Perdix hodgsoniae
Perdix hodgsoniae Perdiz tibetana | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lámina dunha parella de Perdix hodgsoniae, en John Gould, Birds of Asia, Volume 6 | |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Perdix hodgsoniae (Hodgson, 1857) | |||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
Perdix hodgsoniae, coñecida vulgarmente como perdiz tibetana, é unha especie de ave da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos perdicinos, unha das tres que integran o xénero Perdix.
Características
[editar | editar a fonte]Esta especie é un pouco diferente en aparencia ás outras do xénero Perdix, P. perdix e P. dauurica. Ten dezaseis plumas na cola, mentres que a maioría das outras perdices teñen dezaoito. Nin os machos nin as femias teñeen esporóns nas patas.[2]
Estudos filoxenéticos sitúan a especie como basal dentro do xénero.[3]
As características principais desta ave son:[4][5]
- Mide de 28 a 31 cm de lonxitude. A plumaxe do dorso é de cor parda clara, salferida por plumas avermellados e negras; os flancos son apardazados, como os das outras perdices, e presentan anchas franxas paralelas de cor castaña; o ventre, claro, mostra unha "mancha" escura, case negra (menos macada nas femias.
- A cabeza ten un patrón rechamante branco e negro no rosto, o que contrasta co pescozo arrubiado. A fronte, a ancha lista superciliar, a cara e a garganta son de cor branca. Unha ampla liña negra percorre a cara por debaixo dos ollos, e pesenta unha ancha franxa castaña detrás do pescozo; as plumas da cola son de cor castaña, coa punta branca.
- As femias son similares ao macho en tamaño, pero a súa coloración é máis pálida. Os inmaturos son dunha cor apardazada monótona, e carecen das marcas faciais e a parte inferior distintiva dos adultos.
Bioloxía
[editar | editar a fonte]Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]Hábitat
[editar | editar a fonte]A perdiz tibetana encóntrase nas ladeiras das montañas e prados de altura con algúns arbustos (rododendros, xenebreiros ananos ou outras especies propias das matogueiras, polo xeral entre os 3 600 e o 4 250 msnm. A pesar do seu aspecto rechamante, a cabeza e o patrón do peito lle subministran unha perfecta camuflaxe ("plumaxe críptica") no seu hábitat rochoso.
Distribución
[editar | editar a fonte]A especie habita na meseta tibetana, no norte de Paquistán, en Caxemira, no noroeste da India, en partes do norte do Nepal, Sikkim e Bután, e no oeste da China.[1]
(Véxase máis abaixo a distribución detallada de cada unha das subespecies).
Costumes
[editar | editar a fonte]Perdix hodgsoniae é unha especie terrestre non migratoria, pero descende ás chairas baixas en inverno, e pode ascender até a liña de neve en verán. Forma bandadas de 10 a 15 aves fóra da temporada de reprodución, na que forman parellas. Tenden a correr en lugar de voar. Cando se lles molesta o suficiente, como a maioría das aves silvestres que voan a pouca distancia coas súas non moi grandes ás arredondadas, a bandada dispérsase ruidosamente en todas as direccións antes de planar costa abaixoo para volver a reagrupárense.[6]
ANa zona de Lhasa estas perdices parecen preferir correntes de auga bordeadas de matogueira e, en inverno, prefirem pendentes e campos abertos. En ocasións descansan baixo arbustos durante o día, e baixo matogueiras densas en costras elevadas pola noite.[6]
Nutrición
[editar | editar a fonte]Aliméntanse fundamentalmente de sementes, pero os xuvenís prefiren en particular os insectos, que son para eles unha fonte esencial de proteínas.
Reprodución
[editar | editar a fonte]En verán —que comeza a mediados de marzo—, estas perdices emparéllanse formando unións monógamas. Os niños son simples depresións do terreo forrados de herbas ou, en ocasións, carentes de calquera revestimento, e sitúanse nomalmente en mesetas rochosas espidas, ou con poucos arbustos e feixes de herba grosa, en pequenas matogueiras espiñentas atrofiadas, ou mesmo en zonas de cultivos. A posta típica é de 8 a 10 ovos, que son de cor marrón pálida, e son incubados pola femia entre maio e xuño. O macho, despor de nacern os pitos, axuda no seu coidado e alimentación, como ocorre noutras perdices.[7][8][9][10]
Vocalizacións
[editar | editar a fonte]A súa chamada habitual escóitase principalmente polas mañás como un tintineante «scherrrrreck-scherrrrreck», a a chamada de voo é un agudo «chi-chi-chi».[11]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1857 polo Brian Houghton Hodgson,[12] baixo o nome de Sacfa hodgsoniae.[13]
Etimoloxías
[editar | editar a fonte]Para a do xénero, vexase Perdix.
