Chipre
Chipre ( pronunciación (axuda · info)) (en grego: Κύπρος/Kýpros, en turco: Kıbrıs), oficialmente República de Chipre ( pronunciación (axuda · info)) (en grego: Κυπριακή Δημοκρατία, en turco: Kıbrıs Cumhuriyeti) é unha república que abrangue o territorio da illa homónima, situada ó leste do mar Mediterráneo, 113 km ao sur de Turquía, 120 km ao oeste de Siria e 150 km ao leste da illa grega de Kastellorizo. Chipre ingresou como membro das Nacións Unidas o 20 de setembro de 1960 e foi un dos fundadores do Movemento de Países Non Aliñados até o seu ingreso na Unión Europea o 1 de maio de 2004.
Κυπριακή Δημοκρατία (el) Kıbrıs Cumhuriyeti (tr) | |||||
Himno | Imnos is tin Eleftherian | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Cyprus yn dy galon» | ||||
Localización | |||||
| |||||
Territorio reivindicado por | República Turca do Norte de Chipre | ||||
Capital | Nicosia | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.344.976 (2023) (145,52 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua grega moderna lingua turca lingua grega | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 9.242,45 km² | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | ||||
Punto máis alto | Monte Olimpo (1.952 m) | ||||
Punto máis baixo | Mar Mediterráneo (0 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 16 de agosto de 1960 | ||||
Sucedido por | Turkish Cypriot General Committee (en) | ||||
Día festivo | |||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | república presidencialismo | ||||
• Presidente | Nikos Christodoulides (pt) (2023–) | ||||
Órgano executivo | Government of Cyprus Republic (en) | ||||
• Presidente | Nikos Christodoulides (pt) | ||||
Órgano lexislativo | Câmara dos Representantes do Chipre (pt) , (Escano: 56) | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 28.408.064.462 $ (2021) | ||||
Moeda | euro | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .cy | ||||
Prefixo telefónico | +357 | ||||
Teléfono de emerxencia | 112, 1400 (en) e 199 (pt) | ||||
Código de país | CY | ||||
Código NUTS | CY | ||||
Sitio web | cyprus.gov.cy |
Segundo a lei internacional, a illa de Chipre no seu todo é un estado independente, mais de facto atópase dividida dende o 15 de xullo de 1974 en dúas partes. Os dous terzos do sur forman o Chipre propiamente dito e o resto da illa, o terzo norte, é a coñecido como a República Turca do Norte de Chipre, baixo protección turca e sen recoñecemento internacional. Ámbolos dous territorios teñen a súa capital en Nicosia.
A actividade humana máis antiga coñecida na illa data do décimo milenio antes de Cristo. Os restos arqueolóxicos deste período inclúen a ben conservada aldea Neolítica de Khirokitia, e Chipre alberga algúns dos pozos de auga máis antigos do mundo.[1] Chipre foi colonizado polos gregos micénicos en dúas ondas no II milenio a.C. Como localización estratéxica no Meterráneo Oriental, foi posteriormente ocupada por varias potencias principais, incluíndo os imperios Asirio, Exipcio e Persa, a quen Alexandre o Grande arrebatoulles a illa no 333 a.C. Posteriormente sufriu o dominio do Exipto Tolemaico, de Roma e Imperio Romano de Oriente, Califatos Árabes durante un breve período, a dinastía Lusignan francesa e os venecianos que foron seguidos por máis de tres séculos de dominio otomán entre 1571 e 1878 (de iure ata 1914).[2]
Chipre foi posto baixo a administración do Reino Unido en base á Convención de Chipre en 1878 e foi anexada formalmente polo Reino Unido en 1914. O futuro da illa converteuse nun asunto de desacordo entre as dúas destacadas comunidades étnicas, os grecochipriotas, que constituían o 77% da poboación en 1960, e os turcochipriotas, que constituían o 18% da poboación. A partir do século XIX, a poboación grecochipriota perseguiu a enose, a unión con Grecia, que se converteu nunha política nacional grega na década de 1950.[3][4] A poboación turcochipriota defendeu inicialmente a continuación do goberno británico, pero logo esixiu a anexión da illa a Turquía, e na década de 1950, xunto con Turquía, estableceron unha política de taksim, a partición de Chipre e a creación dunha entidade política turca no norte.[5]
Despois da violencia nacionalista na década de 1950, Chipre logrou a a independencia en 1960.[6] A crise de 1963–64 levou a máis violencia intercomunal entre as dúas comunidades, desprazando a máis de 25.000 turcochipriotas a enclaves[7] e trouxo a fin da representación turcochipriota na república. O 15 de xullo de 1974, un golpe de estado organizado polos nacionalistas grecochipriotas[8][9] e elementos da xunta militar grega[10] nun intento de enose. Esta acción precipitou a invasión turca de Chipre o 20 de xullo,[11] que levou á captura do actual territorio do Norte de Chipre e ao desprazamento de máis de 150.000 grecochipriotas[12][13] e 50.000 turcochipriotas.[14] Un estado turcochipriota separado no norte estableceuse por declaración unilateral en 1983, a medida foi amplamente condenada pola comunidade internacional, só Turquía recoñeceu o novo estado. Estes acontecementos e a situación política resultante son cuestións dunha disputa continua.
