[go: up one dir, main page]

Francisco Xosé I de Austria

Francisco Xosé I de Habsburgo-Lorena (en alemán: Franz Josef Karl von Habsburg), nado no Palacio de Schönbrunn (Viena) o 18 de agosto de 1830 e finado na mesma cidade o 21 de novembro de 1916, foi un emperador austríaco, rei apostólico de Hungría e rei de Bohemia, entre outros títulos [1] (2 de decembro de 1848- 21 de novembro de 1916). O seu reinado de 68 anos foi o terceiro máis prolongado da historia europea, despois de Lois XIV de Francia e Xoán II de Liechtenstein. O seu lema persoal era Viribus Unitis (Coa unión de forzas).

Modelo:BiografíaFrancisco Xosé I de Austria

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(de) Franz Joseph I.
(hu) I. Ferenc József
(cs) František Josef I. Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de agosto de 1830 Editar o valor en Wikidata
Palácio de Schönbrunn, Austria (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte21 de novembro de 1916 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Palácio de Schönbrunn, Austria (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCripta Imperial de Viena (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Imperador da Áustria (pt) Traducir
2 de decembro de 1848 – 21 de novembro de 1916
← Fernando I de AustriaCarlos I de Austria →
Rei Apostólico de Hungría
2 de decembro de 1848 – 21 de novembro de 1916
← Fernando I de AustriaCarlos I de Austria →
Rei de Bohemia
1848 – 1916
← Fernando I de AustriaCarlos I de Austria →
Head of the House of Habsburg (en) Traducir
Member of the Sejm of the Polish People's Republic (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaPalácio Imperial de Hofburg, (pt) Traducir
Castelo de Buda (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Viena
Bad Ischl
Cementerio de Viena Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, monarca Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1848 Editar o valor en Wikidata - 1916 Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militarmarechal de campo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ConflitoPrimeira guerra mundial
Segunda Guerra de Independência Italiana (pt) Traducir
Guerra austro-prusiana
Primeira Guerra de Independência Italiana (pt) Traducir
Guerra dos Ducados Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloDuque
Emperador
Rei Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Habsburgo-Lorena (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeSabela de Wittelsbach (1854–1898), morte do cónxuxe Editar o valor en Wikidata
ParellaKatharina Schratt
Anna Nahowski Editar o valor en Wikidata
FillosSofia Frederica da Áustria
 () Sabela de Wittelsbach
Gisela da Áustria
 () Sabela de Wittelsbach
Rodolfo de Habsburgo
 () Sabela de Wittelsbach
Maria Valéria da Áustria
 () Sabela de Wittelsbach Editar o valor en Wikidata
PaisFrancisco Carlos da Áustria Editar o valor en Wikidata  e Sofia da Baviera Editar o valor en Wikidata
IrmánsMaria Ana da Áustria
Maximiliano I de México
Carlos Luís da Áustria
Luís Vítor da Áustria Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
18 de febreiro de 1853Q757962 Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0256636 BNE: XX1196975 Musicbrainz: 2ee11976-d393-4558-9cbf-9cab79b6cc65 Discogs: 1195431 WikiTree: Habsburg-Lothringen-12 Find a Grave: 3545 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Xuventude

editar

Francisco Xosé I naceu ás 9:45 do 18 de agosto de 1830 en Schönbrunn, Viena, como fillo primoxénito do arquiduque Francisco Carlos -o cal á súa vez era o segundo fillo do derradeiro Sacro Emperador Romano e primeiro Emperador de Austria, Francisco I- e Sofía de Baviera.

Dado que trala morte de Francisco, este foi sucedido polo seu fillo Fernando, Francisco Xosé non estaba na liña directa da sucesión ao trono. Porén, xa que o seu tío demostraba sufrir problemas mentais e non tiña fillos, a rexencia secreta dirixida por Metternich ordenou de xeito inmediato comezar a educar o rapaz como posible sucesor á Coroa.

Durante as Revolucións de 1848, Metternich fuxiu do país, e tralo Terceiro Levantamento de Viena, o Príncipe Schwarzenberg clausurou a Dieta Constituínte, instaurou a ditadura e convenceu a Fernando para que abdicase (2 de decembro de 1848) en favor de Francisco Xosé, que deste xeito foi proclamado Emperador aos 18 anos de idade.

Primeiros anos de reinado

editar

O reinado de Francisco Xosé desenvolveuse en medio de violentas conmocións internacionais que o perseguiron durante toda a súa vida: comezaron coa revolución austríaca de 1848 e remataron coa primeira guerra mundial (1914-1918). As ideas liberais e o pensamento demócrata gañaban terreo. Nada máis chegado ao trono, Francisco Xosé tivo que loitar con estas dúas forzas disociadoras da súa monarquía centralizada, polo que os primeiros 18 anos do seu goberno estiveron caracterizados por un forte absolutismo, tinguido de violencia pola represión dos opositores.

En 1848, a situación política das monarquías europeas era desesperada. Como outros reis, tivo que facer fronte a tempos de nacionalismo crecente, tendo éxito no seu empeño de manter unido o Imperio Austrohúngaro. Os avances dos demócratas e capitalistas por unha parte, e dos nacionalistas xermanochecos que loitaban pola independencia de Bohemia polo outro, acurralaron a xestión do monarca, que ademais debía conter os belicosos serbios que tamén ansiaban independizarse e abandonar o imperio.

Todos intentaban que o soberano se envorcase no seu favor, pero o Emperador sempre intentou manter unha posición equidistante sen ceder con ningún, coidando con particular interese o mantemento da integridade do imperio. Non alcanzou a ver, empero, a situación de debilidade en que deixaba ao poder central a súa pretendida prescindibilidad nestes graves asuntos.

Para poñer fin á revolución húngara, Francisco Xosé estivo obrigado a aliarse con Rusia. En setembro de 1848 a Dieta húngara non recoñecera a Francisco Xosé como o seu soberano. En marzo de 1849 Francisco Xosé impuxo unha nova constitución centralista e restaurou o absolutismo. Esta constitución, chamada de Olmütz, afirmaba que Hungría é parte do Imperio Austríaco, sen ningún dereito especial. En resposta, ao mes seguinte Luis Kossuth proclamou a república. En maio o tsar Nicolao I e Francisco Xosé reuníronse en Varsovia para concertar a acción militar común antihúngara. Tras a batalla de Temesvar, os húngaros capitulan en Vilagos e Kossuth foxe a Turquía. Instauráronse tribunais especiais para xulgar os rebeldes, impúxose a lingua alemá, e Hungría quedou dividida en 5 provincias baixo administración directa de Austria.

Tras un período de reacción contrarrevolucionaria a constitución absolutista foi abolida en 1851. Impúxose unha burocracia centralista e cedeuse ante o Vaticano a xurisdición sobre as leis civís (especialmente as matrimoniais) e educativas, que a partir de entón pasaron a estar controlada pola Igrexa católica. A insuficiencia dos ingresos botou a perder coa política arancelaria, obrigando o goberno a subilos para poder manter o equilibrio orzamentario, o cal implicou a oposición dos liberais.

A "traizón" a Rusia, ao negarlle Austria o seu apoio durante a guerra de Crimea (1853-56), conduciu ao illamento político do Imperio, que sería incapaz de enfrontarse por si só á sucesión de desastres, que lle sobrevirían.

Guerras constantes e perdas territoriais

editar
 
O Emperador en 1853, en uniforme de húsar.

Aínda que Francisco Xosé logrou dar fin á revolución húngara en 1849 e derrotar o rei Vítor Manuel II de Piamonte-Sardeña, ao cabo de dez anos a alianza de Napoleón III con Savoia suporía o fin da hexemonía austríaca en Italia. Derrotado en Solferino, Francisco Xosé tivo que se avir ao Armisticio de Villafranca (ratificado no Tratado de Zúric o 10 de novembro de 1859) e permitir a unificación italiana. Austria perdeu todas as súas posesións agás o Véneto, deixando Lombardía nas mans de Vítor Manuel e permitindo a anexión dos ducados de Parma, Módena e Toscana. Intentouse entón unha solución federalista para os problemas xerados polas minorías nacionais, o Diploma de Outubro de 1860, que confería o poder lexislativo a un Reichsrat e a unha serie de Dietas rexionais. Non obstante, húngaros e austríacos rexeitaron a proposta, así como a Patente de Febreiro de 1862, que dividía o Reichsrat nunha Cámara de Señores e outra de Deputados, en detrimento das Dietas.

