[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Wilson Jones

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaWilson Jones
Nome orixinalWilson Alfredo Jones Rodríguez
Biografía
Nacemento19 de maio de 1934 Editar o valor en Wikidata
O Barco de Valdeorras, España Editar o valor en Wikidata
Morte12 de xullo de 2021 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1954 Editar o valor en Wikidata - 1965 Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro
Centrocampista
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Real Zaragoza

Wilson Alfredo Jones Rodríguez, nado no Barco de Valdeorras o 19 de maio de 1934 e finado en Ourense o 12 de xullo de 2021,[1] foi un futbolista galego que xogaba como dianteiro centro e interior.

Comezou a súa carreira no Lemos, de onde o fichou o Real Madrid con 18 anos. Suplente de Alfredo Di Stéfano, foi xunto co nedense Juanito González e o vigués Carlos Cela, o primeiro futbolista galego en gañar a Copa de Europa, na súa primeira edición, aínda que ningún dos tres chegou a xogar ningún minuto na competición. Disputou só un partido oficial co equipo branco, que o cedeu ao Lleida e ao Alavés, obtendo elevadas cifras goleadoras nos dous conxuntos. Entre 1956 e 1960 xogou no Zaragoza, e tras un paso polo Racing de Santander, rematou a súa carreira no Ourense, co que marcou máis de medio cento de goles.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu no Barco de Valdeorras, sendo fillo dun inglés e unha valdeorresa. Era neto de Edward Jones, un inglés que se afincara na vila ourensá. Durante a súa mocidade destacou no baloncesto, e comezou a xogar ao fútbol no club da súa vila, o Barco de Valdeorras.[2]

En 1952 interesouse por el o Club Lemos, da Terceira División, que o fichou coa tempada 1952/53 xa comezada. Debutou na novena xornada contra o Turón de Mieres, sendo o máis destacado do seu equipo e facendo un dos tres goles galegos (3-1).[3]

Real Madrid

[editar | editar a fonte]

En febreiro de 1953, con dezaoito anos, viaxou a Madrid xunto con Jesús Ares, do Racing de Ferrol,[4] para adestraren ambos co Real Madrid e realizaren probas para as súas posibles fichaxes.[5] As probas foron satisfactorias para Wilson, que foi fichado polo club branco para a seguinte tempada, aínda que antes regresou a Monforte para disputar un último partido co Lemos, contra o Club Calzada de Xixón.[6] A continuación deixou a carreira de Dereito que estaba estudando na Universidade de Oviedo e instalouse na capital española.[5] A tempada estaba preto de rematar no momento da súa chegada, polo que xogou só algún partido amigable.[7]

Cesión ao Lleida

[editar | editar a fonte]

Na tempada 1953/54, o club branco cedeuno ao Lleida, da Segunda División, que estaba adestrado polo tamén galego Lelé. Debutou na categoría de prata nun partido contra o Barakaldo, marcando dous goles, e completou a tempada con 18 tantos, 6 deles na fase de promoción a Primeira, na que o club catalán tentou sen éxito o ascenso.

Cesión ao Alavés

[editar | editar a fonte]

Na tempada 1954/55 saíu de novo cedido, esta vez ao Alavés, de Primeira División. Estreouse na máxima categoría na primeira xornada contra o Athletic de Bilbao, e marcou o seu primeiro gol no seu seguinte partido, contra o Valladolid. Rematou a tempada como o sétimo máximo goleador da liga, con 17 goles en 22 partidos, a mellor media da historia do club en Primeira.[8] Ademais marcou 2 goles nos oitavos de final da Copa do Xeneralísimo contra o Deportivo da Coruña, que serviron para forzar un partido de desempate, no que finalmente a vitoria foi para o club galego.

Tempada co equipo branco

[editar | editar a fonte]

As súas boas actuacións en Lleida e Vitoria permitíronlle facerse cun posto no cadro de xogadores do Real Madrid para a tempada 1955/56.[9] Con todo, no club branco estivo como suplente de Alfredo Di Stéfano, polo que só puido disputar partidos amigables e un único partido oficial, nunha derrota en liga contra a Real Sociedad en Atotxa.[10] Conquistou ese ano a primeira edición da Copa de Europa, aínda que non chegou a debutar na competición europea.

En novembro de 1956 foi cedido ao Real Zaragoza, ata o final de tempada.[11] Marcou 8 goles en 16 partidos de liga, e ao remate da competición o equipo aragonés fíxose co xogador en propiedade. En Zaragoza disfrutou dos seus mellores anos como profesional e coincidiu no equipo con numerosos futbolitas galegos como Chaves, Cortizo, Rodolfo, Mauro, Marcelino ou Reija. Disputou 98 partidos oficiais, conseguindo 33 goles, e marcou no partido inaugural do novo estadio da Romareda, contra o Osasuna.[12]

Racing de Santander

[editar | editar a fonte]

En 1960 fichou polo Racing de Santander, tamén da Primeira División. No equipo cántabro disputou só 26 partidos en dous anos, debido en parte a algunha lesión e en parte á pouca preferencia por el do adestrador brasileiro Otto Bumbel.[10] Sumou 10 goles co Racing, 5 en liga e 5 en Copa.

En 1962 regresou a Galicia para xogar co Ourense na Segunda División. Foi o máximo goleador do equipo na súa primeira tempada, con Urquizu no banco, diminuíndo as súas cifas goleadoras nas seguintes dúas campañas. Na 1964/65, co arxentino Cobo como adestrador, o equipo descendeu á Terceira División, despois de seis anos na categoría de prata. Ao ano seguinte recuperou os bos números goleadores, conseguindo 17 tantos na fase regular,[13] e outros 5 na promoción de ascenso.[14][15][16][17] Finalmente anotou outros 12 goles en 14 partidos na tempada 1966/67, contribuíndo a que o equipo se proclamase campión do grupo I e disputase a continuación a fase de ascenso, onde perdeu contra o Xerez. Foi a súa última campaña como futbolista, colgando as botas ao remate da mesma.

Como adestrador

[editar | editar a fonte]

Anos despois de deixar o fútbol realizou un par de incursións nos banquiños. Na tempada 1981/82 adestrou o CD Barco, levándoo a ascender por primeira vez na súa historia á Terceira División.[18] Volveu coller as rendas do equipo en 1986, dimitindo pouco despois.[19]

Faleceu o 12 de xullo de 2021, aos 87 anos.[20]

  1. Redacción (12 de julio de 2021). "Fallece el exalbiazul Wilson Jones". Noticias de Álava (Vitoria). Consultado o 12 de julio de 2021. 
  2. "Wilson Jones fichó por el Orense por acercarse a su tierra: Barco de Valdeorras". La Noche (en castelán) (12964). 28 de xuño de 1963. p. 8. Consultado o 28 de novembro de 2021. 
  3. "Lemos, 3; Turón, 1". El Pueblo Gallego (en castelán) (9652). 11 de novembro de 1952. p. 5. Consultado o 12 de decembro de 2021. 
  4. "Prueba de jugadores en Chamartín". El Correo Gallego (en castelán) (25219). 13 de febreiro de 1953. p. 4. Consultado o 12 de decembro de 2021. 
  5. 5,0 5,1 "Al gallego Wilson le agradaría quedarse en el Madrid". El Correo Gallego (en castelán) (25220). 14 de febreiro de 1953. p. 4. Consultado o 12 de decembro de 2021. 
  6. "El jugador lemista Wilson, fichado por el Real Madrid". El Progreso (en castelán) (14182). 7 de marzo de 1953. p. 2. Consultado o 12 de decembro de 2021. 
  7. "Un equipo del Madrid vence al Osasuna por 5 a 3". El Correo Gallego (en castelán) (25288). 8 de maio de 1953. p. 4. Consultado o 12 de decembro de 2021. 
  8. Quílez, Emilio (10 de marzo de 2021). "Vuelve a Mendizorroza, en loor de multitudes, el gallego y ex albiazul Wilson Jones". Noticias de Álava (en castelán). Consultado o 11 de decembro de 2021. 
  9. Martín, Iván (20 de xullo de 2021). "El talento oculto tras la estela de Di Stéfano". ABC (en castelán) (Madrid). p. 51. Consultado o 11 de decembro de 2021. 
  10. 10,0 10,1 "Wilson Jones, delantero centro del Santander". El Pueblo Gallego (en castelán) (12361). 20 de xuño de 1961. p. 8. Consultado o 11 de decembro de 2021. 
  11. "Wilson será cedido por el Real Madrid al Zaragoza". La Noche (en castelán) (11124). 8 de novembro de 1956. p. 6. Consultado o 11 de decembro de 2021. 
  12. "De Torrero a la Romareda". Real Zaragoza (en castelán). Consultado o 11 de decembro de 2021. 
  13. "Trofeo Veloso". El Pueblo Gallego (en castelán). 22 de abril de 1966. p. 13. Consultado o 11 de decembro de 2021. 
  14. "El Orense, al vencer por la mínima diferencia (1-0) al Avilés, se clasifica para la siguiente eliminatoria". La Noche (en castelán) (13901). 30 de maio de 1966. p. 5. Consultado o 11 de decembro de 2021. 
  15. "Mínima derrota del Orense, en Marbella". El Pueblo Gallego (en castelán). 7 de xuño de 1966. p. 12. Consultado o 11 de decembro de 2021. 
  16. "Orense y At. de Marbella desempatarán mañana, en Madrid". El Pueblo Gallego (en castelán). 14 de xuño de 1966. p. 14. Consultado o 11 de decembro de 2021. 
  17. "En la prórroga, el Orense perdió ante el Marbella". El Pueblo Gallego (en castelán). 16 de xuño de 1966. p. 13. Consultado o 11 de decembro de 2021. 
  18. "Primer año del Barco en Tercera". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de agosto de 1982. p. 37. 
  19. "Wilson confirmó ayer su cese como entrenador del Barco". La Voz de Galicia (en castelán) (Ourense ed.). 11 de abril de 1986. p. 44. 
  20. "Fallece Wilson Jones". As (en castelán). 12 de xullo de 2021. Consultado o 11 de decembro de 2021.