[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

A Illa de Arousa

Modelo:Xeografía políticaA Illa de Arousa
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°33′16″N 8°51′50″O / 42.554444444444, -8.8638888888889
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Pontevedra Editar o valor en Wikidata
CapitalArousa Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación4.876 (2023) Editar o valor en Wikidata (696,57 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie7 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude9 m Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde da Illa Editar o valor en WikidataLuís Arosa Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais na Illa de Arousa Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal36626 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE36901 Editar o valor en Wikidata

Páxina webailladearousa.es Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4666576

A Illa de Arousa é unha illa e concello da provincia de Pontevedra, situada no interior da ría de Arousa. Segundo o IGE en 2021 tiña 4951 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é arousán/arousana e tamén Carcamán.

Poboación

[editar | editar a fonte]

A poboación da Illa de Arousa mantense bastante estable nos últimos anos sobre os cinco mil habitantes[1].

Censo total, en 2015 4956 habitantes
Menores de 15 anos 733 (14,79 %)
Entre 15 e 64 anos 3246 (65,5 %)
Maiores de 65 anos 977 (19,71 %)

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concello da Illa de Arousa está formado polas illas Arousa (a de maior extensión), Guidoiros e Areoso.

A illa ten unha superficie de 7 km², acadando a súa maior altitude no Con do Forno (68 m). Desde setembro de 1985 está unida ao continente por unha ponte de 2 km.

Algunhas das súas praias son A Area da Secada, A Lavanqueira, O Vao, Camaxe, Carreirón, Espiñeiro e O Cabodeiro.

A illa ten catro peiraos: O Xufre (onde se comercializa o marisco e o peixe), Cabodeiro, Naval e O Campo. Hai tres paseos marítimos: O Campo, O Cantiño e o que vai do IGAFA (Instituto Galego de Formación en Acuicultura) á Area da Secada. É tamén de interese turístico o faro de Punta Cabalo.

Observatorio Lagoa do Carreirón.

As precipitacións danse en inverno e en outono e en menor cantidade en primavera; no verán as precipitacións son menores de 50 mm. En todo o ano danse máis de 1000 mm de choivas e é rara a vez que cae algunha nevada en inverno xa que a última foi no 1985. As temperaturas medias de inverno son de 10 °C e no verán de 21,5 °C, con máximas de 40 °C en agosto.

Cartel con ilustracións da fauna que se pode observar á beira da lagoa da Punta Carreirón.

O miradoiro do Santo é o punto máis alto da illa dende onde se pode contemplar a vila e parte da súa contorna.

A illa xa foi habitada nos primeiros tempos do Paleolítico (quedando mámoas na illa Guidoiro Areoso) e na idade de bronce, en épocas en que o nivel do mar era máis baixo. Da época romana quedan restos dunha vila preto da punta do Naso, e localizouse unha necrópole na praia dos Bufos.

No ano 912 a metade da illa pasou a pertencer ao mosteiro de San Martiño Pinario, da orde de san Bieito, trala doazón do bispo de Iria Sisnando. No ano 929 o rei Afonso IV fundou o mosteiro de San Xián.

No século XII, ante as invasións dos normandos, o arcebispo Xelmírez ordenou a construción de naves e torres para protexer a costa, converténdose a illa nun punto de encontro para as tropas.

Peirao do Naval

A partir de 1845 desenvolveuse a industria de salgado e pesca da sardiña, chegando a haber sete factorías. En 1879 inaugurouse a fábrica de salgado Goday, a segunda implantada en Galicia.

Trala división territorial de 1833 converteuse en concello, pero en 1873 pasou a formar parte de Vilanova de Arousa, ao que pertenceu até 1996 agás entre 1935 e 1945, cando formou parte de Vilagarcía de Arousa. En 1996 volveu ser concello de seu, logo da presión social da veciñanza.

O 7 de outubro de 1934 tivo lugar a Independencia da Illa de Arousa que durou unhas horas.[2]

O 14 de setembro de 1985 inaugurouse a ponte que une a illa a terra, que dinamizou a economía da poboación. Até entón os desprazamentos tiñan lugar en pequenos barcos.

Tradicionalmente a economía estivo baseada na pesca e no marisqueo, pero actualmente está máis diversificada.

Patrimonio histórico-artístico

[editar | editar a fonte]
Capitel da cruz do adro da igrexa.
Muíño de marés nas Aceñas, no sur da Arousa.

Os maiores clubs deportivos da illa son o Céltiga Fútbol Club, fundado na década de 1920, os clubs de piragüismo e baloncesto (CB Dorna) nados da década de 1980, e outras seccións deportivas da Asociación Cultural e Deportiva Dorna, impulsora tamén da revista Dorna de literatura galega e da Escola de Navegación Tradicional Dorna. No ano 2000 fundouse o CXR Arousa, participante e organizador de distintos eventos de ximnasia rítmica.[6]

  • Festa do Patrón: o 7 de xaneiro, San Xulián. Duran tres días, logo de Reis.
  • Todos os Santos/ Día de Pedir/ Magosto/ Samaín: entre o 30 de outubro e o 2 de novembro é a festa de Defuntos, e consérvase a tradición de iren os rapaces a pedir polas portas unha esmoliña "polos defuntiños que van alá". As cabazas, que na Arousa se chaman botefas, tamén se facían antes de importar o Halloween e recuperar o Samaín (nome irlandés que se pronuncia Xauin). O magosto a princios de novembro adoita coincidir nesas datas.
  • Entroido: o carnaval é unha das celebracións máis importantes na Arousa desde hai moito tempo, tendo noticias de comparsas dos anos 20 e 30, das que se conservan letras. Actualmente acode moita xente dos arredores, especialmente o luns de Entroido.
  • Festas do Carme: as festas do verán duran cinco ou seis días, adicados aos quintos, a san Ramón, san Roque, santo Antonio, e á Virxe do Carme. O día do Carme é sempre un sábado, e celébrase normalmente a finais de xullo, variando a data para que coincida con mareas vivas, pois con marea alta celébrase a procesión marítima na que participan centos de embarcacións levando a arousáns e visitantes.

Festas gastronómicas

[editar | editar a fonte]
  • Festa da Navalla, o 27 de xullo
  • Festa do Mexillón, o 1º domingo de agosto.
  • Festa do Polbo, a 1ª fin de semana de setembro.
  • Festa gastronómica do Mar, todas as fins de semana de agosto agás a 1ª (que é a do mexillón).
[editar | editar a fonte]

Un xentilicio popular aplicado ós veciños da Illa de Arousa é o de Carcamán [7]. Este apelativo xa fora recollido no Diccionario Gallego-Castellano da Real Academia Galega de 1913 e polo Diccionario enciclopédico gallego-castellano de Eladio Rodríguez de 1958, que documentan a súa orixe en Murguía [8]. Segundo explican, Carcamán era unha denominación galega para os contrabandistas e, en 1826, houbo unha partida de contrabandistas italianos que se fixeron fortes na illa, desde a que facían incursións nos lugares veciños.

  • Na Arousa non hai mozas,/ en Boiro todas son vellas;/ vivan as de Santo Isidro/ que n’hai mozas como elas [9].

Un conto Finisterre da República dos sonhos de Nélida Piñón transcorre na illa de Arousa, sobre as vivencias co seu padriño arousán Ceferino Gondar [10]

O personaxe de Laura do libro O cervo na torre de Darío Xohán Cabana é oriunda da Illa de Arousa, pero ela descoñece que a illa desapareceu nunha explosión termonuclear.[11]

O escritor Valle-Inclán pasaba tempadas na illa e afirmou que naceu 'no medio da Ría de Arousa'.

Desde o ano 1976, celebráronse na illa varios festivais musicais, audiovisuais e de teatro, como o Arousa Folk, o Alén Rock, o Atlantic Fest, O mar nunha flor etc.

A obra "Memorias dun neno labrego" de Cándido Pazó, baseada no libro de Neira Vilas, foi estreada na illa.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Illa de Arousa vista dende o monte da Curota, na Pobra do Caramiñal.

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias da Illa de Arousa

A Illa de Arousa (San Xulián)

Lugares da Illa de Arousa

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Illa de Arousa vexa: Lugares da Illa de Arousa.

  1. Consulta do padrón municipal → Seleccionar tódolos anos, total de sexos, total nacionalidade e concello da Illa de Arousa
  2. Un día para la independencia
  3. Riobó, Íñigo Mouzo (2019-02-08). "Xa podes coñecer todos os segredos dos dólmenes na coñecida como illa dos mortos, na ría de Arousa". Historia de Galicia. Consultado o 2023-08-19. 
  4. "Ruta Padre Sarmiento". Ruta Padre Sarmiento. Consultado o 2023-08-19. 
  5. "Mancomunidad de O Salnés - Rías Baixas - Galicia". osalnes.com. Consultado o 2023-08-19. 
  6. "O Memorial Rodrigo Vázquez de ximnasia rítmica reúne hoxe 20 equipos en Vilanova de Arousa". LVG. 2023-04-30. Consultado o 2024-04-13. 
  7. Carcamán: "Apodo garimoso para referirse á xente da Arousa" ("O colexio da Illa recolle máis de 200 voces que todo carcamán debe coñecer", en La Voz de Galicia, 11.05.2021).
  8. Dicionario de dicionarios.
  9. Fermín Bouza Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 170. No texto: n-hai. Santo Isidro de Posmarcos é unha parroquia de Pobra de Caramiñal.
  10. "Nélida Piñón e A Illa de Arousa". La Voz de Galicia (en castelán). 2005-07-02. Consultado o 2022-02-09. 
  11. "Recensión de "O cervo na torre", de Darío Xohán Cabana". 
  12. Decreto 175/2008, do 17 de xullo,D.O.G. núm. 160 (20 de agosto de 2008)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]