Javier Sar
armador e político galego
Francisco Javier Sar Romero, máis coñecido como Javier Sar, nado en 1968 é un armador e político do partido Independentes por Muxía.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1968 (55/56 anos) |
Alcalde de Muxía | |
2024 – ← Iago Toba Campaña | |
Actividade | |
Ocupación | armador, político |
Traxectoria
editarJavier Sar é armador de profesión e foi patrón maior de Muxía entre 2001 e 2009[1] durante a crise do Prestige.[2] Nas elección municipais de 2023, presentouse como cabeza da lista de Independentes por Muxía[3] que conseguiu dous concelleiros.
En outubro de 2024, encabezou a moción de censura que, o 7 de outubro, triunfou co apoio dos 3 concelleiros do PPdeG e a única concelleira do BNG, e lle permitiu acceder á alcaldía arrebatándolla ao PSdeG-PSOE, con 5 concelleiros.[4][5]
Notas
editar- ↑ "Javier Sar ilusiona a vida política muxiá". quepasanacosta.gal. 9 de abril de 2023. Consultado o 7 de outubro de 2024.
- ↑ López, Marta (5 de febreiro de 2023). "O patrón maior do Prestige dá o salto á política: «Quero acabar coa crispación en Muxía»". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 7 de outubro de 2024.
- ↑ Rodríguez, Fran; Longueira, Toni (30 de abril de 2023). "Javier Sar Romero, candidato de IxMuxía «O populismo barato non nos leva a ningunha parte»". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 7 de outubro de 2024.
- ↑ Longueira, Toni (7 de outubro de 2024). "Consumada la moción de censura en Muxía al regidor socialista tras el pacto entre PP, BNG e independientes". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 7 de outubro de 2024.
- ↑ Ramos Lavandeira, José Manuel (7 de outubro de 2024). "Javier Sar, nuevo alcalde de Muxía, promete “escucha, trabajo y puertas abiertas a todos"". elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 7 de outubro de 2024.
Predecesor: Iago Toba Campaña |
Alcalde de Muxía 2024 - actualidade |
Sucesor: no cargo |