[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Xosé Manuel Penas Patiño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXosé Manuel Penas Patiño
Biografía
Nacemento1950 Editar o valor en Wikidata (73/74 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Rois
2003 – 2007
← Enrique TojoRamón Tojo Lens → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónornitólogo, profesor e político
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor en Wikidata

BNE: XX940595 BUSC: penas-patino-xose-manuel-1950 Dialnet: 48031

Xosé Manuel Penas Patiño, nado en Santiago de Compostela en 1950, é un ornitólogo, profesor e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Diplomado en Maxisterio, estudou interiorismo e empezou a cursar a licenciatura en Bioloxía, carreira que non chegou a rematar.[1]

Foi profesor do Centro Público Integrado dos Dices, Rois, até a súa xubilación,[1] e membro da Plataforma pola defensa do Sar. É especialista en aves.

Na política

[editar | editar a fonte]

Nas eleccións municipais de 1995 foi elixido concelleiro de Rois polo BNG, do que foi o seu voceiro no Concello.[1] Volveu ser elixido concelleiro nas municipais de 1999 e 2003. Nese ano foi elixido alcalde de Rois grazas a un pacto co PSdeG-PSOE. Volveu ser concelleiro até 2010, cando renunciou á súa acta cando se xubilou como docente.[2]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Artigos en revistas

[editar | editar a fonte]
  • 1975 - "Nomes galegos do Erithacus rubecula e do Troglodytes troglodytes". (Con Carlos Pedreira López). Verba. Anuario galego de filoloxía, nº 2, páxs. 295-306.[3]
  • 1976 - "Nomes galegos das aves do xénero Streptopelia e Columba". (Con Carlos Pedreira López). Verba: Anuario galego de filoloxía, nº 3, páxs. 347-356.[4]
  • 1977 - "Nomes galegos de aves piciformes". (Con Carlos Pedreira López). Verba: Anuario galego de filoloxía, nº 4, páxs. 343-354.[5]
  • 1977 - "Lista patrón das aves de Galicia. I", con Xosé Manuel Penas Patiño. Braña. Bol. Soc. Galega Hist. Nat.. Ano 1977. nº 1-2, páxs. 131-142.[6]
  • 1978 - "Lista patrón das aves de Galicia. II", con Xosé Manuel Penas Patiño. Braña. Bol. Soc. Galega Hist. Nat.. Ano 1978. nº 2, páxs. 25-36.[7]
  • 1980 - "Nomes galegos das aves da familia Fingillidae". (Con Carlos Pedreira López). Verba: Anuario galego de filoloxía, nº 7, páxs. 355-378.[8]
  • 1982 - "Os vertebrados da Galiza e o ensino" (Con Carlos Vales Vázquez). O Ensino: revista galega de Sócio-Pedagoxía e Sócio-Lingüística, nº 4, páxs. 19-30.
  • 2013 - "Unha plataforma para un Sar con vida". Cerna: Revista galega de ecoloxía e medio ambiente, nº 70, páxs. 42-43.[9]
  • 2014 - "Galicia baixo a terra". (Con Javier Santiago Caamaño e Luís Gómez Aldegunde). Boletín das ciencias, nº 79, páxs. 51-52. Exemplar dedicado ao XXVII Congreso da Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA).


Predecesor:
Enrique Tojo Blanco
 
Alcalde de Rois
 
2003 - 2007
Sucesor:
Ramón Tojo Lens
  1. 1,0 1,1 1,2 Xosé Manuel Penas Patiño: «As aves nos sirven a nós de termómetro» Arquivado 29 de setembro de 2018 en Wayback Machine.. El Correo Gallego, 04/04/2011.
  2. Xosé Manuel Penas Patiño se jubila y renuncia a su acta de concejal en Rois
  3. Ler texto completo en Minerva. Repositorio Institucional da USC
  4. Ler texto completo en Minerva. Repositorio Institucional da USC
  5. Ler texto completo en Minerva. Repositorio Institucional da USC
  6. Xosé Manuel Penas Patiño e Carlos Pedreira López (1977). "Lista patrón das aves de Galicia. I" (PDF). Braña. Boletín científico da Soc. Galega Hist. Nat. pp. 131–142. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de febreiro de 2019. Consultado o 22 de febreiro de 2019. 
  7. Xosé Manuel Penas Patiño e Carlos Pedreira López (1978). "Lista patrón das aves de Galicia. II" (PDF). Braña. Boletín científico da Soc. Galega Hist. Nat. pp. 25–36. 
  8. Ler texto completo en Minerva. Repositorio Institucional da USC
  9. Ler texto completo, en Cerna).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]