[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Manuel Pena Camino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Pena Camino
Biografía
Nacemento28 de abril de 1909 Editar o valor en Wikidata
Castro, España Editar o valor en Wikidata
Morte5 de marzo de 1949 Editar o valor en Wikidata (39 anos)
Paramos, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte en combate, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Outros nomesFlores Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaquis Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
Conflitoguerra civil española Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 9464 Los de la sierra: 6165

Manuel Pena Camino, coñecido como Flores, nado en Castro (Mesía) o 28 de abril de 1909 e finado en Paramos (Val do Dubra) o 5 de marzo de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formou parte da columna que acudiu á defensa da Coruña ao inicio do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 e fuxiu ao monte. Foi detido e xulgado en Santiago de Compostela o 19 de decembro de 1936 cos veciños de Curtis, Manuel Calvelo, Isabel Ríos, Manuel Sánchez Ayerbe e Eduardo Sánchez Lago.[1] Foi condenado a cadea perpetua.

Cando saíu da prisión incorporouse á guerrilla nos grupos que operaban na zona dos montes da Graña con Benigno Andrade. Na primavera de 1946 foi nomeado xefe militar do Destacamento Eduardo Xaneiro da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia xunto a José Blanco Núñez, ocupando a zona comprendida entre Ordes e Cerceda. Pasou despois polos destacamentos Manuel Bello e Eive-Carbón. Caeu abatido pola Garda Civil en Paramos o 5 de marzo de 1949 ao fuxir logo de ser descuberto o seu agocho nunha casa de Zas (Negreira). Xunto a el morreron Vicente Peña Tarrasa e José María Castelo Mosquera, e as enlaces Carmen Temprano e Manuela Teiga.[2]

  1. La Voz de Galicia, 20-12-1936, p. 2.
  2. Cilia Torna (13 de marzo de 2019). "As mártires de Paramos". Nós Diario. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8.