[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Curtis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCurtis
Imaxe
Casa do concello, en Teixeiro

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°08′21″N 8°02′08″O / 43.1392, -8.0356
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia da Coruña Editar o valor en Wikidata
CapitalTeixeiro Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación4.135 (2023) Editar o valor en Wikidata (35,19 hab./km²)
Xentiliciocurtense Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie117,5 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude490 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Xefe do gobernoJavier Caínzos Vázquez Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Curtis Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal15310/ 15379 (Curtis) Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE15032 Editar o valor en Wikidata

Páxina webcurtis.gal Editar o valor en Wikidata

Curtis é un concello da comarca de Betanzos, na provincia da Coruña limítrofe coa provincia de Lugo. Segundo o IGE no 2014 tiña unha poboación de 4048 habitantes (4159 no 2012, 4214 no 2011, 4228 no 2010). O concello ten dous importantes núcleos de poboación separados 12 km: Teixeiro, onde está a casa do concello, e Curtis que tamén é o nome histórico do concello. O xentilicio é «curtense».[1]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Situación

[editar | editar a fonte]
Avenida Principal, en Curtis.

O concello está situado no interior de Galiza, no límite oriental da provincia da Coruña limitando coa provincia de Lugo. Forma parte xunto con outros dez concellos da comarca de Betanzos de quen depende xudicial e administrativamente. As parroquias católicas dependen da arquidiocese de Santiago de Compostela. O concello, de 116,6 km², limita ao norte co concello de Aranga, ao leste co concello de Guitiriz xa en Lugo, ao sur con Sobrado e Vilasantar e ao oeste con Mesía e Oza-Cesuras.

Orografía

[editar | editar a fonte]

Curtis é unha extensa superficie de chaira que vai elevándose cara ao leste. Nesta zona atópase a Serra da Cova da Serpe, límite xeográfico coa provincia de Lugo. Outros cumios son o monte da Graña e o Monte Enxameado. Estas zonas montañosas dividen as tres cuncas hidrográficas do concello: a do río Mandeo, a do Tambre e a do Mendo. A altitude en todo o concello está entre os 450 e 554 metros sobre o nivel do mar e o lugar máis alto é o Monte Enxameado de 602 metros de altitude.

A paisaxe é típica da Galiza do interior: vexetación inzada de pequenos prados, valados, chousas, pequenos camiños e corredoiras, e pequenas granxas de gando vacún pacendo. Hai moitos montes de eucaliptos e piñeiros, e entre uns e outros hai soutos e carballeiras.

Hidrografía

[editar | editar a fonte]
Río Mandeo (esquerda) e Mendo na ría de Betanzos.
Mapa de Curtis coas súas parroquias.
Curtis no Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz (1847).

Os tres ríos principais do concello son o Mandeo, o Mendo e o Deo.

O río Mandeo percorre boa parte dos seus 53 km polo concello. Nace no alto das Pías (a 720 msnm en Sobrado) ó lombo da Cova da Serpe e desemboca na ría de Betanzos. Teixeiro e Curtis, xunto con Sobrado forman a cunca alta deste río. No río dáse a troita común.

O río Mendo nace no monte da Graña (580 msnm). Logo de pasar por San Mamede e Bandoxa (Oza-Cesuras) recibe as augas do Minator. A partir de Souto (Coirós) vólvese máis sinuoso, e descende rapidamente, para discorrer paralelo ó Mandeo e desembocar coma este na ría de Betanzos.

O río Deo, de 16 km, é un afluente do Mandeo. Nace nos montes da Carriceira (548 msnm) e desemboca no Mandeo á altura da Castellana. Agás no seu tramo final no que se une ó Mandeo, o Deo discorre por terreos máis ou menos homoxéneos en altitude, producindo no seu curso abundantes brañas.

Temperaturas e precipitacións mensuais
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Ano
Temperatura media (°C) 7,4 8,0 9,7 10,2 12,9 15,4 17,5 18,7 16,4 13,2 9,4 7,8
12,2
Temperatura mínima (°C)
Temperatura máxima (°C)
Precipitacións (mm)
1 280
Fonte: Climate-Data.org

Demografía

[editar | editar a fonte]

A poboación total é de 4048 habitantes en 2014 aínda que hai un alto número de poboación emigrada ou que por traballo reside noutros concellos.

Evolución da poboación de Curtis   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
4335 5678 6723 5084 4421 4246 4214 4159 4112 4048
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
Censo total 2014 4048 habitantes
Menores de 15 anos 421 (10,4 %)
Entre 15 e 64 anos 2537 (62,67 %)
Maiores de 65 anos 1090 (26,93 %)

A poboación distribúese entre as súas catro parroquias do seguinte xeito:

Parroquias Lurdes Fisteus Curtis Foxado Total
Área (en km²) 2,3 45 31,6 38.5 117,5
Entidades de poboación 6 51 54 31 142
Poboación 2013 1371 546 1786 409 4112
% da poboación 33,34 % 13,28 % 43,43 % 9,95 % 100 %

A evolución da poboación estivo moi relacionado coa chegada do ferrocarril no final do século XIX, manténdose o crecemento de poboación ata mediados do século XX. Este aumento da poboación rematou coa chegada do ferrocarril a Santiago de Compostela e a perda desa situación de Curtis como nó de comunicacións. Dende a década de 1950 a baixada de poboación foi progresiva. Nas décadas de 1960 e 1970 a emigración foi ás cidades galegas máis próximas abandonando a explotación do agro como medio de vida. Actualmente está estabilizada esa poboación. A mellora das comunicacións permitiu que moita xente que antes tiña que emigrar ou pasar boa parte do ano fóra agora teñan como segunda residencia o concello, ou que este sexa un lugar onde pasar a xubilación e non só os meses de verán.

Os concellos de Curtis, Sobrado e Vilasantar con cadansúa parroquia de Curtis.

A historia do concello de Curtis está vencellada á de Sobrado e Vilasantar. Nestes concellos existen dúas parroquias co nome de Curtis: A Ciadella, antiga Ciadella de Curtis[2], en Sobrado e San Vicenzo de Curtis en Vilasantar.

Os concellos de Curtis, Vilasantar, Sobrado e algunhas terras máis formaban o condado de Présaras, un dos máis importantes dende a época sueva ata o século X. Curtis pasou a depender do mosteiro de Sobrado cando o fundaron os condes Hermenexildo e Paterna.

Curtis sufriu a chegada dos normandos na súa segunda incursión en Galiza (968-970). Comandados polo caudillo Gunrod chegaron a destruír a igrexa de Santa Eulalia:

“…a causa dos nosos pecados viñeron as xentes dos normandos á nosa terra e destruíron esta igrexa (Santa Eulalia de Curtis) e outras da comarca; os seus sacerdotes foron levados presos e pasados pola espada; o lume consumiu as escrituras, e as mesmas pedras pereceron pola lapas.[3]

As catro parroquias que integran o actual concello pertencían a tres xurisdicións: Curtis, Fisteus e Sobrado. En 1812 creáronse os concellos de Curtis e Fisteus, vixentes ata 1814. En 1834 Curtis pasou a formar parte do partido xudicial de Arzúa, e os lindes actuais quedaron establecidos en 1836.

Sábese que nesta época o camiño que se dirixía desde Guitiriz cara a Curtis podía ser obxectivo de bandidos ou asaltadores, por iso, no reinado de Isabel II (1833-1868) construíuse na vila guitiricense un edificio para os viaxeiros poderen facer un alto na viaxe se anoitecese. Dita construción serviu tamén para cobrar a portaxe.[4]

Estación de ferrocarril.

