Estaminodio
En botánica, un estaminodio é un estame rudimentario, estéril ou abortado, que perdeu a súa función.[1] Isto significa que non produce pole.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O termo estaminodio é a adaptación do latín científico staminodium, derivada de stamen, -ini, "estame", coa adición do sufixo -odium, tirado do grego antigo -ωδης -ōdēs, "semellante" (e que deriva do adverbio ὦδε ṓde, "desta maneira".[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]Os estaminodios están frecuentemente disimulados, case ocultos, e parecen estames. Normalmente están situados no verticilo interior da flor.
Ás veces, os estaminodios non están atrofiados completamente, e poden daquela estaren modificados para realizaren novas funcións, como a produción de néctar, ou a atracción óptica ao adquiriren un aspecto petaloide.[3]
Os estaminodios poden ser unha característica decisiva para diferenciar entre especies, especialmente no xénero Paphiopedilum das orquidiáceas.[Cómpre referencia]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Font Quer, P. 1993, p. 422.
- ↑ staminodium no Merriam-Webster Dictionary.
- ↑ Strassburger, E. 1994, p. 770.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Font Quer, P. (1993): Diccionario de botánica. Barcelona: Editorial Labor, S. A. ISBN 84-335-0078-3.
- Strassburger, E. (1994): Tratado de botánica. 8ª edición. Barcelona: Edicones Omega, S. A. ISBN 84-282-0979-0.