[go: up one dir, main page]

Ricardo Carballo Calero

filólogo e escritor galego
(Redirección desde «Carballo Calero»)

Ricardo Carballo Calero (desde 1981 asinou como Ricardo Carvalho Calero), nado en Ferrol o 30 de outubro de 1910 e finado en Santiago de Compostela o 25 de marzo de 1990, foi un historiador da literatura, crítico literario, filólogo, lingüista e escritor galego. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos e do Partido Galeguista, o primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galegas da Universidade de Santiago de Compostela, numerario da Real Academia Galega e membro de honra da Associaçom Galega da Língua.

Modelo:BiografíaRicardo Carballo Calero

En Santiago de Compostela nos anos 30.
Nome orixinalRicardo Leopoldo Ángel José Gerardo Carballo Calero [1]
Coñecido como:
Ricardo Carballo Calero [2][3][4][5][6][7][8][9][10][11][12]
Desde 1981 asinou:
Ricardo Carvalho Calero [2][4][8][13][14][15][16][17][18][19][20][21]
Biografía
Nacemento30 de outubro de 1910 Editar o valor en Wikidata
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Morte25 de marzo de 1990 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Boisaca Editar o valor en Wikidata
Cargos
Membro da Real Academia Galega, 1958
Datos persoais
Formación profesionalDereito, Filosofía e Letras
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade de Madrid Editar o valor en Wikidata
Director de teseSantiago Montero Díaz Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica, belas letras, filoloxía hispánica, lingua galega e literatura galega Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Ferrol
Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
OcupaciónCatedrático de universidade
EmpregadorSeminario de Estudos Galegos
Partido Galeguista
Real Academia Galega
Partido políticoPartido Galeguista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoEnsaio, poesía, narrativa
Pseudónimo literarioEduardo Colmeiro
Leopoldo Calero
Martinho Dumbria
Namiq Ziyá
José Loureiro
Fernando Cadaval
Ilex
Erik Larsson
Sanguijuela Corpus Christi Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército Popular da República Editar o valor en Wikidata
Conflitoguerra civil española Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoAraceli Herrero Figueroa Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMaría Ignacia Ramos Díez Editar o valor en Wikidata
FillosMargarita Carballo Ramos
M.ª Victoria Carballo-Calero Ramos Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Gran Enciclopèdia Catalana
Diccionario biográfico español Editar o valor en Wikidata
Galiciana: 341422 BNE: XX1123049 AELG: 405 BUSC: carvalho-calero-ricardo-1910-1990 Dialnet: 47994

Autor dunha extensa obra, está considerado o ideólogo do reintegracionismo lingüístico, postura que defende que a lingua galega é unha variedade da lingua portuguesa ou, no ámbito científico, do galego-portugués.

Empregou os pseudónimos de Eduardo Colmeiro, Erik Larsson, Fernando Cadaval, Ilex, José Loureiro, Leopoldo Calero, Martinho Dumbria, Namiq Ziyá, P. F. (Pauviños Fontenla) .[22]

Traxectoria

editar
 
Casa natal, en ruínas, en 2018.

Naceu na rúa San Francisco do Ferrol Vello, sendo o primoxénito do empresario Gabriel Ricardo Carballo Naia e de Dolores Calero Beltrán, que terán cinco fillos máis, dous deles mortos nos primeiros anos de vida.[23] Tras cursar os seus primeiros estudos no Colexio Comellas, tendo como titor o escritor Manuel Comellas[24], cursou por libre o bacharelato e trasladouse a Compostela en 1926 para estudar Dereito (licenciouse en 1931) e Filosofía e Letras (licenciado en 1935) e cumprir co servizo militar. Aquí entrou en contacto co galeguismo e cos movementos culturais da época, especialmente co Seminario de Estudos Galegos. Foi este un momento de intensa militancia política de Carballo, integrado no movemento nacionalista e tomando parte no activismo estudantil na Federación Universitaria Escolar, da que chegou a ser presidente. En 1931 participou na creación do Partido Galeguista e contribuíu á redacción dun dos anteproxectos non considerados para o Estatuto da Galicia. En 1933 volveu a Ferrol, gañou a praza de auxiliar administrativo no Concello da cidade e casou con María Ignacia Ramos, licenciada en Historia e compañeira de estudos universitarios.

Nestes anos Carballo Calero contribuíu con numerosas colaboracións ás máis destacadas revistas literarias (A Nosa Terra, Nós, Guión, Galiza, Resol, Universitarios, Papel de Color) e principiou a publicación dos seus libros poéticos, primeiro en español e despois en galego.

Estudou por libre a carreira de Filosofía e Letras, licenciándose en 1936 pola Universidade de Santiago de Compostela, participando ao mesmo tempo activamente no movemento galeguista tanto a nivel local como nacional, sendo nomeado presidente do partido en Ferrol. En abril de 1936 foi elixido compromisario pola provincia da Coruña para a elección do presidente da República dentro da candidatura da Fronte Popular.[25]

Golpe de estado, defensa da República e cárcere

editar

O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sorprendeuno en Madrid no momento en que concorría ás probas para profesor de instituto en Lingua e Literatura Española.[3] Carballo posicionouse no bando republicano, entrando en combate como miliciano no batallón Félix Bárzana da FETE-UGT, o sindicato no que Calero militaba, co grao de tenente e participou na defensa de Madrid. Caeu prendido no fin da guerra, na fronte de Andalucía, e foi condenado en consello de guerra a 12 anos por separatista e recluído no cárcere de Xaén. A etapa de prisión foi aproveitada por Carballo para estudar alemán. A súa novela Scórpio recolle a experiencia vital deses anos, tal como, en certa medida, a comedia A sombra de Orfeo, a peza teatral Os xefes, de 1982 e algúns poemas, como Fugíamos da nossa vila, incluído na colectánea Cantigas de amigo e outros poemas (1980-1985).

En 1941 saíu en liberdade provisional volvendo para Galiza, e regresando á súa cidade natal.[26] Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en marzo de 1941 por ser directivo do Partido Galeguista, que foi sobresido en setembro de 1944.[27] Imposibilitado para exercer a función pública, refuxiouse no ensino privado (entre 1950 e 1965 no Colexio Fingoi de Lugo), no que exerceu como "conselleiro delegado", pois non estaba autorizado para ser director.

Ditadura franquista

editar

Restableceu os contactos cos galeguistas que ficaran no país, moi especialmente con Francisco Fernández del Riego, con quen mantivera correspondencia desde o cárcere.[12] En paralelo ao seu labor docente desenvolveu nestes anos un importante traballo investigador, iniciado coa tese de doutoramento Aportaciones fundamentales a la literatura gallega contemporánea,[28] dirixida por Santiago Montero Díaz, defendida en Madrid o 9 de decembro de 1954 coa cualificación de premio extraordinario e publicada en 1955 na colección Gredos co título Aportaciones a la literatura gallega contemporánea.

A proposta de Ramón Otero Pedrayo, Florentino López Cuevillas e Xesús Ferro Couselo, ingresou como membro numerario na Real Academia Galega o 17 de maio de 1958, pronunciando o discurso Contribución ao estudo das fontes literarias de Rosalía, que foi respondido por Otero Pedrayo.[29] Logo de varios anos de traballo en 1963 publicou a obra Historia da literatura galega contemporánea, feita por encargo de Editorial Galaxia.

En 1965 autorizóuselle a exercer o ensino público como agregado de instituto no Liceo Rosalía de Castro, de Santiago de Compostela, ao tempo que comeza a impartir aulas de galego na universidade.[30] En 1967 foi galardoado co Pedrón de Ouro.[31] Por fin, en 1972 obtivo por oposición a cátedra compostelá de Lingüística e Literatura Galega acabada de crear.

Últimos anos

editar
 
En Vida Gallega en 1928.

Os estudos de Carballo atinxiron igualmente a lingua. Recollendo a herdanza dos autores do Primeiro Rexurdimento e os traballos do profesor Manuel Rodrigues Lapa, Carballo Calero, preocupado pola coherencia histórico-lingüística do galego a pesar da férrea oposición que encontrou no camiño, mostrouse defensor das teses etimoloxistas que terían continuidade no movemento reintegracionista, feito que lle impelería a asinar como Carvalho Calero pero tamén lle custaría ser marxinado nos últimos anos da súa vida.[32] Así mesmo, desenvolvería un amplo labor como editor dos clásicos.[26]

En 1979 foi nomeado por Alejandrino Fernández Barreiro, responsable do departamento de educación da Xunta Preautonómica, presidente da comisión encargada de establecer unhas normas lingüísticas para o uso administrativo da lingua galega. Xubilouse en 1980 mais mantivo a súa actividade creadora e seguiu colaborando con diversas asociacións, como a Associaçom Galega da Língua (AGAL), de tendencia lusista, e da cal era membro de honra. En 1981 foi nomeado membro da Academia das Ciências de Lisboa.

O escritor

editar

Autor dunha extensa obra literaria e de creación, sobre lingua e sobre literatura.

Narrativa

Henrique Dacosta sinala catro eixes temáticos na súa narrativa:[33]

  • Narracións que orbitan arredor da crise da fidalguía (A xente da Barreira, 1951).
  • Narracións centradas no imaxinario autobiográfico do autor (Scórpio, 1987).
  • Narracións de natureza introspectiva (Aos amores serodios, 1979).
  • Narracións de natureza allea ou foránea, mesmo exótica (A cegoña, 1975)
Poesía

Foi o xénero co que se sentiu máis identificado. A poesía "era unha sorte de relicario, un precioso ben ao que se aferrar por se tratar dun instrumento necesario sobre o que verter as súas inquedanzas, dúbidas, alegrías, pensamentos... Os poemas posteriores á guerra civil son máis sombríos que os precedentes... Frecuenta o clasicismo con referencias de natureza histórico-cultural."[34]

Segundo Pilar Pallarés "a súa poesía conecta intimamente coa europea e é testemuño, temática e esteticamente, dun século XX do que Carvalho se recoñece fillo"[35]. A súa obra poética, na que hai modernismo, neotrobadorismo, hilozoísmo, creacionismo, ultraísmo etc é ampla: (Pretérito imperfeito 1927-1961 -que recolle os primeiros libros-; 1980, Futuro condicional (1961-1980), 1982; Cantigas de amigo e outros poemas (1980-1985), 1986; Reticências... (1986-1989), 1990).

 
Nº 1 de Grial, 1963.
Teatro

Segundo Henrique Monteagudo "A súa produción dramática, relativamente ampla, e en parte relacionada coa súa actividade didáctica no Colexio Fingoi, sitúase entre a tradición galega, estilizando a temática popular, e a conexión co teatro europeo coetáneo (teatro do absurdo), entre o clasicismo e a experimentación, con técnicas do teatro chinés, fórmulas expresionistas e aproximacións á linguaxe cinematográfica."[35] O seu teatro fala dos problemas da comunicación humana, da maternidade, do fracaso do amor, da comprensión e a sátira contra a ambigüidade política.[36] En Teatro completo (1982) recóllense as súas creacións, "Farsa das zocas" (Grial nº 1, 1963) é a máis coñecida.

Ensaio

Destacou no campo da crítica literaria con Sete poetas galegos (1955), Contribución ao estudo das fontes literarias de Rosalía (1959), Libros e autores galegos I e II (1979, 1982), Estudios rosalianos (1979) e Letras galegas (1984). E a obra máis extensa para o coñecemento da literatura galega Historia da literatura galega contemporánea (1963 e 1975), fonte indispensable para os estudos posteriores. Ademais de estudoso de Rosalía de Castro foi tamén editor de importantes figuras da literatura galega (Eduardo Pondal, Ramón Cabanillas..).

É autor, tamén, dunha Gramática elemental del gallego común (1966), a máis completa ata ese momento e a primeira ferramenta para o ensino da lingua galega. Ademais destacan, entre outras, Problemas da língua galega (1981) e Da fala e da escrita (1983).

Legado

editar
 
Cunqueiro, Fernández del Riego e Carballo Calero en Compostela nos anos trinta.

Desde 1997 a súa biblioteca persoal forma parte dos fondos bibliográficos do Parlamento de Galicia, adquirida xunto co seu arquivo persoal. A colección está formada por 4.872 volumes de monografías e coleccións de 197 títulos de revistas. Entre o heteroxéneo material da colección destacan documentos persoais e docentes, correspondencia, expedientes e recortes de prensa, obra propia e allea, así como material gráfico (láminas, mapas, planos e carteis). Os fondos atópanse nunha das salas da biblioteca parlamentaria que leva precisamente o nome de “Sala Carballo Calero”.[37]

Obra en galego

editar

Obra completa

editar

Poesía

editar
 
Exemplar numerado e rubricado de Cantigas de amigo e outros poemas.

Teatro

editar
 
Cancelación de antecedentes penais en 1963.[45]

Narrativa

editar

Ensaio

editar
 
Cartel dunha conferencia de 1929.

Epistolarios

editar

Conversas

editar
 
Entre os membros do SEG en 1928, con 18 anos de idade. De esq. a d. De pé: Otero Pedrayo, Losada, López Cuevillas, Risco, Carballo Calero, Filgueira, García Paz, Pintos, Fraguas e Fernández Osorio-Tafall. Sentados: Parga Pondal, Moralejo Laso, Carro, Cabeza de León, Arias Sanjurjo, Álvarez Limeses e Novás.

Edicións

editar
  • Versos iñorados ou esquecidos, de Eduardo Pondal (1961). Vigo: Galaxia-Centro de Estudios Fingoy.
  • Contos populares da provincia de Lugo (1963). Vigo: Galaxia.
  • Poesías, de Rosalía de Castro, con Lydia Fontoira Surís (1973). Vigo: Patronato Rosalía de Castro.
  • Ramón Cabanillas. Escolma de poemas (1976). A Coruña: Real Academia Galega.
  • Prosa Galega I: Desde os primeiros oitocentistas ao grupo Nós (1976). Vigo: Galaxia.
  • Antonio López Ferreiro. Escolma de prosa galega (1978). Real Academia Galega.
  • Teatro Nós (1979). Follas Novas. 215 páxs. ISBN 84-85385-13-6. Edición e estudo de O bufón del Rei (Vicente Risco), A lagarada (R. Otero Pedrayo), Os vellos non deben de namorarse (Castelao).
  • Prosa Galega II: Dos novecentistas aos nosos días (1978). Vigo:Galaxia.
  • Prosa Galega III: Da época trobadoresca ao neoclasicismo (1980). Vigo: Galaxia.
  • Afonso X o Sábio. Cantigas de amor, de escarño e de louvor (1983). Con Carme García Rodríguez. Sada: Ediciós do Castro.
 
1ª promoción de Filoloxía Galego-Portuguesa. De pé: Vázquez, Figueiras, González, Castelao, Verao, Gayoso, Giráldez, Ogando, Cambeiro e Mato. Sentados: Queizán, Ferreiro, Salinas, Roca, Morán, García e González. Cada un leva na man unha obra de R.C.C.

Publicacións na Universidade de Santiago de Compostela

editar

Obras colectivas

editar
 
Escultura en Compostela, por José Molares.
  • Antoloxía da poesía galega actual. Nordés (1978) Ediciós do Castro.
  • Problemática das línguas sen normalizar. Situación do galego e alternativa (1980). AS-PG/Xistral.[59]
  • Castelao contra a manipulación (1984). Xistral.
  • Actas do I Congresso Internacional da Língua Galego-Portuguesa na Galiza 1984 (1986). AGAL.
  • Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole (1986). Concello de Lugo.
  • Fernando Pessoa. Centenario do seu nascimento (1988). Ediciós do Castro.
  • Actas do II Congresso Internacional da Língua Galego-Portuguesa na Galiza (1990). AGAL.
  • Comentarios de textos contemporáneos (1992). Xerais.
  • Tamén navegar (2011). Editorial Toxosoutos.

Obra en castelán

editar

Poesía

editar
  • Trinitarias (poesías) (1928). Ferrol: El Correo Gallego. Prólogo de Nicolás García Pereira.
  • La soledad confusa (1932). Santiago: Imprenta Nós.[60]
  • Poesía perdida (1993). Edición de Claudio Rodríguez Fer. Sada: Ediciós do Castro.

Ensaio

editar
 
Necrolóxicas, nótese a convivencia das dúas formas do seu apelido que empregou en vida: "Carballo" e "Carvalho".
  • Aportaciones a la literatura gallega contemporánea (1955). Madrid: Gredos. Biblioteca Románica Hispánica. Colección Estudios y Ensayos, nº 25.
  • La poesía gallega del siglo veinte (1955). Madrid: Universidade de Madrid.
  • Gramática elemental del gallego común (1966). Vigo: Galaxia.
  • Breviario antológico de la literatura gallega contemporánea (1966). Barcelona: Real Academia Galega.
  • Particularidades morfológicas del lenguaje de Rosalía de Castro (1972). Santiago: Universidade.
  • La fuerza pública en la Universidad de Santiago y otros escritos escolares (1930-1933) (1987). Sada: Ediciós do Castro.[61]
  • El grupo Nós (2019). Madrid: Antonio Machado libros. (Póstumo)

Edicións

editar
  • Cantares gallegos, de Rosalía de Castro (1963 e 1969). Salamanca: Anaya.
  • Cantares gallegos, de Rosalía de Castro (1974). Madrid: Cátedra.
  • Antología literaria bilingüe (1983). De Castelao, edición, tradución e notas. Madrid: Taurus.

Recoñecementos

editar

En 1981 foi nomeado Membro de Honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega. En 1984 concedéuselle a Medalla Castelao, en 1986 pechou o Encontro sobre o estado actual da normalización lingüística que deu lugar á creación da Mesa pola Normalización Lingüística,[62] en 1987 obtivo o Premio da Crítica de narrativa galega pola súa novela Scórpio.

En 1990 O Facho rendeulle homenaxe cun ciclo de conferencias. Nos anos 2000 e 2010, conmemorando o seu pasamento e o centenario do seu nacemento, celebráronse diferentes homenaxes sobre todo en Ferrol. Fillo Predilecto de Ferrol dende o ano 1990, o Parlamento de Galicia nomeouno por unanimidade Fillo Ilustre de Galicia desde 1996[63].

Estivo en varias ocasións (2008, 2010, 2013, 2015, 2016, 2017 e 2018) entre os nomeados polos membros da Real Academia Galega para dedicarlle o Día das Letras Galegas. Finalmente, en xuño 2019 foi o único candidato proposto e a figura escollida polo plenario da RAG para ser a figura homenaxeada o Día das Letras do ano 2020, coincidindo cos 110 anos do seu nacemento e os 30 anos do seu pasamento.[64]

Leva o seu nome un centro de ensino público da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, o IES Ricardo Carballo Calero, no barrio de Caranza de Ferrol.[65] Tamén o Complexo Deportivo Carballo Calero de Carballo e o Centro Cultural Carvalho Calero de Ferrol.

Desde 1990 convócanse os premios Carvalho Calero de investigación lingüística e creación literaria, outorgados polo Concello de Ferrol.

Galería de imaxes

editar


  1. "Centenário Carvalho Calero. Cronologia". Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2016. Consultado o 24 de xuño de 2019. 
  2. 2,0 2,1 "Carballo Calero, Ricardo" na Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
  3. 3,0 3,1 "Membros da Academia. Ricardo Carballo Calero". Real Academia Galega. 
  4. 4,0 4,1 "Carballo Calero, Ricardo". Diciopedia do século 21 1. 2006. p. 432. 
  5. "Carballo Calero, Ricardo". Enciclopedia Galega Universal 4. p. 422-423. 
  6. "Carballo Calero, Ricardo". Diccionario enciclopédico galego universal 13. Ir Indo para La Voz de Galicia. p. 43. ISBN 84-7680-429-6. 
  7. "Carballo Calero, Ricardo". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo. pp. 180–183. 
  8. 8,0 8,1 Vilavedra, D. (coord), Cochón, I. et al (1995). "Carballo [Carvalho] Calero, Ricardo" en Diccionario da Literatura Galega, volume I (Autores).
  9. Fernández del Riego 1971, p. 256, 260, 269–271.
  10. Fernández del Riego 1992, p. 73.
  11. Méndez Ferrín 1984, pp. 102-104.
  12. 12,0 12,1 12,2 Epistolario a Fernández del Riego (2006). Editorial Galaxia.
  13. Ricardo Carvalho Calero Biblioteca Virtual Galega. Universidade da Coruña.
  14. Gómez Sánchez; Queixas Zas (2001). Historia xeral da literatura galega (1ª ed.). pp. 185, 201, 225, 235, 247, 248, 251, 269, 270, 280, 281, 313, 332, 344. 
  15. Marco 1992.
  16. García Negro 2010.
  17. Fernández Lorenzo 2019.
  18. Pardo de Neyra 2019.
  19. Cajaraville 2020.
  20. Dacosta 2020.
  21. Rabuñal 2020.
  22. "Pseudónimos galegos en ogalego.eu: c". www.ogalego.eu. Consultado o 10/9/2019. 
  23. García Negro 2020, p. 16.
  24. «Centenário Carvalho Calero. Cronologia» Academia Galega da Língua Portuguesa.
  25. El Correo Gallego, 28/4/1936, p. 1.
  26. 26,0 26,1 Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
  27. Expediente de responsabilidades políticas de Ricardo Carballo Calero e outros
  28. Carballo Calero, Ricardo. Aportaciones fundamentales a la literatura gallega contemporánea [Tese de doutoramento]. 
  29. 29,0 29,1 Carballo Calero, R. (2020). Contribución ao estudo das fontes literarias de Rosalía. Real Academia Galega. 
  30. Villanueva, Malores (30/10/2020). "Don Ricardo, o profesor vocacional". La Voz de Galicia. Consultado o 31/10/2020. 
  31. Villares Mouteira, Félix. "Ricardo Carballo Calero · Otras firmas". Diócesis de Mondoñedo-Ferrol. Consultado o 31/10/2020. 
  32. Rodríguez Fernández, José Luis (17/10/2018). "Carvalho Calero converteuse nunha bandeira sen el procuralo". adiante.gal. 
  33. Dacosta 2020, p. 66.
  34. Dacosta 2020, p. 47.
  35. 35,0 35,1 "Letras Gal-Actual - Real Academia Galega". academia.gal. Arquivado dende o orixinal o 03/04/2020. Consultado o 9/2/2020. 
  36. Dacosta 2020, p. 55.
  37. O pazo do Hórreo Arquivado 19 de novembro de 2018 en Wayback Machine. na páxina web do Parlamento de Galicia.
  38. Salterio de Fingoy en Google Books.
  39. Contén a produción xa publicada en Vieiros, O silenzo axionllado, Anxo de terra, Poemas pendurados dun cabelo e Salterio de Fingoi.
  40. Nicolás, Ramón (17/11/2019). "Fillo de Eva (88 poemas de Ricardo Carvalho Calero), edición de Pilar Pallarés". Caderno da crítica. Consultado o 18/11/2019. 
  41. "Clube". Através Editora área editorial da AGAL (en portugués). Consultado o 1/10/2019. 
  42. "Beleza, verdade [Ricardo Carvalho Calero]". A poesía necesaria. Consultado o 14/8/2020. 
  43. Rabuñal, Henrique (Xaneiro-xuño, 2020). "Ricardo Carvalho Calero, poeta da beleza e da verdade". Grial. LVIII (225, 226): 75–76. ISSN 0017-4181. 
  44. Fernandes, Paulo (2022-08-03). "Paulo Fernandes: "Mais da metade dos poemas de 'Feixe levián', de Carvalho Calero, estão completamente inéditos"". Nós Diario. Consultado o 2022-08-03. 
  45. Araguas, V. (2010). "Moitos seguimos a chamarlle mestre" (PDF). Galegos (Ézaro Ediciones) (9): 122–126. ISSN 1889-2590. 
  46. 46,0 46,1 46,2 46,3 Fernández del Riego 1971, p. 260.
  47. Contén: A sombra de Orfeo, Farsa das zocas, A arbre e Auto do prisioneiro
  48. Contén: O fillo, Isabel, A sombra de Orfeo, Farsa das zocas, A árbore, O redondel, Auto do prisioneiro, Os xefes.
  49. Dobarro, Xosé María. "A primeira novela da posguerra". Crítica e autores I. Biblioteca Galega 120. La Voz de Galicia. pp. 116–117. ISBN 84-9757-097-9. 
  50. Marco, Aurora. "Criar prosa en galego". Crítica e autores I. Biblioteca Galega 120. La Voz de Galicia. pp. 117–118. ISBN 84-9757-097-9. 
  51. Publicado en castelán como Escorpio en 2022, por Cielo Eléctrico Narrativa. Tradución e prólogo de Carmen Blanco. 352 páxs. ISBN 978-84-12-51911-2.
  52. Versa sobre Rosalía, Pondal, Curros, Noriega Varela, Cabanillas, Amado Carballo e Manuel Antonio.
  53. Reedicións en 1981 e 2001.
  54. Cartas de Ramón Piñeiro a Ricardo Carballo Calero en Cervantesvirtual
  55. Bouzas Gorgal, Belén (14/11/2017). "Epistolario Ricardo Carballo Calero/Ramón Piñeiro (Historial dun libro)". Boletín Galego de Literatura 0 (51). ISSN 2174-4025. 
  56. "Polos camiños das horas: Epistolario de Ricardo Carballo Calero e Ramón Otero Pedrayo". publicacions.academia.gal. Consultado o 2021-04-29. 
  57. Galicia, Xunta de (2023-01-13). "O volume ‘Unha amizade con Ferrol ao fondo’ editado co apoio da Xunta reúne a correspondencia entre os escritores Carvalho Calero e Tomás Barros". Xunta de Galicia. Consultado o 2023-04-17. 
  58. Antón L. Galocha (1977). "Carballo Calero. Do galeguismo e da língoa". A Nosa Terra. [Ligazón morta]
  59. "Problemática das línguas sen normalizar. Situación do galego e alternativas" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de decembro de 2018. Consultado o 28 de decembro de 2018. 
  60. Iglesias, Xabier (15/3/2014). "La soledad confusa". OslibrosdeAnxelCasal.blogspot.com. 
  61. Contén oito artigos en galego.
  62. A Mesa, ed. (21 de xuño de 2019). "A Mesa reivindica a figura de Ricardo Carvalho Calero, que mañá será elixido protagonista do Día das Letras de 2020". Consultado o 21 de xuño de 2019. 
  63. P, Redacción. "Entregado o premio » Ricardo Carvalho Calero» de investigación lingüística". Galicia Ártabra Digital. Consultado o 31/1/2020. 
  64. "O Día das Letras Galegas de 2020 estará dedicado a Ricardo Carballo Calero". Real Academia Galega. 22/6/2019. 
  65. IES Ricardo Carballo Calero Consellería de Educación.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • “Vida de sabio nun país ingrato”. Fernán-Vello, M.A.
  • “Da vida e da obra: tres Carballos”. Blanco, Carme
  • “O tenento Carballo”. Rodríguez Fer, Claudio
  • “Traxectoria galeguista dun significado escritor”. Fernández del Riego, Francisco
  • Xa somos esquerda”. Rodríguez Sánchez, Francisco
  • “Elógio da razom prática”. L. Suevos, Ramom
  • “Carvalho Calero e a língua portuguesa da Galiza”. Montero Santalha, J.M.
  • “A aplicaçom sucessiva da doutrina lingüística em textos de Carvalho Calero”. Henríquez Salido, Mª do Carmo
  • “A língua agarimo de tradiçom e arma de progresso”. García Negro, Mª Pilar
  • “Política e planificaçom lingüísticas nos escritos de C. Calero”. Prieto Alonso, Domingos
  • “Na poesía de preguerra”. Salinas Portugal, Francisco
  • “Anjo de terra”. Souto Presedo, Elvira
  • Scorpio ou a moi intelixente contra-cruzada dun fantasma”. Martínez Pereiro, Carlos Paulo
  • “Intertextualidade, contra-obra e reteatralizaçom”. Herrero Figueroa, Araceli
  • “Rafael-Orfeu: a sombra de um mito”. Marco, Aurora
 
José Martinho Montero Santalha en Ferrol, nas xornadas: "Ricardo Carvalho Calero no século XX galego".
  • “Prólogo”. Meilán Gil, José Luis
  • “Carvallo Calero novelista”. Villanueva, Darío
  • “O compromiso cultural de Carvalho Calero: a reintegraçâo lingüística galego-portuguesa”. Montero Santalha, José-Martinho
  • “A obra lingüística de Carvalho Calero”. Mariño Paz, Ramón
  • “Carvalho Calero: o teatro e a vida”. Guisan Seixas, Joâo
  • “A narrativa de Carvalho Calero na encrucillada dos anos cincuenta”. Forcadela, Manuel
  • “Ricardo Carvalho Calero: a elegancia do intelectual comprometido”. Fernán-Vello, Miguel Anxo
  • “Ricardo Carvalho Calero, Gallaecia Magna”. Rodríguez Fernández, José Luís
  • “Algúns recordos de Carvalho Calero”. Díaz Pardo, Isaac
  • “Carballo Calero no diagrama da comunicación dramática. Carballo, poeta dramático e ironista” Arquivado 25 de marzo de 2016 en Wayback Machine.. Herrero Figueroa, Araceli
  • “O professor, o mestre, o amigo: evocaçom saudosa”. Marco, Aurora
  • “O discurso metapoético de Ricardo Carvalho Calero”. Álvarez Cáccamo, Xosé María
  • “As pegadas de Manoel Antonio na poesía de Ricardo Carvalho Calero”. March, Kathleen
  • “Carvalho Calero: mitos para un exílio”. Pallarés, Pilar
  • “Reflexións sobre a Segunda República”. Barreiro Fernández, Xosé Ramón
  • “A descrición na obra narrativa de Carvalho Calero. Análise retórica e hermenéutica”. Casas, Arturo
  • “Como sair do cerco. A legitimaçom galeguista da Literatura Galega por Carvalho Calero e a génese da sua centralidade no campo da crítica literária”. Torres Feijó, Elias J.
  • “Carballo Calero, un xove nacionalista. 1926-1936”. Beramendi, Justo
  • “Limiar”. López, Teresa; Salinas Portugal, Francisco
  • “Ricardo Carvalho Calero escribe a Xosé Filgueira Valverde. Dados para a antoloxía da poesía galega do ano 1936”. López, Teresa
  • “Do carácter híbrido da narrativa breve de Carvalho Calero. (Da ambigua verdade intempestiva de Aos amores seródios)”. Martínez Pereiro, Carlos Paulo
  • “A gramática galega no século XX. O contributo de Carvalho Calero”. Álvarez Blanco, Rosario
  • “"Auto do prisioneiro" nas Mostras de Ribadávia: a recepçom cénica da obra dramática de Carvalho Calero no período refundacional do teatro galego”. Biscainho Fernandes, Carlos Caetano
  • “Momentos de memoria persoal e comunal de RCC”. Blanco García, Carmen
  • “Carvalho Calero e a lingua galega: coherencia, compromiso e visión de futuro”. Freixeiro Mato, Xosé Ramón
  • “Carvallo Calero novelista”. Villanueva, Darío
  • “Pensamento, intervención e ciencia”. García Negro, María Pilar
  • “Ricardo Carvalho Calero, soliloquio contra a desesperanza”. Rodríguez, Francisco
  • “O labor universitário de Ricardo Carvalho Calero”. Rodríguez Fernández, José Luís
  • “Etapas no pensamento linguístico de Ricardo Carvalho Calero”. Montero Santalha, José-Martinho
  • “Ricardo Carvalho Calero: planificador da língua galega”. Penabade Rei, Bernardo
  • “Achegamento urxente á narrativa de Carvalho Calero”. Rabunhal Corgo, Enrique
  • “Carvalho Calero poeta: a palabra no exilio”. Salinas Portugal, Francisco
  • “A sociolingüística sobre o galego antes e despois de 1936: o contributo de Carvalho Calero”. Sanmartín Rei, Goretti
  • “O teatro de Ricardo Carvalho Calero”. Tato-Fontaíña, Laura

Ligazóns externas

editar
Vídeos externos
  Debate "O porvir do galego" 1987, TVG
  Memoria do século (c) AS-PG 2000