9 de marzo
data
<< | Marzo | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
2024 Todos os días |
O 9 de marzo é o 68º día do ano do calendario gregoriano e o 69º nos anos bisestos. Quedan 297 días para finalizar o ano.
Acontecementos
editar- 1500: parte de Lisboa rumbo a Calcuta a frota mandada polo portugués Pedro Álvares Cabral, quen ao final chega ás costas do Brasil.
- 1678 - Réndese a cidade de Gante, defendida heroicamente por 500 españois fronte a 40 000 franceses, durante unha grande ofensiva dos exércitos de Lois XIV de Francia na guerra para diminuír a potencialidade de España en Europa.
- 1902 - O Real Madrid Club de Fútbol celebra o seu primeiro partido nunha explanada que había na avenida da praza de touros da capital de España.
- 1938 - Fusilados en Punta Herminia (A Coruña) os sindicalistas da CRG Cándido Sánchez Rodríguez, José Brandariz Ramos, Jaime Baella Pérez, Ángel Fernández Fernández, Ricardo Martín González, Marcelino Calviño Pato, Jesús López Casado e Felisardo Brandariz Souto.
- 1957 - Alasca: Un sismo de 9,1 golpeou as illas Andreanof. Na illa Umnak, o monte Vsevidof fixo erupción despois de estar durmido por 200 anos, xerando un tsunami de 15 metros de alto que chegou ata Hawai
- 1959 - Preséntase á venda a boneca Barbie na Feira Internacional do Xoguete de Nova York.
- 1980 - O PNV gaña as eleccións ao Parlamento vasco.
- 2006 - Aníbal Cavaco Silva toma posesión como presidente de Portugal.
Nacementos
editar- 1451 - Amerigo Vespucci, explorador xenovés (m. 1512)
- 1695 - Frei Martín Sarmiento, escritor e erudito galego (m. 1772).
- 1796 - Nicolas Jean de Dieu Soult, militar e político francés (m. 1851).
- 1831 - Cándido Martínez Montenegro, avogado e político galego (m. 1899).
- 1868 - Ramón Bustelo González, financeiro e político galego (m. 1942).
- 1900 - Howard H. Aiken, enxeñeiro estadounidense.
- 1910 - Samuel Barber, compositor estadounidense (m. 1981).
- 1923 - Walter Kohn, físico teórico austríaco nacionalizado estadounidense.
- 1930 - Ornette Coleman, saxofonista e compositor de jazz estadounidense.
- 1934 - Iuri Gagarin, primeiro cosmonauta da historia.
- 1943 - Bobby Fischer, xadrecista norteamericano.
- 1946 - Luís Rodríguez Ennes, xurista galego.
- 1948 - Ramón Yzquierdo Perrín, historiador da arte galego.
- 1950 - José María Fonseca Moretón, economista e empresario galego.
- 1954 - Bobby Sands, membro do IRA Provisional.
- 1964 - Juliette Binoche, actriz francesa.
- 1981 - Chad Gilbert, roqueiro, New Found Glory (Guitarra).
- 1987 - Lil' Bow Wow, rap músico e actor en Like Mike.
Mortes
editar- 1661 - Jules Mazarin, cardeal e político francés (n. 1602).
- 1888 - Robert Latham, etnólogo e lingüista inglés.
- 1895 - Leopold von Sacher-Masoch, escritor e xornalista austríaco (n. 1836).
- 1938 - Cándido Sánchez Rodríguez, ferreiro e sindicalista galego (n. 1905).
- 1989 - Robert Mapplethorpe, fotógrafo estadounidense.
- 1992 - Menachem Begin, político israelí (n. 1913).
- 1994 - Charles Bukowski, escritor estadounidense.
- 1994 - Fernando Rey, actor español.
- 1997 - The Notorious B.I.G. (aka: Chris Wallace), 25, rap músico.
- 1997 - María Elvira Lacaci, poetisa galega en lingua castelá (n. 1916)
- 1998 - Anna Maria Ortese, escritora e xornalista italiana (n. 1914).
- 2002 - Carlos Casares, escritor galego (n. 1941).
Festas e celebracións
editarOutros
editar- Santoral: Francisca Romana, relixiosa; Paciano, Benito, Gregorio Niseno, bispos; Catarina de Bologna, virxe; Domingo Savio, confesor; Quirino, Cándido, Cirión, Vidal, Urpasiano, mártires.
Véxase tamén
editarNotas
editar- ↑ "Celebramos o Día do Galego no Bierzo escoitando a nosa lingua máis aló de Pedrafita". www.crtvg.es. Consultado o 2022-04-15.