[go: up one dir, main page]

Número da Comunidade Europea

O Número da Comunidade Europea ou número CE (European Community number, EC Number) é un identificador único de sete díxitos que se asigna a cada substancia química na Unión Europea pola Comisión Europea con finalidade regulatoria para o seu uso nas normativas. O denominado Inventario CE comprende tres inventarios: EINECS, ELINCS e a lista NLP.[1]

Non se debe confundir co número co que se designan os enzimas asignado pola Comisión de Encimas, que tamén se chama número EC.

Estrutura

editar

O número CE pode escribirse en forma xeral como: NNN-NNN-R,[2] onde R é un díxito de comprobación e N representa números enteiros. O díxito de comprobación calcúlase usando o método do ISBN. De acordo con este método, o díxito de comprobación R é o seguinte módulo suma 11:

 

Se R é igual a 10, esa combinación de díxitos non se usa para un número CE. Como exemplo, o número CE da dexametasona é 200-003-9. N1 é 2, desde N2 a N5 é 0, e N6 é 3.

 

O resto é 9, que é o díxito.

Inventario CE

editar

O inventario CE inclúe as substancias contidas nos seguintes inventarios. O contido destes inventarios está fixado e é oficial.

Inventario Alcance Formato Nº de entradas (se está fixado)
Inventario Europeo de Substancias Químicas Comerciais Existentes (European Inventory of Existing Commercial Chemical Substances, EINECS) Substancias, excluíndo os polímeros, que estaban rexistradas como dispoñibles comercialmente na Unión Europea desde o 1 de xaneiro de 1971 ao 18 de setembro de 1981.[3] Estas substancias foron consideradas rexistradas baixo o artigo 8(1) da Directiva de Substancias Perigosas (67/548/EEC). Considéranse substancias de introdución gradual (phase-in) baixo a Regulación REACH. 2xx-xxx-x
3xx-xxx-x
100.204[3]
Lista Europea de Substancias Químicas Notificadas (European List of Notified Chemical Substances, ELINCS) Substancias notificadas baixo a Notificación de Novas Substancias da Directiva de Substancias Perigosas (Dangerous Substances Directive Notification of New Substances, NONS) que estiveron dispoñibles comercialmente despois de setembro de 1981. 4xx-xxx-x 4.381
Xa non considerados polímeros (NLP, no longer polymers) A definición de polímeros cambiou en abril de 1992[4] co resultado de que substancias que antes eran consideradas polímeros xa non se consideran como tales. En consecuencia, elaborouse unha lista, chamada lista NLP (No Longer Polymer, de xa non polímeros), con esas substancias, que xa non estaban dentro da definición de polímeros pero que foran comercializadas entre o 18 de setembro e o 31 de outubro de 1993.[5] 5xx-xxx-x 703

Lista de números

editar

A Axencia de Produtos Químicos Europea (European Chemicals Agency, ECHA) tamén aplica o formato de números CE ao que se denomina "Número de lista".[6] Os números asígnanse baixo a Regulación REACH sen que neste caso estean legalmente recoñecidos. Por tanto, non son oficiais porque non foron publicados no Diario Oficial da Unión Europea. Os números de lista son soamente ferramentas administrativas e non deberían utilizarse con fins oficiais.

Alcance Formato
Asignado automaticamente, por exemplo para pre-rexistros de substancias con número CAS. 6xx-xxx-x
Asignados a substancias despois de investigacións feitas polo ECHA Substance ID Team 7xx-xxx-x
Asignados automaticamente a substancias identificadas só polo seu número CAS. (continuación da serie 6xx-xxx-x) 8xx-xxx-x
Asignadas automaticamente, por exemplo para pre-rexistros sen número CAS ou outros identificadores numéricos (incluíndo masas de reacción de máis dunha substancia) 9xx-xxx-x
  1. "Guidance for identification and naming of substances under REACH and CLP" (PDF). European Chemicals Agency. November 2011. p. 118. Arquivado dende o orixinal (pdf) o 28 de marzo de 2020. Consultado o 2011-12-18. 
  2. "Commission Directive 2001/59/EC of 6 August 2001 adapting to technical progress for the 28th time Council Directive 67/548/EEC on the approximation of the laws, regulations and administrative provisions relating to the classification, packaging and labelling of dangerous substances" (pdf). Official Journal of the European Communities (European Commission) (L 225): 4. 21 August 2001. Consultado o 2011-12-18. 
  3. 3,0 3,1 Geiss, F.; Del Bino, G.; Blech, G.; n⊘Rager, O.; Orthmann, E.; Mosselmans, G.; Powell, J.; Roy, R.; Smyrniotis, T.; Town, W. G. (1992). "The EINECS inventory of existing chemical substances on the EC market". Toxicological 37 (1–2): 21–33. doi:10.1080/02772249209357850. 
  4. "Council Directive 92/32/EEC of 30 April 1992 amending for the seventh time Directive 67/548/EEC on the approximation of the laws, regulations and administrative provisions relating to the classification, packaging and labelling of dangerous substances" (pdf). Official Journal of the European Communities (European Commission) (L 154): 1–29. 30 April 1992. Consultado o 2009-01-25. 
  5. "Regulation (EC) No 1272/2008 of the European Parliament and of the Council of 16 December 2008 on classification, labeling and packaging of substances and mixtures, amending and repealing Directives 67/548/EEC and 1999/45/EC, and amending Regulation (EC) No 1907/2006" (pdf). Official Journal of the European Communities (European Commission) (L 353): 329. December 31, 2008. Consultado o 2009-01-24. 
  6. Registered substances Arquivado 05 de decembro de 2011 en Wayback Machine. at European Chemicals Agency (ECHA)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar