[go: up one dir, main page]

Confederación Xermánica

unión estabelecida en 1815 polo Congreso de Viena que agrupou 39 estados alemáns

A Confederación Xermánica ou Confederación Alemá (en alemán, Deutscher Bund) foi unha unión estabelecida en 1815 polo Congreso de Viena que agrupou 39 estados alemáns nunha confederación de estados soberanos baixo a presidencia da Casa de Austria. Sucedeu a Confederación do Rin, creada en 1806 por Napoleón I en substitución do Sacro Imperio Romano Xermánico.

Modelo:Xeografía políticaConfederación Xermánica
Deutscher Bund (de) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 50°06′29″N 8°40′30″L / 50.108, 8.675
CapitalFrankfurt Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Anhalt-Bernburg (pt) Traducir (1815–1866)
Anhalt-Dessau (pt) Traducir (1815–1866)
Anhalt-Köthen (pt) Traducir (1815–1866) Editar o valor en Wikidata../... 45+
Poboación
Poboación29.200.000 (1815) Editar o valor en Wikidata (46,34 hab./km²)
Lingua oficiallingua alemá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie630.100 km² Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación 10 de xuño de 1815:  causado por German Confederation Constitution Editar o valor en Wikidata
Disolución24 de agosto de 1866 Editar o valor en Wikidata
Sucedido porConfederación Alemá do Norte, Reino de Baviera, Reino de Württemberg, Grão-ducado de Baden (pt) Traducir, Gran Ducado de Hesse, Luxemburgo, Liechtenstein e Império Alemão (1848–1849) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernoConfederación
monarquía dual Editar o valor en Wikidata
MoedaReichstaler Editar o valor en Wikidata

Funcionamento

editar

Creada para manter a seguridade dos múltiples pequenos estados do desaparecido Sacro Imperio Romano Xermánico, a Confederación non supuña ningunha concesión ao crecente nacionalismo alemán, por non ser este do agrado de Viena. A Dieta, que non era un parlamento de representantes elixidos polo pobo senón un congreso de legados con sede en Frankfurt, foi a súa única entidade central, aínda que en 1834 estabeleceuse a Unión Aduaneira de Alemaña (Zollverein) e, con iso, creouse un mercado interno unitario para a meirande parte de estados.

A Revolución de 1848 tivo gran resonancia en Alemaña. En marzo producíronse en todos os Estados da Confederación alzamentos populares que obrigaron aos príncipes a facer concesións, que levaron ao rexurdimento dos primeiros parlamentos verdadeiramente representativos. A Confederación só funcionaba cando coincidían as posicións de Austria e Prusia, cuxa confrontación finalmente conduciu á Guerra das Sete Semanas. Tras o triunfo prusiano, a Confederación Xermánica quedou disolta e foi substituída no ano 1867 pola Federación Alemá do Norte, dominada por Prusia, que serviu de preámbulo ao gran Imperio Alemán.

 
Os monarcas dos estados membros na reunión de Frankfurt en 1863.

Estados membros

editar

Legado territorial

editar
 
Estados da Confederación Xermánica

Os actuais estados cuxo territorio formou parte da Confederación Xermánica (1815 - 1866), xa sexa enteiramente ou unha parte deles son:

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar