[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Ramón Rodríguez Varela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRamón Rodríguez Varela
Biografía
Nacemento1 de agosto de 1905 Editar o valor en Wikidata
Vilouriz, España Editar o valor en Wikidata
Morte14 de maio de 1967 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
O Freixeiro, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte natural Editar o valor en Wikidata
Outros nomesCuruxás Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaquis, mineiro Editar o valor en Wikidata

BNE: XX4868120

Ramón Rodríguez Varela, nado en Vilouriz (Toques) o 1 de agosto de 1905 e finado no Freixeiro (Palas de Rei) o 14 de maio de 1967, foi un mineiro e anarcosindicalista galego, guerrilleiro antifranquista tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 co pseudónimo de Curuxás. Tomou este sobrenome do lugar de Curuxás, en Palas de Rei.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Pasou os seus primeiros anos en Vilouriz e asistiu á escola de Vilamor. A familia mudouse a Pambre en 1916 e Ramón criouse en Curuxás. Logo de ser lexionario, traballou de mineiro nas minas de volframio de San Fins, en Lousame, afiliado ao Sindicato Minero vinculado á CNT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na resistencia marchando cos mineiros a Santiago de Compostela e despois á Coruña; despois fuxiu ao monte. O 14 de abril de 1937, aniversario da proclamación da II República, roubou as nóminas da mina, sendo esta a súa primeira gran acción.

Trasladouse á comarca da Ulloa e o 27 de xullo de 1941 escapou do seu domicilio familiar, a onde o fora buscar a Garda Civil, matando a un cabo deste corpo. Uniuse a un pequeno grupo con xente das antigas sociedades obreiras e agrarias, cos que andou polas terras do Alto Ulla, en Agolada e no Barbanza. Colaborou cos restos do grupo Neira e coa IV agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia.

En 1947 abandonou as armas, como recomendara a CNT, e viviu refuxiado entre os labregos da parroquia de Vilamor ata o seu falecemento en 1967 por causas naturais.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en Vilareda (Palas de Rei) con Marcelina Costa Castro o 23 de xuño de 1928.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]