Dátil
O dátil é unha froita obtida da datileira (Phoenix dactylifera) moi rica en azucre (70%), e que constitúe un dos alimentos básicos do Magreb. Polo seu valor enerxético é importante o consumo no período do Ramadán musulmán.
Existen moitas variedade de dátiles coma Zahid, Medjool, Kadrawi, sendo a Deglet Nour a máis apreciada. Prodúcese en moitas partes do mundo, sendo os maiores produtores o Iraq e mais o Irán. Tamén é cultivada na California ou en Colombia.
Propiedades
editarNutritivas
editarValor nutricional por 100 g | |
---|---|
Enerxía | 1 178 kJ (282 kcal) |
75.03 | |
Azucres | 63.35 |
Fibra alimentaria | 8 |
0.39 | |
2.45 | |
Vitaminas | Cantidade %DV† |
Vitamina A equiv. | 0% 6 μg75 μg |
Vitamina A | 10 IU |
Tiamina (B1) | 5% 0.052 mg |
Riboflavina (B2) | 6% 0.066 mg |
Niacina (B3) | 8% 1.274 mg |
Ácido pantoteico (B5) | 12% 0.589 mg |
Vitamina B6 | 13% 0.165 mg |
Ácido fólico (B9) | 5% 19 μg |
Vitamina C | 0% 0.4 mg |
Vitamina E | 0% 0.05 mg |
Vitamina K | 3% 2.7 μg |
Minerais | Cantidade %DV† |
Calcio | 4% 39 mg |
Ferro | 8% 1.02 mg |
Magnesio | 12% 43 mg |
Manganeso | 12% 0.262 mg |
Fósforo | 9% 62 mg |
Potasio | 14% 656 mg |
Sodio | 0% 2 mg |
Cinc | 3% 0.29 mg |
Outros constituíntes | Cantidade |
Auga | 20.53 |
| |
†As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos. Fonte: Base de datos USDA Nutrient |
Ten un contido moi elevado en azucres, de até o 70%, sendo ademais moi nutritivo polo seu alto contido en Carbohidrato|hidratos de carbono]], ferro, potasio e mais fósforo. Contén vitaminas A, tiamina, rivoflavina, niacina, triptófano e ácido ascórbico. O elevado contido en azucres faino alimento enerxético e considerado, ás veces, afrodisíaco.
Medicinais
editarFoi considerada beneficiosa na menciña. En naturopatía prescríbese o seu uso para a asma, bronquite, tuberculose, tose, febres, cancro, dor de estómago, arrefriado, fatiga nos ollos ou gonorrea. É un excelente produto, coma froito ben chegado e fervido en leite amolece as vías respiratorias. Pódese comer cru coma froito ou preparado en marmeladas, pudins, tortas, xeados etc.
Cultivo do dátil
editarOs 10 maiores produtores de dátiles — 2010 (1000 t) | |
---|---|
Iraq | 566,83 |
Arabia Saudita | 1.078,30 |
Exipto | 1.352,95 |
Irán | 1.023,13 |
Emiratos Árabes Unidos | 775,00 |
Alxeria | 710,00 |
Paquistán | 759,20 |
Sudán | 431,00 |
Libia | 161,00 |
China | 147,60 |
Total Mundial | 7.857,45 |
Fonte: UN Food & Agriculture Organisation (FAO)[1] Arquivado 19 de xuño de 2012 en Wayback Machine. |
Plantación
editarO mellor tempo para facer o plantío das datileiras abrangue dende a primavera (fóra dos períodos de xeadas) até mediados do verán.
Fanse uns buratos ou foxos dunha dimensións o suficientemente amplas en largura e fondura para axeitar ben o sistema radicular. A base do toro da palmeira debe ficar á mesma altura á que estaba anteriormente ou lixeiramente máis soterrada; esmágase o chan do redor do colo do toro e faise unha rega abondosa. Cómpre cubrir o chan derredor do toro cunha boa camada de materia orgánica: humus (mulching), que ademais de gardar a humidade, impide que xermolen e medren malas herbas.
O sistema de plantío e as distancias no cultivo da datileira varían segundo a variedade, porén polo xeran pódese dicir que un espazado en cadro ou rectangular duns 9 a 11 m sería o axeitado. Os fillos que agroman pódense transplantar directamente despois de os separar da palmeira nai. As palmeiras novas pódense manter nun viveiro por un ano antes de as transplantar no agro.
Para aseguraren a fecundación, nos palmeirais cultivados, poñen un pé masculino por cada 25 pés femininos, evitando así a polinización natural. O palmeiral cómpre ter unha rega regular para asegurar unha humidade constante na raíz da datileira. A rega é o máis custoso do cultivo do dátil, con todo tolera ben a salinidade.
Saca dos palmeirais
editarPara mellorarmos o talle e a calidade do froito practícase tanto o aclareo tanto de bagas coma de acios. Elimínanse arredor da metade da cantidade total de pólas da espada durante o período de polinización. A cantidade eliminada depende da variedade e das condicións climáticas. No caso da variedade Deglet Noor a saca faise deixando entre 25 e 30 dátiles por vara e unhas 40 varas por acio.
Colleita do dátil
editarOs acios de froita apáñanse dende o chan ou coa axuda de escadas baixas cando as palmeiras son noviñas, até os 10 ou 15 anos; despois dende escadas ou plataformas achegadas aos toros.
Cóllese unha cantidade pequena de dátiles na etapa "Khalal" (madureza parcial) cando aínda son amarelos ou vermellos (dependendo do cultivar), mais nesta etapa son adstrinxentes (alto contido en taninos) polo que moitos consumidores os rexeitan. Así, a meirande parte dos dátiles apáñanse nas etapas de madureza completa: "Rutab" e "Tamar", cando teñen maior contido en azucres, menos humidade, menos contido en taninos e son máis dondos que na etapa "Khalal".
Multiplicación
editarPor semente
editarNos alcouves, as sementes producen igual cantidade de palmas masculinas ca femininas; só as últimas son valiosas dende o punto de vista produtivo.
Por fillos (vexetativa)
editarAs variedades comerciais de datileira propáganse por fillos que dan lugares a numerosos clons. É unha das poucas palmeiras que se cultiva extensamente polo froito. A separación dos fillos da planta nai tense que facer con tento. Cómpre regar ben a zona onde medran os rebentos uns días antes da separación para que o solo estea húmido, asegurando deste xeito que a raíz leve parte deste.
Se os fillos non se necesitan para a propagación débense eliminar para non diminuír a produción da nai.
A reprodución vexetativa por fillos ten a vantaxe que as plantas obtidas son iguais á nai, polo que o froito do fillo ha ser da mesma calidade que o da devanceira. O fillo dá froita aos 3 ou 4 anos.
Propagación in vitro
editarFaise en laboratorios especializados grazas ao cultivo de meristemas.
Pestes e doenzas da datileira
editarPragas:
- Cochinilla vermella da palmeira (Phonicoccus marlatti).
- Gurgullo da palmeira (Diocalandra frumenti).
- Escaravello vermello (Rhynchophorus ferrugineus).
- Apate monachus.
- Coccotrypes dactyliperda.
- Mythimna joannisi.
Enfermidades:
- Botryodiplodia teobromae.
Notas
editar- O contido deste artigo incorpora material dunha entrada Arquivado 09 de xullo de 2018 en Wayback Machine. da Enciclopedia Libre Universal publicada en castelán baixo a licenza Creative Commons Compartir-Igual 3.0
Véxase tamén
editarVexa a entrada do Galizionario acerca de Dátil |