 2019 - Manuel Vilanova, profesor e escritor galego (n. 1944).
Festas e celebracións
editar- Día Nacional de Cornualla.
- Hoxe celébrase o Día Mundial da Eficiencia Enerxética.
Outros
editar- Santoral: San Teófilo, Santo Hadrián, Santa Oliva.