Andrew Bonar Law
Andrew Bonar Law, nado en Rexton (Novo Brunswick, Canadá) o 16 de setembro de 1858 e finado en Londres o 30 de outubro de 1923, foi un político e home de estado británico que militou no Partido Conservador e foi Primeiro Ministro do Reino Unido entre 1922 e 1923.
Accedeu ao poder en 1922 trala vitoria dos conservadores nas eleccións de novembro dese ano, aproveitando a deblacle liberal trala dimisión de Lloyd George. O seu breve goberno apenas tivo indidencias aínda que realizou algunhas medidas como baixar os impostos directos sobre as rendas. Tivo que deixar o goberno por un cancro en maio de 1923, morrendo no mes de outubro dese mesmo ano.[1]
Notas
editar- ↑ Frías Núñez, Marcelo. Las democracias parlamentarias en el periodo de entreguerras, pág. 13, ISBN 84-7600-590-3.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Adams, R. J. Q. Bonar Law, Londres: John Murray, 1999. ISBN 0-7195-5422-5
- Blake, Robert The Unknown Prime Minister: The Life and Times of Andrew Bonar Law, 1858-1923, Londres: 1955.
- Smith, Jeremy "Bluff, Bluster and Brinkmanship: Andrew Bonar Law and the Third Home Rule Bill" pages 161-178 from Historical Journal, Volume 36, Issue #1, 1993.
- Deane, Ciarán The Guinness Book of Irish Facts & Feats. Guinness Publishing 1994 ISBN 0-85112-793-2
Ligazóns externas
editar- Máis información de Andrew Bonar Law no sitio web de Downing Street.
Predecesor: David Lloyd George |
Primeiro Ministro do Reino Unido 1922 - 1923 |
Sucesor: Stanley Baldwin |