[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Sinonimia (bioloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na nomenclatura científica, a sinonimia ocorre cando un mesmo taxon, recibiu dúas ou máis denominacións distintas, propostas por dous ou máis científico diferentes. Nesta situación, a segunda ou seguintes denominacións perde a súa validez por mor da "Lei da Prioridade", permanecendo válida a primeira; a segunda é citada coma un sinónimo do taxon válido, a non ser que se teña cambiado posteriormente, por acordo da comunidade científica correspondente botánica ou zoolóxica, o nome do taxon.

Sinónimos e protónimo

[editar | editar a fonte]

Cando o anteromente dito sucede, o autor ou autores dos sinónimos actualmente considerados como válidos e, en caso de que se faga constar, a data da descrición, ten que poñerse entre parénteses (para idicar que dito autor non foi o primeiro que describiu o taxon), mentres que no caso do sinónimo inicial, chamado protónimo (do grego antigo πρῶτος prõtos, 'o primeiro', e ὄνομα ónoma, 'nome') se escribe sen parénteses.
Exemplos:

  • Impala, n. c. Aepyceros melampus (Lichtenstein, 1812); sin. Antilope melampus Lichtenstein, 1812 (que é protónimo).
  • Ploceus cucullatus (Müller, 1766); sin. Oriolus cucullatus Müller, 1766 (que é protónimo).

O uso e a terminoloxía son diferentes, nalgúns casos, na zooloxía e na botánica (incluíndo a micoloxía, bacterioloxía e viroloxía).

Sinonimia en botánica

[editar | editar a fonte]

Sinonimia en zooloxía

[editar | editar a fonte]

Con frecuencia ao mesmo taxon ao longo do tempo asignóuselle máis dun nome, o que pode crear moita confusión entre a comunidade científica. O principio de autoridade utilizado antes da aparición do Código Internacional de Nomenclatura Zoolóxica contribuíu á proliferación de nomes e o seu uso interesado por partidarios dun zoólogo ou outro.

Trala aparición do Código, todos os nomes científicos réxense polo principio de prioridade e sinonimia segundo o cal, o nome válido dun taxon é o sinónimo máis antigo. Todos os demais nomes dese taxon considéranse sinónimos máis modernos e non deben usarse.[4]

Neste caso, un mesmo autor describiu o mesmo xénero de lepidópteros árctidos dúas veces con diferente nome; ten prioridade o nome publicado primeiro (Hypercompe), e Ecpantheria é un sinónimo do anterior.

O exemplo a seguir non é exactamente unha sinonimia:

Gmelin describiu unha especie de ave e asignouna ao xénero Pelecanus (Pelecanus minor); máis tarde, outro autor considerou que minor pertencía en realidade ao xénero Fregata, e subordinouna a este: Fregata minor (Gmelin, 1789); o nome do autor entre paréntese quere indicar precisamente que Gmelin describiu en 1789 esta especie, mais asignouna a un xénero diferente; cómpre destacar que Pelecanus non é sinónimo de Fregata; simplemente significa que entre as especies de Pelecanus actualmente non se inclúe minor Gmelin, 1789. Pelecanus minor e Fregata minor son diferentes combinacións do mesmo nome específico.

  1. Comisión Internacional de Nomenclatura Zoológica (1999-2009). Código internacional de nomenclatura zoológica (PDF) (4ª. ed.). Sociedad de Amigos del Museo Nacional de Ciencias Naturales. p. 122 (glosario). ISBN 84-607-0588-9. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de outubro de 2018. Consultado o 06 de setembro de 2017. 
  2. International Commission on Zoological Nomenclature (1999). International code of zoological nomenclature (4ª. ed.). The International Trust for Zoological Nomenclature. pp. Glossary. ISBN 0-85301-006-4. Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2019. Consultado o 06 de setembro de 2017. 
  3. Commission Internationale de Nomenclature Zoologique (1999). Code International de Nomenclature Zoologique (PDF) (4ª. ed.). p. 253 (Glossaire). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de xullo de 2011. Consultado o 06 de setembro de 2017. 
  4. Os termos «sinónimo máis antigo» e «sinónimo máis moderno» son os usados na tradución oficial do Código ao castelán,[1] mentres que nos dous idiomas oficiais do Código, inglés e francés, utilízanse os termos senior synonym e mais synonyme plus ancien respectivamente para «sinónimo máis antigo» e junior synonym e mais synonyme plus récent respectivamente para «sinónimo máis moderno».[2][3]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]