Primeiro ministro do Reino Unido
O Primeiro Ministro do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte (Prime Minister of the United Kingdom, en inglés; Prif Weinidogion e Deyrnas Unedig, en galés; Prìomhairean na Breatainne, en gaélico escocés) é o xefe de Goberno do Reino Unido. Encabeza o Goberno da súa Maxestade e do mesmo xeito que outros primeiros ministros da Commonwealth (que seguen a forma constitucional que se chama o sistema Westminster) exercita, xunto cos membros do seu gabinete, o poder executivo do Goberno Británico. O Primeiro Ministro exercita os poderes que pertencen teoricamente a A súa Maxestade a Raíña. O primeiro ministro do Reino Unido é Boris Johnson.
O Primeiro Ministro adoita ser o líder do partido político maior na Cámara dos Comúns. Nas eleccións de 2010 o partido máis votado foi o Partido Conservador, este non obtivo a maioría absoluta e gobernou nunha coalición co Partido Liberal Demócrata.
Historia
editarO posto que o Primeiro Ministro desenvolvía durante o século XVIII non era un título oficial durante eses anos; estaba asociado co posto oficial de First Lord of the Treasury («Primeiro Lord do Tesouro»). A descrición de "primeiro ministro" empregouse a primeira vez que Robert Walpole foi nomeado "Primeiro Lord do Tesouro" polo Rei Xurxo I en 1721. Ao principio, considerábase o título como un insulto, empregado polos seus inimigos para suxerir que Walpole tiña demasiado poder.[1]
O título de "Primeiro Ministro" mencionouse a primeira vez nun documento oficial no Tratado de Berlín de 1878, do Primeiro Ministro Benjamin Disraeli. O título foi recoñecido oficialmente en 1905. A primeira persoa que foi chamada oficialmente como Primeiro Ministro foi Sir Henry Campbell-Bannerman. A primeira referencia do título nunha lei do Parlamento Británico foi en 1917.
Nomeamento
editarÉ o monarca o que oficialmente nomea ao Primeiro Ministro, pero está obrigado tradicionalmente a elixir á persoa que obteña o apoio maioritario da Cámara dos Comúns (normalmente o líder do partido cunha maioría de escanos nesa cámara). Se o Primeiro Ministro perde o apoio (pola aprobación dunha moción de censura, por exemplo) a convención obrígalle a dimitir.
O primeiro ministro nomea aos membros do Gabinete e aos outros ministros do goberno.
Poderes e privilexios
editarNon hai moitos poderes legais que pertenzan ao Primeiro Ministro; os seus poderes veñen dos poderes tradicionais do soberano e do control dunha maioría da Cámara dos Comúns. O Primeiro Ministro recomenda ao monarca o nomeamento de moitos oficiais do Estado Británico, incluíndo ministros do Goberno, embaixadores, os xefes das Forzas Armadas, e oficiais da administración pública; convencionalmente, o Rei (ou Raíña) adoita seguir sempre as recomendacións do Primeiro Ministro. Tamén, o Primeiro Ministro organiza o programa lexislativo do Parlamento e o traballo do Gabinete.
Tradicionalmente o Primeiro Ministro vive no 10 Downing Street, unha residencia en Londres que pertencía aos Primeiros Lores do Tesouro. O salario actual do Primeiro Ministro, que tamén pertence ao seu papel de First Lord of the Treasury, é de £127.334 por ano; tamén recibe £60,227 por ano por ser membro do Parlamento[2].
Ocupantes do posto dende 1721
editar- Sir Robert Walpole, Conde de Oxford (4 de abril de 1721 - 11 de febreiro de 1742)
- Spencer Compton, Conde de Wilmington (16 de febreiro de 1742 - 2 de xullo de 1743)
- Henry Pelham (27 de agosto de 1743 - 6 de marzo de 1754)
- Thomas Pelham-Holles, Duque de Newcastle (primeiro mandato) (16 de marzo de 1754 - 16 de novembro de 1756)
- William Cavendish, 4º duque de Devonshire (16 de novembro de 1756 - 25 de xuño de 1757)
- Thomas Pelham-Holles, Duque de Newcastle (segundo mandato) (2 de xullo de 1757 - 26 de maio de 1762)
- John Stuart, Conde de Bute (26 de maio de 1762 - 16 de abril de 1763)
- George Grenville (16 de abril de 1763 - 13 de xullo de 1765)
- Charles Watson-Wentworth, Marqués de Rockingham (primeiro mandato) (13 de xullo de 1765 - 30 de xullo de 1766)
- William Pitt "O Vello", Conde de Chatham (30 de xullo de 1766 - 14 de outubro de 1768)
- Augustus FitzRoy, Duque de Grafton (14 de outubro de 1768 - 28 de xaneiro de 1770)
- Frederick North, Lord North (28 de xaneiro de 1770 - 22 de marzo de 1782)
- Charles Watson-Wentworth, Marqués de Rockingham (segundo mandato) (27 de marzo de 1782 - 1 de xullo de 1782)
- William Petty, Conde de Shelburne (4 de xullo de 1782 - 2 de abril de 1783)
- William Cavendish-Bentinck, Duque de Portland (primeiro mandato) (2 de abril de 1783 - 19 de decembro de 1783)
- William Pitt "O Novo" (primeiro mandato) (19 de decembro de 1783 - 14 de marzo de 1801)
- Henry Addington (17 de marzo de 1801 - 10 de maio de 1804)
- William Pitt "O Novo" (segundo mandato) (10 de maio de 1804 - 23 de xaneiro de 1806)
- William Wyndham Grenville, Lord Grenville (11 de febreiro de 1806 - 31 de marzo de 1807)
- William Cavendish-Bentinck, Duque de Portland (segundo mandato) (31 de marzo de 1807 - 4 de outubro de 1809)
- Spencer Perceval (4 de outubro de 1809 - 11 de maio de 1812) (único Primeiro Ministro asasinado)
- Robert Banks Jenkinson, Conde de Liverpool (8 de xuño de 1812 - 9 de abril de 1827)
- George Canning (10 de abril de 1827 - 8 de agosto de 1827)
- Frederick John Robinson, Vizconde de Goderich (31 de agosto de 1827 - 21 de xaneiro de 1828)
- Arthur Wellesley, Duque de Wellington (primeiro mandato) (22 de xaneiro de 1828 - 16 de novembro de 1830)
- Charles Grey, Conde Grey (22 de novembro de 1830 - 9 de xullo de 1834)
- William Lamb, Vizconde de Melbourne (primeiro mandato) (16 de xullo de 1834 - 14 de novembro de 1834)
- Arthur Wellesley, Duque de Wellington (segundo mandato) (14 de novembro de 1834 - 10 de decembro de 1834)
- Sir Robert Peel (primeiro mandato) (10 de decembro de 1834 - 8 de abril de 1835)
- William Lamb, Vizconde de Melbourne (segundo mandato) (18 de abril de 1835 - 30 de agosto de 1841)
Primeiros Ministros durante o reinado da Raíña Vitoria (1837–1901)
editarImaxe | Nome | Período de goberno | Partido político | Outras funcións durante o goberno |
Referencias | |
---|---|---|---|---|---|---|
Sir Robert Peel (2a. vez) |
30 de agosto de 1841 29 de xuño de 1846 |
Conservador | Primeiro Lord do Tesouro & Líder da Cámara dos Comúns |
[3] | ||
Lorde John Russell (1a. vez) |
30 de xuño de 1846 21 de febreiro de 1852 |
Whig | Primeiro Lord do Tesouro & Líder da Cámara dos Comúns |
[4] | ||
Edward Smith-Stanley, Conde de Derby (1a. vez) |
23 de febreiro de 1852 17 de decembro de 1852 |
Conservador | Primeiro Lord do Tesouro & Líder da Cámara dos Lords |
[5] | ||
George Hamilton-Gordon, 4º Conde de Aberdeen | 19 de decembro de 1852 30 de xaneiro de 1855 |
Peelite/Whig | Primeiro Lord do Tesouro & Líder da Cámara dos Lords |
[6] | ||
Henry John Temple, Vizconde Palmerston (1a. vez) |
6 de febreiro de 1855 19 de febreiro de 1858 |
Whig | Primeiro Lord do Tesouro & Líder da Cámara dos Comúns |
[7] | ||
Edward Smith-Stanley, Conde de Derby (2a. vez) | 20 de febreiro de 1858 11 de xuño de 1859 |
Conservador | Primeiro Lord do Tesouro & Líder da Cámara dos Lords |
[8] | ||
Henry John Temple Vizconde Palmerston (2a. vez) |
12 de xuño de 1859 18 de outubro de 1865 |
Liberal | Primeiro Lord do Tesouro & Líder da Cámara dos Comúns |
[9] | ||
Lord John Russell (2a. vez) |
29 de outubro de 1865 26 de xuño de 1866 |
Liberal | Primeiro Lord do Tesouro & Líder da Cámara dos Lords |
[10] | ||
Edward Smith-Stanley Conde de Derby (3a. vez) |
28 de xuño de 1866 25 de febreiro de 1868 |
Conservador | Primeiro Lord do Tesouro & Líder da Cámara dos Lords |
[11] | ||
Benjamin Disraeli (1a. vez) |
27 de febreiro de 1868 1 de decembro de 1868 |
Conservador | Primeiro Lord do Tesouro & Líder da Cámara dos Comúns |
[12] | ||
William Ewart Gladstone (1a. vez) |
3 de decembro de 1868 17 de febreiro de 1874 |
Liberal | Primeiro Lord do Tesouro, Líder da Cámara dos Comúns & Chancellor of the Exchequer (1873–74) |
[13] | ||
Benjamin Disraeli Conde de Beaconsfield (2a. vez) |
20 de febreiro de 1874 21 de abril de 1880 |
Conservador | Primeiro Lord do Tesouro, Líder da Cámara dos Comúns (1874–1876), Lord Privy Seal (1876–78) & Líder da Cámara dos Lords (1876–80) |
[14] | ||
William Ewart Gladstone (2a. vez) |
23 de abril de 1880 9 de xuño de 1885 |
Liberal | Primeiro Lord do Tesouro, Líder da Cámara dos Comúns & Chancellor of the Exchequer (1880–82) |
[15] | ||
Robert Gascoyne-Cecil, terceiro marqués de Salisbury (1a. vez) |
23 de xuño de 1885 28 de xaneiro de 1886 |
Conservador | Secretario de Estado de Relacións Externas & Líder da Cámara dos Lores |
[16] | ||
William Ewart Gladstone (3a. vez) |
1 de febreiro de 1886 20 de xullo de 1886 |
Liberal | Primeiro Lord do Tesouro, Lord Privy Seal & Líder da Cámara dos Comúns |
[17] | ||
Robert Gascoyne-Cecil, terceiro marqués de Salisbury (2a. vez) | 25 de xullo de 1886 11 de agosto de 1892 |
Conservador | Líder da Cámara dos Lores, Primeiro Lord do Tesouro (1886–87) & Secretario de Estado de Relacións Externas (1887–92) |
[18] | ||
William Ewart Gladstone (4a. vez) |
15 de agosto de 1892 2 de marzo de 1894 |
Liberal | Primeiro Lord do Tesouro, Lord Privy Seal & Líder da Cámara dos Comúns |
[19] | ||
Archibald Primrose, quinto conde de Rosebery | 5 de marzo de 1894 22 de xuño de 1895 |
Liberal | Primeiro Lord do Tesouro, Lord Presidente do Consello & Líder da Cámara dos Lores |
[20] | ||
Robert Gascoyne-Cecil, terceiro marqués de Salisbury(3a. vez) | 25 de xuño de 1895 11 de xullo de 1902 |
Conservador | Líder da Cámara dos Lores, Secretario de Estado de Relacións Externas (1895–1900) & Lord Privy Seal (1900–02) |
[21] |
Primeiros Ministros durante o reinado de Eduardo VII (1901–1910)
editarImaxe | Nome | Período de goberno | Partido político | Outras funcións durante o goberno |
Referéncias | |
---|---|---|---|---|---|---|
Arthur Balfour | 11 de xullo de 1902 5 de decembro de 1905 |
Conservador | Primeiro Lord do Tesouro & Líder da Cámara dos Comúns |
[22] | ||
Sir Henry Campbell-Bannerman | 5 de decembro de 1905 7 de abril de 1908 |
Liberal | Primeiro Lord do Tesouro & Líder da Cámara dos Comúns |
[22] | ||
Herbert Henry Asquith | 7 de abril de 1908 7 de decembro de 1916 |
Liberal | Primeiro Lord do Tesouro, Líder da Cámara dos Comúns & Secretario de Estado para a Guerra (1914) |
[22] |
Primeiros Ministros durante os reinados de Xurxo V (1910–1936) e Eduardo VIII (1936)
editarImaxe | Nome | Período de goberno | Partido político | Outras funcións durante o goberno |
Referéncias | |
---|---|---|---|---|---|---|
David Lloyd George | 7 de decembro de 1916 19 de outubro de 1922 |
Liberal | Primeiro Lord do Tesouro | [23] | ||
Andrew Bonar Law | 23 de outubro de 1922 20 de maio de 1923 |
Conservador | Primeiro Lord do Tesouro Líder da Cámara dos Comúns |
[24] | ||
Stanley Baldwin (1a. vez) |
23 de maio de 1923 16 de xaneiro de 1924 |
Conservador | Primeiro Lord do Tesouro, Líder da Cámara dos Comúns Chancellor of the Exchequer (1923) |
[25] | ||
James Ramsay MacDonald (1a. vez) |
22 de xaneiro de 1924 4 de novembro de 1924 |
Laborista | Primeiro Lord do Tesouro, Líder da Cámara dos Comúns Secretario de Estado de Relacións Externas |
[26] | ||
Stanley Baldwin (2a. vez) |
4 de novembro de 1924 5 de xuño de 1929 |
Conservador | Primeiro Lord do Tesouro & Líder da Cámara dos Comúns |
[27] | ||
James Ramsay MacDonald (2a. vez) |
5 de xuño de 1929 24 de agosto de 1931 |
Laborista | Primeiro Lord do Tesouro Líder da Cámara dos Comúns |
[28] | ||
James Ramsay MacDonald (3a. vez) |
24 de agosto de 1931 7 de xuño de 1935 |
Nacional Laborista | Primeiro Lord do Tesouro Líder da Cámara dos Comúns |
[29] | ||
Stanley Baldwin (3a. vez) |
7 de xuño de 1935 28 de maio de 1937 |
Conservador | Primeiro Lord do Tesouro Líder da Cámara dos Comúns |
[30] |
Imaxe | Nome | Período de goberno | Partido político | Outras funcións durante o goberno |
Referéncias | |
---|---|---|---|---|---|---|
Neville Chamberlain | 28 de maio de 1937 10 de maio de 1940 |
Conservador | Primeiro Lord do Tesouro Líder da Cámara dos Comúns |
[22] | ||
Winston Churchill (1a. vez) |
10 de maio de 1940 23 de maio de 1945 |
Conservador | Primeiro Lord do Tesouro, Ministro da Defensa Líder da Cámara dos Comúns |
[31] | ||
Winston Churchill (2a. vez) |
