Romain Grosjean
Romain Grosjean, nado en Xenebra o 17 de abril de 1986, é un piloto de carreiras, que ten dobre nacionalidade francesa e Suíza,[1][2] pero compite baixo unha licenza de competición francesa.[3] Actualmente compite con Haas F1 Team. Foi o campión da Fórmula Tres Euroseries de 2007 e da primeira edición da GP2 Asia Series, foise á Fórmula Un en 2009. En 2011 foi o campión da GP2 Asia Series e da GP2 Series.
(2021) | |||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 17 de abril de 1986 (38 anos) Xenebra, Suíza | ||||||||||||||||
Residencia | Meudon | ||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||
Ocupación | piloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un | ||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Francia | ||||||||||||||||
Deporte | automobilismo | ||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||
23 de agosto de 2015 | Gran Premio de Bélxica de 2015 | ||||||||||||||||
17 de novembro de 2013 | Gran Premio dos Estados Unidos de 2013 | ||||||||||||||||
27 de outubro de 2013 | Gran Premio da India de 2013 | ||||||||||||||||
13 de outubro de 2013 | Gran Premio do Xapón de 2013 | ||||||||||||||||
6 de outubro de 2013 | Gran Premio de Corea de 2013 | ||||||||||||||||
7 de xullo de 2013 | Gran Premio de Alemaña de 2013 | ||||||||||||||||
21 de abril de 2013 | Gran Premio de Bahrain de 2013 | ||||||||||||||||
29 de xullo de 2012 | Gran Premio de Hungría de 2012 | ||||||||||||||||
10 de xuño de 2012 | Gran Premio do Canadá de 2012 | ||||||||||||||||
22 de abril de 2012 | Gran Premio de Bahrain de 2012 | ||||||||||||||||
Fórmula 1 | |||||||||||||||||
24 Horas de Le Mans | |||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||
Cónxuxe | Marion Jollès Grosjean (2012–) | ||||||||||||||||
Nai | Marie-Hélène Brandt | ||||||||||||||||
Parentes | Edgar Brandt, bisavó | ||||||||||||||||
Sitio web | romaingrosjean.com | ||||||||||||||||
En 2012, Grosjean regresou á Fórmula Un co Lotus F1 Team, xunto con Kimi Räikkönen.[4] Logrou o seu primeiro podio na Fórmula Un no Gran Premio de Bahrain de 2012 e a súa primeira volta rápida no Gran Premio de España de 2012. Converteuse no primeiro piloto desde 1994 en recibir a sanción de participar nunha carreira logo de causar unha colisión múltiple no Gran Premio de Bélxica de 2012. En 2013 permaneceu con Lotus, logrando 6 podios. Pilotou para Lotus de novo xunto ao venezolano Pastor Maldonado nas tempadas 2014 e 2015.
O 29 de setembro de 2015, Haas F1 Team anunciou que Grosjean correra para o equipo na tempada 2016,[5][6]con quen ten contrato ata o final da tempada de 2020. Na que sería a súa última carreira na Fórmula Un, Grosjean sobreviviu a un grande accidente durante o Gran Premio de Bahrain de 2020 cando o seu coche partiu en dous e prendeu lume despois de penetrar nunha varanda metálica na primeira volta. Grosjean sufriu queimaduras leves e atribuiulle ao halo salvarlle a vida.[7]
Traxectoria
editarGrosjean gañou as dez carreiras do campionato de 2003 da Swiss Formula Renault 1.6., trasladándose ao Campionato de Francia de Fórmula Renault 2.0 de 2004
Foi sétimo na primeira tempada, cunha vitoria, e campión en 2005 con dez vitorias. Grosjean tamén apareceu na Formula Renault Eurocup e terminou no podio dúas veces en Valencia.
Cos seus resultados e potencial na serie Fórmula Renault, Romain uniuse á programa de desenvolvemento de pilotos de Renault para a continuación da súa carreira.[8]
Fórmula Tres
editarFixo unha tempada completa na Fórmula Tres Euroseries en 2006, pero tivo un ano difícil, acadando só un podio e terminando ese ano 13º. Pero nunha irrepetible aparición no Campionato británico de Fórmula Tres saíu na pole position nas dúas carreiras en Pau, gañou as dúas e estableceu a volta rápida en ambas.
Permaneceu na F3 Euroseries en 2007, pero se achegou a ASM Formule 3 na que Jamie Green, Lewis Hamilton e Paul di Resta gañaran os tres títulos anteriores. Sébastien Buemi liderou o campionato nas primeiras carreiras, pero Grosjean adiantouno cunha vitoria na novena carreira da tempada en Mugello.[9] Mantivo a vantaxe na clasificación a partir dese punto e gañou o título na carreira final do ano.[10]
GP2 Series
editarGrosjean correu para ART na tempada inaugural da GP2 Asia Series de 2008 xunto a Stephen Jelley, gañou o campionato a falta de dúas carreiras. Gañou o campionato con catro vitorias e sesenta puntos na xeral.
Quedou co equipo ART Grand Prix para a tempada 2008 da GP2 Series.[11] Os seus compañeiros de equipo foron Luca Filippi[12] e Sakon Yamamoto. Terminou a cuarto nesa tempada e logrou a distinción de ser o novato co máis alto posto no campionato.
O campión da tempada 2008 de Fórmula Tres Euroseries, Nico Hulkenberg, uniuse a Pastor Maldonado no equipo ART para o ano 2009, obrigando a Grosjean a deixar o equipo. Con todo, Renault colocouno no equipo campión en 2008, o Campos Grand Prix en 2009, agora coñecido como Barwa Addax.[13] A pesar de perderse as últimas catro carreiras, Grosjean terminou cuarto na clasificación do campionato.
Fórmula Un
editarRenault (2009-2011)
editarGrosjean foi confirmado como piloto de probas de Renault para 2008, en substitución de Nelson Piquet Jr., quen conseguira unha praza de piloto oficial.[14] Pilotou un coche de Fórmula Un por primeira vez no Reino Unido nunha carreira da Serie World Series by Renault de 2008 en Silverstone o 7 de xuño e 8 de xuño de 2008. En 2009 seguiu no papel de piloto de probas de Renault, pero se fixo cargo do asento de Piquet no Gran Premio de Europa de 2009.[15] Terminou 15º na carreira logo dunha colisión primeira volta con Luca Badoer polo que tivo que parar para poñer un novo alerón dianteiro. Para a seguinte carreira en Bélxica quedou eliminado na primeira volta tras un choque con Jenson Button. No Gran Premio de Italia de 2009, fixo unha mala saída, danou o seu coche na primeira curva, e terminou 15º. El mesmo descríbese como "moi decepcionado" logo da carreira.
No Gran Premio de Singapur de 2009, tivo problemas de freos, o que lle obrigou a retirarse logo de só tres voltas. No Gran Premio do Xapón de 2009, terminou 16º. No Gran Premio do Brasil de 2009, Grosjean sufriu un accidente na práctica, do que saíu ileso. Rematou 13º o seu mellor resultado da tempada. No final de tempada no Gran Premio de Abu Zabi de 2009, Grosjean finalizou 18º e último. Dixo despois "que aprendera moitísimo este ano, sobre todo sendo compañeiro de equipo de Fernando". Tras o final da tempada a prensa tiña dúbidas de que Grosjean mantería o seu asento en 2010, o 31 de xaneiro de 2010 Renault na Fórmula 1 confirmou que o ex compañeiro de Grosjean no equipo de GP2 Addax Team, Vitaly Petrov sería o segundo piloto do equipo xunto a Robert Kubica para a tempada 2010 deixando a Grosjean sen unha unidade de Fórmula Un para 2010. Grosjean substituíu a Nick Heidfeld, quen deixou o seu posto de piloto de probas para ocupar un posto de carreira en Sauber.[16]
Deportivos
editarLogo de deixar a Fórmula Un, Grosjean involucrouse nas carreiras de autos deportivos. En marzo de 2010, Grosjean conseguiu un posto na primeira edición do Campionato do Mundo FIA GT1, pilotando un Ford GT do equipo Matech Competition xunto ao piloto Alemán Thomas Mutsch.[17] A parella gañou o a carreira de apertura do campionato da tempada en Abu Dhabi e sumou unha segunda vitoria en Brno, en maio para liderar a clasificación logo das tres primeiras carreiras da tempada.[18]
En xuño de 2010, Grosjean fixo o seu debut na famosa carreira de resistencia das 24 Horas de Le Mans de 2010, compartía un Ford GT1 con Mutsch e Jonathan Hirschi. Logo de clasificarse terceiros na clase LMGT1, víronse obrigados a retirarse da carreira logo de 171 voltas.[19]
Auto GP
editarEn xuño de 2010, Grosjean regresou aos monoplazas de carreiras co equipo DAMS na terceira carreira da tempada 2010 de GP Auto en Spa -Francorchamps.[20] Gañou catro carreiras cas que gañou o título con 16 puntos de vantaxe sobre o segundo piloto Edoardo Piscopo.
Volta á GP2
editarO 20 de xullo de 2010, Grosjean anunciou que ía volver á GP2 co equipo DAMS.
Na tempada 2011 Grosjean volveu á GP2 a tempo completo co equipo DAMS, participando nas dúas competicións, a GP2 Series e a a GP2 Asia Series.[21] Gañando ambos campionatos.
Volta á F1
editarAo comezo da tempada de Fórmula Un 2011, Grosjean volveu á nova marca do equipo Lotus Renault GP como un dos cinco pilotos de probas, xunto con Bruno Senna, Ho -Pin Tung, Jan Charouz e Fairuz Fauzy. Lotus Renault tiña previsto correr con Robert Kubica e Vitaly Petrov ao longo de 2011, pero Kubica tivo un accidente e foi incapaz de pilotar durante o ano 2011. Nick Heidfeld substituíu a Kubica nas primeiras 11 carreiras antes de ser substituído polo propio Senna desde o Gran Premio de Bélxica en diante. A finais de outubro de 2011, Lotus Renault anunciou que levaría a Grosjean na sesión de adestramentos libres do venres ao Gran Premio de Abu Zabi (en substitución de Senna) e o Gran Premio do Brasil (en substitución de Petrov).
O 9 de decembro de 2011, anunciouse que faría o seu regreso á Fórmula 1 en 2012, tendo o asento oficial no recentemente renombrado Lotus F1 Team (anteriormente Renault, o equipo co que competiu Grosjean en 2009). Foi o compañeiro do campión da tempada 2007 Kimi Raikkonen.
Lotus (2012-2015)
editar2012
editarPara 2012, Grosjean converteuse no piloto do título Lotus F1 Team xunto a Kimi Räikkönen.[22] Na súa primeira carreira, o GP de Australia, Grosjean sorprende ao clasificarse na 3ª posición, pero na carreira tivo que retirarse despois dun toque con Pastor Maldonado.[23] Despois doutro abandono en Malaisia, Romain anotou os seus primeiros puntos despois de quedar 6º en China. No GP de Bahrain, o piloto francés protagoniza unha excelente carreira e consegue o seu primeiro podio despois de terminar 3º.[24] En España remata 4º e obtén a súa primeira volta rápida. Pero é no Gran Premio do Canadá onde consegue un meritorio 2º posto, presentando as súas credenciais como piloto sólido esta tempada.[25] Máis tarde, no GP de Europa, mentres ocupaba a segunda posición e cada vez máis preto de Fernando Alonso, que lideraba naquel momento, sofre un fallo no alternador do seu motor, obrigándoo a abandonar a carreira.[26] No GP de Hungría consegue o seu terceiro caixón, rematando a carreira na 3ª posición.[27]
Na primeira volta do GP de Bélxica, Grosjean provoca un accidente espectacular, eliminando a Checo Pérez, o líder do campionato Fernando Alonso, Lewis Hamilton e o propio piloto galo. O Sauber de Kamui Kobayashi tamén resultou danado e rematou a carreira no 13º lugar. Romain recibiu unha multa de 50.000 euros e a suspensión na seguinte carreira, o GP de Italia que se celebrou en Monza, con isto convértese no primeiro piloto en ser suspendido nunha carreira en 18 anos (Michael Schumacher, Italia e Portugal en 1994).[28] O substituto de Romain foi o piloto de probas de Lotus, Jérôme d'Ambrosio de Bélxica.[29] Volvería en Singapur, onde acabaría 7º a pesar de que Lotus loitaba nas rúas urbanas. No GP de Abu Zabi, na volta 38, o piloto francés retírase do circuíto debido a unha colisión con Sergio Pérez Mendoza e Mark Webber.
