Frutosa
A frutosa, tamén chamada comercialmente levulosa, debido ao sentido de rotación da luz polarizada, é unha forma de azucre encontrada nas froitas e no mel. É un monosacárido coa mesma fórmula empírica que a glicosa pero con diferente estrutura. É unha hexosa (6 átomos de carbono). O seu poder enerxético é de 4 quilocalorías por cada gramo.
D-Frutosa | |
---|---|
Frutosa | |
1,3,4,5,6-Pentahidroxihex-2-ona | |
Identificadores | |
Número CAS | 57-48-7 |
PubChem | 11769129 |
ChemSpider | 388775 |
UNII | 6YSS42VSEV |
Número CE | 200-333-3 |
KEGG | C02336 |
ChEBI | CHEBI:28645 |
ChEMBL | CHEMBL604608 |
Código ATC | V06 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C6H12O6 |
Masa molar | 180,16 g mol−1 |
Densidade | 1,694 g/cm3 |
Punto de fusión | 103 °C |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
Todas as froitas naturais teñen certa cantidade de frutosa (a miúdo xunto con glicosa), que poden ser extraídas e concentradas para facer un azucre alternativo.
Efectos sobre a saúde
editarValor nutricional por 100 g | |
---|---|
Enerxía | 368 kcal (1 540 kJ) |
100 g | |
0 g | |
0 g | |
Minerais | Cantidade %DV† |
Calcio | 0% 0 mg |
Ferro | 1% 0.1 mg |
Fósforo | 0% 0 mg |
Potasio | 0% 0 mg |
Sodio | 1% 12 mg |
| |
†As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos. Fonte: Base de datos USDA Nutrient |
Utilizase como edulcorante para os diabéticos xa que tomado en doses moderadas non precisa insulina para ser metabolizado. A diferenza do azucre refinado que se absorbe instantaneamente producindo unha subida e unha baixada rápida de enerxía, a frutosa, é metabolizada e gardada, en parte, polo fígado en forma de glicóxeno como reserva para cando necesitemos facer un esforzo.
A frutosa produce escasos efectos no nivel de glicosa no sangue e non estimula a secreción de insulina.
A frutosa ten o mesmo valor calórico que a glicosa, 400 Kcal por 100 g, pero como adoza máis que a glicosa, precísase en menor cantidade e, consecuentemente, consómense menos calorías.
Moitas persoas, sen sabelo, son máis ou menos intolerantes á frutosa e non poden asimilar ben alimentos cun alto contido deste azucre. Díse que sofren intolerancia á frutosa. Neste caso a frutosa depende da glicosa para que sexa absorbida nos intestinos e finalmente pase ao torrente sanguíneo. Os transportadores de membrana GLUT-5 e GLUT-2 son os encargados destes fenómenos de transporte. A absorción de frutosa en ausencia de glicosa é moi baixa, acumulándose no intestino groso onde serve de alimento á flora que nel reside producindo gases. A inxesta dun exceso de frutosa tamén favorece a retención de auga. Estes efectos dan lugar á expansión do abdome, flatulencia, excrementos non compactos e mesmo diarrea, dependendo das cantidades inxeridas doutros factores.
Galería
editar-
D-frutosa, reprentación de Fischer
-
fórmula de Haworth da α-D-frutofuranosa
-
fórmula de Haworth da β-D-frutofuranosa
-
fórmula de Haworth da α-D-frutopiranosa
Notas
editarVéxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Frutosa |