Teixugo
O teixugo[1] euroasiático, porco teixo,[2] teixo,[3] melandro[4] ou tourón[5] (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda.
Teixugo europeo | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Meles meles Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||||||||||||
Distribución Meles meles
|
O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles. As súas principais subespecies son o Meles meles meles (na Europa occidental), o Meles meles marianensis (na Península Ibérica), o Meles meles leptorynchus (en Rusia), o Meles meles leucurus (na China e no Tíbet) e o Meles meles anaguma (no Xapón).
Trátase dun animal de hábitos nocturnos, sendo moi raro atopalo durante o día. O teixugo pode rubir polas árbores, aínda que non se atopa adaptado para facelo. Tamén pode correr con certa rapidez e nadar. En caso de perigo, ao verse ameazado emite fortes bruídos (Reinochholf, 1995). É moi rebuldeiro cos membros da súa especie, tanto de novo como de adulto e participa no aseo corporal dos compañeiros de especie.
Descrición
editarO teixugo mide entre 60 e 90 centímetros e ten un peso entre 7 e 13 quilogramos.
É doado de identificar: na cabeza ten bandas brancas e negras, únicas. As orellas teñen rebordes brancos; as patas e o abdome son negros e o lombo gris prateado. Semella un pequeno oso, ou ben un cocho peludo, pois fai uns ruídos característicos de seu. A súa pelaxe empregábase non hai moito para facer brochas de afeitar. As patas dianteiras teñen as poutas con uñas moi longas, poderosas, coas que escarva profundas covas.
Reprodución
editarO celo vai de febreiro a outubro, pero sobre todo marzo, abril e maio. O período de gravidez é un tanto variable, sobre 60 días. Trae ó mundo entre 1 e 5 crías, que nacen núas e cegas coa pelaxe abrancazada, e que abren os ollos aos 30 días. Son amamantadas ata os 3 meses.
Alimentación
editarÉ omnívoro, come animais como miñocas, caracois, vermes, ras, pequenos mamíferos, prea, raíces, bulbos, froita ou castañas.
Hábitat
editarHabita en bosques frondosos e mixtos, é solitario. Defeca sempre nos mesmos lugares e vai sempre polos mesmos sendeiros polo que é doado dar con el. Toma parella para toda a vida. Escava numerosos tobos na terra que son usados pola familia. As galerías das súas tobeiras son moi complexas, con catro a oito saídas. As cámaras de repouso están a metro e medio de profundidade. Xeralmente as covas do teixugo desembocan en auténticas covas naturais. Hiberna, e nos seus sonos invernais, que poden durar varias semanas, vive das reservas de graxa acumuladas durante o outono. O teixugo tratouse de domesticar sen éxito.
Galería de imaxes
editar-
Teixugo
-
Distribución mundial
-
Pegadas do teixugo
-
Teixugo facendo o seu tobo
-
Teixugo disecado
-
Autopsia practicada a un teixugo
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para teixugo.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para porco teixo.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para teixo.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para melandro.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tourón.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Teixugo |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Teixugo |
Bibliografía
editar- Harris, Stephen; Yalden, Derek (2008). Mammals of the British Isles (4th Revised ed.). Mammal Society. ISBN 0-906282-65-9.
- Kurtén, Björn (1968). "Pleistocene mammals of Europe". Weidenfeld and Nicolson.
- Heptner, V. G.; Sludskii, A. A. (2002). Mammals of the Soviet Union. Vol. II, part 1b, Carnivores (Mustelidae and Procyonidae). Washington, D.C. : Smithsonian Institution Libraries and National Science Foundation. ISBN 90-04-08876-8.
- König, Claus (1973). Mammals. William Collins. ISBN 0-00-212080-1.
- Macdonald, David (2001). "The New Encyclopedia of Mammals". ISBN 0-19-850823-9.
- Neal, Ernest (1958). "The Badger". Penguin Books.
- Pease, Alfred Edward (1898). "The badger; a monograph". Londres : Lawrence and Bullen.