[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Constantine Samuel Rafinesque

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Raf.»)
Modelo:BiografíaConstantine Samuel Rafinesque

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Constantine Samuel Rafinesque-Schmaltz Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de outubro de 1783 Editar o valor en Wikidata
Constantinopla, Turquía Editar o valor en Wikidata
Morte18 de setembro de 1840 Editar o valor en Wikidata (56 anos)
Filadelfia, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de estómago Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBotánica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbotánico, micólogo, carcinólogo, ictiólogo, meteorólogo, explorador, naturalista, malacólogo, biólogo, pteridólogo, arqueólogo, briólogo, zoólogo, entomólogo, pintor Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Abreviación dun autor en botánicaRaf. Editar o valor en Wikidata
Abreviatura do autor en zooloxíaRafinesque Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteAppletons' Cyclopædia of American Biography, (sec:Rafinesque, Constantine Samuel)
Nordisk familjebok
Enciclopedia de Otto Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1081106


Constantine Samuel Rafinesque-Schmaltz, nado o 22 de outubro de 1783 en Gálata- Istambul (nos arredores de Constantinopla) e finado o 18 de setembro de 1840 en Filadelfia (Estados Unidos de América), foi un polímata, naturalista, meteorólogo e arqueólogo estadounidense de orixe franco-xermana-italiana.

Ademais, tamén foi un autodidacta extravagante.

Políglota, foi un home de talentos moi variados: interesouse pola zooloxía (en especial pola malacoloxía), a botánica, a meteoroloxía e a literatura, así como pola teoría da evolución. Era un excéntrico cuxo comportamento era a miúdo incomprendido polos seus contemporáneos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Pasou a súa xuventude en Marsella sen recibir case ningunha educación. Porén, á idade de 12 anos xa sabía latín e xa formara un herbario.

Desde os nove aos doce anos residiu nos Estados Unidos, antes de instalarse en Palermo, Sicilia. Alí dedicouse ao comercio de plantas medicinais. Seguiu recollendo flores e investigando peixes. Publicou en 1810, dúas obras de ictioloxía: Caratteri di Alcuni Nuovi Generi e Ittiologia Siciliana.

En 1815, a súa muller deixouno e o seu fillo, chamado Linné, morreu. Entón decidiu ir de volta a América, pero perdeu a súa biblioteca (cincuenta caixas de libros) e a súa colección persoal (na que había, entre outros obxectos, 60 000 cunchas) cando o barco que os transportaba desde Italia naufragou fronte á costa de Connecticut.

En Nova York, en 1818, converteuse en membro do novo Lyceum of Natural History. En dita data, xa describira e nomeara máis de 250 novas especies de vexetais e animais. Lentamente, foi reconstruíndo a súa colección.

En 1819 foi profesor de botánica na Universidade de Transylvania. en Lexington, Kentucky. Ensinou, ademais, francés e italiano. Dedicouse á descrición de todas as novas especies que atopaba, e en 1820 publicou Ichthyologia Ohiensis, sobre os peixes do río Ohio.

Publicou en 1825 Neogenyton, que recibiu numerosas críticas dos botánicos da época. Na primavera de 1826 tivo que dimitir do seu posto na universidade por razóns non moi claras (para algúns, porque tiña unha aventura coa muller do presidente da universidade; para outros, porque non garantía o ensino dos cursos que tiña ao seu cargo).

Instalouse en Filadelfia, no paro. Deu cursos públicos e publicou obras á súa conta. O seu libro Medical Flora, a manual of the Medical Botany of the United States of North América (1828-1830) é, seguramente, o máis coñecido desa época.

Na súa obra Herbarium rafinesquianum describiu numerosas novas plantas. Interesouse tamén polas coleccións achegadas pola expedición de Lewis e Clark. Describiu así varias novas especies incluíndo o Cynomys ludovicianus, o Peromyscus leucopus e o Odocoileus hemionus.

Atlantic Journal (1832-1833).