Outra data importante na historia de Curtis, e a que achegaría un troco na estrutura agraria do concello, foi a construción da liña férrea Palencia-A Coruña inaugurada en 1883. A construción da estación de tren converteu a pequena aldea (o barrio de Bodeus) nun nó importante de comunicacións entre a meseta e Santiago de Compostela. Ata alí chegaban e saían os viaxeiros en tren. Facíase o transbordo cara a Compostela en carros e máis tarde en coche de liña. Dese crecemento xurdiu a necesidade de crear unha nova parroquia: Santa María de Lurdes creada en 1925, segregada da de Fisteus a iniciativa dos propios veciños.

Casa tradicional.

A principios dos anos 1920 o escritor mexicano Manuel Toussaint foi un viaxeiro abandonado na estación que publicou: "... el pueblo, si es que puede entrar en la categoría de pueblo una calle formada por casas pobres y feas: eso es Curtis. El polvo del camino, el polvo de esta calle nos tenía blancos"[5]. Esta situación de nó de comunicacións entre a Galiza da costa e a España do interior fixo do lugar un enclave importante, un fervedoiro político e sindical. Ao inicio da guerra civil un grupo de personalidades republicanas que ían de Madrid para A Coruña foron retidas na estación de Curtis, e foron fusiladas[6]. O constante paso de trens cheos de militares para a fronte fixo do concello un lugar inseguro. Os labregos deixaban as terras sen cultivar por medo a que lles disparasen desde os trens. Foi en plena guerra civil cando a casa do concello foi trasladada a Teixeiro. Rematada a guerra civil, a posguerra estivo marcada polos escapados que se refuxiaban na zona. O mítico guerrilleiro Benigno Andrade, Foucellas, que ata a súa captura e condena a morte mantivo a loita contra a Garda Civil, tiña a súa familia alí e era acosada a diario polas autoridades. Curtis era un cuartel tomado pola Garda Civil. Ata o 2008 mantivéronse o nome de rúas e prazas vinculadas á ditadura franquista. Curtis mantivo o nome da avenida Generalísimo ata que foi trocado por avenida Principal[7].

O concello aprobou un novo logotipo o 30 de xaneiro de 2008, unha icona coas iniciais de Teixeiro e Curtis xunto á idealización das catro parroquias que compoñen o concello todo en cor laranxa. O nome do concello aparece en dúas tipografías de cor gris[8].

Cartel de Curtis sobre o nome de Lourdes.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

A orixe do topónimo de Curtis é incerta, podería vir de cohortis, pola lexión que había no campamento romano da Ciadella en Sobrado.[9] De feito, A Ciadella era coñecida como Cidadelie de Curtis.[2] Curtis aparece citado en 1199:

in terminis de Guarguiane de voce de villa de Covas et de Quintanas per viam que unde de faro per Villarulu, et inde Sancta Eulalia de Curtis, et inde quomodo vadit ad montem de Enara
Tombo I fol 79 v. de Sobrado.

Na zona, contigua á Ciadella, hai tamén outra parroquia con igual topónimo: San Vicenzo de Curtis (no concello de Vilasantar). En 1873 coa chegada do ferrocarril a Curtis e Teixeiro publicouse un mapa no que aparecen citadas as dúas estacións, e Osbodeus (Bodeus). A corporación municipal o 17 de agosto de 1957 fixou o nome do lugar como Curtis-Estación. Xa a finais do século XX foise impoñendo por uso a forma Curtis, sen Estación. O 19 de setembro de 1983 a asociación de veciños de Curtis pediu a segregación. En xullo de 1998 o concello de Curtis puxo nos accesos ao lugar carteis co nome da parroquia: Concello de Curtis, Lourdes. Os veciños percorreron os camiños modificando os carteis colocando sobre o texto Lourdes o nome de Curtis[10]. No ano 2000 a Xunta de Galicia coa Lei 3/1983 de Normalización Lingüística publicou no Diario Oficial de Galicia o 11 de abril como nome oficial A Estación, sen Curtis. Tres meses despois por xestións do Concello, a Comisión de Toponimia revisou e publicou no DOG o topónimo oficial como Curtis sen máis engadidos[11].

