Carvea
Este artigo trata sobre a especie "Carum carvi", para a outra especie tamén chamada carvea véxase artigo "Rumex crispus".
Carvea | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Non ameazado | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Carum carvi' L. |
Valor nutricional por 100 g | |
---|---|
Enerxía | 333 kcal (1 390 kJ) |
49.90 g | |
Azucres | 0.64 g |
Fibra alimentaria | 38.0 g |
14.59 g | |
Saturadas | 0.620 g |
Monoinsaturadas | 7.125 g |
Poliinsaturadas | 3.272 g |
19.77 g | |
Vitaminas | Cantidade %DV† |
Vitamina A equiv. | 2% 18 μg |
Tiamina (B1) | 33% 0.383 mg |
Riboflavina (B2) | 32% 0.379 mg |
Niacina (B3) | 24% 3.606 mg |
Vitamina B6 | 28% 0.360 mg |
Ácido fólico (B9) | 3% 10 μg |
Vitamina B12 | 0% 0 μg |
Vitamina C | 25% 21.0 mg |
Vitamina E | 17% 2.5 mg |
Vitamina K | 0% 0 μg |
Minerais | Cantidade %DV† |
Calcio | 69% 689 mg |
Ferro | 125% 16.23 mg |
Magnesio | 73% 258 mg |
Fósforo | 81% 568 mg |
Potasio | 29% 1351 mg |
Sodio | 1% 17 mg |
Cinc | 58% 5.5 mg |
Outros constituíntes | Cantidade |
Auga | 9.87 g |
| |
†As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos. Fonte: Base de datos USDA Nutrient |
A carvea[1] (Carum carvi), é unha planta anual da familia umbelífera (Apiaceae) , alta, de raíz fusiforme, talos cadrados e ramudos, flor escura e moita semente, que estraga os prados[2]. É nativa de Europa, Asia Occidental e África do norte. Recibe tamén os nomes comúns galegos de carvés e carvén. Formas menos recomendábeis son cardea e cardén[3].
Descrición
[editar | editar a fonte]Planta semellante, en aparencia, á cenoira con follas verde brillante finamente divididas e de aspecto plumoso. Medra entre 15–40 cm (en ningún caso acada o metro de altura). O talo floral mide entre 40–60 cm de altura con pequenas flores brancas que xorden en umbelas. Os froitos son aquenios de forma elipsoide de 3 a 6 mm de longo, con 5 pálidos sucos lonxitudinais. A raíz desta planta ten un sabor aromático que lembra o apio ou a cenoira.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Romanos e gregos antigos non adoitaban empresar a carvea. O termo carvea (en castelán alcaravea, en portugués alcaravia e en inglés caraway) é unha verba de orixe árabe, acreditada na Península Ibérica dende 1400. En castelán tamén recibe o nome de comino de los prados e en portugués cominho-armênio. Carl von Linné púxolle o nome de Carum carvi, repetindo en realidade dúas veces a palabra, como é frecuente en botánica, para poder ir designando distintas especies de Carum. Martín Sarmiento xa falaba desta planta nos seus escritos do século XVIII[4].
Usos
[editar | editar a fonte]Os froitos ou sementes enteiras teñen un sabor picante, cun recendo que lembra ao do anís, contén entre un 10% de aceite esencial, principalmente carvona e limoneno. Adóitase empregar coma condimento alimentario, no norte de Europa emprégase para aromatizar queixos: como o Tilsit e o Havarti dinamarqueses e mailo Milbenkäse alemán. Na cociña española do século XVII menciónase repetidas veces o uso da carvea con col cocida[5] á que se engadían patacas cocidas.
É un dos ingredientes do curry.
Na industria emprégase para aromatizar, xabróns, Locións e xaropes.
Propiedades medicinais
[editar | editar a fonte]A farmacopea latinizou a verba árabe caravea —tirándolle o artigo “al-” como é usual— convertíndoa en -carvus. En medicina e farmacopea fálase “semen carvi”, para se referir á semente, “oleum carvi”, para se referir á esencia, e de “aqua et spiritus carvi”, para se referir á súa tintura.
- Actúa como procinético estimulando o tránsito intestinal e con isto mellora síntomas dispépticos ou de indixestión.[6]
- Diminúe a formación de gases intestinais.
- Galactóxeno.
O aceite esencial produce un efecto aperitivo, eupéptico, carminativo, espasmolítico, colagogo, antiséptico, funxicida (máis potente cá nistatina), mucolítico, expectorante e galactogoga.
Indicado para falla de apetito, flatulencia, síndrome de Roemheld, espasmos gastrointestinais, dispepsias hiposecretoras, disquinesias hepatobiliares, gastroenterite. Bronquite, enfisema, asma. En uso tópico: dermatomicose, otite, limpeza de feridas, ulceracións dérmicas, e queimaduras.[7]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Carum carvi foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 263. 1753.[8]
- Carum gracile Lindl.
- Carum rosellum Woronow
- Bunium carvi (L.) M.Bieb. (1808)[9]
- Carum aromaticum Salisb.
- Carum decussatum Gilib.
- Carum gracile Lindl.
- Carum officinale Gray
- Carum rosellum Woronow
- Carum velenovskyi Rohlena
- Carvi careum Bubani
- Falcaria carvifolia C.A.Mey.
- Foeniculum carvi (L.) Link
- Karos carvi Nieuwl. & Lunell
- Lagoecia cuminoides Soy.-Will.
- Ligusticum carvi Roth
- Pimpinella carvi Jess.
- Selinum carvi E.H.L.Krause
- Seseli carum Scop.
- Seseli carvi Spreng.
- Sium carum F.H.Wigg.
- Sium carvi Bernh.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nome vulgar galego n´Os cultivos agrícolas en Vocabulario do medio agrícola, Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988; "Botánica" en Vocabulario de ciencias naturais Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991; e Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009
- ↑ Definición en Diccionario Cumio da lingua galega, Vigo, Edicións do Cumio, 1999
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para carvea. Pódense ver tamén os sinónimos e as formas non recomendadas.
- ↑ Martín Sarmiento (1754-1758): Catálogo de voces vulgares y en especial de voces gallegas de diferentes vegetables, ed. de J. L. Pensado Tomé (U. de Salamanca en 1986)
- ↑ La Lozana Andaluza, F. Delicado, 1985, pax. 177-178
- ↑ Stephen J. McPhee, Maxine A. Papadakis; Diagnóstico Clínico y Tratamiento, 50° Ed.; McGraw-Hill Interamericana; México; 2012 p. 524.
- ↑ "Carvea". Plantas útiles: Linneo. Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2010. Consultado o 23 de maio de 2013.
- ↑ "Carvea". Tropicos.org. Jardín Botánico de Missouri. Consultado o 29 de setembro de 2010.
- ↑ "Carvea". Conservatorio y Jardín Botánico de Ginebra: Flora africana. Consultado o 29 de setembro de 2010.
- ↑ "Carvea en PlantList". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2021. Consultado o 23 de outubro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Abrams, L. 1951. Geraniums to Figworts. Ill. Fl. Pacific States 3: 866 pp.
- Fernald, M. 1950. Manual (ed. 8) i-lxiv, 1-1632.
- Flora of China Editorial Committee, Addendum, 200?. Fl. China ,Checklist Addendum.
- Flora of China Editorial Committee, 2005. Fl. China Vol. 14.
- Gleason, H. A. 1968. The Choripetalous Dicotyledoneae. Ill. Fl. N. U.S. (ed. 3) vol. 2. 655 pp.
- Gleason, H. A. & A. Cronquist 1991. Man. Vasc. Pl. N.E. U.S. (ed. 2) i-lxxv, 1-910.
- e Great Plains Flora Association 1986. Fl. Great Plains i-vii, 1-1392.
- Hitchcock, C. L., A. Cronquist, M. Ownbey & J. W. Thompson 1961. Saxifragaceae to Ericaceae. Vasc. Pl. Pacific N.W. Part III. 614 pp..
- Molina R., A. 1975. Enumeración de las plantas de Honduras. Ceiba 19(1): 1–118.
- Moss, E. H. 1983. Fl. Alberta (ed. 2) i-xii, 1-687.
- Radford, A. E., H. E. Ahles & C. R. Bell 1968. Man. Vasc. Fl. Carolinas i-lxi, 1–1183.
- Scoggan, H. J. 1979. Dicotyledoneae (Loasaceae to Compositae). Fl. Canada Part 4. 1117–1711 pp..
- Voss, E. G. 1985. Michigan Flora. Part II Dicots (Saururaceae-Cornaceae). Bull. Cranbrook Inst. Sci. 59. xix + 724.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carvea |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Carvea |