Por outro lado, a preponderancia de Austria dentro da Confederación Xermánica conduciu a tensións entre austríacos e prusianos en torno a unha reforma do Bund que proporcionara maior peso a Prusia. Tras sobrevivir ás Revolucións de 1848, a política de Austria centrábase en preservar a súa hexemonía en Europa Central. A finais da década dos 50 Prusia publicou un plan, o de Olmutz, que avogaba pola integración dos estados alemáns do Norte. Austria considerouno unha humillación e obrigou a Prusia a retirado.

En 1864, Austria e Prusia estiveron aliadas na guerra dos Ducados. De acordo co establecido na Convención de Gastein que puxo fin a esta, o ducado de Holstein quedou baixo dominio de Austria, e os de Schleswig e Lauenburgo baixo o de Prusia, pero ningún dos dous países quedou satisfeito co acordo. Finalmente, Prusia separouse do Bund e invadiu o ducado de Holstein, dando así comezo a guerra austro-prusiana (xuño-agosto de 1866), na que Austria foi derrotada en tan só 7 semanas. A estrepitosa derrota de Königgrätz obrigou a Francisco Xosé a retirarse da Confederación, cedendo a súa hexemonía a Prusia e aceptando a anexión de Hanóver, Hesse-Kassel, Nassau, Fráncfort do Meno e os ducados de Schleswig, Holstein e Lauenburgo (Paz de Praga do 23 de agosto de 1866). O Bund disolveuse, e os prusianos conseguiron deste modo, institucionalizar a Federación Alemá do Norte que tras a súa vitoria na guerra franco-prusiana de 1870-71 permitiu a unificación alemá (a Pequena Alemaña ou Kleindeutschland, coa exclusión de Austria) baixo control de Prusia (liderada por Otto von Bismarck), o que levou ao establecemento do Imperio Alemán en 1871.

Simultaneamente atacado por Italia, o imperio víase obrigado a ceder Venecia a Francia quen, á súa vez, a cedeu a Italia polo Tratado de Viena do 12 de outubro de 1866.

Desgrazas familiares

editar

A súa vida familiar foi amarga, principalmente polo choque entre a súa mentalidade retrógrada e reaccionaria e o carácter e as ideas liberais dos seus familiares. Francisco Xosé perdeu violentamente o seu fillo, o arquiduque Rodolfo, que aparentemente se suicidou por un desengano pasional no medio dunha crise depresiva (30 de xaneiro de 1889), e á súa esposa, a emperatriz Isabel, asasinada en Suíza o (10 de setembro de 1898). Ao coñecer a noticia, o Emperador musitou: no meu imperio a desgraza non coñece o ocaso.

Francisco Xosé tivo tres irmáns, o primeiro deles foi Maximiliano (1832-1867), co cal tiña escasa diferenza de idade. En 1863, unha xunta de notables ofreceulle o trono do Imperio Mexicano, e co apoio de Napoleón III, instaurouse como cabeza do segundo proxecto monárquico do México independente. O curto reinado de Maximiliano estivo constantemente ameazado polas tropas do despois presidente Benito Juárez. Tras a crise militar francesa (que ocasionou o retiro das tropas de Napoleón III do territorio mexicano), Benito Juárez apresou e fusilou a Maximiliano, xunto cos seus dous xenerais máis próximos, o 19 de xuño de 1867. A traxedia do rexicidio conmoveu Europa, culpándose a Napoleón III do abandono do seu aliado ás mans dos guerrilleiros (como se evidencia na obra O fusilamento de Maximiliano de Édouard Manet). Certamente, entre os que máis lamentaron a súa morte estivo Francisco Xosé, irmán e amigo de quen fora asasinado.

O segundo Carlos Lois morreu de tifo (19 de maio de 1896). Con respecto ao irmán máis novo Lois Vítor, foi condenado ao exilio en circunstancias pouco claras, presuntamente abuso sexual dun menor de idade nun baño público.

O Ausgleich

editar
 
Escudo do Imperio en 1867.

Con respecto ao Imperio, Francisco Xosé sufriu as permanentes demandas de Hungría para separarse legalmente de Austria baixo a forma dunha monarquía dual: Austrohungría. Polo Ausgleich ou compromiso de febreiro de 1867, Austria e Hungría convertíanse en dúas entidades con gobernos e axudas propios, unidas baixo unha mesma monarquía, cunha común política exterior, financeira (cubrindo Austria o 70% dos gastos) e militar. Creáronse dúas milicias territoriais, unha húngara (Honved) e outra austríaca (Landwehr). Francisco Xosé aceptou a nova ordenación constitucional e mantivo celosamente as súas prerrogativas militares (era comandante en xefe do exército e tiña potestade para declarar a guerra e asinar tratados de paz) e de política exterior.[2]

A propia Austria (a chamada Cisleitania) constaba de 8 nacións diferentes, con 15 Estados e 17 parlamentos. O sufraxio estamental en 4 curias (5 dende 1897) sería substituído en 1907 polo sufraxio universal directo. A Transleitania, Hungría, tiña unha Dieta propia elixida por sufraxio censitario.

Derrotado en Italia e Alemaña, o imperio de Francisco José decidiu comezar a intervir asiduamente nos Balcáns. Co estalido da guerra ruso-turca de 1877, Rusia (Príncipe Gorchakov) e Austrohungría (Conde Andrássy) asinaron o acordo secreto de Reichstadt o 8 de xullo, polo que se dividía a Península Balcánica dependendo do resultado da guerra. A oposición directa dos intereses rusos nos Balcáns levou a Francisco Xosé a aliarse con Alemaña para intentar lograr un equilibrio político e militar que era vital para os seus intereses.

A asociación entre a Alemaña de Bismarck e o Imperio Austrohúngaro foi o primeiro paso no proceso de alianzas europeas que, xunto coas loitas nacionalistas dos pobos do Danubio e os Balcáns, amorearía explosivos sobre a polvoreira étnica e política que incendiaría Europa na primeira guerra mundial. Efectivamente, o Congreso de Berlín outorgou a administración de Bosnia e Hercegovina a Austrohungría. A invasión (1878) e posterior ocupación (1879) do territorio colocou o imperio nunha difícil situación fronte ao ameazante paneslavismo de Serbia e Rusia, nacións que se sentiron enganadas e frustradas por este Congreso.

En 1879, Francisco Xosé uniuse a Alemaña nunha alianza que logo incluíu tamén Italia, chamada A Tripla Alianza. Entrementres, a Liga dos Tres Emperadores (Rusia-Alemaña-Austrohungría) foi revogada, o que conduciu ao acordo contra natura entre a autocrática e reaccionaria Rusia e a republicana Francia (Dobre Alianza do 17 de agosto de 1894).

O imperio de Francisco Xosé, que lograra alcanzar unha considerable prosperidade económica grazas á súa política económica liberal, viuse acosado polas esixencias das minorías nacionais descontentas, particularmente os eslavos.

O crecente paneslavismo do Imperio ruso levou a este país a proclamarse protector dos pobos eslavos. En ocasións financiados directamente dende Moscova, estes movementos nacionalistas encoraxáronse e actuaron con maior audacia e irresponsabilidade, enturbando o clima político coas periódicas crises balcánicas que se sucederon ata o estalido da primeira guerra mundial.

A anexión de Bosnia e Hercegovina e a Crise de 1908

editar

Unha das peores crises anteriores á gran guerra chegou cando Francisco Xosé tomou a determinación de anexionarse Bosnia e Hercegovina, o 6 de outubro de 1908, tal como o autorizaba o artigo 25 do Tratado de Berlín (13 de xullo de 1878). Aínda que se pretendía deter a cada vez maior violencia dos separatistas serbios, na realidade, a anexión non fixo máis que encirralos contra o imperio, e ben puido iniciarse a gran guerra entón.

Serbia, indignada ante esta actuación, que poñía fin ás súas aspiracións nacionalistas da Gran Serbia, mobilizou as súas tropas. Rusia, sentíndose enganada por Austria no referente ás súas aspiracións de dominar o Bósforo e os Dardanelos, apoiou a Serbia. Os ingleses convocaron unha conferencia internacional, que Austria rexeitou por temor a resultar vencida. Italia, pola súa banda, subscribiu un acordo secreto con Rusia (Tratado de Racconigi) para manter o status quo nos Balcáns. Alemaña mantén a súa "fidelidade nibelunga" (sic) cara a Austria, aínda que contén a Hötzendorf, nos seus intentos de declarar a guerra a Serbia, á vez que convence os rusos para que se boten atrás. Con iso triunfou a política alemá, que faría fronte común con Austria, o seu único aliado seguro.

A gran guerra e morte do Emperador

editar
 
A fronte austrohúngara en febreiro de 1915 (US Army).

A primeira guerra mundial xurdiu, entre outras causas, como consecuencia da inestabilidade interna do Imperio Austrohúngaro. A constante tensión entre o poder central e as minorías separatistas (checos, serbios, italianos e romaneses) levou a un conflito multinacional no seo do Imperio, que non podía menos que ser aproveitado polos seus inimigos exteriores. Ademais, Francisco Xosé permitiu que os militares acaudillados polo conde Conrad von Hötzendorf (partidario dunha guerra preventiva con Serbia) dirixisen a política imperial de xeito hostil e belicista cara á ameazante Serbia, apoiado pola Rusia paneslavista, que coas súas aspiracións nacionalistas poñía en perigo a estabilidade e a unidade do Imperio.

O odio dos separatistas serbios pola anexión de Bosnia e Hercegovina levou ao asasinato do arquiduque Francisco Fernando de Austria (sobriño de Francisco Xosé I e herdeiro imperial) e a súa esposa, Sofía von Chotek, en Saraxevo o 28 de xuño de 1914 ás mans do novo estudante nacionalista serbio Gavrilo Princip, membro dun grupo nacionalista coñecido como a Man Negra, que actuaba impunemente dende Serbia con financiamento ruso (véxase Atentado de Saraxevo').

Decidido a dar unha lección a Serbia, o goberno austríaco enviou un ultimato perentorio, que foi rexeitado. Austria declarou a guerra o 28 de xullo. Como Austria-Hungría se aliara con Alemaña e Italia na Tripla Alianza, Francisco Xosé debeu apoiarse no Káiser Guillerme, o cal era partidario de castigar a Serbia, pero non cría que Rusia se involucrase nunha guerra a favor duns rexicidas. Co conflito con Serbia xa planeado, o único que debían facer Austria-Hungría e a súa aliada era tranquilizar os rusos e impedir a escalada do conflito.

 
Tumba do emperador Francisco Xosé, a súa esposa Sissí e o seu primoxénito Rodolfo.

Porén, contra o esperado, Rusia decidiu inmediatamente enviar tropas para defender os serbios, e a pesar dos intentos de pacificación realizados tanto polo emperador Guillermo coma polo tsar Nicolao II, decretouse a mobilización xeral, sen que Francia, desexosa de resarcirse da humillación de 1871 fixese nada para calmar os ánimos. Alemaña, temerosa de perder a guerra, xa inevitable, se non tomaba a iniciativa, esixiu a cesación inmediata da mobilización e ao non recibir resposta declarou a guerra a Rusia (1 de agosto) e a súa aliada Francia (3 de agosto), invadindo a neutral Bélxica para caer por sorpresa na retagarda francesa (Plan Schlieffen). Gran Bretaña, decidida a impedir a hexemonía alemá en Europa e obrigada a defender a Bélxica, declarou a guerra a Alemaña (4 de agosto). A gran guerra europea estallara. Con respecto a Italia, en 1915 violou a súa alianza con Austria e Alemaña coa esperanza de que a súa vitoria lle proporcionase os territorios austríacos ambicionados polo nacionalismo italiano, a chamada Italia irredenta (Trento, Gorizia, Trieste, Istria, Fiume e Dalmacia).

