Vilastose, Muxía
parroquia civil do concello de Muxía
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Vilastose.
San Cibrán de Vilastose é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Muxía na comarca de Fisterra. Segundo o IGE de 2013 tiña 364 habitantes (183 mulleres e 181 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación aos anos 2004, cando tiña 435 habitantes, e 1999 cando tiña 496 habitantes.
Vilastose | |
---|---|
Igrexa de San Cibrán de Vilastose. | |
Concello | Muxía[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°03′09″N 9°09′29″O / 43.05260403, -9.15795476 |
Poboación | 338 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 9[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio
editarA igrexa parroquial ten un campanario de estilo barroco, separado da mesma e situado nun lugar máis alto.
Galería de imaxes
editar-
Campanario barroco
-
Cruceiro e campanario da igrexa
Lugares e parroquias
editarLugares de Vilastose
editarLugares da parroquia de Vilastose no concello de Muxía (A Coruña) | |
---|---|
Agrodosío | Baltar | Calo | A Casanova | Cibrán | A Grixa | A Penela | Senande | Vilastose |