Perdicinos
Perdicinos Perdicinae Rango fósil: mioceno - actualidade 20,43 - 0 Ma [1] | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Perdiz rubia (Alectoris rufa) | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||
|
A dos perdicinos (Perdicinae) é unha subfamilia de aves da orde dos galiformes e familia dos fasiánidos, que inclúe numerosas especies, como as perdices, os paspallases, francolíns (Francolinus sp.), que se direnencian doutras galiformes entre outras cousas, por non teren esporóns.[2]
Forman nun grupo de aves non migratorias de tamaño de mediano a pequeno, propias do Vello Mundo, distribiuídas por Europa, Asia, África e o Oriente Medio, que se alimentan de sementes e aniñan no solo.
A subfamilia inclúe moitas das aves de caza máis estimadas.[3]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A subfamilia foi descrita en 1821 polo naturalista estadounidense Thomas Horsfield,[4] aínda que algúns autores atribúen a súa descrición a Bonaparte en 1838.[5][6]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome Perdicinae está formado sobre a raíz Perdic-, do xenitivo do nome do seu xénero tipo, Perdix (do latín perdix, -īcis, 'perdiz', coa adición do sufixo do latín científico -inae, propio dos nomes das subfamilias de animais.
Xéneros
[editar | editar a fonte]Na actualidade, de acordo coa clasificación do Sistema Integrado de Información Taxonómica, recoñécense dentro da subfamilia os vinte e dous xéneros seguintes:[7]
Subfamilia Perdicinae Horsfield, 1821
- Alectoris Kaup, 1829
- Ammoperdix Gould, 1851
- Anurophasis Oort, 1910
- Arborophila Hodgson, 1837
- Bambusicola Gould, 1863
- Caloperdix Blyth, 1861
- Coturnix Bonnaterre, 1791
- Francolinus Stephens, 1819
- Galloperdix Blyth, 1845
- Haematortyx Sharpe, 1879
- Lerwa Hodgson, 1837
- Margaroperdix Reichenbach, 1853
- Melanoperdix Jerdon, 1864
- Ophrysia Bonaparte, 1856
- Perdicula Hodgson, 1837
- Perdix Brisson, 1760
- Ptilopachus Swainson, 1837 1
- Rhizothera G. R. Gray, 1841
- Rollulus Bonnaterre, 1791
- Tetraogallus J. E. Gray, 1832
- Tetraophasis Elliot, 1871
- Xenoperdix Dinesen, Lehmberg, Svendsen, Hansen & Fjeldsa, 1994
1 Cómpre sinalar que na actualidade este xénero está integrado na familia dos odontofóridos, subfamilia dos ptilopaquinos,
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Subfamily Perdicinae en Fossilworks.
- ↑ Johnsgard 1988.
- ↑ McGowan 1994, pp. 434–479.
- ↑ Perdicinae, Horsfield, 1821 en Wikispecies.
- ↑ Subfamily Perdicinae Bonaparte, 1838 no Taxonomicon.
- ↑ Perdicinae (Bonaparte, 1838) en Galliformes, no Mikko's Phylogeny Archive.
- ↑ Perdicinae no ITIS.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Perdicinos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- McGowan, P. J. K. (1994): "Family Phasianidae (Pheasants and Partridges)". En: del Hoyo, J.; Elliot, A.; Sargatal, J. "New World Vultures to Guineafowl". Handbook of the Birds of the World. 2. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-415-6.
- Johnsgard, P. A. (1999): The Pheasants of the World. 2nd ed. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-1-5609-8839-7.
- Johnsgard, P. A. (1988): The Quails, Partridges, and Francolins of the World. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-0-1985-7193-3.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perdicinae na ADW.