Francisco Xosé finou en paz e serenidade a metade da guerra, o 21 de novembro de 1916, tras ir comungar, despachados os asuntos de Estado aquela mesma mañá. O 30 de novembro, Francisco Xosé, un humilde pecador que implora a misericordia de Deus, recibiu cristiá sepultura no convento dos capuchinos en Viena.

O problema sucesorio

editar

Como Rodolfo se suicidara e Sissi non quixera ter máis fillos, a coroa debía pasar necesariamente para os irmáns e sobriños de Francisco Xosé, porque as leis impedían que as súas fillas herdasen o imperio. Ao quedar sen herdeiros a liña principal, a sucesión recaeu nos fillos do arquiduque Carlos Lois, que morrera dez anos antes: Francisco Fernando, enfermizo e débil; Otto, libertino, indisciplinado e salvaxe; e Fernando Carlos, que estaba desexoso de abdicar os seus dereitos.

Francisco Fernando, carente tanto de encanto coma de elegancia, ofendera a Francisco Xosé ao casar cunha muller que, segundo o Emperador, se achaba por debaixo da súa clase: a condesa Sofía de Chotkowa e Wognin, que casaría con Francisco Fernando en 1900. A negativa do mozo a renunciar a ela custoulle que Francisco Xosé apartase os fillos da parella dos dereitos sucesorios. Cando o arquiduque foi asasinado, o Emperador nin sequera asistiu aos funerais.

Así pois, a sucesión recaeu no sobriño neto do emperador Francisco Xosé I, un neto do seu irmán o arquiduque Carlos Lois. En concreto o primoxénito de Otto, Carlos I de Austria-Hungría, coroado á morte de Francisco Xosé en 1916. Carlos foi o último monarca Habsburgo. Os seus intentos de lograr unha solución diplomática ao conflito chocaron de fronte coa intransixencia de Clemenceau e Wilson, que xa tiñan decidida a desaparición da Dobre Monarquía danubiana. Incapaces de seguir sostendo o esforzo militar, Austria e Alemaña pediron o armisticio o 1 de outubro de 1918. Apenas 20 días despois, Austria-Hungría disolveuse, en tanto que o Emperador, negándose a abdicar, houbo de fuxir ao estranxeiro (11 de novembro).

Carácter do Emperador

editar
 
Retrato de Francisco Xosé I (1910).

Considerado no seu tempo un perfecto cabaleiro, Francisco Xosé I foi un home de mentalidade conservadora, convencido do seu dereito divino a gobernar, intelixente, atractivo e encantador, pero incapaz de enfrontarse axeitadamente cos brutais cambios ideolóxicos e políticos que se aveciñaban. Afecto a considerar a súa dinastía como chamada polo destino a gobernar Europa, o seu benevolente despotismo paternalista era sinxelo como a súa vida privada. Francisco Xosé estivo dedicado por enteiro ao cumprimento dos seus deberes como gobernante e ao mantemento da honra e o benestar do seu pobo. Non obstante, a historia encargaríase de demostrar que isto non era suficiente para impedir a derruba do seu imperio e a ondada de loitas secesionistas, nacionalistas e doutras variadas índoles que confluirían no gran conflito continental que devastaría Europa.

A súa morte e a división de Austria-Hungría representan o fin dunha época e o comezo da Europa contemporánea.

Consecuencias

editar

Francisco Xosé levou adiante con considerable éxito o reinado máis longo de todos os gobernantes Habsburgo e tamén un dos máis tumultuosos, que indicou o final dos monarcas gobernantes para deixar paso ás democracias e monarquías parlamentarias europeas do século XX.

Igualmente, a tarefa de Francisco Xosé I non foi escasa nin insignificante: conseguiu manter a súa monarquía durante todo ese tempo, mentres as forzas nacionalistas centrífugas e os poderes estranxeiros intentaban facer en pedazos ao Imperio por todos os medios.

Basicamente, a rotunda negativa do Emperador a permitir as reformas democráticas que se lle esixían, así como a súa unión coas forzas conservadoras e absolutistas, abriron o camiño para o final da monarquía. En 1914, Austria-Hungría comprendía 676.616 quilómetros cadrados e 52,8 millóns de habitantes, o que o convertía no segundo país máis extenso de Europa (despois de Rusia) e o terceiro máis poboado (despois de Rusia e Alemaña). Incluía 15 nacionalidades: 12'5 millóns de austroalemáns, 10'5 millóns de maxiares, 7 millóns de checos e 2 de eslovacos, 5'2 millóns de polacos, outros tantos serbios, croatas e bosníacos, 3'5 millóns de romaneses, 4 millóns de rutenos e ucraínos, 800.000 italianos, friulanos e ladinos e 1'3 millóns de eslovenos. Había 40 millóns de católicos romanos e grecocatólicos (ucraínos e romaneses), 4,5 millóns de ortodoxos (serbios, romaneses e ucraínos), 4,7 millóns de luteranos e calvinistas, 2,5 millóns de xudeus e 800.000 musulmáns, cuxa coexistencia pacífica era garantida polo Imperio. Se a situación balcánica fora durante o s.XIX sanguenta e problemática, a disolución de Austrohungría exacerbaría os problemas, xuntándose co feito de que as novas fronteiras crearon unhas férreas barreiras arancelarias que asfixiaron o comercio e conduciron á crise económica e a miseria dos novos países.

Para Austria, a consecuencia máis importante desta disolución foi a súa degradación a un poder de terceira categoría, ata o punto de ser absorbida por Alemaña en 1938. Nunca recuperaría o seu status de gran potencia. Viena, que fora unha das capitais do mundo, converteuse da noite para o día na cabeza dun país diminuto.

Antepasados

editar
  1. Emperador de Austria; rei apostólico de Hungría; rei de Bohemia, de Dalmacia, de Galitzia e Lodomeria, de Croacia e de Iliria; rei de Xerusalén; arquiduque de Austria; Gran Duque de Toscana e de Cracovia; duque de Lorena, de Salzburgo, de Estiria, de Carintia, de Krajina e de Bucovina, da Alta e a Baixa Silesia, de Módena, Parma, Piacenza e Guastalla, de Auschwitz e de Zator, de Ciesyn, Friuli, Ragusa e Zara; conde de Habsburgo e do Tirol, de Kyburg, Gorizia e Gradisca, de Hohenembs, Feldkirch, Bregenz e Sonnenberg; gran príncipe de Siebenbürgen, príncipe de Trento e Bressanona; margrave de Moravia, da Alta e a Baixa Lusacia e de Istria; señor de Trieste e Cattaro, gran voivoda da voivodía de Serbia...
  2. Sutter-Fichtner, Paula: "The Habsburg Empire in World War I, a final Episode in dynastic History", East European Quarterly', 11:4 (1977)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar
  • Bonamusa Gaspá, Francesc: Pueblos y naciones en los Balcanes: siglos XIX-XX. Síntesis, Madrid, 1998. ISBN 84-7738-594-7.
  • Ferro, Marc: La gran guerra (1914-1918). Alianza, Madrid, 1998. ISBN 84-206-7927-5.
  • Hobsbawm, Eric J.: Historia del Siglo XX. Crítica, Barcelona, 2001. ISBN 987-9317-09-2.
  • Renouvin, Pierre: La crisis europea y la Primera Guerra Mundial. Akal, Madrid, 1993. ISBN 84-7600-400-1.
  • Willmott, Hedley Paul: La Primera Guerra Mundial. Inédita, Madrid, 2006. ISBN 84-933564-9-2.

Ligazóns externas

editar
Predecesor:
Fernando I
 
Emperador de Austria
Rei de Bohemia, de Hungría, Croacia e Eslavonia, Dalmacia, Galicia e Lodomeria, e Iliria

1848 - 1916
Sucesor:
Carlos I
Predecesor:
Fernando I

Rei da Lombardía-Venecia

18481866
Sucesor:
Anexionado a Italia