Forcarei
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Pontevedra | ||||
Capital | Forcarei | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.186 (2023) (19 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 167,7 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Verónica Pichel Guisande | ||||
Eleccións municipais en Forcarei | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 36... | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 36018 | ||||
Páxina web | forcarei.net |
Forcarei é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o IGE en 2019 tiña 3.388 habitantes. O xentilicio é forcareiés.[1]
Xeografía
[editar | editar a fonte]Forcarei é un concello situado ao norte da provincia, linda cos concellos de Cerdedo-Cotobade, Silleda, A Estrada, Lalín, Beariz e A Lama.
Evolución da poboación de Forcarei Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
7751 | 8987 | 9040 | 7114 | 4616 | 4108 | 4044 | ||||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Censo total | 3.388 (2019) |
---|---|
Menores de 15 anos | 250 (7,38 %) |
Entre 15 e 64 anos | 1.702 (50.24 %) |
Maiores de 65 anos | 1.436 (42,38 %) |
No seu termo municipal nacen os tres principais ríos intrínsecos da provincia de Pontevedra: río Umia, río Lérez e río Verdugo.
Historia
[editar | editar a fonte]En 1833 creouse o concello de Forcarei, se ben entre 1858 e 1862 denominouse Soutelo de Montes.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Na capital municipal atópase a igrexa parroquial, dedicada a san Martiño. É obra de finais do século XVIII, do mestre canteiro Pedro Varela e o mestre asentador Pedro Gutiérrez. Orixinalmente era de planta de cruz latina pero en 1961 o arquitecto Javier García Santoro ampliou o brazo dereito. A única decoración da fachada, de estilo neoclásico, é unha pequena imaxe da Virxe nunha fornela sobre a porta. Á esquerda da fachada érguese a torre campanario, de sección cuadrangular no primeiro corpo e octogonal no segundo, e rematada nunha pequena cúpula.
Nas escaleiras de acceso á igrexa atópase un cruceiro construído a finais do XIX por Xosé Ferreiro. Este cruceiro estaba situado no centro da praza pero foi trasladado cando se acometeu a remodelación da praza e a construción do edificio do concello.
A Casa do Concello foi proxectada polo arquitecto pontevedrés César Portela.
Na parroquia de Santa María de Aciveiro sitúase o mosteiro de Santa María de Aciveiro que ocupou un papel fundamental na rexión desde a súa constitución no século XII ata o ano 1893. Na actualidade é un Hostal Monumento co nome de Hospedería de San Gonzalo das Penas.
Política
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Eleccións municipais en Forcarei.
Dende o ano 2023 o concello esta gobernado pola coalición formada polo PSdeG-PSOE e o BNG, con Verónica Pichel (PSdeG-PSOE) como alcaldesa.
Sendeirismo
[editar | editar a fonte]Forcarei conta con dúas rutas homologadas de sendeirismo: o PR-G 100 "Sendeiro Natural Aciveiro - Candán", e o PR-G 113 "Ruta das Pontes do Lérez".
A primeira é unha ruta sendeirista circular de 15 km con principio e fin no coñecido mosteiro de Aciveiro.
A segunda é lineal duns 14 km con principio/fin no mosteiro de Aciveiro e remate/inicio en Gaxín
Forcarei na literatura popular
[editar | editar a fonte]- No convento de Aciveiro/ había un frade galiñeiro/ que así que se puña o sol:/ ¡churras, churras, ó poleiro! [2].
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Forcarei.
-
Antigo escudo na fachada da casa do concello.Renovación do deseño do escudo no ano 2006
-
Placa altimétrica.
-
Vista de Soutelo de Montes.
-
Monumento á Muller Labrega de Maxín Picallo.
Parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Forcarei
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Forcarei vexa: Lugares de Forcarei.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 48. ISBN 978-84-8158-706-7.
- ↑ Marcial Valladares Núñez: Diccionario gallego-castellano (1884), s. v. poleiro. No orixinal: N'o convento d'Acibeiro/ habia un frade galiñeiro/ qu'asi que se puña o sòl/ churras, churras, ò poleiro.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Forcarei |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web do concello
- Forcarei, Turismo Rías Baixas
- Ruta sendeirista: PR-G 100 Sendeiro Natural Aciveiro - Candán - SEGATUR
- Ruta sendeirista: PR-G 113 Ruta das Pontes do Lérez - SEGATUR
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |