[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Arbo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 12 de febreiro de 2024 ás 11:35 por Breogan2008 (conversa | contribucións)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Modelo:Xeografía políticaArbo
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°06′44″N 8°18′45″O / 42.1123, -8.3124
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Pontevedra Editar o valor en Wikidata
CapitalO Pazo Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación2.647 (2023) Editar o valor en Wikidata (61,13 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie43,3 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude257 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataHoracio Gil Expósito Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Arbo Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal36430 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE36001 Editar o valor en Wikidata

Páxina webconcellodearbo.es Editar o valor en Wikidata

Arbo é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca da Paradanta. Segundo o INE en 2015 tiña 2846 habitantes (4121 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «arbés» ou «arbense».[1]

Toponimia

[editar | editar a fonte]

Unha teoría defende que o topónimo Arbo ou Arvo ten unha orixe hidronímica prerromana. Edelmiro Bascuas sinala un diploma do rei de Galiza Afonso VII no que se mencionaría un ‘’Sanctus Petrus de Arauo’’ xa no século XII. Outras opcións falan do celta “ard bó” (alto da vaca). A última hipótese dálle unha orixe latina, de ARVUM 'campo ou rexión arable'. O lugar de Agrosagro (en Carboentes, Rodeiro) era Arvo Sagro (con similar significado) na Idade Media[2].

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concello está comprendido entre os montes da Paradanta e a ribeira do río Miño. Limita con Melgaço (Portugal) e cos concellos das Neves, A Cañiza e Crecente.

Poboación

[editar | editar a fonte]
Censo total 2.846 (2015)
Menores de 15 anos 268 (9.42 %)
Entre 15 e 64 anos 1625 (57.1 %)
Maiores de 65 anos 953 (33.48 %)

No concello apareceu unha machada neolítica, en Cabeiras, conservada no museo de Pontevedra. En San Xoán de Arbo existe un petróglifo, preto do río Miño.

O documento escrito máis antigo sobre Arbo e as súas terras é a concesión dun privilexio por parte do rei Afonso VII, que fai ao mosteiro de Melón unha doazón deste territorio. Consérvanse numerosos documentos posteriores en relación con outros privilexios e doazóns do mesmo mosteiro.

O enclave xeográfico que ocupa a zona, fronte á vila de Melgaço á outra banda do río, provocou que se vise directa ou indirectamente afectada por diferentes conflitos bélicos. Así, durante os séculos XVI e XVII tivo lugar a guerra de sucesión trala separación de Portugal da Coroa española con Filipe IV. Xa no século XIX, durante a Guerra da Independencia, en febreiro de 1809 tivo lugar un enfrontamento entre as tropas francesas e os veciños do lugar, que non foron quen de defender a ponte de Mourentán, un paso importante.

Símbolos

[editar | editar a fonte]

O escudo heráldico oficial do concello de Arbo foi aprobado mediante decreto en 1995, e ten o seguinte brasonamento:

[...] de azur e encima de ondas de azur e prata, unha ponte cun só ollo, de prata, sumado de dúas chaves do mesmo, postas en sotuer, e franqueadas de dous acios de uvas de ouro; bordura de ouro con dúas lampreas da súa cor. Ó timbre, coroa real pechada.[3]

Ademais, en 2002 aprobouse tamén a bandeira do concello, sobre pano azul, a lamprea de amarelo e no cantón alto, ó batente, un acio de uvas, tamén de amarelo.[4]

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

A ponte de Mourentán é unha construción de cachotería do século XVIII, con arco oxival e rasante alomado. Cruza o río Deva, e formaba parte do antigo camiño real que unía Ribadavia con Salvaterra de Miño e Tui. Ten un só van, cunha luz de 12,4 m. Atópase en bo estado de conservación.

Infraestruturas

[editar | editar a fonte]

O concello está atravesado pola estrada PO-400, que vai de Salvaterra de Miño a Crecente. Está conectada con Portugal cunha ponte internacional sobre o río Miño que une o concello coa poboación veciña de Melgaço.

Na estación de Arbo ten parada a liña 6 de Media Distancia de Adif na conexión Vigo-León e mais o tren Intercity Madrid-Vigo.

Economía

[editar | editar a fonte]

Nos últimos anos, a súa poboación decreceu considerabelmente a pesar de que algúns sectores económicos creceron. O máis espectacular foi o caso do cultivo e comercio de viño. Adegas sonadas teñen a súa base aquí (As Laxas, Marqués de Vizhoja, Bodegas Eidosela,...). Grazas á boa calidade do clima, conseguiuse unha variedade de albariño de alta calidade, que pertence ao Consello Regulador das Rías Baixas. Outro sector de importancia é o turismo rural. Existen tres casas de hospedaxe e unha manchea de restaurantes, especializados na lamprea, produto estelar do concello, que lle dedica a súa festa principal no mes de abril.

Evolución da poboación de Arbo   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
5.267 5.245 6.442 5.037 4.018 3.877 3.741
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Galería de imaxes de Arbo.

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Arbo

Arbo (Santa María) | Barcela (San Xoán) | Cabeiras (San Sebastián) | Cequeliños (San Miguel) | Mourentán (San Cristovo) | Sela (Santa María)


Lugares de Arbo

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Arbo vexa: Lugares de Arbo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]