[go: up one dir, main page]

Eudoxo de Cnido

(Redirección desde «Eudoxo»)

Eudoxo de Cnido (en grego Εὔδοξος ὁ Κνίδιος),[1], nado en Cnido, na actual Turquía, contra o 390 a.C. e finado ao redor do 337 a.C., foi un filósofo, astrónomo, matemático e médico grego, discípulo de Platón. Nada da súa obra chegou até os nosos días; todas as referencias coas que contamos proveñen de fontes secundarias, como o poema de Arato sobre astronomía.

Modelo:BiografíaEudoxo de Cnido
Nome orixinal(grc) Εὔδοξος ὁ Κνίδιος Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 408 a. C. Editar o valor en Wikidata
Cnido (Grecia Antiga) Editar o valor en Wikidata
Mortec. 355 a. C. Editar o valor en Wikidata (52/53 anos)
Cnido (Grecia Antiga) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMatemáticas e astronomía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmatemático, filósofo, escritor, xeógrafo Editar o valor en Wikidata
Período de tempoPeríodo helenístico Editar o valor en Wikidata
ProfesoresArquitas de Tarento, Philistion of Locri (en) Traducir e Platón Editar o valor en Wikidata
AlumnosMenecmo, Deinostratos (pt) Traducir, Crisipo de Cnido e Cálipo de Cízico (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Enciclopedia soviética armenia
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX919717

Eudoxo foi o primeiro en propoñer un modelo planetario baseado nun modelo matemático, polo que se considera o pai da astronomía matemática.[2]

Traxectoria

editar

Eudoxo naceu en Cnido, cidade de Asia Menor situada na antiga rexión de Caria (actual Turquía), fronte a Halicarnaso, quizais no ano -408, aínda que algúns autores atrasan a data 8 anos, até -400, ou mesmo 18, até -390.

Probabelmente naceu nunha familia relacionada coa medicina, xa que estes foron os seus primeiros estudos, baixo a tutela de Filistio, exercendo esta profesión durante algúns anos.[3] Aprendeu tamén matemáticas con Arquitas de Tarento, considerado o máis ilustre dos matemáticos pitagóricos. En Atenas acudiu á Academia de Platón e, posteriormente, recomendado polo rei da cidade-Estado de Esparta Axesilao II ao faraón Nectanebo I, estudou astronomía en Heliópole durante máis dun ano.[4]

Á súa volta, fundou en Cícico unha escola de filosofía, matemáticas e astronomía; tamén ensinou noutras cidades de Asia Menor. De novo en Atenas, contra o ano -368, volveu a tomar contacto con Platón, e figurou como un dos membros máis brillantes da Academia. A súa relación con Platón é un dos puntos máis comentados da súa biografía, e a natureza de dita relación non é clara: segundo Dióxenes Laercio, Platón recibiuno con hostilidade, celoso da súa popularidade; Plutarco afirma que desconfiaba das ideas matemáticas de Eudoxo. Outras fontes, porén, afirman que a relación foi cordial e que Eudoxo seguiu as orientacións de Platón. Ao redor do ano -350, Eudoxo retornou a Cnido, onde acababa de instaurarse un réxime democrático, e se lle encargou a redacción da nova constitución.

Filostrato inclúeno no Libro I da súa obra Vidas dos sofistas en razón do ornato da súa linguaxe e á súa facilidade para a improvisación.

Eudoxo morreu na súa cidade natal no ano -355 (ou en -347 de considerarmos o seu nacemento en -400, ou en -337 de consideralo en -390).

Traballo en astronomía

editar

A súa fama en astronomía matemática débese á invención da esfera celeste e ás súas precoces achegas para comprender o movemento dos planetas, que recreou construíndo un modelo de esferas homocéntricas que representaban as estrelas fixas, a Terra, os planetas coñecidos (Mercurio, Venus, Marte, Xúpiter e Saturno), o Sol e a Lúa, e dividiu a esfera celeste en graos de latitude e lonxitude.

O seu modelo cosmolóxico afirmaba que a Terra era o centro do universo e o resto dos corpos celestes rodeábana fixos nun total de vinte e sete esferas reunidas en sete grupos.[5] Neste modelo baseouse Aristóteles para desenvolver o seu propio modelo cosmolóxico.[6]

Para explicar as retrogradacións que se observaban no movemento dos planetas (aparentemente, vistos desde a Terra, retroceden na súa órbita), Eudoxo introduciu a hipopede ou lemniscata esférica, que é resultado da combinación do movemento das dúas esferas máis internas do seu modelo. Sobre esta figura rotaría cada corpo celeste en correspondencia co seu período sinódico. Pola súa parte, o tempo de rotación sobre a esfera en que se encontra corresponde ao seu período sideral.[7]

Traballo en matemáticas

editar

O seu traballo sobre a teoría da proporción denota unha ampla comprensión dos números e permite o tratamento das cantidades continuas, non unicamente dos números enteiros ou números racionais. Cando esta teoría foi resucitada por Tartaglia e outros estudosos no século XVI, converteuse na base de numerosas obras de ciencia durante un século, até que foi substituída polos métodos alxébricos de Descartes.

Eudoxo demostrou que o volume dunha pirámide é a terceira parte do dun prisma da súa mesma base e altura; e que o volume dun como é a terceira parte do dun cilindro da súa mesma base e altura, teoremas xa intuídos por Demócrito. Para demostralo elaborou o chamado método de exhausción,[8] antecedente do cálculo integral para calcular áreas e volumes. Este método foi utilizado maxistralmente por Arquimedes. O traballo de ambos os dous como precursores do cálculo foi unicamente superado en sofisticación e rigor matemático por Newton e Leibniz.

Unha curva alxébrica leva o seu nome, a kampyle de Eudoxo:

 
  1. O seu nome, de εύ eu 'ben', 'bo', e δόξα dóxa 'opinión', 'reputación', 'fama', é análogo ao nome latino Benedictus (Bieito).
  2. Eudoxo de Cnido, p. 1/3 Arquivado 25 de novembro de 2011 en Wayback Machine.. Centro Virtual de Divulgación das Matemáticas, páxina desenvolvida pola Comisión de Divulgación da Real Sociedad Matemática Española (en castelán).
  3. Eudoxo de Cnido e as esferas en Astromía.com (en castelán).
  4. Eudoxo de Cnido, p. 2/3 Arquivado 26 de novembro de 2011 en Wayback Machine. (en castelán).
  5. Euxodio de Cnido. La astronomía helénica, na páxina da Asociación Larense de Astronomía (en castelán).
  6. Aristóteles: Filosofía y Tierra redonda en Astromía.com (en castelán).
  7. Eudoxo de Cnido, p. 3/3 Arquivado 26 de novembro de 2011 en Wayback Machine. (en castelán).
  8. Ruiz, Ángel: Eudoxo Arquivado 20 de novembro de 2007 en Wayback Machine.. Geometrías no eucladianas. Capítulo I: una introducción. En la Antigüedad griega.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • De Santillana, G. (1968): Reflections on Men and Ideas. cap. "Eudoxus and Plato: A Study in Chronology". Cambridge, MA: MIT Press.
  • Evans, James (1988): The History and Practice of Ancient Astronomy. Oxforf: Oxford University Press. ISBN 0-19-509539-1
  • Huxley, G. L. (1980): "Eudoxus of Cnidus" in The Dictionary of Scientific Biography, volume 4
  • Knorr, Wilbur Richard (1986): The Ancient tradition of geometric problems. Boston: Birkhäuser. ISBN 0-8176-3148-8
  • Knorr, Wilbur Richard (1978): "Archimedes and the Pre-Euclidean Proportion Theory" in Archives Intemationales d'histoire des Sciences, 28: 183-244
  • Neugebauer, O. (1975): A history of ancient mathematical astronomy Berlín: Springer-Verlag. ISBN 0-387-06995-X

Ligazóns externas

editar