[go: up one dir, main page]

Moraime, Muxía

parroquia civil do concello de Muxía

San Xulián de Moraime é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Muxía. Segundo o IGE en 2018 tiña 784 habitantes (406 mulleres e 378 homes) distribuídos en 25 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación aos anos 2004, cando tiña 1.030 habitantes, e 1999 cando tiña 1.096 habitantes.

Moraime
Igrexa de San Xulián de Moraime
ConcelloMuxía[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°05′05″N 9°11′59″O / 43.08472222, -9.19972222
Área21,46 km²
Poboación784 hab. (2018)
Densidade36,53 hab./km²
Entidades de poboación25[1]
editar datos en Wikidata ]

Xeografía

editar

Entre o seu patrimonio natural destaca o monte Corpiño de Chorente, e as praias dos Muíños e Lourido

A parroquia está atravesada polos camiños de Fisterra, a variante do Camiño de Santiago que procedente de Santiago de Compostela e se dirixe cara Muxía, e o dos Faros, na súa 6ª etapa: ruta Camariñas-Muxía.

Patrimonio

editar

A igrexa de San Xulián de Moraime data do século XII. A carón dela estivo o mosteiro de Moraime, creado no século XI e pertencente á Orde de San Bieito. Tamén hai na parroquia un conxunto de antigas casas señoriais.

Nesta parroquia no lugar de Lourido e preto da praia atópase o novo Parador Costa da Morte.

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Moraime

editar
Lugares da parroquia de Moraime no concello de Muxía (A Coruña)

Alberguería | Añobres | Armear | A Baiuca | Bergantiños | Bouzas | Cartel | As Casas Novas | Os Castelos | Chorente | A Condomiña | Figueiras de Abaixo | Figueiras de Arriba | Labexo | Lourido | Moraime | Os Muíños | Oruxo | Ribas | Risamonde | Serantes | Vilamaior | O Vilariño | Xanzón | Xurarantes

Parroquias de Muxía

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Muxía

Bardullas (San Xoán) | Caberta (San Fins) | Coucieiro (San Pedro) | Frixe (Santa Locacia) | Leis de Nemancos (San Pedro) | Moraime (San Xulián) | Morquintián (Santa María) | Muxía (Santa María) | Nemiña (San Cristovo) | Nosa Señora da O (Santa María) | San Martiño de Ozón (San Martiño) | Santiso de Vuiturón (San Tirso) | Touriñán (San Martiño) | Vilastose (San Cibrán)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar