Infraestrutura
Denomínase infraestrutura a aquela realización humana deseñada e dirixida por profesionais da arquitectura, enxeñaría civil, urbanismo etc., que serven de soporte para o desenvolvemento doutras actividades e o seu funcionamento, necesario para a organización estrutural das cidades, territorios e empresas.[1]
Este termo é utilizado habitualmente como sinónimo de obra pública por ser case sempre o Estado o encargado da súa construción e mantemento en razón da súa utilidade pública e dos custos de execución, xeralmente elevados.
Etimoloxía
editarO termo orixinouse a principios do século XX, e deriva do francés infrastructure, ue o formou coa forma latina infra-, "debaixo" e structure "estrutura".[1]
Tipos de infraestruturas
editar- Infraestruturas de transporte.
- Infraestruturas enerxéticas.
- Redes de electricidade: alta tensión, media tensión, baixa tensión, transformación (subestacións), distribución e iluminación pública.
- Redes de distribución de calor: calefacción urbana.
- Redes de combustíbeis: oleodutos, gasodutos etc.
- Outras fontes de enerxía: encoros para enerxía hidráulica, parques eólicos, centrais térmicas, centrais nucleares, enerxía mareomotriz etc.
- Infraestruturas hidráulicas.
- Redes de auga potábel: encoros, depósitos, tratamento e distribución.
- Redes de desaugadoiro: cloacas, estacións depuradoras.
- Redes de reciclaxe: recollida de residuos, vertedoiros de lixo, incineradoras etc.
- Infraestruturas de telecomunicacións.
- Redes de telefonía fixa.
- Redes de televisión de sinal pechado.
- Redes de repetidores.
- Redes de fibra óptica.
- Celas de telefonía celular.
- Infraestruturas de edificación.
- Vivenda.
- Comercio.
- Industria.
- Saúde: hospitais, centros de saúde (ambulatorios) etc.
- Educación: centros de educación preescolar, educación infantil, educación primaria, educación secundaria, formación profesional, ecuación especial, universidades.
- Lecer: parques e xardíns.
- etc.
Impacto ambiental
editarAs grandes obras de infraestrutura moitas veces xeran impactos sociais e ambientais, poñendo en risco a saúde e benestar das comunidades afectadas, polo que precisan de exhaustivos estudos de impacto ambiental previos á súa realización.
Infraestruturas verdes
editarAsí mesmo, tamén se denominan infraestruturas ás chamadas "infraestruturas verdes", que se compoñen principalmente de vexetación e solos, e que teñen o obxectivo de mellorar a xestión da auga da chuvia dos ambientes construídos, con beneficios laterais tales como mellora na calidade do aire, redución do efecto "illa de calor" etc.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 infrastructure Arquivado 05 de xuño de 2012 en Wayback Machine., Dicionario on line Oxford English.
- ↑ vía no dicionario da RAG.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Infraestrutura |
Bibliografía
editar- Ascher, Kate (2007): The works: anatomy of a city. Nova York: Penguin Press. ISBN 978-0143112709.
- Hayes, Brian (2005): Infrastructure: the book of everything for the industrial landscape. Nova York: Norton. ISBN 978-0393329599.
- Huler, Scott (2010): On the grid: a plot of land, an average neighborhood, and the systems that make our world work. Emmaus, Penn.: Rodale. ISBN 978-1-60529-647-0.