O epiteto específico hodgsoniae deriva do nome inicial da especie, Sacfa hodgsoniae, que Hodgson mdenominou así para rememorar á súa primeira esposa, Anne Scott Hodgson.[7]
O nome do xénero original proposto por Hodgson baseouse no nome tibetano da ave, Sakpha.[14]
Subespecies
[editar | editar a fonte]Na especie recoñécense as seguintes tres subespecies,[12] que se diferencian na plumaxe, que é cada vez máis escura canto máis ao leste se atopan:[8][15]
- Predix hodgsoniae (Hodgson, 1857)
- Perdix hodgsoniae caraganae Meinertzhagen & A. Meinertzhagen, 1926
- Perdix hodgsoniae hodgsoniae (Hodgson, 1857)
- Perdix hodgsoniae sifanica Prjevalsky, 1876
Distribución e diferenzas das subespecies
[editar | editar a fonte]- P. h. caraganae atópase no noroeste da India, até o Tíbet oriental. O colar da caluga é estreito e de cor parda amarelada pálida.
- P. h. hodgsoniae encóntrase no leste do Tíbet, o oeste do Nepal, e ao nordeste da India (Assam). O amplo colar na caluga é castaño escuro. A mancha negra da meixela esténdese por debaixo da garganta como un colar.
- P. h. sifanica habita no centro-oeste da China, até o Tíbet oriental e central, e o sur de Sichuan. É similar á subespecie nominal, pero a mancha negra da meixela é máis pequena.
Poboación
[editar | editar a fonte]O tamaño da poboación global non se cuantificou, pero si se informou que a especie é bastante común.[16][17]
Status
[editar | editar a fonte]A perdiz tibetana parece ser común na súa extensa área de distribución, pero escasa na meseta tibetana. Segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) esta especie ten unha área de distribución extremadamente grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábel segundo os criterios establecidos por esta entidade. A tendencia da poboación parece ser estábel. Aínda que o tamaño da poboación non se cuantificou, crese que non se aproxima ao limiar de vulnerábel (estímase a poboación en máis de 10 000 individuos maduros, cunha diminución continua estimada en menos do 10 % en dez anos (ou tres xeracións. Por estas razóns a UICN cualifica o status da especie como LC (pouco preocupante).[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 BirdLife International (2016): Perdix hodgsoniae na Lista vermella da UICN. Versión 2018-2. Consultada o 17 de xaneiro de 2019.
- ↑ Blanford, W. T. (1898). Fauna of British India. Birds (en inglés) 4. London: Taylor and Francis. pp. 142–143.
- ↑ Xin-kang Bao, Nai-fa Liu, Jiang-yong Qu, Xiao-li Wang, Bei An, Long-ying Wen & Sen Song (2010). "The phylogenetic position and speciation dynamics of the genus Perdix (Phasianidae, Galliformes)". Molecular Phylogenetics and Evolution (en inglés) 56 (2): 840–847. ISSN 1055-7903. OCLC 672123773. PMID 20363341. doi:10.1016/j.ympev.2010.03.038.
- ↑ Oates, E. W. (1898). A manual of the Game birds of India. Part 1 (en inglés). Bombai: A. J. Combridge. pp. 191–194.
- ↑ Rasmussen, P. C. & Anderton, J. C. (2005): Birds of South Asia: The Ripley Guide. Volume 2. Smithsonian National Museum of Natural History (Washington D.C.), Michigan State University e Lynx Edicions (Barcelona). ISBN 978-84-9655-385-9.
- ↑ 6,0 6,1 Lu, X. & Ciren, S. (2002). "Habitat Selection and Flock Size of Tibetan Partridge Perdix hodgsoniae during Autumn-Winter". J. of the Yamashina Institute for Ornithology (en inglés) 33 (2): 168–175. ISSN 0044-0183. OCLC 5178446998. doi:10.3312/jyio1952.33.168.
