[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Maiorana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A maiorana[1] (Origanum majorana) é unha herba perenne da familia lamiaceae, cultivada polo seu uso aromático, que lembra ao do piñeiro e aos cítricos. O seu hábitat natural é o leste de Asia e a rexión mediterránea, o seu cultivo está moi estendido na Península Ibérica onde vexeta en zonas asolladas e secas.

Os matos acadan un talle duns 60 cm. de altura, algo lígneos na base, follas aovadas, enteiras, abrancazadas e lanuxinosas.
As miúdas flores labiadas xorden reunidas en franzas terminais, adoitan ser brancas ou rosadas. As sementes son redondas, miúdas e avermelladas.

Composición

[editar | editar a fonte]

A planta contén substancias tánicas, pentonasas e principios amargos, ademais de minerais, mais a substancia principal é a esencia recendente, de cor amarela averdada composta por terpenos, terpineno e origanol (arredor do 40%), sabineno e sesquiterpenos en pequenas cantidades.

Diferentes usos culinarios onde se utiliza para adubar sopas, mollos, carnes e peixes.

Follas de maiorana secas.
  • Origanum dubium Boiss. [1879]
  • Origanum syriacum subsp. dubium (Boiss.) Holmboe [1914]
  • Origanum majoranoides Willd. [1800]
  • Origanum odorum Salisb. [1796]
  • Majorana vulgaris Gray [1821]
  • Majorana ovatifolia Stokes [1812]
  • Majorana hortensis Moench [1794]
  • Amaracus majorana (L.) Schinz & Thell.[2]
  • Thymus majorana (L.) Kuntze, Taschen-Fl. Leipzig: 106 (1867).
  • Majorana majorana (L.) H.Karst., Ill. Repet. Pharm.-Med. Bot.: 999 (1886), nom. inval.
  • Origanum salvifolium Roth, Catal. Bot. 2: 48 (1800).
  • Majorana ovalifolia Stokes, Bot. Mat. Med. 3: 350 (1812).
  • Majorana uncinata Stokes, Bot. Mat. Med. 3: 353 (1812).
  • Majorana tenuifolia Gray, Nat. Arr. Brit. Pl. 2: 381 (1821).
  • Majorana fragrans Raf., Fl. Tellur. 3: 86 (1837).
  • Majorana suffruticosa Raf., Fl. Tellur. 3: 86 (1837).
  • Origanum confertum Savi, Giorn. Tosc. Sci. Med. 1: 12 (1840).
  • Majorana mexicana M.Martens & Galeotti, Bull. Acad. Roy. Sci. Bruxelles 11(2): 191 (1844).
  • Majorana dubia (Boiss.) Briq. in H.G.A.Engler & K.A.E.Prantl, Nat. Pflanzenfam. 4(3a): 307 (1896).[3]
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para maiorana.
  2. "Sinonimia en Tela Botánica". Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2009. Consultado o 07 de agosto de 2013. 
  3. "Maiorana". Royal Botanic Gardens, Kew: World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 13 de abril de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]