Estela funeraria (S. I-V).
Inscrición: "D[iis] M[anibus] S[acrum] / Iulio Seve / riano. Anno[rum] / XLVII memo / riam posuit / coniugi karissimo Pl / acidia Lupa / defuncto in valle Minei" (Consagración aos deuses romanos. Placidia Loba puxo este recordo en honor do seu queridísimo esposo, Xulio Severiano, morto aos 47 anos de idade no val do Miño).
San Vicente de Fisteus (Curtis, A Coruña), exposto no Museo da Catedral de Santiago de Compostela.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

Patrimonio arqueolóxico

[editar | editar a fonte]
Detalle dun dos torques de Foxado.

De tempos anteriores á conquista romana localizáronse varios campos de mámoas e castros. Na zona de Curtis, Sobrado e terras próximas foron catalogadas un total de 211 mámoas, 67 das cales están no actual concello. As terras de Curtis estaban poboadas pola tribo dos ártabros, e desa época atopáronse no Cordal de Paradela e nos contrafortes do monte de Montouto (entre Aranga e Guitiriz) lousas marcadas con incisións semellando figuras humanas dándose a man[12]. No castro de Foxado atopáronse importantes xacementos arqueolóxicos e xoias de ouro, o Tesouro de Foxado exposto no Museo de Pontevedra.

Os castros localizados no concello son os seguintes[13]:

Da época romana atópase preto de Curtis o campamento romano da Ciadella.

Patrimonio arquitectónico

[editar | editar a fonte]
Igrexa de Nosa Señora de Lourdes.

As catro parroquias do concello contan co seguinte patrimonio arquitectónico relixioso:

Santa María de Lurdes

A parroquia civil ten o nome de Lurdes, segundo di o Nomenclátor de Galicia[15]. A igrexa católica, de recente construción, leva a advocación da Virxe de Lourdes e foi construída no mesmo lugar en que había unha capela xa derruída. O vello cemiterio foi trasladado á Ronda da Coruña, onde está agora o novo.

Santa María de Fisteus

Nesta parroquia hai tres igrexas: a de Santa María de Fisteus, do século XIII, a de San Roque de Xabriño, do século XVIII en perpiaño de cachotería, e a da Illana de recente construción.

Santaia de Curtis

Conta con dúas igrexas importantes. Por unha banda a da Nosa Señora dos Remedios (Teixeiro), orixinalmente do século X, foi construída probablemente para sacralizar un lugar de ritos célticos. Conta cun carballo de máis de 200 anos e unha fonte próxima. A igrexa orixinal sufriu numerosas remodelacións nos séculos XVII, XVIII, XIX e XX.

A outra igrexa é a de Santaia, un templo primitivo construído no século X por Plasencio, avó do célebre San Pedro de Mezonzo. O templo está vinculado a este personaxe fundamental na historia de Galicia, que naceu no lugar de Chacente no ano 930.

Santa María de Foxado

A igrexa principal de Foxado data do século XVIII. É de tipoloxía barroca. A súa fachada é de perpiaños de granito e destaca a torre do seu campanario rematada en espadana.

Casas reitorais
  • A casa reitoral da Nosa Señora de Lurdes, é unha edificación modernista de principios do século XX que está situada no centro do núcleo urbano, con galería e balcón de madeira.
  • A casa reitoral de Nosa Señora dos Remedios, foi recentemente restaurada e está situada fronte da igrexa, ás aforas do núcleo urbano.
  • A casa reitoral de Santaia, anterior ó século XVIII, tamén foi recentemente restaurada pola asociación de veciños pero sempre respectando a súa estrutura orixinal.
  • A casa reitoral da Illana, do século XX, edificio representativo da arquitectura rural.