- ↑ 7,0 7,1 Hume, A. O. (1890). The nests and eggs of Indian Birds. Volume 3 (en inglés) (Segunda ed.). London: R. H. Porter. pp. 438–439.
- ↑ 8,0 8,1 Baker, E. C. S. (1928). Fauna of British India. Birds (en inglés) 5 (Segunda ed.). London: Taylor and Francis. pp. 423–426.
- ↑ Lu, X.; Gong, G. & Ren, C. (2003). "Reproductive Ecology of Tibetan Partridge Perdix hodgsoniae in Lhasa Mountains, Tibet". Journal of the Yamashina Institute for Ornithology (en inglés) 34 (2): 270–278. doi:10.3312/jyio1952.34.270.
- ↑ Hume, A. O. & Marshall, C. H. T. (1880). The Game birds of India, Burmah and Ceylon (en inglés). (autopublicado). pp. 65–68. OCLC 5111667.
- ↑ Ali, S.; Ripley, S. D. (1980). Handbook of the Birds of India and Pakistan (en inglés) 2 (Segunda ed.). Nova Delhi: Oxford University Press. pp. 35–36. ISBN 978-0-195-61201-1. OCLC 10146124.
- ↑ 12,0 12,1 Perdix hodgsoniae (Hodgson, 1857) no ITIS.
- ↑ Tibetan Partridge / Perdix hodgsoniae en DiBird.
- ↑ Hodgson, B. H. (1856). "On a new Perdicine bird from Tibet". Journal of the Asiatic Society of Bengal: 165–166.
- ↑ Hartert, E. (1921-1922). Die Vögel der paläarktischen Fauna (en inglés) 3. Berlin: Friedlander and Sohn. pp. 1936–1938.
- ↑ del Hoyo et al. 1994.
- ↑ Fuller, R. A.; Carroll, J. P. & McGowan, P. J. K. (2000): Partridges, Quails, Francolins, Snowcocks, Guineafowl, and Turkeys. Status Survey and Conservation Action Plan 2000–2004 Arquivado 02 de decembro de 2020 en Wayback Machine.. Gland, Switzerland and Cambridge, UK.: IUCN and World Pheasant Association. ISBN 2-8317-0538-X.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Perdix hodgsoniae |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Perdix hodgsoniae |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Chacko, R. T. (1997). "Tibetan partridges breeding in Ladakh, India". WPA News (en inglés) (52): 28–29. OCLC 14437718.
- del Hoyo, J.; Elliott, A.; Sargatal, J. (1994). Handbook of the Birds of the World, vol. 2: New World Vultures to Guineafowl (en inglés). Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-87334-15-3.
- Hennache, A.; Ottaviani, M. (2011). Cailles, Perdrix et Francolins de l’Ancien Monde (en francés). Clères: Editions W.P.A. France. ISBN 978-2-951-24673-7. OCLC 779699980.
- Madge, S.; McGowan, P.J. K.; Kirwan, G. M. (2002). Pheasants, Partridges & Grouse (en inglés). Princeton: Princeton University Press. ISBN 978-0-691-08908-9. OCLC 48835043.
- Pfister, O. (2001). "Birds recorded during visits to Ladakh, India, from 1994 to 1997". Forktail (en inglés) (17): 81–90. ISSN 0950-1746. OCLC 210621660.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perdix hodgsoniae na UICN (en inglés).
- Perdix hodgsoniae na ADW (en inglés).
- Perdix hodgsoniae (Hodgson 1856) na EOL (en inglés).
- Gill, F; Donsker, D, eds. (2015). «Pheasants, partridges & francolins» IOC World Bird List (v.5.1) polo Congreso Ornitolóxico Internacional (en inglés).
- Perdix hodgsoniae e a súa distribución en Avibase.
- Ficha do Proxecto Web da Árbore da vida (en inglés).
- Perdix hodgsoniae (Hodgson, 1857) Arquivado 19 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine. en Catalogue of Life (en inglés).
- Ficha do Centro Nacional para a Información Biotecnolóxica (en inglés).
- Vídeos, fotos e gravaciónes sonoras en Internet Bird Collection (en inglés).
- Peterson, Alan P. «Perdix hodgsoniae en Galliformes» (en inglés).
- Perdix hodgsoniae (Hodgson, 1856) e a súa distribución en Oiseaux.net (en francés).
- Perdix hodgsoniae (Hodgson, 1856) en xeno-canto.org