A República de Chipre ten de iure soberanía sobre toda a illa, incluídas as súas augas territoriais e zona económica exclusiva, coa excepción das vases áreas soberanas de Akrotiri e Dhekelia, que permanecen baixo o control do Reino Unido segundo os Acordos de Londres e Zúrich. Non obstante, a República de Chipre está de facto dividida en dúas partes principais: a zona baixo o control efectivo da República, situada no sur e o oeste e que comprende preto do 59% da superficie da illa, e o norte,[15] administrado pola autodeclarada República Turca do Norte de Chipre, cubrindo preto do 36% da superficie da illa. O outro case 4% da superficie da illa está cuberto pola Zona neutral das Nacións Unidas. A comunidade internacional considera que a parte norte da illa é territorio da República de Chipre ocupado polas forzas turcas.[a] A ocupación considérase ilegal segundo o dereito internacional e equivale a ocupación ilegal do territorio da UE desde que Chipre se converteu en membro da Unión Europea.[21]
Etimoloxía
editarO nome de Chipre ten unha etimoloxía algo incerta. Unha das teorías suxire que se trata da palabra grega para denominar a árbore coñecida como ciprés do Mediterráneo (en grego: κυπάρισσος/kypárissos), ou do nome grego da planta da henna (en grego: κύπρος/kypros). Porén outra teoría suxire que deriva da palabra da antiga lingua chipriota para cobre, debido aos grandes depósitos deste mineral que se atopan na illa, dándolle logo a través do comercio exterior o seu nome á palabra latina clásica de cobre a través da expresión aes cyprium ou "metal de Chipre", máis tarde acurtado a Cuprum. Debido á evolución histórica do nome quizais a forma correcta sería a de Cipro, en vez do galicismo Chipre.
Chipre é tamén coñecida como a illa de Afrodita, Venus, ou do Amor, xa que segundo a mitoloxía fenicia, Astarté, deusa do amor e a beleza, que posteriormente foi identificada coa deusa grega Afrodita, naceu na costa de Pafos, ao oeste da illa. Os habitantes da illa son chamados chipriotas.
Historia
editarChipre foi colonizada por diversas culturas ao longo da súa historia. A civilización micénica chegaría preto do 1600 a.C., estabelecéndose posteriormente colonias fenicias e gregas. O Faraón Thutmose III de Exipto someteu a illa no ano 1500 a.C. e forzouna a pagar tributos, o que se mantivo até que o dominio exipcio foi substituído polo dos hititas (que chamaban Alashiya a Chipre na súa lingua) no século XIII a.C. Trala invasión dos pobos do mar (aproximadamente no 1200 a.C.), os aqueos-gregos asentáronse na illa, actuando decididamente na conformación da súa identidade cultural.
Os asirios invadiron a illa no ano 800 a.C., até que o faraón Amasis II a reconquistou no ano 600 a.C., para daquela ser substituído polos persas tras a conquista de Exipto por parte destes. Salamina, a máis poderosa das distintas cidades-reino de Chipre nesa época rebelouse contra o dominio persa no ano 499 a.C., baixo o Rei Onisilos. con todo, tanto esta rebelión como os consecuentes intentos gregos de liberar Chipre fracasaron, entre eles os do Rei Evágoras de Salamina, no ano 345 a.C. No entanto, no ano 331 a.C. Alexandre o Grande conquistou Chipre dos persas volvendo ao mundo helénico, logo axudándolle a conquistar Fenicia. Trala morte de Alexandre Magno, Chipre foi obxecto das rivalidades entre os xenerais que o sucederon, debido á súa riqueza e estratéxica situación, caendo finalmente baixo o dominio dos tolomeos de Exipto. O Imperio Romano, finalmente, apoderouse da illa no ano 57 a.C.
A partir do ano 45 da Era Cristiá, os predicadores San Paulo e San Bernabé introduciron o cristianismo na illa e Chipre foi o primeiro país do mundo gobernado por un cristián. Trala caída de Roma, Chipre pasou pola dominación bizantina e árabe. En 1192 foi conquistada polos cruzados ao mando de Ricardo I Corazón de León, que se coroou como Rei de Chipre. A República de Venecia exerceu o seu dominio sobre Chipre desde 1489, até a invasión turca otomá en 1570. Tralo Congreso de Berlín, Chipre pasou a administración británica o 12 de xullo de 1878, sendo convertida oficialmente en colonia en 1914, co inicio da primeira guerra mundial.
En 1931 comezan as primeiras revoltas a prol da enosis (unión de Chipre con Grecia). Trala fin da segunda guerra mundial, os greco-chipriotas aumentan a presión pola fin do dominio británico. O Arcebispo Makarios lidera a campaña pola enosis e é deportado ás Seychelles en 1956 tras unha serie de atentados na illa. En 1960, Turquía, Grecia e o Reino Unido, xunto ás comunidades turco-chipriota e greco-chipriota, asinan un tratado que declara a independencia da illa e a posesión británica das bases de Akrotiri e Dhekelia. Así pois Makarios asume a Presidencia, indicando a constitución indica que os turco-chipriotas estarán a cargo da vicepresidencia e terán poder de veto. Esa peculiar Constitución que lle foi imposta dificultou o funcionamento de Estado e as relacións entre greco e turco-chipriotas fixéronse tensas, desembocando nas explosións de violencia intercomunitaria de 1963 e 1967.
O 15 de xullo de 1974 un golpe pro-grego, apoiado pola "ditadura dos coroneis" grega, depuxo o goberno lexítimo, o que provocou a reacción de Turquía, quen invadiu e ocupou militarmente o terzo norte da illa, incumprindo ambas as partes a legalidade internacional. Este é a orixe da República Turca do Norte de Chipre, un estado de facto que só é recoñecido por Turquía e a Organización da Conferencia Islámica.
A República de Chipre entra como membro da Unión Europea en 2004, ano no que se aplica un plan para a reunificación apoiado polas Nacións Unidas. Con todo, o referendo é rexeitado polo 76% dos greco-chipriotas. Nas eleccións presidenciais, trala segunda volta dos comicios o 24 de febreiro de 2008, saíu vencedor, co 53,36% dos votos, Dimitris Christofias, secretario xeral do Partido Comunista de Chipre (AKEL, antes Partido Progresista dos Traballadores de Chipre), fronte ao 46,64% do exministro de Asuntos Exteriores Ioannis Kasulides. Un dos obxectivos da súa candidatura era a continuación das negociacións para a reunificación de Chipre.
Xeografía
editar- Artigo principal: Xeografía de Chipre.
Chipre é unha das grandes illas do mar Mediterráneo (xuntamente coa Sicilia, Sardeña, Córsega e Creta), a máis oriental de todas, localizada entre a costa sur da Anatolia e a costa mediterránea do Medio Oriente. Xeograficamente, pertence á Asia, aínda que culturalmente sexa unha mestura de elementos europeos e asiáticos, predominando os primeiros, dado o seu pasado grego e os dous terzos actuais de poboación de orixe helena. Atópase concretamente a 480 km ao leste de Grecia (costa oriental da illa de Rodas), 415 km ao norte de Exipto, 130 km ao oeste de Siria e 94 km ao sur de Turquía. Mide 240 quilómetros de longo e 100 de ancho, con 648 km de costa.
Con 9.250 km², e unha illa montañosa, con dúas zonas accidentadas separadas por un val amplo (a Mesaoria), onde se ergue a capital, Nicosia. Ao suroeste érguense os montes Troodos, que abrigan o punto máis elevado da illa, o monte Olimpo, con 1.953 m de altitude. Ao norte érguense os montes Kyrenia, unha cordilleira bastante estreita que comeza na costa norte e que se prolonga cara ao leste na longa península que confire á illa a súa forma característica. Hai tamén pequenas chairas costeiras no sur.
Nicosia é a maior cidade e a capital coñecida internacionalmente. Outras cidades importantes son Limasol na parte grega e Famagusta na parte turca. O clima é mediterráneo, con cálidos e secos veráns e invernos mornos en xeral, aínda que máis rigorosos nas alturas dos montes Troodos. A pluviosidade media anual é de 500 mm, representando as precipitacións de decembro a febreiro case dous terzos do total anual.
Xeopoliticamente, a illa atópase dividida en catro partes principais. A República de Chipre, o goberno recoñecido internacionalmente, ocupa os dous terzos meridionais da illa, concretamente 5.896 km². A República Turca do Norte de Chipre ocupa o terzo setentrional da illa, supoñendo 3.355 km², aínda que este estado só está recoñecido internacionalmente por Turquía. A Liña Verde, controlada polas Nacións Unidas é unha zona tapón que separa ás dúas. Finalmente atópanse na illa dúas bases de soberanía británica, Akrotiri e Dhekelia.
Política e goberno
editarChipre é unha república presidencial, onde o xefe do Estado e do goberno é o Presidente, que é elixido por un proceso de sufraxio universal para un mandato de cinco anos. O poder executivo é exercido polo Goberno, o poder lexislativo recae na Cámara de Representantes, mentres que o poder xudicial é independente.
A Constitución de 1960 prevía un sistema de goberno presidencial con executivos independentes, lexislativo e xudicial, así como un complexo sistema de controis e equilibrios, deseñando un coeficiente de participación para protexer os intereses dos turco-chipriotas. O executivo, estaba encabezado por un presidente greco-chipriota e un vicepresidente turco-chipriota, elixidos polas súas respectivas comunidades por períodos de cinco anos, posuíndo cada un dereito de veto sobre determinados tipos de leis e decisións executivas. Dende 1964, tralos enfrontamentos entre as dúas comunidades, os asentos turco-chipriotas na Cámara permanecen vacantes, adoptando unha actitude ríxida contra calquera medida que faga que os membros das dúas comunidades vivan e traballen xuntos, de feito comprometéronse á separación física e xeográfica das dúas comunidades coma obxectivo político, o que resultou nunha política deliberada de auto-segregación.[22]
A Cámara de Representantes ten actualmente 59 membros elixidos para un mandato de cinco anos, 56 membros de representación proporcional e 3 membros observadores en representación das minorías armenia, latina e maronita. Os 24 escanos asignados á comunidade turca permanecen vacantes dende 1964. O ambiente político está dominado polo comunista AKEL, o liberal conservador Dimokratikós Sinayermós, o centrista Dimokratikó Kómma, os social-demócratas EDEK e o centrista Partido Europeo.
O 17 de febreiro de 2008, Dimitris Christofias do AKEL, foi elixido presidente de Chipre, sendo Chipre un dos dous únicos países do mundo en ter un goberno comunista elixido democraticamente xunto con Nepal, e en consecuencia o único da Unión Europea. O 28 de febreiro de 2013 foi elixido presidente Nicos Anastasiades cun 57'5% dos sufraxios, devolvendo o poder á democracia cristiá e ó conservadorismo.
División política
editar- Véxase tamén: Liña Verde (Chipre).
Chipre gañou a independencia do Reino Unido no 1960, co dereito do Reino Unido, Grecia e Turquía de intervir nos asuntos internos do país. A República de Chipre é o goberno internacionalmente recoñecido da illa, e esta controla os dous terzos do sur da illa. Case todos os países estranxeiros e as Nacións Unidas recoñecen a soberanía da República de Chipre sobre a enteira illa de Chipre.
Os chipriotas turcos, xunto con Turquía, non aceptan o poder da República no resto da illa e chámanlle a "Autoridade Grega do Sur de Chipre". Eles controlan o terzo norte da illa, continuando a ocupación militar por Turquía desde 1974. O territorio Turco-Chipriota proclamou a súa independencia no 1975, e a República Turca do Norte de Chipre estableceuse no 1983. Este acto foi soamente recoñecido por Turquía. Ademais disto, a Organización da Conferencia Islámica deulle os status de membro, baixo o nome de "Plataforma Turco Chipriota".
O outro poder con territorio en Chipre é o Reino Unido. Baixo o acordo de independencia, o Reino Unido retivo dous pequenos territorios na costa sur da illa, ao redor de Akrotiri e Dhekelia, coñecidas coma bases áreas de soberanía británica. Son usadas para acoller bases militares.
Reunificación
editarMoitas negociacións foron mantidas para conseguir a reunificación da illa, mais non tiveron moito éxito. Un plan das Nacións Unidas, anunciado o 31 de marzo do 2004 en Suíza, propuxo un referendo separado en ambos lados o 24 de abril do 2004.
No referendo, a proposta reunificación foi favorábel no lado Turco por unha maioría de 2 a 1, mentres que no lado grego foi rexeitada por unha marxe de 3 a 1. Como resultado, mentres oficialmente todo o Chipre se uniría á Unión Europea o 1 de maio de 2004, as fronteiras da Unión percorren pola Liña Verde, dividindo o país entre a parte Grega e a Turca. As leis da Unión non se aplican na parte turca. A Unión prometeu axudar e traballar para o levantamento das sancións económicas impostas polo Tribunal Europeo, pero eles levantaron o recoñecemento diplomático da rexión norte de Chipre.
Na madrugada do 8 ao 9 de marzo de 2007, o goberno greco-chipriota comezou a derrubar parte da Liña Verde que separa ambos estados nun "sinal de boa vontade", segundo afirmou o voceiro gobernamental Christodoulos Pashardes, o que foi ben recibido polo líder turco-chirpiota Mehmet Ali Talat, aínda que se advertiu que a medida, con ser positiva, non é nin definitiva nin constitúe o final do conflito de ambas as comunidades.
Divisións administrativas
editarA República de Chipre está dividida en seis distritos:[23] Nicosia, Famagusta, Kyrenia, Larnaca, Limasol e Pafos.
Mapa de Chipre | Distritos | Nome grego | Nome turco |
---|---|---|---|
Famagusta | Αμμόχωστος (Ammochostos) | Gazimağusa | |
Kyrenia | Κερύvεια (Keryneia) | Girne | |
Larnaca | Λάρνακα (Larnaka) | Larnaka/İskele | |
Limasol | Λεμεσός (Lemesos) | Limasol/Leymosun | |
Nicosia | Λευκωσία (Lefkosia) | Lefkoşa | |
Pafos | Πάφος (Pafos/Bafos) | Baf/Gazibaf |
Enclaves e exclaves
editarChipre ten catro enclaves, todos nun territorio pertencente á Zona de Soberanía Británica de Dhekelia. Os dous primeiros son as vilas de Ormidhia e Xylotymvou. A terceira é a central nuclear de Dhekelia, que está dividida por unha estrada británica en dúas partes. A parte norte é un enclave, como as dúas aldeas, mentres que a parte sur atópase á beira do mar e polo tanto non é un enclave, aínda que non ten augas territoriais propias.
Economía
editar- Artigo principal: Economía de Chipre.
A economía de Chipre está claramente afectada pola división da illa en dous territorios. Ten unha economía altamente vulnerable, máis estabilizada trala entrada na Unión Europea, cunha forte dependencia do sector servizos e problemas de illamento con respecto a Europa.
Nos últimos vinte e cinco anos, Chipre pasou de depender da agricultura (onde só a produción de cítricos ten relativa importancia comercial), a ter unha estrutura máis acorde co contexto da Unión Europea, cunha presenza importante do sector industrial que sustenta a maior parte das exportacións e emprega o 25% da poboación.
Preto do 70% depende do sector servizos, e en concreto do turismo. A localización xeográfica preto de Oriente Próximo provoca grandes oscilacións de ano en ano á hora de converterse en destino turístico. A frota de buques con matrícula chipriota é a cuarta máis importante do mundo e reporta grandes ingresos. O 1 de xaneiro de 2008 Chipre incorporouse á Eurozona, deixando de utilizar a libra chipriota.
Demografía
editar- Artigo principal: Demografía de Chipre.
No ano 2007, Chipre tiña unha poboación de 1 103 790 habitantes, unha esperanza de vida de 77,9 anos e unha media de 1,80 fillos por muller. Ademais o 97,6% da poboación está alfabetizada.
Os chipriotas gregos (greco-chipriotas) e turcos comparten moitos costumes, pero á súa vez manteñen a súa etnicidade baseada na relixión, idioma e outros fortes lazos coas súas respectivas terras de orixe.
Despois de 1974 o grego é falado principalmente no centro e no sur da illa, mentres que o turco predomina no norte. Esta delimitación dos idiomas só corresponde ao actual período, debido á división da illa despois de 1974, a cal implicou unha expulsión dos chipriotas gregos do norte e un movemento análogo dos chipriotas turcos dende o sur. Con todo, historicamente, o grego (no seu dialecto chipriota) era falado por un 82% da poboación aproximadamente, a cal estaba regularmente distribuída ao longo de toda a área de Chipre, tanto no norte como no sur. De xeito semellante, os falantes turcos estaban distribuídos tamén de maneira regular. O inglés é amplamente espallado.
A composición étnica é a seguinte:
- Gregos: 78,0%
- Turcos: 18,0%
- Outros europeos: 4,0%
Cultura
editarA cultura chipriota pode dividirse, a grandes liñas, en dous grupos. Por unha banda, a influencia grega, da que a illa herdou o idioma maioritario e o grupo étnico do 80% dos chipriotas. Por outro, a cultura turca define o modo de vivir do turco-chipriotas.
É mundialmente coñecido o antigo receo histórico entre Grecia e Turquía, debido ás interminables loitas por dominar as numerosas illas do mar Exeo, entre elas Chipre. O gran poderío do Imperio Otomán logrou dobregar os helenos, polo que se agudizaron aínda máis as rifas. O fin deste imperio e o nacemento de Grecia e Turquía como nacións modernas estableceu a paz oficialmente, aínda que se deron situacións explícitas de inimizade: Grecia opúxose firmemente á entrada de Turquía á Unión Europea.
Con respecto a Chipre é un país que recibiu grandes influencias gregas e doutras civilizacións antigas, porén, a vida cultural de Chipre actualmente demostra a súa colonización británica. Así pois Chipre recibe unha gran cantidade de turistas durante o período de verán, cando a calor e o sol son moi fortes. A vida nocturna ademais é bastante axitada cun gran número de bares, sendo o país de Europa con máis deste tipo de establecementos por habitante.[24] En canto ás relixións, a maioritaria é a igrexa ortodoxa grega, seguido por un 78% da poboación, seguida do islam co 18% e outras crenzas que abranguen o 4% restante.
Notas
editar- Referencias
- ↑ "Stone Age wells found in Cyprus". BBC News. 25 de xuño de 2009. Arquivado dende o orixinal o 5 de outubro de 2013. Consultado o 31 de xullo de 2009.
- ↑ "Treaty of Lausanne". Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2013. Consultado o 7 de outubro de 2014.
- ↑ Faustmann, Hubert; Ker-Lindsay, James (2008). The Government and Politics of Cyprus. Peter Lang. p. 48. ISBN 978-3-03911-096-4.
- ↑ Mirbagheri, Farid (2009). Historical Dictionary of Cyprus. Scarecrow Press. p. 25. ISBN 9780810862982.
- ↑ Trimikliniotis, Nicos (2012). Beyond a Divided Cyprus: A State and Society in Transformation. Palgrave Macmillan. p. 104. ISBN 978-1-137-10080-1.
- ↑ Cyprus date of independence Arquivado 13 de xuño deJune 2006 en Wayback Machine. (click on Historical review)
- ↑ "U.S. Library of Congress – Country Studies – Cyprus – Intercommunal Violence". Countrystudies.us. 21 de decembro de 1963. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2011. Consultado o 25 de outubro de 2009.
- ↑ Mallinson, William (2005). Cyprus: A Modern History. I. B. Tauris. p. 81. ISBN 978-1-85043-580-8.
- ↑ "website". BBC News. 4 de outubro de 2002. Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2004. Consultado o 25 de outubro de 2009.
- ↑ Constantine Panos Danopoulos; Dhirendra K. Vajpeyi; Amir Bar-Or (2004). Civil-military Relations, Nation Building, and National Identity: Comparative Perspectives. Greenwood Publishing Group. p. 260. ISBN 978-0-275-97923-2. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2015. Consultado o 20 de xuño de 2015.
- ↑ Eyal Benvenisti (23 de febreiro de 2012). The International Law of Occupation. Oxford University Press. p. 191. ISBN 978-0-19-958889-3. Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2015. Consultado o 20 de xuño de 2015.
- ↑ Barbara Rose Johnston, Susan Slyomovics. Waging War, Making Peace: Reparations and Human Rights (2009), American Anthropological Association Reparations Task Force, p. 211 Arquivado 12 de abril de 2016 en Wayback Machine.
- ↑ Morelli, Vincent. Cyprus: Reunification Proving Elusive (2011), DIANE Publishing, p. 10 Arquivado 13 de abril de 2016 en Wayback Machine.
- ↑ Borowiec, Andrew. Cyprus: A Troubled Island (2000), Greenwood Publishing Group, p. 125 Arquivado 12 de abril de 2016 en Wayback Machine.
- ↑ "According to the United Nations Security Council Resolutions 550 and 541". United Nations. Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2009. Consultado o 27 de marzo de 2009.
- ↑ European Consortium for Church-State Research. Conference (2007). Churches and Other Religious Organisations as Legal Persons: Proceedings of the 17th Meeting of the European Consortium for Church and State Research, Höör (Sweden), 17–20 de novembro de 2005. Peeters Publishers. p. 50. ISBN 978-90-429-1858-0. Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2016. Consultado o 20 de xuño de 2015.
Hai poucos datos sobre o recoñecemento do "estatus legal" das relixións nos territorios ocupados, xa que ningún acto da "República Turca do Norte de Chipre" non está recoñecido nin pola República de Chipre nin pola comunidade internacional.
- ↑ Quigley (6 de setembro de 2010). The Statehood of Palestine. Cambridge University Press. p. 164. ISBN 978-1-139-49124-2. Arquivado dende o orixinal o 6 de setembro de 2015. Consultado o 20 de xuño de 2015.
A comunidade internacional considerou inválida esta declaración, ao considerar que Turquía ocupara un territorio pertencente a Chipre e que, polo tanto, o estado putativo era unha violación da soberanía chipriota.
- ↑ Nathalie Tocci (xaneiro 2004). EU Accession Dynamics and Conflict Resolution: Catalysing Peace Or Consolidating Partition in Cyprus?. Ashgate Publishing, Ltd. p. 56. ISBN 978-0-7546-4310-4. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2015. Consultado o 20 de xuño de 2015.
O territorio ocupado incluía o 70% do potencial económico da illa con máis do 50% da industrial ... Ademais, desde a partición Turquía fomentou a inmigración continental ao norte de Chipre. ... A comunidade internacional, excluíndo Turquía, condenou a declaración unilateral de independencia (UDI) como a.
- ↑ Dr Anders Wivel; Robert Steinmetz (28 de marzo de 2013). Small States in Europe: Challenges and Opportunities. Ashgate Publishing, Ltd. p. 165. ISBN 978-1-4094-9958-9. Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2015. Consultado o 20 de xuño de 2015.
A día de hoxe, segue sen ser recoñecido pola comunidade internacional, excepto por Turquía
- ↑ Peter Neville (22 de marzo de 2013). Historical Dictionary of British Foreign Policy. Scarecrow Press. p. 293. ISBN 978-0-8108-7371-1. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2015. Consultado o 20 de xuño de 2015.
Ecevit ordenou ao exército ocupar a zona turca o 20 de xullo de 1974. Converteuse na República Turca do Norte de Chipre, pero Gran Bretaña, como o resto da comunidade internacional, agás Turquía, negouse a estender o recoñecemento diplomático ao enclave. Os esforzos británicos para asegurar a retirada de Turquía do seu territorio ocupado despois de 1974 fracasaron.
- ↑ James Ker-Lindsay; Hubert Faustmann; Fiona Mullen (15 de maio de 2011). An Island in Europe: The EU and the Transformation of Cyprus. I.B.Tauris. p. 15. ISBN 978-1-84885-678-3. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2015. Consultado o 20 de xuño de 2015.
Classified as illegal under international law, and now due to Cyprus' accession into the European Union is also an illegal occupation of EU territory.
- ↑ "Quotation from March 1999 report submitted by Cyprus in the framework of the Convention for the Protectino of Mational Minorities". Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2009. Consultado o 05 de decembro de 2009.
- ↑ "Europa, the EU at a glance". Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2009. Consultado o 05 de decembro de 2009.
- ↑ Chipre, ten un bar por cada 124 habitantes
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chipre |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Cyprus - Wikivoyage (en)
- República de Chipre Arquivado 06 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine.
- Chipre en The World Factbook Arquivado 26 de decembro de 2018 en Wayback Machine.
- As Nación Unidas en Chipre
- Sitio web oficial de turismo de Chipre