Salvaterra de Miño
Epónimo | río Miño | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Pontevedra | ||||
Capital de | |||||
Capital | O Castelo | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 10.274 (2023) (165,71 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 62 km² | ||||
Altitude | 150 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Marta Valcárcel Gómez (2019–) | ||||
Eleccións municipais en Salvaterra de Miño | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 36450 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 36050 | ||||
Páxina web | concellodesalvaterra.org |
Salvaterra de Miño[1] é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Condado. Segundo o IGE en 2014 tiña 10.048 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «salvaterrense».
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello, de 62,5 km², está situado ao sur da provincia de Pontevedra, na confluencia dos vales do río Tea e o Miño. Limita ao norte con Mondariz e Ponteareas, ao sur con Monção (na beira portuguesa do Miño), ao leste coas Neves (a través dos montes da Paradanta) e ao oeste con Salceda de Caselas e a parroquia tudense de Caldelas de Tui.
Demografía
[editar | editar a fonte]Distribución de idade da poboación
[editar | editar a fonte]Censo total de habitantes | 10048 |
---|---|
Menores de 15 anos | 1397 |
Entre 15 e 64 anos | 6361 |
Maiores de 65 anos | 2290 |
Historia
[editar | editar a fonte]O 24 de maio de 991 o rei Vermudo II doou á Arquidiocese de Santiago de Compostela o señorío e val de Salvaterra, herdado do seu pai Ordoño III. A fundación da vila de Salvaterra foi promovida en 1218 polo rei Afonso IX. O obxectivo era facilitar a viláns e pecheiros os medios de burlar os excesos dos señores feudais. Tralas guerras entre Tareixa de Portugal e Urraca de Castela a comezos do século XIII, Salvaterra pertenceu a Portugal. En 1643 foi ocupada por tropas castelás no marco da Guerra de restauración portuguesa. O nome de Salvaterra aparece no século XIV, cando se substituíu o topónimo da vila de Lazoiro.[2]
Segundo relata Vasco da Ponte, logo da Gran Guerra Irmandiña, cando Pedro Madruga pasou a Portugal fuxindo do arcebispo de Compostela e do conde de Monterrei, asaltou a gornición de Salvaterra.
En 1568 o señor de Salvaterra, Diego Sarmiento, acudiu con 500 homes á defensa de Pontevedra contra as incursións do pirata Francis Drake, que xa desembarcara en Vigo.
Até 1916 recibía simplemente o nome de Salvaterra, pero ese ano pasou a ser Salvaterra de Miño para distinguilo doutros concellos de España, como Salvatierra-Agurain en Araba ou Salvatierra de Esca en Zaragoza[3].
Cultura
[editar | editar a fonte]Patrimonio
[editar | editar a fonte]- Castelo de Salvaterra (Pazo de Dona Urraca)
- Covas de Dona Urraca
- Murallas do século XVII
- Capela da Oliveira
- Igrexa de San Lourenzo de Salvaterra
- Pazo de Lira
- Pazo-torre de Petán
- Portalón da Inquisición
- Pazo de Barreiras
- Pazo da Fillaboa
- Ponte de Fillaboa
- Pazo de Santo Amaro
- Pazo do Piñeiro
- Pazo de Souto
Pazo de Dona Urraca
[editar | editar a fonte]O castelo de Salvaterra ou castelo de Dona Urraca é unha fortaleza medieval ao pé do río Miño. As súas orixes remóntanse aos séculos X e XI. Ocupa unha superficie de 9 700 m² conformados polo recinto amurallado coas súas garitas, a Casa do Conde, o Pazo de Dona Urraca e a Capela da Virxe da Oliva. Do século XII consérvanse as chamadas Covas de Dona Urraca, coa súa escaleira de caracol.
O castelo de Salvaterra e a súa contorna histórica foron declarados en 1949 Bens de Interese Cultural.
Etnografía
[editar | editar a fonte]Festas e celebracións
[editar | editar a fonte]- Festa do viño do Condado.
- Festival da Poesía no Condado.[4]
Salvaterra na literatura popular
[editar | editar a fonte]- Vilanova é do rei,/ Salvaterra da raíña;/ se eu fora filla do rei/ Vilanova érache miña [5].
Economía
[editar | editar a fonte]Salvaterra ten características de cidade satélite de Vigo, da cal dependen economicamente a meirande parte dos seus habitantes. Preto do núcleo principal da vila atópase un pequeno polígono industrial. A partir de 2001 comezou a proxectarse a Plataforma Loxística Salvaterra-As Neves (PLISAN), proxectada no leste do concello co obxectivo de aliviar a falta de solo industrial na Área Metropolitana de Vigo. Despois de vinte anos de litixios e construción[6] promovida polo Consorcio da Zona Franca de Vigo, a Xunta de Galiza e o Porto de Vigo, espérase que se efectúe a construción de numerosas naves industriais de distintas firmas[7][8] nos vindeiros anos.
Alén disto, destacan tamén a produción de viño, a extracción de áridos no río Mendo, o turismo e a pesca da lamprea.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Salvaterra de Miño
-
Castelo de Salvaterra, Pazo de Dona Urraca
-
Igrexa de San Lourenzo
-
Murallas de Salvaterra
Parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Salvaterra de Miño
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Salvaterra de Miño vexa: Lugares de Salvaterra de Miño.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nomenclátor da Xunta de Galicia. Busca das parroquias de Salvaterra de Miño.
- ↑ Méndez Fernández, Luz (2016). Real Academia Galega, ed. "Galicia no Decreto de 1916". Boletín da Real Academia Galega (377): 365–383. ISSN 1576-8767.
- ↑ "SCDCondado.org". Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2009. Consultado o 20 de setembro de 2010.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 161. San Salvador de Vilanova dos Infantes é parroquia de Celanova; Salvaterra de Miño, concello da provincia de Pontevedra.
- ↑ Prego, Carlos (2021-09-19). "La Plisan coge fuerza... en la veintena". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2022-05-14.
- ↑ Carneiro, José (2022-05-06). "O polo industrial pesqueiro da Plisan colle forza cunha terceira factoría de 12.000 m2". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2022-05-14.
- ↑ ue03523 (2020-08-31). "A matriz de Albo activa a “megaplanta” da Plisan para iniciar a súa actividade en 2022". Observatorio do solo empresarial. Consultado o 2022-05-14.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Salvaterra de Miño |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Oya Pérez, Elisa. Informe Económico año 2004 Antena Salvaterra de Miño (en castelán).