Patrimonio natural

[editar | editar a fonte]
Flora e fauna

O tipo de solo que caracteriza a este concello é granítico nas súas dúas variantes: granitos de biotita e granitos de dúas micas. Cara ó oeste aparece unha reducida zona de xistos e cara ó sur unha área de rochas básicas.

Coexiste unha gran diversidade de vexetación. As fragas contan con carballos, castiñeiros e bidueiros; cabe destacar a existencia de acivros e sanguiños así como gramíneas e herbáceas.
As brañas, na actualidade, aprovéitanse forestalmente introducindo eucaliptos e piñeiros, e tamén para o aproveitamento gandeiro, sendo frecuentes os cabalos en liberdade.

A fauna atópase moi relacionada co tipo de clima e vexetación. Dentro da fauna cinexética destacan entre os mamíferos o raposo, corzo, xabarín, coello e a lebre. Entre as aves pode atoparse o paspallás, a perdiz e o faisán. Tamén se dá o lobo, unha especie protexida.

Zonas verdes, rutas e sendeirismo

Curtis, mantén un Patrimonio Natural de grande valor ecolóxico e paisaxístico, debendo estar a súa conservación na contemplación dunha estratexia de desenvolvemento integral vertebrada en torno á Axenda Local-21, proxecto de desenvolvemento económico e humano sostible impulsado pola ONU e da que Curtis é pioneiro na provincia da Coruña.

Curtis conta con 10 rutas de carácter local-2 (SL), ofrecendo cada un deles non só un atractivo paisaxístico senón que discorren por núcleos rurais onde se pode observar a arquitectura tradicional. Trátanse duns percorridos onde o rústico acada unha grande relevancia e, para non perder a sensación de unidade, é moi recomendable culminar todo o camiño dunha soa vez.

Tres rutas cumpren os requisitos para ser homologados pola Federación Galega de Montañismo.

Etnografía

[editar | editar a fonte]
[editar | editar a fonte]
  • Chova, non chova, as festas de Curtis teñen xusta sona.[16]
  • Dis que viches, que viches, / para min non viches nada; / non viches pasar o tren / de Teixeiro para Aranga.[17]
  • Festas, queixos e terneiros, os da vila de Teixeiro.[16]
  • Leite, queixos e terneiros, os de Curtis e Teixeiro.[16]
  • Os de Curtis mataron un burro, / os de Teixeiro comérono crudo / e os de Fisteus mandaron recado / que lles gardaran a punta do rabo.[18]
  • Os millores queixiños, os de Curtis, Ulloa e Bergantiños.[19]

Aparece tamén Curtis na terceira estrofa da «Cantiga da montaña» de Aurelio Ribalta: De Trasanquelos á Curtis, / dende Vilacoba a Aranga, / dende Monfero a Sobrado, / dende Libureiro a Caldas, dende Santiago a Millide[20]

Festas e celebracións

[editar | editar a fonte]

O concello conta cunha grande tradición de feira e hoxe en día mantén dúas feiras periódicas que teñen lugar en Curtis e Teixeiro. Nelas pódense atopar postos de todo tipo, roupa e alimentos locais, cesteiros e artesáns e gando.

  • Feira tradicional de Curtis - o día 9 e 23 de cada mes, no campo do mercado comarcal.
  • Feira tradicional de Teixeiro - o 5 e 18 de cada mes, na praza do Concello.
  • Festa da Xuventude, a mediados de xullo en Teixeiro.
  • Curtis na Lembranza, a finais de xullo. Festa ambientada no 1900.
  • Festa do Cabalo, os primeiros domingos de agosto en Teixeiro.
  • Festas patronais de Santaia, na honra de Santa Eulalia, a mediados de agosto.
  • Festas de Curtis, a finais de agosto.
  • Festas patronais de Teixeiro, na honra da Nosa Sr.ª dos Remedios, os días 8 e 9 de setembro.
  • Festa do Cogumelo, os últimos domingos de outubro en Teixeiro.

