[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Corola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha corola de roseira brava.

A corola é o verticilo interno do perianto da flor, case sempre vistoso.

O concepto pode ser definido de xeito máis simple como o conxunto de follas modificadas dunha flor (pétalos). Os pétalos acostuman a estar dispostos libres entre si ou fusionados ós outros. Cando están fusionados, a porción estreita basal recibe o nome de tubo, a superior libre, limbo, e a abertura, fauce.

Están presentes só en anxiospermas.

As súas flores son xeralmente coloridas e con diversas variacións de cor, tamaño e forma. Cores "esverdeadas" acostuman a ser menos comúns. As cores son importantes na polinización pois atraen insectos que transportan o pole do estame dunha flor, ao carpelo doutra.

Polinización

[editar | editar a fonte]

A polinización foi tema de numerosos estudos por parte do naturalista inglés Charles Darwin, contribuíndo de xeito substancial na formulación da súa Teoría da evolución (publicada en 1859 co nome de A orixe das especies)[1].

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]