[go: up one dir, main page]

Nemiña, Muxía

parroquia civil do concello de Muxía

San Cristovo de Nemiña é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Muxía na comarca de Fisterra. Segundo o INE en 2009 tiña 129 habitantes (65 mulleres e 64 homes) distribuídos en 4 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004, cando tiña 141 habitantes, e 1999 cando tiña 154 habitantes.

Nemiña
Igrexa parroquial
ConcelloMuxía[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°01′13″N 9°15′44″O / 43.02030971, -9.26225165
Poboación106 hab. (2017)
Entidades de poboación4[1]
editar datos en Wikidata ]

Topónimo

editar

Os topónimos galegos que conteñen a raíz Neme- (como Nemiña, monte Neme, Nemetobriga etc.) están posibelmente relacionados cos espazos nomeados nemeton e coa deusa céltica Nemetona.[2]

Patrimonio

editar

A súa igrexa parroquial é un pequeno templo románico, a máis pequena das igrexas románicas da comarca (13 x 6 m). Consta dunha soa nave rectangular, cuberta de madeira e ábsida cadrada, cun arco de acceso apoiado sobre dúas columnas acaroadas que rematan en senllos capiteis decorados con temas vexetais, semellantes ós da igrexa de Frixe. A bóveda que cobre a ábsida é apuntada.

O campanario foille engadido no século XVII, así como unha sancristía nun lateral da ábsida. Segundo deixou escrito nas súas memorias o cardeal Jerónimo de Hoyo a comezos do século XVII, o templo foi asaltado dúas veces polos ingleses. Tamén dicía que tiña unha renda ben módica, correspondéndolle "Media vaca fera que lle deu un veciño e oito ducados que lle concedeu o dono dun navío".

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Nemiña

editar
Lugares da parroquia de Nemiña no concello de Muxía (A Coruña)

Nemiña | Queiroso | Talón | Vilela de Nemiña

Parroquias de Muxía

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Muxía

Bardullas (San Xoán) | Caberta (San Fins) | Coucieiro (San Pedro) | Frixe (Santa Locacia) | Leis de Nemancos (San Pedro) | Moraime (San Xulián) | Morquintián (Santa María) | Muxía (Santa María) | Nemiña (San Cristovo) | Nosa Señora da O (Santa María) | San Martiño de Ozón (San Martiño) | Santiso de Vuiturón (San Tirso) | Touriñán (San Martiño) | Vilastose (San Cibrán)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar