República de Venecia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2020.) |
A Serenísima República de Venecia foi unha cidade-estado do norte de Italia, xunto ao mar Adriático, atopada en torno á cidade de Venecia. A república existiu como tal dende o século IX ata 1797. Tamén recibe o nome de Serenissima Repubblica di San Marco, xa que San Marcos é o seu santo patrono.
Serenissima Repubblica di Venezia (it) Serenìsima Repùblega de Venèsia (vec) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Capital | Eraclea (pt) (697–742) Malamocco (pt) (742–810) Venecia (810–1797) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.500.000 | ||||
Lingua oficial | Lingua véneta lingua latina | ||||
Relixión | catolicismo e cristianismo | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 697 | ||||
Disolución | 12 de maio de 1797 | ||||
Sucedido por | French occupation of the Republic of Venice (en) | ||||
Santo padrón | Marcos o Evanxelista | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | república Oligarquía | ||||
• Xefe de estado | Dogo de Venecia | ||||
Órgano lexislativo | Maggior Consiglio (pt) , | ||||
Moeda | lira veneciana | ||||
Historia
editarOrixes
editarTense como data da fundación de Venecia o ano 421, no cal os habitantes da rexión, ante a ameaza das invasións longobardas e hunas que destruíran a capital, Aquilea, refuxiáronse nas marismas da desembocadura do Po, na lagoa situada no golfo, entre a Península Itálica e a balcánica, chamado máis tarde precisamente golfo de Venecia. As construcións desta época eran simples edificacións lacustres, erixidas sobre palafitas. Debido a esta estratéxica característica xeográfica, Venecia tivo dende entón unha grande independencia respecto dos seus dominadores.
Dependencia do Imperio Bizantino
editarCando o xeneral Belisario conquistou para o Imperio Bizantino gran parte de Italia no século VI, Venecia pasou a formar parte do dominio de devandito imperio, dependendo administrativamente da cidade de Rávena, sede do poder imperial na Península Itálica. O exarcado de Rávena estaba dividido en ducados, e o ducado de Venecia era un deles.
Independencia e expansión
editarA cidade de Venecia obtivo a súa independencia no século IX. Cabe destacar que nin obedecía ao emperador bizantino, nin formaba parte do Sacro Imperio. Na Alta Idade Media, Venecia expandiuse grazas ao control do comercio con Oriente e aos beneficios que isto supuña, expandíndose polo mar Adriático. A súa frota, foi determinante para o saqueo de Constantinopla na Cuarta Cruzada en 1204. A debilidade do Imperio Bizantino permitiulle anexionarse Creta e Eubea. Máis tarde, en 1489, conquistou o estado cruzado de Chipre. En 1416 derrotou aos turcos en Gallipoli
O apoxeo de Venecia acadou o seu cénit na primeira metade do século XV ao comezaren os venecianos a súa expansión por Italia, como resposta ao ameazador avance de Gian Galeazzo Visconti, duque de Milán. Sobre 1410, Venecia controlaba a maior parte do Véneto, incluíndo cidades como Verona, Padua e Udine e máis tarde Brescia e Bérgamo. O mar Adriático converteuse no "mare veneziano", dende Corfú ata o río Po.
Decadencia e fin
editarA toma de Constantinopla polos turcos en 1453 marcou o principio da decadencia. O descubrimento de América desprazou as correntes comerciais e Venecia viuse obrigada a soster unha loita esgotadora contra os turcos. A expansión en Italia enfrontoulles co Papa polo control da Romaña. Para contrarrestar á República de Venecia, o Papa reuniu á Liga de Cambrai en 1508. Nela atopábanse Lois XII de Francia, o emperador Maximiliano I de Austria, e Fernando II de Aragón, o Católico. Como consecuencia, Venecia sufriu importantes perdas territoriais.
Por esa época, a expansión do Imperio Otomán nos Balcáns comezou a preocupar aos venecianos. En 1570, Chipre sufriu a invasión turca, e un ano despois os venecianos abandonaban a illa. Tras un longo conflito, abandonouse tamén Creta. A alianza das frotas italiana, papal e española, aínda que venceu na batalla de Lepanto, non logrou recuperar estes territorios.
No século XVII a decadencia confírmase cando os turcos conquistan Candia tras un asedio de 25 anos.
Cara ao século XVIII, a Serenísima República non era máis que unha pálida sombra do que foi, a pesar do cal seguía dominando o litoral adriático e as Illas Xónicas. En 1797, foi invadida polas tropas do Xeneral Napoleon Bonaparte, a sinatura do tratado de Campoformio, repartiuse o territorio da República entre Francia e Austria.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarBibliografía
editar- A conspiración veneciana, por Webster G. Tarpley, Conferencia exposta no ICLC de Wiesbaden, Alemaña, 1981, publicada na revista Campaigner en setembro de 1981.