23 de maio de 1945 26 de xullo de 1945 |
Conservador | Primeiro Lord do Tesouro Ministro da Defensa |
[32] | ||
Clement Attlee | 26 de xullo de 1945 26 de outubro de 1951 |
Laborista | Primeiro Lord do Tesouro Ministro da Defensa (1945–46) |
[33] | ||
Sir Winston Churchill (3a. vez) |
26 de outubro de 1951 7 de abril de 1955 |
Conservador | Primeiro Lord do Tesouro Ministro da Defensa (1951–52) |
[34] |
Imaxe | Nome | Período de goberno | Partido político | Foi tamén | Referencias | |
---|---|---|---|---|---|---|
Sir Anthony Eden | 7 de abril de 1955 10 de xaneiro de 1957 |
Conservador | Primeiro Lord do Tesouro | [35] | ||
Harold Macmillan | 10 de xaneiro de 1957 19 de outubro de 1963 |
Conservador | Primeiro Lord do Tesouro | [36] | ||
Sir Alec Douglas-Home | 19 de outubro de 1963 16 de outubro de 1964 |
Conservador | Primeiro Lord do Tesouro | [37] | ||
Harold Wilson (1a. vez) |
16 de outubro de 1964 19 de xuño de 1970 |
Laborista | Primeiro Lord do Tesouro Minister for the Civil Service (1968-70) |
[38] | ||
Edward Heath | 19 de xuño de 1970 4 de marzo de 1974 |
Conservador | Primeiro Lord do Tesouro Minister for the Civil Service |
[39] | ||
Harold Wilson (2a. vez) |
4 de marzo de 1974 5 de abril de 1976 |
Laborista | Primeiro Lord do Tesouro Minister for the Civil Service |
[40] | ||
James Callaghan | 5 de abril de 1976 4 de maio de 1979 |
Laborista | Primeiro Lord do Tesouro Minister for the Civil Service |
[41][42] | ||
Margaret Thatcher | 4 de maio de 1979 28 de novembro de 1990 |
Conservador | Primeiro Lord do Tesouro Minister for the Civil Service |
[43][44] | ||
John Major | 28 de novembro de 1990 2 de maio de 1997 |
Conservador | Primeiro Lord do Tesouro Minister for the Civil Service |
[45][46] | ||
Tony Blair | 2 de maio de 1997 27 de xuño de 2007 |
Laborista | Primeiro Lord do Tesouro Minister for the Civil Service |
[47][48] | ||
Gordon Brown | 27 de xuño de 2007 11 de maio de 2010 |
Laborista | Primeiro Lord do Tesouro Minister for the Civil Service |
[49] | ||
David Cameron | 11 de maio de 2010 13 de xullo de 2016 |
Conservador | Primeiro Lord do Tesouro & Minister for the Civil Service |
[50] | ||
Theresa May | 13 de xullo de 2016 24 de xullo de 2019 |
Conservador | Primeiro Lord do Tesouro & Minister for the Civil Service |
[51] | ||
Boris Johnson | 24 de xullo de 2019 5 de setembro de 2022 |
Conservador | Primeiro Lord do Tesouro & Minister for the Civil Service |
[52] | ||
Liz Truss | 5 de setembro de 2022 25 de outubro de 2022 |
Conservador | Primeiro Lord do Tesouro & Minister for the Civil Service |
[53] | ||
Rishi Sunak | 25 de outubro de 2022 presente |
Conservador | Primeiro Lord do Tesouro & Minister for the Civil Service |
[54] |
Notas
editar- ↑ http://www.number-10.gov.uk/output/Page174.asp Arquivado 03 de abril de 2007 en Wayback Machine. Biografía de Sir Robert Walpole Web oficial de 10 Downing Street (en inglés)
- ↑ .Salarios parlamentarios Web oficial do Parlamento Británico (en inglés) Arquivado 20 de novembro de 2006 en Wayback Machine.
