Malvaceae
Malváceas | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Hibiscus rosa-sinensis. | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Subfamilias | |||||||||||
Bombacoideae |
Malvaceae (Juss.) Bayer et al., as malváceas é unha familia constituída por 252 xéneros e arredor de 2330 especies espalladas polo mundo, con gran presenza en América do Sur.
Pola nova clasificación, a APG, herda os integrantes das antigas familias Sterculiaceae, Tiliaceae e Bombacaceae.
Descrición
[editar | editar a fonte]Son herbas, subarbustos, arbustos, lianas e árbores, con canles mucilaxinosas e indumento constituído, normalmente, por pelos ramificados ou escamosos.
Follas
[editar | editar a fonte]Alternas, simples (normalmente lobadas e palminérveas) ou compostas palmadas, enteiras ou serradas. Posúen estípulas.
Flores
[editar | editar a fonte]Iladas e axilares, cando inflorescencia, determinada ou, ás veces, indeterminadas. A flor é hermafrodita ou asexuada, actinomorfa, dotada de calículo (marcante) ou epicálice (invólucro de brácteas). O cáliz ten 5 sépalos, corola de 5 pétalos distintos ou ausentes. Os estames son en número de 5 ou máis, ás veces, monoadelfos, formando unha columna estaminal (andróforo), con anteras mono ou bitecas rimosas; ás veces, con estaminodios, pole con exina espiñosa. O ovario é súpero, xeralmente sincárpico, cun ou máis óvulos en cada lóculo.
Froito
[editar | editar a fonte]Cápsula, baga, drupa, sámara ou folículo.
Xéneros
[editar | editar a fonte]- Xéneros ligados á antiga familia Tiliaceae:
Ancistrocarpus, Apeiba, Asterophorum, Berrya, Brownlowia, Burretiodendron, Christiana, Clappertonia, Colona, Corchorus (50 spp.), Craigia, Desplatsia, Diplodiscus, Duboscia, Eleutherostylis, Entelea, Erinocarpus, Glyphaea, Goethalsia, Grewia, Hainania, Heliocarpus, Hydrogaster, Jarandersonia, Luehea, Lueheopsis, Microcos, Mollia, Mortoniodendron, Neotessmannia, Pentace, Pentaplaris, Pseudocorchorus, Schoutenia, Sicrea, Sparmannia, Tahitia, Tetralix, Tilia (45 spp.), Trichospermum, Triumfetta (100 spp.), Vasivaea, Vinticena.
- Xéneros ligados á antiga familia Sterculiaceae:
Acropogon, Aethiocarpa, Ambroma (Abroma), Astiria, Ayenia, Brachychiton, Byttneria, Cheirolaena, Chiranthodendron, Cola (125 spp.), Commersonia, Corchoropsis, Cotylonychia, Dicarpidium, Dombeya, Eriolaena, Firmiana, Franciscodendron, Fremontodendron, Gilesia, Glossostemon, Guazuma, Guichenotia, Hannafordia, Harmsia, Helicteres, Helmiopsiella, Helmiopsis, Heritiera, Hermannia, Herrania, Hildegardia, Keraudrenia, Kleinhovia, Lasiopetalum, Leptonychia, Lysiosepalum, Mansonia, Maxwellia, Megatritheca, Melhania, Melochia, Neoregniella, Nesogordonia, Octolobus, Paradombeya, Paramelhania, Pentapetes, Pterocymbium, Pterospermum, Pterygota, Rayleya, Reevesia, Ruizia, Rulingia, Scaphium, Scaphopetalum, Seringia, Sterculia (250 spp.), Theobroma, Thomasia, Trichostephania, Triplochiton, Trochetia, Trochetiopsis, Uladendron, Ungeria, Waltheria.
- Xéneros ligados á antiga familia Bombacaceae:
Adansonia, Aguiaria, Bernoullia, Bombacopsis, Bombax (60 spp.), Catostemma, Cavanillesia, Ceiba, Chorisia, Coelostegia, Cullenia, Durio, Eriotheca, Gyranthera, Huberodendron, Kostermansia, Matisia, Neesia, Neobuchia, Ochroma, Pachira, Patinoa, Phragmotheca, Pseudobombax, Quararibea, Rhodognaphalon, Rhodagnaphalopsis, Scleronema, Septotheca, Spirotheca.
- Xéneros xa anteriormente ligados á familia Malvaceae:
Abelmoschus, Abutilon (100 spp.), Abutilothamnus, Acaulimalva, Alcea, Allosidastrum, Allowissadula, Althaea, Alyogyne, Anisodontea, Anoda, Anotea, Asterotrichion, Bakeridesia, Bastardia, Bastardiastrum, Bastardiopsis, Batesimalva, Billieturnera, Briquetia, Callirhoe, Calyculogigas, Calyptraemalva, Cenocentrum, Cephalohibiscus, Cienfuegosia, Codonochlamys, Corynabutilon, Cristaria, Decaschistia, Dendrosida, Dicellostyles, Dirhamphis, Eremalche, Fioria, Fryxellia, Gaya, Goethea, Gossypioides, Gossypium, Gynatrix, Hampea, Helicteropsis, Herissantia, Hibiscadelphus, Hibiscus (300 spp.), Hochreutinera, Hoheria, Horsfordia, Howittia, Humbertianthus, Humbertiella, Iliamna, Julostylis, Jumelleanthus, Kearnemalvastrum, Kitaibela, Kokia, Kosteletzkya, Krapovickasia, Kydia, Lagunaria, Lavatera, Lawrencia, Lebronnecia, Lecanophora, Lopimia, Macrostelia, Malachra, Malacothamnus, Malope, Malva, Malvastrum, Malvaviscus, Malvella, Megistostegium, Meximalva, Modiola, Modiolastrum, Monteiroa, Napaea, Nayariophyton, Neobaclea, Neobrittonia, Nototriche, Palaua, Pavonia (200 spp.), Peltaea, Periptera, Perrierophytum, Phragmocarpidium, Phymosia, Plagianthus, Radyera, Rhynchosida, Robinsonella, Rojasimalva, Senra, Sida (200 spp.), Sidalcea, Sidastrum, Sphaeralcea, Symphyochlamys, Tarasa, Tetrasida, Thespesia, Urena, Urocarpidium, Wercklea, Wissadula. [1]
Clasificación
[editar | editar a fonte]Na clasificación taxonómica de Jussieu (1789), Malvaceae é o nome dunha orde botánica da clase Dicotyledones, Monoclinae (flores hermafroditas ), Polypetalae (corola con dous ou máis pétalos) e estames hipoxínicos (cando os estames están inseridos por baixo do nivel do ovario). A orde no Sistema de Jussieu presenta aproximadamente 40 xéneros.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Malvaceae Arquivado 20 de novembro de 2020 en Wayback Machine. in L. Watson and M.J. Dallwitz (1992 onwards). The families of flowering plants: descriptions, illustrations, identification, information retrieval. Arquivado 03 de xaneiro de 2007 en Wayback Machine. http://delta-intkey.com Arquivado 03 de xaneiro de 2007 en Wayback Machine.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Malvaceae |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Malvaceae |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Jussieu, Antoine Laurent de (1789). Orde Malvaceae en "Genera Plantarum, secundum ordines naturales disposita juxta methodum in Horto Regio Parisiensi exaratam"