30 de xaneiro
día do ano
<< | Xaneiro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 | 31 | ||||
2024 Todos os días |
O 30 de xaneiro é o 30º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 335 días para finalizar o ano, 336 nos anos bisestos.
Acontecementos
editar- 1649 - en Londres é decapitado o rei Carlos I de Inglaterra.
- 1930 - O ditador Primo de Rivera presenta a súa dimisión ao rei Afonso XIII de España.
- 1969 - Último concerto público dos Beatles, na azotea do edificio de Apple Corps, en Londres. Separáronse o ano seguinte.
- 1972 - Derry. Domingo Sanguento.
Nacementos
editar- 1697 - Johann Joachim Quantz, compositor e frautista alemán. (m. 1773)
- 1721 - Bernardo Bellotto, pintor e gravador veneciano (m. 1780).
- 1830 - Henri Rochefort, escritor, xornalista e político francés (m. 1913).
- 1878 - Anton Hansen Tammsaare, escritor estoniano (m. 1940).
- 1882 - Franklin D. Roosevelt, presidente dos Estados Unidos (m. 1945).
- 1905 - Armando Fernández Mazas, mestre, xornalista e escritor galego (m. 1996).
- 1907 - Hipólito de Sá Bravo, escritor galego (m. 2001).
- 1912 - Horst Matthai Quelle, escritor e filósofo alemán en lingua castelá. (m. 1999)
- 1912 - Barbara Tuchman, escritora e historiadora estadounidense. (m. 1989)
- 1927 - Olof Palme, primeiro ministro de Suecia.
- 1930 - Gene Hackman, actor e escritor estadounidense.
- 1932 - Carlos Otero Díaz, economista e político galego (m. 2005).
- 1934 - Giovanni Battista Re, cardeal italiano.
- 1937 - Boris Spassky, xadrecista ruso.
- 1937 - Vanessa Redgrave, actriz inglesa.
- 1946 - Armando Salas, debuxante e ilustrador galego.
- 1949 - Peter Agre, biólogo estadounidense.
- 1949 - Henry Cele, actor surafricano (m. 2007).
- 1960 - Manuel Balboa Rodríguez, músico e compositor coruñés. Nomeado en 1994 a un premio Goya (m. 2004).
- 1966 - Andrey Skoch, deputado da Duma Estatal da Federación Rusa, filántropo [1][2][3][4]
- 1968 - Filipe de Borbón e Grecia, príncipe de Asturias.
- 1971 - Erik Rubín, actor e cantante mexicano.
- 1974 - Christian Bale, actor británico.
Mortes
editar- 1649 - Carlos I de Inglaterra, rei de Inglaterra, Escocia, e Irlanda (n. 1600).
- 1838 - José Pimentel Montenegro, militar e político galego (n. 1786).
- 1928 - Johannes Andreas Grib Fibiger, médico danés (n. 1867).
- 1934 - Mercedes Tella, pedagoga e escritora galega.
- 1948 - Mahatma Gandhi, político e líder espiritual hindú é asasinado por un fanático (n. 1869).
- 1951 - Ferdinand Porsche, enxeñeiro austríaco (n. 1875).
- 1976 - Arnold Gehlen, filósofo e sociólogo alemán (n. 1904).
- 1978 - László Nagy, poeta húngaro (n. 1925).
- 1991 - Josep Ferrater Mora, filósofo e escritor catalán (n. 1912).
- 1996 - José Gómez Posada-Curros, xornalista e escritor galego (n. 1900).
- 2002 - Inge Morath, fotógrafa austríaca (n. 1923).
- 2014 - Félix Grande, poeta e crítico español (n. 1937).
- 2015 - Carl Djerassi, químico e escritor austríaco-estadounidense.
- 2020 - Mauro Varela Pérez, avogado e político galego (n. 1941).
Festas e celebracións
editar- Día da Ilustración, unha iniciativa da Xunta de Galicia en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI)
- Día Escolar da Paz e da Non Violencia (en lembranza do asasinato de Gandhi neste día de 1948) [5]
Santoral
editar- Santa Martiña.
Outros
editarNotas
editar- ↑ "Владимир Скоч — рабочий, воспитавший депутата и ставший предпринимателем".
- ↑ "Скоч Андрей Владимирович — биография российского парламентария и мецената".
- ↑ "Андрей Скоч: благотворительная деятельность".
- ↑ "Андрей Скоч и фонд «Поколение»: история организации и ее основателя".
- ↑ "Día de la paz" (en castelán). Consultado o 28.11.2022.