[go: up one dir, main page]

Muxía

concello da comarca de Fisterra, na provincia da Coruña

Muxía é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Fisterra. Segundo o IGE a súa poboación no 2014 era de 5.068 habitantes (5.424 no 2010, 5.746 no 2006, 5.823 no 2005, 5.899 no 2004, 6.029 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «muxián».

Modelo:Xeografía políticaMuxía
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°06′22″N 9°13′03″O / 43.1062, -9.2175
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia da Coruña Editar o valor en Wikidata
CapitalMuxía Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación4.450 (2023) Editar o valor en Wikidata (36,45 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie122,1 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataJavier Sar (2024–) Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Muxía Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal15124 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE15052 Editar o valor en Wikidata

Páxina webconcellomuxia.com Editar o valor en Wikidata

Poboación

editar
Censo total 2014 5.068 habitantes
Menores de 15 anos 487 (9.61 %)
Entre 15 e 64 anos 3.079 (60.75 %)
Maiores de 65 anos 1.502 (29.64 %)
Evolución da poboación de Muxía   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
6.542 7.296 7.612 7.080 5.899 5.424 5.269
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
 
Casa consistorial.

Patrimonio cultural de Muxía

editar

O concello de Muxía ten un importante patrimonio cultural no que podemos sinalar como predominante o patrimonio relixioso de época románica coas igrexas de San Cristovo de Nemiña, San Xiao de Moraime, Santa Leocadia de Frixe, Santa María de Morquintán, Santa María (esta última de estilo románico de transición) e San Martiño de Ozón (posteriormente transformada) entre outras. Ademais o concello tamén conta con dous mosteiros, o mosteiro de Moraime e o mosteiro de Santa María de Ozón.

Mais de entre todos os edificios relixiosos muxiáns o máis coñecido é o santuario da Virxe da Barca por ser punto de peregrinación desde o século XI ou XII, peregrinación que co paso do tempo deu lugar á actual Romaría da Barca que combina celebracións relixiosas e pagás na vila durante os mesmos días.

Festas

editar
 
Santuario da Virxe da Barca o día da romaría.
editar
  • Nosa Señora da Barca,/ Nosa Señora, valeime,/ que estou no medio do mar,/ non hai barqueiro que reme [1].
  • Nosa Señora da Barca/ ten uns zapatiños brancos,/ as mozas de Camariñas/ vanllos ver os días santos [2].
  • Santo Cristo de Fisterra,/ Santo da barba dourada,/ axúdame a remontar/ a laxe de Touriñana [2][3].
  • Santo Cristo de Fisterra,/ Santo da barba dourada,/ veño de tan lonxe terra,/ Santo, por che ver a cara./ Veño da Virxe da Barca,/ veño de abalar a pedra./ Tamén veño de vos ver,/ Santo Cristo de Fisterra [4].
  • Veño da Virxe da Barca, veño da abalar a pedra./ Tamén veño de vos ver/ Santo Cristo de Fisterra [5].

Galería de imaxes

editar
Artigo principal: Galería de imaxes de Muxía.

Parroquias

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Muxía

Bardullas (San Xoán) | Caberta (San Fins) | Coucieiro (San Pedro) | Frixe (Santa Locacia) | Leis de Nemancos (San Pedro) | Moraime (San Xulián) | Morquintián (Santa María) | Muxía (Santa María) | Nemiña (San Cristovo) | Nosa Señora da O (Santa María) | San Martiño de Ozón (San Martiño) | Santiso de Vuiturón (San Tirso) | Touriñán (San Martiño) | Vilastose (San Cibrán)

Lugares de Muxía

editar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Muxía vexa: Lugares de Muxía.

  1. Lino Lema Bouzas (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993, 14.
  2. 2,0 2,1 Fermín Bouza Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 183.
  3. Refírese á punta do cabo Touriñán, situado na parroquia do mesmo nome, no oeste do concello de Muxía. Lino Lema Bouzas (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993, 13. No texto: da Touriñana.
  4. Copla une a devoción ao Cristo de Fisterra e á Virxe da Barca. Fraguas, 1989.
  5. Gran Enciclopedia Galega, s. v. Abalar, Pedra de.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar

Este artigo tan só é un bosquexo 
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.