[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Lucas Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLucas Vázquez

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Lucas Vázquez Iglesias Editar o valor en Wikidata
1 de xullo de 1991 Editar o valor en Wikidata (33 anos)
Curtis, España Editar o valor en Wikidata
Altura173 cm Editar o valor en Wikidata
Peso74 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade19 de decembro de 2010 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoExtremo esquerdo Editar o valor en Wikidata
Número deportivo17 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Deporte base
2000–2004 CCD Curtis
2004–2007 Ural CF
2007–2010 Real Madrid CF
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2010–2011   Real Madrid C 14(2)
2011–2014   Real Madrid Castilla 92(15)
2014–2015 cesión   RCD Espanyol 33(3)
2015–   Real Madrid CF 358(37)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2016–2018   España 9(0)
Participou en
2018Mundial de Fútbol Rusia 2018
2016Eurocopa de Fútbol Francia 2016 Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm8277119 Facebook: lucasvazquez1991 Twitter: Lucasvazquez91 Instagram: lucasvazquez91 FIFA: 400713 UEFA: 250040521 Editar o valor en Wikidata

Lucas Vázquez Iglesias, nado en Curtis o 1 de xullo de 1991, é un futbolista galego. Xoga de extremo dereito e lateral dereito no Real Madrid. É o futbolista galego máis laureado de todos os tempos a nivel colectivo cun total de 22 títulos, todos co Real Madrid, entre eles catro ligas, cinco Ligas de Campións e catro Mundiais de Clubs.

Tras comezar a súa formación futbolística no CCD Curtis e no Ural CF, ingresou na canteira do Real Madrid en 2007. Pasou polos distintos equipos xuvenís do club branco e polos seus dous filiais, logrando o ascenso a Segunda división co Real Madrid Castilla en 2012. Xogou unha tempada cedido no Espanyol e na tempada 2015/16 debutou co primeiro equipo do Real Madrid, co que disputou máis de 350 partidos oficiais nas seguintes nove tempadas.

Viviu os anos máis gloriosos da historia do club branco, co que conquistou 22 títulos, e converteuse nun dos únicos 20 futbolistas que gañaron en cinco ocasións a Liga de Campións, sendo o único galego en gañala máis de dúas veces. É ademais o segundo xogador galego con máis partidos disputados en dita competición (67), por diante dos 52 de Amancio e superado só por Míchel Salgado (81).

Foi internacional en nove ocasións coa selección española, coa que disputou a Eurocopa de 2016 e o Mundial de 2018.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezos en Curtis e no Ural (1991-2007)

[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao fútbol sala no equipo de Curtis, e ao fútbol no CCD Curtis, ata que recibiu a chamada de Ramiro Amarelle para que xogase no Ural CF.[1] Chegou ao equipo da Coruña en idade cadete, e xogou na súa primeira tempada no cadete B e no A, logrando o ascenso con ambos.[1][2]

Real Madrid (2007-presente)

[editar | editar a fonte]

Equipo xuvenil (2007-2010)

[editar | editar a fonte]

En 2007, con 16 anos, foi fichado polo Real Madrid para a súa canteira. Comezou no xuvenil C, pasando logo polo B e o A, conquistando con este último a División de Honra e a Copa de Campións na tempada 2009/10, xunto a xogadores como Álvaro Morata, Álex Fernández ou Dani Carvajal.[3]

Filiais (2010-2014)

[editar | editar a fonte]

Na seguinte campaña subiu ao Real Madrid C, co que xogou en Terceira División, e na 2011/12 fixo o seu debut co Castilla, co que disputou 26 partidos esa tempada, incluídos tres da promoción de ascenso a Segunda División, onde o filial branco saíu vitorioso ao derrotar a Cádiz e Mirandés, grazas en boa parte aos goles dos tamén galegos Joselu e Mosquera.[4][5]

Xogou co Castilla as dúas seguintes campañas na Segunda División. Na primeira delas disputou 26 encontros, a maioría deles como suplente, e anotou tres goles. Na seguinte, 2013/14, foi titular nos 40 partidos que xogou, perdendo só dous encontros por acumulación de cartóns amarelos, e foi o máximo goleador do equipo con oito tantos. Con todo, o equipo acabou na 20ª posición e descendeu a Segunda B.[6]

Cesión ao Espanyol (2014-2015)

[editar | editar a fonte]

No verán de 2014 foi cedido ao RCD Espanyol. Debutou na Primeira División na segunda xornada de liga fronte ao Sevilla en Cornellà e fíxose rapidamente coa titularidade no equipo adestrado por Sergio González, xogando de inicio case todos os encontros da tempada. Marcou o seu primeiro gol na máxima categoría na xornada 7, fronte á Real Sociedad, batendo a Eñaut Zubikarai no minuto 7, tras unha asistencia de Sergio García.[7] Rematou a campaña con 39 partidos e catro goles, un deles anotado nos cuartos de final da Copa do Rei, contribuíndo así a acadar as semifinais, onde caeron eliminados fronte ao Athletic de Valverde.

Primeiro equipo (2015-presente)

[editar | editar a fonte]

Ao remate da súa cesión ao Espanyol, o club catalán exerceu a opción de compra que tiña sobre o xogador, pero uns días despois o Real Madrid decidiu recompralo, por petición do adestrador Rafa Benítez.[8][9][10][11] Debutou nun partido amigable contra o Real Oviedo no Carlos Tartiere, onde anotou ademais o seu primeiro gol, o primeiro dos cinco do seu equipo ese día (1-5).[12]

O seu debut oficial co equipo branco produciuse en Cornellà, contra o seu ex equipo, o Espanyol, na terceira xornada de liga, nun encontro que rematou cunha histórica goleada por 0-6 para o Real Madrid, con cinco goles de Cristiano Ronaldo, un deles con asistencia de Lucas. Entrou no minuto 61, substituíndo a Karim Benzema, autor do outro gol do partido.[13][14] Sete días despois entrou no equipo titular para o partido de liga contra o Granada, a primeira das 13 titularidades das que dispuxo na súa primeira tempada no equipo. No penúltimo día do 2015 marcou o seu primeiro gol co primeiro equipo, nun encontro de liga fronte á Real Sociedad no Santiago Bernabéu, tras finalizar un centro de Gareth Bale.[15]

Lucas Vázquez co Real Madrid no 2016

Acabou a tempada con 4 goles en 33 partidos entre todas as competicións. Sete dos encontros que disputou foron na Liga de Campións, na que debutou o 30 de setembro na cidade sueca de Malmö, na vitoria por 0-2 contra o Malmö FF, entrando na segunda parte por Mateo Kovačić. Disputou tamén a final da Champions contra o Atlético de Madrid en San Siro. Entrou na segunda parte substituíndo a Benzema, e marcou o primeiro dos lanzamentos da quenda de penaltis, contribuíndo á conquista do título para o Real Madrid.[16]

O seu peso no equipo aumentou na seguinte tempada (2016/17), na que Zinedine Zidane o fixo xogar 50 partidos, 20 deles como titular. Marcou catro goles, estreando a súa conta anotadora en competición europea contra o Legia Warszawa, e marcando nos dous estadios galegos de Primeira División, Balaídos e Riazor. Disputou completos os 120 minutos da Supercopa de Europa contra o Sevilla e foi titular nos dous partidos do Mundial de Clubs no Xapón contra Club América e Kashima Antlers, conquistando ambos títulos. Gañou tamén a súa primeira liga, por diante do FC Barcelona, e a súa segunda Liga de Campións, aínda que non disputou a final contra a Juventus en Cardiff, ao ser descartado por Zidane unhas horas antes.[17][18]

Comezou a tempada 2017/18 gañando a súa segunda Supercopa de Europa ao derrotar ao Manchester United de Mourinho en Skopje, e unha semana despois a súa primeira Supercopa de España, fronte ao FC Barcelona. En decembro gañou en Abu Zabi un novo Mundial de Clubs, xogando tanto na semifinal contra o Al Jazira como na final contra o Grêmio. Ao mes seguinte marcou por primeira vez dous goles co Real Madrid, nos oitavos de final da Copa do Rei contra o Numancia no Bernabéu.

O 26 de maio de 2018 gañou a súa terceira Liga de Campións consecutiva, aínda que quedou no banco durante a final disputada contra o Liverpool no Estadio Olímpico de Kíiv, a pesar das súas boas actuacións nas semifinais contra o Bayern de Múnic, nas que xogou como lateral dereito titular.[17][19][20] Rematou a tempada con 53 partidos entre todas as competicións, 27 deles como titular, e 8 goles, e foi o máximo asistente do equipo, con 16 pases de gol.[21] Na Liga de Campións xogou dez encontros, marcando un gol na fase de grupos contra o Borussia Dortmund.

Empezou a tempada 2018/19 como suplente, pero foi titular en case todos os partidos entre outubro e marzo, ata que unha lesión nos isquiotibiais o afastou case un mes do campo.[22] Gañou o seu terceiro Mundial de Clubs consecutivo e rematou con cinco goles en 47 encontros, un deles anotado no Stadio Olimpico contra a Roma. Esa tempada marcou o seu primeiro gol contra o FC Barcelona, na ida das semifinais da Copa do Rei, onde realizou un gran partido e superou a Ter Stegen no minuto cinco, facendo o único gol do equipo madrileño na eliminatoria.[23]

Na tempada 2019/20 sufriu varias lesións, entre elas a rotura dunha deda do pé esquerdo, que lle fixeron perder un importante número de partidos na parte media da tempada, incluída a Supercopa de España que o seu equipo gañou en Jeddah.[24][25] Volveu ao equipo pouco despois do regreso do fútbol, paralizado durante meses pola irrupción da pandemia de COVID-19, e contribuíu a un novo título de liga.

A campaña 2020/21 supuxo un punto de inflexión para o curtiense, que debido ás continuas lesións de Carvajal acabou asentándose definitivamente no lateral dereito, posición que anteriormente xa ocupara en diversas ocasións.[26] Así converteuse nunha peza fixa nas aliñacións de Zidane, sendo titular durante 20 partidos consecutivos ata que as lesións musculares cortaron a súa progresión.[27] En abril sufriu unha escordadura no xeonllo esquerdo que acabou coa súa tempada.[28][29]

Na tempada 2021/22, con Ancelotti no banco, disputou 29 partidos de liga, 20 deles como titular, e marcou tres goles, destacando un no tempo de desconto no Clásico ante o FC Barcelona no Camp Nou, que significou a vitoria por 1-2.[30] A falta de catro xornadas para o final do campionato, proclamouse campión de liga por terceira vez, sumando o seu segundo título da tempada, despois de gañar en xaneiro a Supercopa de España en Arabia Saudita, sendo titular na final contra o Athletic Club. A finais de maio conquistou a súa cuarta Liga de Campións (a décimo cuarta para o club), competición na que disputou oito partidos, aínda que quedou no banco na final ante o Liverpool no Stade de France.[31]

Nas tempadas 2022/23 e 2023/24 continuou alternando titularidades con suplencias ao tempo que ampliaba o seu palmarés cunha nova liga, unha Supercopa de Europa, unha Supercopa de España e a súa primeira Copa do Rei. O 1 de xuño de 2024 disputou en Wembley unha nova final da Liga de Campións, xogando os instantes finais e conquistando o seu quinto título na máxima competición europea. Converteuse así nun dos únicos 20 futbolistas en gañar o título en cinco ocasións.[32]

Selección española

[editar | editar a fonte]

Foi internacional coa selección española en 9 ocasións. En 2016 foi incluído por Vicente del Bosque na lista de 23 futbolistas que disputarían a Eurocopa de Francia. Debutou co combinado español o 7 de xuño do mesmo ano, nun partido de preparación para a cita europea contra Xeorxia no Coliseum Alfonso Pérez. Xa na Eurocopa, xogou só 20 minutos, no partido de oitavos de final no que España quedou eliminada contra Italia, onde entrou no minuto 70 para substituír a Álvaro Morata.[33]

En 2018 entrou na lista de Julen Lopetegui para o Mundial de Rusia. Debutou na competición mundial no primeiro partido de España, o empate 3-3 contra Portugal en Sochi, onde entrou contra o final do partido substituíndo a David Silva.[34] Disputou como titular o segundo partido, a vitoria por 0-1 fronte a Irán no Kazán Arena.[35]

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Real Madrid Castilla

Real Madrid

Estatísticas

[editar | editar a fonte]
Club Tempada Liga Copa Liga de Campións Outros[N 1] Total
Partidos Goles Partidos Goles Partidos Goles Partidos Goles Partidos Goles
Real Madrid C 2010–11 14 2 0 0 - - - - 14 2
Real Madrid Castilla 2011–12 23 4 0 0 - - 3 0 26 4
2012–13 26 3 0 0 - - - - 26 3
2013–14 40 8 0 0 - - - - 40 8
Total club 89 15 0 0 0 0 3 0 92 17
Espanyol 2014–15 33 3 6 1 - - - - 39 4
Real Madrid 2015–16 25 4 1 0 7 0 - - 33 4
2016–17 33 2 4 1 10 1 3 0 50 4
2017–18 33 4 5 3 10 1 5 0 53 8
2018–19 31 1 7 3 6 1 3 0 47 5
2019–20 18 2 1 1 4 0 - - 23 3
2020–21 24 2 1 0 8 0 1 0 34 2
2021–22 29 3 2 0 8 0 2 0 41 3
2022–23 23 4 1 0 5 0 1 0 30 4
2023–24 29 3 0 0 9 0 0 0 38 3
Total club 245 25 23 8 67 3 15 0 349 40
Total carreira 381 45 28 9 67 3 18 0 494 57
  1. Inclúe partidos de promoción de ascenso a Segunda, Supercopa de España, Supercopa de Europa e Mundial de Clubs.
  1. 1,0 1,1 Gómez, Pablo (25 de agosto de 2011). "Galicia brilla en la galaxia blanca". La Voz de Galicia (en castelán). p. 36. 
  2. "En la cuna de Lucas: así creció la sensación blanca". Marca (en castelán). 10 de marzo de 2016. Consultado o 25 de maio de 2021. 
  3. "Datos de Lucas Vázquez". Real Madrid (en castelán). Consultado o 26 de maio de 2021. 
  4. "La cantera del Real Madrid vuelve a ser de categoría". Marca (en castelán). 27 de maio de 2012. Consultado o 25 de maio de 2021. 
  5. "El último ascenso del Real Madrid Castilla a Segunda" (en castelán). 4 de xuño de 2020. Consultado o 25 de maio de 2021. 
  6. "Lucas, máximo goleador del Castilla" (en castelán). 20 de maio de 2014. Consultado o 25 de maio de 2021. 
  7. "La mejor versión del Espanyol tumba a la Real Sociedad". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de outubro de 2014. Consultado o 25 de maio de 2021. 
  8. "El Espanyol ejecuta la opción de compra por Lucas Vázquez" (en castelán). 3 de xuño de 2015. Consultado o 25 de maio de 2021. 
  9. "El Madrid recompra a Lucas Vázquez". Marca (en castelán). 30 de xuño de 2015. Consultado o 25 de maio de 2021. 
  10. "Real Madrid fichará a Lucas Vázquez del Espanyol" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2021. Consultado o 25 de maio de 2021. 
  11. "Comunicado Oficial: Lucas Vázquez" (en castelán). 2 de xullo de 2015. Consultado o 25 de maio de 2021. 
  12. "Lucas Vázquez abre la goleada del Madrid al Oviedo". La Voz de Galicia (en s). 25 de xullo de 2012. Consultado o 25 de maio de 2021. 
  13. "Un histórico Ronaldo lidera la goleada al Espanyol" (en castelán). 12 de setembro de 2015. Consultado o 25 de maio de 2021. 
  14. "Cristiano Ronaldo marca cinco goles en la paliza del Real Madrid al Espanyol (0-6)" (en castelán). 12 de setembro de 2015. Consultado o 25 de maio de 2021. 
  15. "3-1: El Real Madrid cierra 2015 con victoria". Real Madrid (en castelán). 30 de decembro de 2015. Consultado o 25 de maio de 2021. 
  16. "¡La Undécima!" (en castelán). 28 de maio de 2016. Consultado o 25 de maio de 2021. 
  17. 17,0 17,1 Calderón, Mario (23 de maio de 2018). "Lucas Vázquez: de descartado en Cardiff a ser clave en Kiev". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 25 de maio de 2021. 
  18. "Lucas Vázquez, tras ser descartado para la final: "Zidane me dijo que lo sentía"". Antena 3 (en castelán). 27 de xullo de 2017. Consultado o 26 de maio de 2021. 
  19. "Día del trabajador: Lucas y Asensio para volar a Kiev". Marca (en castelán). 30 de abril de 2018. Consultado o 26 de maio de 2021. 
  20. "Asensio y Lucas, decisivos en el camino y alternativas en Kiev". As (en castelán). 24 de maio de 2018. Consultado o 26 de maio de 2021. 
  21. "Estatísticas Real Madrid 2017/18". Transfermarkt (en castelán). Consultado o 26 de maio de 2021. 
  22. Castro, Gonzalo (7 de marzo de 2019). "Un Madrid en cuadro: Carvajal y Lucas Vázquez, un mes de baja". As (en castelán). Consultado o 26 de maio de 2021. 
  23. "1x1 del Madrid: Ramos, Lucas y Vinicius lucen; Marcelo suspende". As (en castelán). 6 de febreiro de 2019. Consultado o 26 de maio de 2021. 
  24. Cerezo, Hugo (21 de novembro de 2019). "Lucas Vázquez se rompe un dedo del pie... al caérsele una pesa encima". Marca (en castelán). Consultado o 26 de maio de 2021. 
  25. Lara, Miguel Ángel (15 de xuño de 2020). "Lucas Vázquez sufre una lesión en el sóleo: entre una y dos semanas de baja". Marca (en castelán). Consultado o 26 de maio de 2021. 
  26. "El nuevo Lucas Vázquez 'nació' ante el Bayern". Marca (en castelán). 30 de abril de 2024. Consultado o 12 de outubro de 2024. 
  27. Martín, Agustín (28 de xaneiro de 2021). "Lucas Vázquez se queda fuera después de 20 partidos seguidos". As (en castelán). Consultado o 26 de maio de 2021. 
  28. de Juan, Manu (11 de abril de 2021). "Lucas, adiós a la temporada". As (en castelán). Consultado o 26 de maio de 2021. 
  29. de la Riva, Mario (30 de abril de 2021). "La maldición del '2'". As. Consultado o 26 de maio de 2021. 
  30. "Lucas sentencia el Clásico con un gol en el descuento" (en castelán). 24 de outubro de 2021. Consultado o 29 de maio de 2022. 
  31. "El Real Madrid bate al Liverpool y conquista su decimocuarta Champions League". Televisión Española (en castelán). 28 de maio de 2022. Consultado o 29 de maio de 2022. 
  32. "¿Qué jugadores han ganado más Champions League? La lista dominada por dos épocas gloriosas del Real Madrid" (en castelán). 2 de xuño de 2024. Consultado o 2 de xuño de 2024. 
  33. "Euro2016: Italia elimina a España y pasa a cuartos de final" (en castelán). 27 de xuño de 2016. Consultado o 26 de maio de 2021. 
  34. "Portugal - España 2018". FIFA (en inglés). Consultado o 26 de maio de 2021. 
  35. "Irán - España 2018". FIFA (en inglés). Consultado o 26 de maio de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]