Nos libros que publicou entre 1836 e 1838 propuxo centos de novas clases e milleiros de novas especies (calcúlase que foi o autor de máis de 6 700 taxons). A súa propensión a crear en todas as partes novas especies fixo que a comunidade científica dubidara del. E non sen razóns, xa que, por exemplo, a partir dunha carta onde Audubon lle describe un peixe e unha tartaruga pertencentes á mitoloxía, Rafinesque describiu inmediatamente dúas novas especies. As revistas científicas norteamericanas negáronse a publicar os seus artigos, e entón fíxoos aparecer nun diario rexional, a Kentucky Gaceta, ou en dúas publicacións que fundou (Annals of Nature, 1820, e Journal and Friend of Knowledge, 1832).

Pero, xunto aos seus traballos caprichosos de fantasía (coma o seu libro de 1819 sobre as serpes de mar), foi autor de moi bos traballos de historia natural.

Descubriu incluso unha nova especie de morcego descoñecido na propia casa de John James Audubon. Desenvolveu a súa propia versión da teoría da evolución. En 1836 creou un documento-broma titulado: Walam Olum, no que afirmaba ser capaz de traducir os escritos antigos dos amerindios Delaware.

Morreu dun cancro de estómago non diagnosticado. As súas coleccións foron dispersadas ou destruídas. En 1924 os seus (supostos) restos foron transferidos á Universidade de Transilvania para recibiren unha sepultura decente.

En 1841, Thomas Nuttall dedicoulle o xénero Rafinesquia Nutt. [1] (da familia das asteráceas) que comprende dúas especies.

Algunhas das súas obras

[editar | editar a fonte]

Toda a súa obra malacolóxica, incluíndo todas as pranchas, áchase no texto:

Moitas destas obras están en Gallica e na Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos.

Correspondencia

[editar | editar a fonte]
  • Betts, Edwin M. (1944): "The Correspondence between Constantine Samuel Rafinesque and Thomas Jefferson". Proceedings of the American Philosophical Society, Vol. 87, No. 5.
  • Boewe, Charles (1980): "Editing Rafinesque Holographs: the Case of the [Charles Wilkins] Short Letters". Filson Club History Quarterly, Vol. 54.

Abreviaturas

[editar | editar a fonte]
  • En botánica úsase a abreviatura Raf. para indicar a Constantine Samuel Rafinesque como autoridade na descrición e na taxonomía.
  • En zooloxía úsase a abreviatura Rafinesque para indicar a Constantine Samuel Rafinesque como autoridade na descrición e na taxonomía.
  1. Trans. Amer. Philos. Soc. ser. 2, 7: 429. 1841 [2 Apr. 1841] (GCI)
  2. Rafinesque, Constantine Samuel (1817). Florula ludoviciana; or, A flora of the state of Louisiana. New York: John Wiley & Sons. Consultado o 2 de outubro de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Black, Glenn A., et al. (1954): Walam Olum, or: Red Score, the Migration Legend of the Lenni Lenape, or Delaware Indians, a New Translation, Interpreted by Linguistic, Historical, Archaeological, Ethnological, and Physical Anthropological Studies. Indiana Historical Society, Indianapolis, IN.
  • Boewe, Charles (ed.) (1982): Fitzpatrick's Rafinesque: A Sketch of His Life with Bibliography, revised by Charles Boewe. M & S Press, Weston, MA.
  • Boewe, Charles (ed.) (2001): Mantissa: A Supplement to Fitzpatrick's Rafinesque. M & S Press, Providence, RI.
  • Boewe, Charles (ed.) (2003): Profiles of Rafinesque. University of Tennessee Press, Knoxville, TN.
  • Boewe, Charles (2004): C. S. Rafinesque and Ohio Valley Archaeology. Center for Ancient American Studies, Barnardsville, NC.
  • Boewe, Charles (ed.) (2005): A C. S. Rafinesque Anthology. McFarland & Co., Jefferson, NC.
  • Call, Richard Ellsworth (1895): The Life and Writings of Rafinesque. Filson Club Publications, Louisville, KY.
  • Fitzpatrick, T. J. (1911): Rafinesque: A Sketch of His Life with Bibliography. Historical Department of Iowa, Des Moines, IA.
  • Dupre, Huntley (1945): Rafinesque in Lexington, 1819-1826. Bur Press, Lexington, KY.
  • Merrill, Elmer D. (1949): Index Rafinesquianus. Arnold Arboretum, Jamaica Plain, MA. (Indexes Rafinesque's plant names.)
  • Sterling, K. B. (ed.) (1978): Rafinesque. Autobiography and Lives. Arno Press, Nova York, NY.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]