[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Amador Domínguez Pan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAmador Domínguez Pan
Biografía
Nacemento22 de xuño de 1916 Editar o valor en Wikidata
A Gándara, España Editar o valor en Wikidata
Morte25 de xaneiro de 1949 Editar o valor en Wikidata (32 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, garrote Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaquis, militar Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
Conflitoguerra civil española Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 5459 Los de la sierra: 2128

Amador Peregrino Domínguez Pan, coñecido como Jaime Pimentel, nado en Pravio (Cambre) o 22 de xuño de 1916 e finado na Coruña o 25 de xaneiro de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Destinado como cabo da Armada no cruceiro España II, era militante da CNT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi dos que intentou en Ferrol impedir que a oficialidade puxera o cruceiro ao servizo dos sublevados. Desertou para evitar a detención pero foi apresado uns meses despois. Xulgado, foi condenado a prisión, onde pasou máis de seis anos. O seu irmán Benito Domínguez Pan foi paseado o 7 de setembro de 1937. Saíu en liberdade condicional o 28 de febreiro de 1943 e dedicouse a organizar os grupos que operaban nos Castros e San Pedro de Nós para axudar aos expresos republicanos que saían en liberdade. O grupo foi desarticulado pola policía, e Amador pasou á clandestinidade para evitar unha nova detención.

Na primavera de 1946 formou parte do Grupo Volante A da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia, con Francisco Rey Balbís, Manuel Ramiro Souto, José María Castelo Mosquera e José María Díaz Pan, empregando o alcume de Jaime Pimentel.[1] O grupo integrouse despois do novo destacamento Enrique Líster, no que Amador foi o seu primeiro xefe militar. Participou no atentado contra Manuel Doval Lemat, xefe da Falange de Cambre o 16 de abril de 1946.[1]

Abandonou o destacamento o 21 de xullo de 1947 sen avisar os compañeiros, decidido a marchar de España. Foi capturado na casa do enlace Jesús Pena Bolón en Calvelo (Sofán, Carballo) o 18 de agosto de 1948.[1] Xulgado en consello de guerra na Coruña o 14 de decembro de 1948, xunto con tres enlaces, foi condenado á pena de morte e axustizado por garrote vil, na cadea da Coruña o 25 de xaneiro de 1949.[2]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Angelina Nogueira Calviño.

  1. 1,0 1,1 1,2 "Biografía por Bernardo Máiz" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25-09-2019. Consultado o 21-06-2017. 
  2. "Cumplimiento de sentencia", La Voz de Galicia, 26-1-1949, p. 2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]