[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Vilaboa

Modelo:Xeografía políticaVilaboa
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°21′35″N 8°38′17″O / 42.359722222222, -8.6380555555556
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Pontevedra Editar o valor en Wikidata
CapitalO Toural Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación5.950 (2023) Editar o valor en Wikidata (158,67 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie37,5 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude22 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataCésar Poza González Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Vilaboa Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal36141 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE36058 Editar o valor en Wikidata

Sitio webvilaboa.gal Editar o valor en Wikidata
Facebook: alcaldiaconcellovilaboa Twitter: ConcelloVilaboa Instagram: alcaldiaconcellodevilaboa Editar o valor en Wikidata

Vilaboa (do latín villam bonam, 'vila boa') é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. Segundo o IGE en 2016 tiña 6043 habitantes (2943 homes e 3100 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é vilaboés.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concello, de 37,54 km², atópase no interior da ría de Vigo, na enseada de San Simón. Abrangue 5 parroquias, e ten 61 lugares. Limita ao noroeste con Marín, ao norte e o leste con Pontevedra, ao sur coa ría de Vigo e ao suroeste con Moaña. No concello está a lagoa de Castiñeiras, e en Figueirido nace o río dos Gafos. Outros cursos menores son o río Maior e o rego de Tuimil.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Os seus 6043 habitantes están repartidos nas súas cinco parroquias, cunha forte dispersión da poboación. Ademais, o concello conta cunha das colonias musulmás máis grandes de Galicia, que rolda as 200 persoas. A capital do concello é O Toural, na parroquia de Vilaboa.

Censo total (datos 2016) 6043
Menores de 15 anos 808 (13,37 %)
Entre 15 e 64 anos 3747 (62,01 %)
Maiores de 65 anos 1488 (24,62 %)

Comunicacións

[editar | editar a fonte]

O concello está atravesado de norte a sur pola N-550 e de leste a oeste pola N-554. Amais, crúzao a AP-9, partindo do concello a ponte de Rande. Tamén pasa por Vilaboa o eixe atlántico de alta velocidade; antigamente funcionaba a estación de Figueirido. A capital municipal (O Toural), dista uns 10 km da Praza da Ferrería, centro da cidade de Pontevedra, e uns 19 km da Porta do Sol, centro da cidade de Vigo. Outras localidades próximas son Arcade (Soutomaior), a 6 km, Redondela, (14 km), ou Moaña (16 km).

Historia e patrimonio

[editar | editar a fonte]

Os restos máis antigos de asentamentos humanos datan da época dos megálitos. A mámoa do Rei está situada no camiño que rodea o lago de Castiñeiras. Conta con cámara poligonal e corredor de acceso, con tres tramos diferenciados. Ten uns 5000 anos, e foi restaurado no 2003. Preto del hai 8 mámoas do neolítico. As mámoas da Chan da Cruz foron escavadas en 1972, 1983 e 1984.

Do período castrexo consérvanse os restos dun castro no lugar de Acuña, coñecido como castro de Monte da Croa. Conta con murallas, e nel foron atopados utensilios de uso caseiro. Hai outro castro, sen escavar, no monte de Coto Loureiro, entre as parroquias de Figueirido e A Canicouva (Pontevedra).

Da época da romanización é a Vía XIX do itinerario de Antonino, da que se atoparon no concello catro miliarios, conservados no Museo de Pontevedra. Desde o medievo, por esa vía discorre a vía portuguesa do camiño de Santiago. O topónimo de Vilaboa ten orixe latina, de Villam Bonam, "Casa de campo boa".

Da Idade Media consérvanse os alicerces do castelo de Santo Adrián de Cobres, ademais de vestixios románicos na igrexa de San Martiño de Vilaboa. O castelo de Uveiras foi construído cara aos séculos XIV e XV e foi destruído pola armada anglo-holandesa en 1702 na batalla de Rande. Atópase a uns 100 m de altitude, e na actualidade consérvanse os alicerces e parte dos muros, cunha altura máxima de 5 m e unha anchura de 1,5 m. A forma adáptase á topografía do terreo, con esquinas en ángulo e un pequeno bastión no lado nordés. O terreo cae en pendente pronunciada cara ao sueste, e en pendente suave cara ao nordés. Na zona localizáronse restos de ánforas e cerámica romana.

Petróglifo de Chan dos Areeiros.

Entre as parroquias de Vilaboa e Santa Cristina de Cobres está o petróglifo de Chan dos Areeiros[1], con inscricións medievais.

As salinas do Ulló foron explotadas desde 1694 polo Colexio dos Xesuítas de Pontevedra, sendo privatizadas trala desamortización de Mendizábal. No mesmo lugar construíuse a finais do século XIX un muíño de mareas, do que apenas quedan restos.

Durante o antigo réxime as terras do concello pertencían á xurisdición de Pontevedra, señorío do arcebispado de Compostela. En 1821 constituíronse como concellos Cobres e Vilaboa, que se fusionaron en 1835. En 1925 a parroquia de Domaio (do concello de Moaña) pediu unirse a Vilaboa, mais a proposta non foi adiante ao non xustificarse administrativamente. En 1960 o concello de Pontevedra solicitou a anexión do de Vilaboa, mais o pleno municipal non o aceptou.

Recentemente, vivíronse dous conflitos sociais de certa importancia no concello. Houbo unha forte mobilización veciñal ante a construción do tramo da AP-9 entre a ponte de Rande e Pontevedra. Entre 1997 e 1999 houbo fortes protestas ante o proxecto de construción dunha empacadora de residuos da empresa Sogama en Bértola e Figueirido.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Galería de imaxes de Vilaboa.

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vilaboa

Cobres (Santo Adrán) | Figueirido (Santo André) | Santa Comba de Bértola (Santa Comba) | Santa Cristina de Cobres (Santa Cristina) | Vilaboa (San Martiño)

Lugares de Vilaboa

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello vexa: Lugares de Vilaboa.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]