[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Abelmosco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Abelmoschus»)
Abelmosco

Na imaxe unha Abelmoschus manihot
Clasificación científica
Reino: Plantae
(sen clasif.) Anxiospermas
(sen clasif.): Eudicotas
(sen clasif.): Rósidas
Orde: Malvales
Familia: Malvaceae
Subfamilia: Malvoideae
Tribo: Hibisceae[1]
Xénero: Abelmoschus
Medik.
especies

Ver texto.

Os abelmoscos son plantas cormófitas da familia das malváceas orixinarias da África tropical, Asia e Australia setentrional. Antigamente incluídas no xénero Hibiscus, actualmente forman un xénero propio: Abelmoschus.

O xénero contén especies anuais e perennes de porte herbáceo, que acadan os dous metros de altura. As follas teñen un largo de 10 a 40 centímetros, con de tres a sete lóbulos. As flores teñen diámetros de catro a oito centímetros, con pétalos xeralmente brancos ou amarelos, a miúdo cunha mancha escura na base de cada un deles. O froito é unha cápsula, de cinco a 20 centímetros de lonxitude, que contén múltiples sementes.

Serven de alimento ás larvas dalgúns lepidópteros, incluíndo Chionodes hibiscella (atopada en A. moschatus).

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Do árabe أبو المسك (abu-l-misk, "pai do almiscre"), nome dado polo alemán Friedrich Kasimir Medikus en 1787 cando describiu o xénero por primeira vez, observando caracteres diferenciais en estilos e estigmas (fronte a Hibiscus).

Varias especies teñen follas e vaíñas comestibles. A especie de maior interese comercial é A. esculentus. Abelmoschus manihot proporciona filamentos comparables aos do xute (Corchorus capsularis), mentres que A. moschatus é fonte de almiscre.

Algunhas especies

[editar | editar a fonte]
  1. "Abelmoschus". Germplasm Resources Information Network. United States Department of Agriculture. 2007-03-12. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 2009-02-20.