Perdix
Non confundir con Pérdix.
Perdix Rango fósil: oligoceno tardío - actualidade 25,88 - 0 Ma [1] | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Perdiz charrela (Perdix perdix) | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies e Subespecies | |||||||||||||||||
|
Perdix é un xénero de aves da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos perdicinos, que inclúe tres especies de perdices.
Estas aves están relacionadas filoxeneticamente coas pitas do monte, os paspallases e os faisáns, pero non con especies subtropicais que adoito reciben o nome de perdices, debido ao seu tamaño e morfoloxía similares.[2]
Hai representantes do xénero Perdix na maior parte da Europa e a Asia temperadas.[2]
Un membro do xénero, a charrela, foi introducida nos Estados Unidos e o Canadá con propósito cinexético.[2]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1760 polo zoólogo francés Mathurin Jacques Brisson,[3] na súa obra Ornithologie, ou, Méthode contenant la division des oiseaux en ordres, sections, genres, especes & leurs variétés. A laquelle on a joint une description exacte de chaque espece, avec les citations des auteurs qui en ont traité, les noms qu'ils leur ont donnés, ceux que leur ont donnés les différentes nations, & les noms vulgaires. París: Bauche.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome do xénero, Perdix, Brisson tomouno do latín perdix, voz derivada do grego antigo πέρδιξ pérdix, que era o nome da ave en que se transformou Pérdix, o sobriño de Dédalo.[4][5]
Especies e subespecies
[editar | editar a fonte]Na actualidade recoñecense no xénero tres especies,[3] coas subespecies que se indican:
- Xénero Perdix Brisson, 1760
- Perdix dauurica (Pallas, 1811) – perdiz daúrica.[6]
- Perdix dauurica dauurica (Pallas, 1811)
- Perdix dauurica suschkini Poliakov, 1915
- Perdix hodgsoniae (Hodgson, 1857) – perdiz tibetana.[7]
- Perdix hodgsoniae caraganae Meinertzhagen & A. Meinertzhagen, 1926
- Perdix hodgsoniae hodgsoniae (Hodgson, 1857)
- Perdix hodgsoniae sifanica Prjevalsky, 1876
- Perdix perdix (Linnaeus, 1758) – charrela ou perdiz charrela.[8]
- Perdix perdix armoricana Hartert, 1917
- Perdix perdix canescens Buturlin, 1906
- Perdix perdix hispaniensis Reichenow, 1892
- Perdix perdix italica Hartert, 1917
- Perdix perdix lucida (Altum, 1894)
- Perdix perdix perdix (Linnaeus, 1758)
- Perdix perdix robusta Homeyer & Tancre, 1883
- Perdix perdix sphagnetorum (Altum, 1894)
- Perdix dauurica (Pallas, 1811) – perdiz daúrica.[6]
Características
[editar | editar a fonte]Son aves non migratorias que habitan en campos abertos e en estepas, aínda que hoxe en día están máis asociadas ás terras agrícolas. Trátanse de perdices de tamaño mediano, con picos e patas de cor apagado (en contraste co vermello das do xénero Alectoris), coa plumaxe das partes superiores de cor parda con raias, e colas algo avermelladas; as tres especies presentan unha chamativa gran mancha parda escura, case negra ás veces, na plumaxe da rexión abdominal. Ningún dos dous sexos teñen esporóns nas patas, e o único dimorfismo sexual que presentan é que a cor plumaxe e das femias tende a ser máis apagada que a dos machos. O niño é unha lixeira escavación no solo ou na cuberta vexetal. Aliméntanse dunha gran variedade de sementes e algúns insectos compltan a súa dieta.[9]
As perdices charrelas e as daúricas están moi estreitamente relacionadas e teñen unha aparencia similar, e forman unha superespecie. A perdiz tibetana ten un rechamante patrón de cara en branco e negro, a peituga negra e 16 plumas na cola, en lugar das 18 das outras especies. Ningunha das especies está ameazada a nivel global, pero as dúas perdices máis xeneralizadas (a charrela e a daúrica) son cazadas en exceso nalgunhas partes da súa área de distribución. Ademais, a charrela foi gravemente afectada polos cambios agrícolas, e a súa área reduciuse considerabelmente.[9]
En Galicia
[editar | editar a fonte]Das tres especies só unha está presente en Galicia, a charrela, onde é pouco común (estando ademais en regresión), pero que aínda se pode encontrar, a altitudes a partir dos 1 200 msnm nos Ancares e o Courel.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Perdix Brisson 1760 na EOL.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Bao, X. K.; Liu, N. F.; Qu, J. Y. et al. (2010): "The phylogenetic position and speciation dynamics of the genus Perdix (Phasianidae, Galliformes)". Molecular Phylogenetics and Evolution 56: 840–847.
- ↑ 3,0 3,1 Perdix Brisson, 1760 no ITIS.
- ↑ perdiz en Etimologías de Chile.
- ↑ Holmes, Richard (2013). Falling Upwards: How We Took to the Air. HarperCollins. p. 1760. Consultado o 15 de xaneiro de 2019.
- ↑ Perdix dauurica (Pallas, 1811) no ITIS.
- ↑ Perdix hodgsoniae (Hodgson, 1857) no ITIS.
- ↑ Perdix perdix (Linnaeus, 1758) no ITIS.
- ↑ 9,0 9,1 McGowan, P. J. K. 1994.
- ↑ Penas Patiño et al. 1991, p. 100.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Perdix |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- McGowan, P. J. K. (1994): "Family Phasianidae (Pheasants and Partridges)". En: del Hoyo, J.; Elliot, A.; Sargatal, J. "New World Vultures to Guineafowl". Handbook of the Birds of the World. 2. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-415-6.
- Johnsgard, P. A. (1999): The Pheasants of the World. 2nd ed. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-1-5609-8839-7.
- Johnsgard, P. A. (1988): The Quails, Partridges, and Francolins of the World. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-0-1985-7193-3.
- Penas Patiño, Xosé M., Carlos Pedreira López e Carlos Rodríguez Silvar (1991): Guía das aves de Galicia. A Coruña: Bahia Edicións. ISBN 84-8767-406-2.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perdix na ADW.
- Perdix Brisson 1760 na EOL.