- ↑ Longford (1998), pp. 156–157
- ↑ Longford (1998), p. 187
- ↑ Longford (1998), pp. 228–231
- ↑ Longford (1998), p. 232
- ↑ Longford (1998), p. 246
- ↑ Longford (1998), p. 281
- ↑ Longford (1998), p. 282
- ↑ Longford (1998), p. 346
- ↑ Longford (1998), p. 351
- ↑ Longford (1998), p. 353
- ↑ Longford (1998), p. 357
- ↑ Longford (1998), p. 396
- ↑ Longford (1998), p. 433
- ↑ The Political History of England William Hunt, Reginald Lane Poole Ed. Longmans, Green and co. 1907 pag. 505
- ↑ Longford (1998), p. 484
- ↑ Longford (1998), pp. 492–493
- ↑ Longford (1998), pp. 518–519
- ↑ Longford (1998), pp. 527–528
- ↑ Longford (1998), pp. 533–534
- ↑ 22,0 22,1 22,2 22,3 Prime Ministers through History - Daily Telegraph
- ↑ Rose (1983), pp. 196–198
- ↑ Rose (1983), p. 265]]
- ↑ Rose (1983), p. 272
- ↑ Rose (1983), p. 326
- ↑ Rose (1983), p. 337
- ↑ Rose (1983), p. 361]]
- ↑ Rose (1983), pp. 373–374
- ↑ Rose (1983), p. 398
- ↑ Hennessy (2001), p. 179
- ↑ Hennessy (2001), p. 158
- ↑ Hennessy (2001), p. 147
- ↑ Hennessy (2001), p. 178
- ↑ Hennessy (2001), p. 207
- ↑ Hennessy (2001), p. 248
- ↑ Hennessy (2001), p. 272
- ↑ Hennessy (2001), p. 286
- ↑ Hennessy (2001), p. 331
- ↑ Hennessy (2001), p. 357
- ↑ Hennessy (2001), p. 376
- ↑ "Lord Callaghan of Cardiff 28 de marzo de 2005, The Times". Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2010. Consultado o 02 de agosto de 2009.
- ↑ Hennessy (2001), p. 397
- ↑ Crowd's long cold wait for lady of the hour Aileen Ballantyne, 5 de maio de 1979, The Guardian
- ↑ Hennessy (2001), p. 437
- ↑ "John Major? Who's he? asks Thatcher, 6 de agosto de 1995, The Independent". Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2009. Consultado o 02 de agosto de 2009.
- ↑ Hennessy (2001), p. 476
- ↑ The Blair Years: 1997-2007, 28 de xuño de 2007 Telegraph Media Group
- ↑ Brown declared prime minister Deborah Summers & Hélène Mulholland, 27 de xuño de 2007, Guardian News & Media
- ↑ http://www.number10.gov.uk/meet-the-pm/biography
- ↑ "Theresa May vows to be 'one nation' prime minister". British Broadcasting Corporation (BBC News). 13 de xullo de 2016. Consultado o 11 de xullo de 2016.
- ↑ "Boris Johnson, nombrado Primer Ministro británico" (en castelán). 24 de xullo de 2019. Consultado o 24 de xullo de 2019.
- ↑ "Liz Truss, nueva primera ministra de Reino Unido en sustitución de Boris Johnson". elDiario.es. 5 de setembro de 2022.
- ↑ "Rishi Sunak será el nuevo primer ministro del Reino Unido tras ganar las primarias del Partido Conservador". El País. 24 de outubro de 2022.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Anderson, John (1856). A History of Edinburgh from the Earliest Period to the Completion of the Half Century 1850: With Brief Notices of Eminent Or Remarkable Individuals. A. Fullarton & co. ISBN 978-1-85285-581-9. Consultado o 21 October 2008.
- Black, Jeremy (2006). The Hanoverians: The History of a Dynasty. Continuum International Publishing Group. ISBN 1-85285-581-9. OCLC 70765876.
- Clarke, John (1993) [1975]. Fraser, Antonia, ed. The Lives Of The Kings And Queens Of England. London: Weidenfeld & Nicolson. ISBN 0-297-83238-7. OCLC 257417674.
- Hennessy, Peter (2001) [2000]. The Prime Minister; The Office And Its Holders Since 1945. Penguin Group. ISBN 0-14-028393-5. OCLC 47063414.
- Longford, Elizabeth (1998) [1964]. Victoria R.I. London: Weidenfeld & Nicolson. ISBN 0-297-84142-4. OCLC 41510024.
- Marriott, J. A. R. (1925). English Political Institutions. Oxford University Press, Oxford.
- Priestley, J. B. (2002) [1969]. The Prince of Pleasure and his Regency 1811–20. Penguin Group. ISBN 0-14-139106-5. OCLC 59475591.
- Rose, Kenneth (1983). King George V. London: Weidenfeld & Nicolson. ISBN 0-297-78245-2. OCLC 9909629.
- Thomas, Peter David Garner (2002). George III: King and Politicians, 1760–1770. Manchester University Press. ISBN 978-0-7190-6429-6. OCLC 50191954.