Símbolos

[editar | editar a fonte]

O escudo e maila bandeira foron aprobados por senllos decretos da Xunta de Galicia, publicados no Diario Oficial:

Decreto 160/1998, do 22 de maio: Artigo único.-Aproba-lo escudo heráldico do Concello de Curtis (A Coruña), que quedará organizado do seguinte xeito: de ouro (amarelo), un carballo da súa cor flanqueada de dúas crucetas de gules (vermello); xefe de sinople (verde) con catro estrelas de ouro. Ó timbre, coroa real pechada.[21]


Decreto 258/2007, do 20 de decembro: Artigo único.-Aprobar a bandeira do Concello de Curtis, que figura como anexo, organizada do seguinte xeito: En pano verde, unha franxa horizontal de amarelo cun carballo verde no centro e dúas crucetas vermellas colocadas xunto ao seu tronco, unha a cada lado; no pano de verde catro estrelas de amarelo, dúas no terzo do hasta e dúas no do batente.[22]

Cidades irmandadas

[editar | editar a fonte]

Curtis está irmandado dende o 10 de xuño de 2014 con sete concellos europeos[23].

Bioetanol Galicia, Polígono de Curtis-Teixeiro.

Economía

[editar | editar a fonte]
Restaurante Expres.

Destaca a produción de leite e de queixo con Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa. O concello ten unha importante base gandeira e forestal. No sector secundario destaca a industria da fabricación de taboleiro de madeira pola presenza do Grupo Losán orixinario de Curtis.

En Teixeiro está situado o Polígono industrial Curtis-Teixeiro, con terminal de carga ferroviaria propia e onde estaba situada a fábrica de Sidegasa[24]. Construída nos anos 1970 e pechada a inicios dos anos 1980[25]. A empresa máis importante do polígono é Bioetanol Galicia[26].

A situación xeográfica do concello mantén un pequeno sector de servizos de hostalería, restauración e aloxamento.

CEIP Teixeiro.

Infraestruturas

[editar | editar a fonte]
Centros de ensino

O sistema educativo do concello baséase en dous centros de ensino primario e un centro de ensino secundario.

  • CEIP de Teixeiro
  • CEIP de Curtis
  • IES Curtis[27]
Centro penitenciario

En Teixeiro construíuse o centro penitenciario de Teixeiro.

EDAR de Curtis.
Outros servizos

Curtis depende administrativamente de Betanzos e en materia sanitaria da Coruña. Hai un centro de saúde de atención primaria en Curtis. No concello existe un cuartel da Garda Civil que tamén atende ás zonas de máis preto. O servizo de recollida de lixo está asociado a Sogama e existen servizos de recollida selectiva de lixo para reciclaxe. O servizo de auga potable ten dúas captacións, unha en Teixeiro, preto da penitenciaría, que se abastece do río Mandeo, e outra en Curtis. A un cento de metros río abaixo está a EDAR.

Distancias a outras
cidades galegas
km
Betanzos 35
A Coruña 51
Santiago de Compostela 51
Lugo 61
Ferrol 62
Pontevedra 108
Ourense 112
Vigo 133
Dende a capital do concello.

Infraestruturas de transporte

[editar | editar a fonte]

Curtis é un importante nó de comunicacións viarias. Preto de Teixeiro pasa a autovía A-6 e a nacional N-VI. A N-634 cruza todo o concello de leste a oeste facendo de comunicación con Santiago de Compostela e coa meseta. Dende esta estrada parte a AC-840 que vai á Coruña, Lalín e Ourense. Curtis está a uns 60 km de Lugo capital.

A liña de Adif atravesa de oeste a nordeste o concello, e comunica con Monforte de Lemos e coa Coruña, Betanzos e Ferrol. Un ramal desta liña comunica co terminal de carga do polígono Curtis-Teixeiro. Hai dúas estacións: a de Curtis e a de Teixeiro.

A Sociedade Deportiva de Teixeiro e o CCD Curtis son os principais equipos de fútbol do concello con campos de xogo en Teixeiro e Curtis respectivamente.

Nos anos 2014 e 2015 celebrouse o Rally Concello de Curtis. O ano seguinte pasou a se chamar Rally Terras do Mandeo e dende 2017 leva o nome Rally Terra da Auga, organizándose nas comarcas de Betanzos e Arzúa.

Política e goberno

[editar | editar a fonte]

Javier Francisco Caínzos Vázquez (PPdeG) é o alcalde dende xullo de 2001 grazas a un pacto de goberno co PSdeG-PSOE. Volveu ser alcalde nas seguintes eleccións ó gañar por maioría absoluta e que volveu ter en 2015.

Eleccións municipais de 2015 [28]
Partido Votos % Concelleiros
PPdeG 1 669 64,09 % 7
BNG 903 34,68 % 4
Alcaldes
Javier Francisco Caínzos Vázquez, dende xullo de 2001
Eduardo Pérez Manteiga, de febreiro de 1974 a marzo de 1976
Alfonso Torres Vázquez, do verán de 1958 a abril de 1969
Camilo García Méndez, de 1957 a 1958 e de 1969 a febreiro de 1974

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Galería de imaxes de Curtis.
  1. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 49. ISBN 978-84-8158-706-7. 
  2. 2,0 2,1 Tombo de Sobrado, folios 56r-58r (c. 995), en Flórez, Henrique (1765). España Sagrada (en latín) 19. Madrid. p. 386. Ecclesiæ Sanctæ Mariæ Cidadelie de Curtis 
  3. Tombo de Sobrado nº 1, códice 976 B, folios 056r-058r Publica, Loscertales, documento 137
  4. Pérez López, Jenaro; Seijas Iglesias, Yasmina (2007). Tras las huellas de la cultura y del medio natural de Guitiriz (en castelán) (2.ª ed.). Salamanca: Pérez López, Jenaro. pp. 193–194. ISBN 978-84-611-0264-8. Archived from the original on 19 de decembro de 2014. Consultado o 09 de maio de 2021. 
  5. Manuel Toussaint: "Obra literaria" Universidade Nacional Autónoma de México. ISBN 968-36-2017-5 1992, páx 236 Publicado primeiramente en Viajes alucinados. Rincones de España (1924).
  6. Suárez Picallo, Ramón: La feria del mundo. Crónicas desde Chile (1942-1956) Escolma de artigos. Consello da Cultura Galega. 2008, pax. 261 ISBN 978-84-96530-61-4.
  7. "El alcalde del PP en Curtis suprimirá los nombres franquistas del callejero local" El País, 30 de outubro de 2008 (en castelán).
  8. Concello de Curtis (ed.). "Logotipo de Curtis". Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2013. Consultado o 16 de outubro de 2013. 
  9. Rodríguez Colmenero, Antonio; Ferrer Sierra, Santiago; Álvarez Asorey, Rubén D. (2004). Miliarios e outras inscricións viarias romanas do noroeste hispánico (conventos bracarense, lucense e asturicense) (PDF). Gran Formato. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. p. 725. ISBN 84-95415-87-9. 
  10. Mariño Sanmartín, Andrés (2010). Asociación Amigos de Curtis "Os Quenllos", ed. Memoria gráfica de Curtis: fondo fotográfico de la Asociación Amigos de Curtis "Os Quenllos" (en castelán). p. 255. 
  11. Rodríguez, Nuria (2 de agosto de 2009). La Opinión (A Coruña), ed. "Simplemente Curtis". 
  12. Teixeiro – Prehistoria - Toponimia Arquivado 14 de setembro de 2014 en Wayback Machine. Fernando Cabanas López.
  13. Moure Salgado, Xabier: Castros da Provincia da Coruña onosopatrimonio.blogspot.com.es xullo de 2011.
  14. Visor de aproveitamentos forestais. Xunta de Galicia.
  15. Nomenclátor de Galicia Arquivado 04 de abril de 2014 en Wayback Machine. da Xunta de Galicia
  16. 16,0 16,1 16,2 Paz Roca, M.ª Carmen (2007). "Aínda novos manuscritos paremiolóxicos de Vázquez Saco" (PDF). Cadernos de Fraseoloxía Galega (Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro - Xunta de Galicia) (9): 263–265. ISSN 1698-7861. 
  17. Castro Santamariña, Manuel (2013). Cancioneiro das terras de Aranga. Deputación da Coruña. p. 62. ISBN 978-84-9812-210-7. 
  18. "Lugar de referencia: Curtis". Portal de ditados tópicos galegos. 
  19. Vázquez Saco, Francisco (2003). Beloso Gómez, Josefa; et al., eds. Cadernos de Fraseoloxía Galega (PDF). 5. Refraneiro galego e outros materiais de tradición oral. Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro - Xunta de Galicia. p. 860. ISBN 84-453-3651-7. 
  20. Ribalta, Aurelio (7.11.1897). "Cantiga da montaña". Revista Gallega (A Coruña) (139): 4. Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2019. Consultado o 25 de agosto de 2019. 
  21. "Decreto 160/1998, do 22 de maio, polo que se aproba o escudo heráldico do Concello de Curtis (A Coruña)." (PDF). DOG. Xunta de Galicia. 8/6/1998. 
  22. "Decreto 258/2007, do 20 de decembro, polo que se aproba a bandeira do Concello de Curtis (A Coruña)." (PDF). DOG. Xunta de Galicia. 10/1/2008. 
  23. "Curtis firma el hermanamiento con 7 municipios europeos" Arquivado 14 de xullo de 2014 en Wayback Machine. 10/6/2014 (en castelán)
  24. "Sidegasa resucita en Malasia" El País, 1/3/2009.
  25. "Siderúrgica de Galicia, SA suspende pagos" El País, 29/3/1981.
  26. Bioetanol Galicia (en varias linguas).
  27. IES Curtis
  28. Eleccións municipais de 2015 la Voz de Galicia

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Albo López, Fuensanta; Candela Iglesias, Rosario (1994). Viviendas rurales en Teixeiro. Colexio Oficial de Aparelladores e Arquitectos Técnicos de Galicia. ISBN 84-600-8976-2. 
  • Criado Boado, F. (1980): "Catalogación de mámoas en los municipios de Curtis, Sobrado y tierras adyacentes". Separata de Brigantium, boletín do Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña. 40 pp.
  • Criado Boado, F. e Grajal, M. (1981): "Relación entre la distribución de mámoas y el medio físico en la zona de Sobrado-Curtis". Separata de Brigantium, boletín do Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña. 26 pp.
  • López Castro, José Antonio (2002). Curtis y Fisteus (A Coruña) (en castelán). Deputación da Coruña. ISBN 84-95335-97-2. 
  • Mariño Sanmartín, Andrés (1992): Bodeus, Curtis-Estación, Curtis: hechos, datos y personajes para la historia de un pueblo joven. 169 pp.
  • Mariño Sanmartín, Andrés (1998): Curtis, virando no tempo. Asociación Amigos de Curtis Os Quenllos. 111 pp.
  • Mariño Sanmartín, Andrés (2010): Memoria gráfica de Curtis: fondo fotográfico de la Asociación Amigos de Curtis "Os Quenllos". Asociación de Amigos de Curtis Os Quenllos. 261 pp.
  • Mariño Sanmartín, Andrés (2016). Concello de Curtis. 25 años de historia viva a través de la prensa y otras publicaciones (en castelán). ISBN 978-84-608-8713-3.  334 pp.
  • Martínez Martínez, M.ª Rosario (1970). El habla de Curtis y sus cercanías (Tese) (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela. 
  • Vázquez Rouco, Sergio (2002). Santa Eulalia de Curtis: Cuna de San Pedro de Mezonzo (en castelán). Teixeiro.  380 pp.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]