[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Cerceda

Modelo:Xeografía políticaCerceda
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°11′19″N 8°28′13″O / 43.188611111111, -8.4702777777778
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia da Coruña Editar o valor en Wikidata
CapitalO Campo da Feira Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación5.058 (2023) Editar o valor en Wikidata (45,46 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie111,27 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Xefe do gobernoJosé García Liñares Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Cerceda Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal15185 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE15024 Editar o valor en Wikidata

Páxina webcerceda.es Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4905843

Cerceda é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ordes.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Segundo o IGE a súa poboación no 2014 era de 5.156 habitantes (5.570 no 2009, 5.483 no 2006, 5.500 no 2005, 5.499 no 2004, 5.471 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cercedense».

Censo total 2014 5.156 habitantes
Menores de 15 anos 520 (10.08 %)
Entre 15 e 64 anos 3.101 (60.14 %)
Maiores de 65 anos 1.535 (29.77 %)
Evolución da poboación de Cerceda   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
4.803 5.949 7.418 7.201 5.499 5.486 5.392 5.318 5.265 5.156 5.076 5.031 4.992 5.023 5.001 5.008 4.996
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

Existen restos de dous castros galaicos, o castro de Coto de Guichar (na parroquia das Encrobas) e o castro de Cerceda. Neste atopouse un torque de ouro.

Entre os diversos templos relixiosos destaca a igrexa de Santo André de Meirama, construída no século XII e reformada en 1720.

Do pazo de Boedo, declarado en 1994 Ben de Interese Cultural, mantense do un caserón cun par de chemineas e uns brasóns. No pazo-torre de Gontón das Encrobas están localizadas na actualidade as oficinas da empresa mineira Limeisa. A súa torre tiña orixe medieval. O pazo das Lavandeiras foi construído no século XVIII, de estilo barroco, estando no presente restaurado. Forma parte dun conxunto histórico fundado polos descendentes dos Becerra.

Economía

[editar | editar a fonte]

Cerceda é un concello con dúas grandes empresas, a Central Térmica de Meirama e a planta de tratamento de residuos da empresa de Sogama outras empresas están no polígono industrial do Acevedo. Durante o verán abre o parque acuático Aquapark.[1]

Recursos de lecer

[editar | editar a fonte]

Cerceda conta cun parque acuático municipal que está aberto na época estival.

Tamén ten 3 rutas homologadas de sendeirismo:

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Galería de imaxes de Cerceda.

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cerceda

Cerceda (San Martiño) | As Encrobas (San Román) | Meirama (Santo André) | Queixas (Santa María) | Rodís (San Martiño) | Xesteda (Santa Comba)

Lugares de Cerceda

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cerceda vexa: Lugares de Cerceda.

  1. "Aquapark de Cerceda". Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2015. Consultado o 02 de decembro de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.