Haas F1 Team (2016-2020)
editarVida persoal
editarGrosjean compaxinou ser un piloto de carreiras co traballo nun banco na súa cidade natal Xenebra.[30]
Grosjean casou coa xornalista e presentadora de televisión francesa Marion Jollès Grosjean o 27 de xuño de 2012 en Chamonix.[31] Levan xuntos desde 2008. O 29 de xullo de 2013, Marion deu a luz ao seu primoxénito, Sacha. [32] Teñen un segundo fillo chamado Simon que naceu o 16 de maio de 2015[33] e unha filla chamada Camille que naceu o 31 de decembro de 2017.
En outubro de 2017, Grosjean presentou Cuisine et Confidences, un libro de cociña que escribiu coa súa muller. Os recoñecidos cociñeiros Akrame Benallal, Guy Savoy e Christophe Michalak colaboraron na redacción do libro. O libro apareceu no "Secret Santa" da F1 de 2017, onde o propio Grosjean agasallouno a Brendon Hartley, e en 2019 na "Grill the Grid" da F1, cunha pregunta que se fixo aos pilotos de Williams Robert Kubica e George Russell (que piloto de F1 en activo presentou un libro de cociña coautor coa súa muller?").[34]
Andaina
editarResumo da súa carreira
editarTempada | Series | Equipo | Carreiras | Gañadas | Poles | Volta rápida | Podios | Puntos | Pos. Final |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2003 | Formula Lista Junior 1.6 | Advance Racing | 10 | 10 | ? | ? | 10 | ? | 1º |
2004 | French Formula Renault | SG Formula | ? | 1 | ? | ? | 4 | ? | 7º |
Formula Renault 2000 Eurocup | 9 | 0 | 0 | 0 | 0 | 32 | 14º | ||
2005 | French Formula Renault | SG Formula | 16 | 10 | 10 | 0 | 13 | 211 | 1º |
Eurocup Formula Renault 2.0 | 7 | 0 | 0 | 0 | 2 | 28 | 12º | ||
Macau Grand Prix | Signature-Plus | 1 | 0 | 0 | 0 | 0 | N/A | 9º | |
2006 | Formula 3 Euro Series | Signature-Plus | 20 | 0 | 0 | 0 | 1 | 19 | 13º |
British Formula 3 Championship | 2 | 2 | 1 | 2 | 2 | 0 | NC† | ||
Macau Grand Prix | 1 | 0 | 0 | 0 | 0 | N/A | 5º | ||
2007 | Formula 3 Euro Series | ASM Formule 3 | 20 | 6 | 4 | 7 | 13 | 106 | 1º |
Masters of Formula 3 | 1 | 0 | 1 | 0 | 0 | N/A | 14º | ||
Macau Grand Prix | 1 | 0 | 0 | 0 | 0 | N/A | 8º | ||
2008 | GP2 Series | ART Grand Prix | 20 | 2 | 1 | 2 | 6 | 62 | 4º |
GP2 Asia Series | 10 | 4 | 4 | 3 | 5 | 61 | 1º | ||
Formula One | ING Renault F1 Team | Piloto de probas | |||||||
2009 | GP2 Series | Barwa Addax Team | 12 | 2 | 3 | 2 | 3 | 45 | 4º |
Fórmula 1 | ING Renault F1 Team Renault F1 Team |
7 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 23º | |
2010 | GP2 Series | DAMS | 8 | 0 | 0 | 0 | 2 | 14 | 14º |
Auto GP | 8 | 4 | 3 | 4 | 7 | 58 | 1º | ||
FIA GT1 World Championship | Matech Competition | 10 | 2 | 0 | 0 | 3 | 62 | 11º | |
24 Horas de Le Mans | 1 | 0 | 0 | 0 | 0 | N/A | Ret | ||
24 Horas de Spa | Gravity International | 1 | 0 | 0 | 0 | 0 | N/A | 16º | |
2011 | GP2 Series | DAMS | 18 | 5 | 1 | 6 | 10 | 89 | 1º |
GP2 Asia Series | 4 | 1 | 2 | 2 | 2 | 24 | 1º | ||
Fórmula 1 | Lotus Renault GP | Piloto de probas | |||||||
2012 | Fórmula 1 | Lotus F1 Team | 19 | 0 | 0 | 1 | 3 | 96 | 8º |
2013 | Fórmula 1 | Lotus F1 Team | 19 | 0 | 0 | 0 | 6 | 132 | 7º |
2014 | Fórmula 1 | Lotus F1 Team | 19 | 0 | 0 | 0 | 0 | 8 | 14º |
2015 | Fórmula 1 | Lotus F1 Team | 19 | 0 | 0 | 0 | 1 | 51 | 11º |
2016 | Fórmula 1 | Haas F1 Team | 21 | 0 | 0 | 0 | 0 | 29 | 13º |
2016-17 | Andros Trophy - Elite Pro Class | DA Racing | 2 | 1 | 1 | 1 | 1 | 106 | 14º |
2017 | Fórmula 1 | Haas F1 Team | 20 | 0 | 0 | 0 | 0 | 28 | 13º |
2018 | Fórmula 1 | Haas F1 Team | 21 | 0 | 0 | 0 | 0 | 37 | 14º |
2019 | Fórmula 1 | Haas F1 Team | 21 | 0 | 0 | 0 | 0 | 8 | 18º |
2020 | Fórmula 1 | Haas F1 Team | 15 | 0 | 0 | 0 | 0 | 2 | 19º |
† – Como Grosjean era un piloto invitado, era inelixible para puntuar.
Resultados completos na Fórmula Un
editar(Chave)
- Tempada en curso
Resultados nas 24 Horas de Le Mans
editarAno | Equipo | Co-Pilotos | Coche | Clase | Voltas | Pos. | Clase Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|---|
2010 | Matech Competition | Thomas Mutsch Jonathan Hirschi |
Ford GT1 | GT1 | 171 | Ret | Ret |
Notas
editar- ↑ Domenjoz, Luc (2008-07-06). "Romain Grosjean en route vers la F1". Le Matin.ch (en French). Edipresse Publications SA. Consultado o 2009-08-09.
Fin 2005, bien aidé par sa licence française de pilote (il bénéficie de la double nationalité, par sa mère française), le Genevois signe un contrat avec le RDD, le Renault Driver Development (At the end of 2005, helped by his French racing license (he benefits from dual nationality thanks to his French mother), the Genevan signed a contract with RDD, Renault Driver Development)
[Ligazón morta] - ↑ "Meet the rookies: Romain Grosjean". F1Fanatic.co.uk. 2007. Consultado o 2007-08-14.
- ↑ Noble, Jonathan (2009-08-18). "10 facts about Romain Grosjean". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 2009-08-18.
- ↑ "Romain Grosjean joins Kimi Raikkonen at Lotus Renault for 2012". Autosport.com (Haymarket Publications). 9 de decembro de 2010. Consultado o 9 de xullo de 2011.
- ↑ "Romain Grosjean Haas announcement tweet". Romain Grosjean. 2015. Consultado o 29 de setembro de 2015.
- ↑ http://www.bbc.co.uk/sport/0/formula1/34395540
- ↑ Slater, Luke (29 de novembro de 2020). "Lewis Hamilton wins Bahrain Grand Prix as Romain Grosjean survives fiery horror crash". The Daily Telegraph. Consultado o 29 de novembro de 2020.
- ↑ "Romain ID". Romain-Grosjean.com. 2006. Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2009. Consultado o 2009-08-05.
- ↑ "F3 Euro Mugello 1: Grosjean moves ahead". MaximumMotorsport.co.uk. 2007. Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2007. Consultado o 2007-08-14.
- ↑ Bradley, Charles. Grosjean takes title autosport.com, 2007-10-13. Consultado o 13 de outubro de 2007.
- ↑ "Grosjean to race for ART in 2008". autosport.com. 2007-12-11. Consultado o 2007-12-11.
- ↑ "Filippi confirmed at ART for 2008". autosport.com. 2007-12-17. Consultado o 2007-12-17.
- ↑ "Maldonado signs for ART". crash.net.
- ↑ "Alonso, Piquet, Grosjean with Renault...". uk.eurosport.yahoo.com. 2007-12-10. Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2007. Consultado o 2007-12-10.
- ↑ English, Steven (2009-08-18). "Renault confirms Grosjean in, Piquet out". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 2009-08-18.
- ↑ "Grosjean to test for Pirelli at Monza". Autosport (en inglés). 16 de setembro de 2010.
- ↑ Beer, Matt (2010-03-26). "Grosjean makes World GT1 move". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 2010-06-29.
- ↑ "Grosjean-Mutsch top driver standings". gt1world.com (FIA GT1 World Championship). 2010-05-23. Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2011. Consultado o 2010-06-29.
- ↑ "Le Mans 24 Hours – Race result". crash.net (Crash Media Group). 2010-06-13. Consultado o 2010-06-29.
- ↑ "Grosjean on the Auto GP grid with DAMS". autogp.org (Auto GP). 2010-06-22. Consultado o 2010-06-29.
- ↑ "Grosjean and Varhaug in DAMS' colours". gp2series.com (GP2 Series). 2011-01-25. Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2011. Consultado o 2011-05-23.
- ↑ Payá, R. (10 de decembro de 2011). "Grosjean acompañará a Raikkonen en Lotus". AS.
- ↑ Beer, Matt (18 de marzo de 2012). "Grosjean takes positives from Australia display despite early exit". Autosport (en inglés). Haymarket Group.
- ↑ Nogales, Verónica (22 de abril de 2012). "Balance GP de Baréin 2012 - equipo Lotus". Car and Driver. Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2015. Consultado o 01 de xaneiro de 2021.
- ↑ Nigales, Verónica (11 de xuño de 2012). "Balance GP do Canadá F1 2012 - equipo Lotus". Car and Driver. Arquivado dende o orixinal o 11/12/2015. Consultado o 01/01/2021.
- ↑ Nieves, Manuel Andrés (25 de xuño de 2012). "Kimi Räikkönen: "La segunda plaza está bien, pero quería la victoria"". F1 al día.
- ↑ Molina, Raúl (29 de xullo de de 2012). "Balance GP de Hungría F1 2012 - equipo Lotus". Car and Driver. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 01 de xaneiro de 2021.
- ↑ Canseco, Marco (2 de setembro de 2012). "Grosjean, sancionado con una carrera, no correrá en Monza". Marca.
- ↑ Martín, Jaime (4 de setembro de 2012). "D'Ambrosio sustituirá a Grosjean en Monza". Marca.
- ↑ "Grosjean not willing to give up bank job". GPUpdate.net. 26 de agosto de 2009. Consultado o 31 de xaneiro de 2011.
- ↑ "Romain Grosjean et Marion Jollès convolent à Chamonix". Consultado o 27 de abrilde 2017.
- ↑ Média, Prisma. "Marion Jollès - La biographie de Marion Jollès avec Voici.fr". Voici.fr (en francés). Consultado o 27 de abril de 2017.
- ↑ "Grosjean à nouveau papa - F1i.com". F1i.com (en francés). 1 de xaneiro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2017. Consultado o 27 de abril de 2017.
- ↑ "Grosjean cookery book set to go on sale". GPUpdate.net (en inglés). Consultado o 5 de marzo de 2018.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Romain Grosjean |