Calocedrus
Calocedrus | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calocedrus decurrens San Jacinto Mountains, sur de California | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
|
Calocedrus é un xénero de coníferas da familia das cupresáceas, subfamilia das cupresoideas, que comprende catro especies admitidas actualmente, unha propia de Norteamérica e as outras tres de Asia oriental.
Características
editarAs principais características das especies deste xénero son:[1]
- Son árbores perennifolios de gran porte, coa copa cónica, estreita, ramaxe densa, con numerosas pólas sinuosas coas ramiñas separadas en abano.
- A follaxe está composta por follas escamentas bastante longas, decorrentes na base, de cor verde, que desprenden un olor resinoso bastante forte cando se fregan.
- Son especies monoicas.
- As flores masculinas son duns 3 mm de lonxitude, globulares e douradas, e as femininas, primeiramente, dunha cor verde intensa, que se transforman, despois da fecundación e maduración, en pequenos conos ovoides, estreitos e rematados en punta.
- As piñas son pardas ao maduraren (despois dun ano, aproximadamente), liberando entón pequenas sementes aladas.
- Os ramallos son parecidos aos das tuias e os camecíparis, dos que se diferencian polas súas escamas máis alongadas, e de dous a tres veces máis longas ca largas.
Taxonomía
editarDescrición
editarA especie foi descrita en 1873 polo botánico alemán Wilhelm Sulpiz Kurz nun traballo publicado en J. Bot. 11: 196, t. 133.[2][3]
Etimoloxía
editarO nome científico Calocedrus está formado pola unión dos elementos do latín científico calo- e -cedrus. O primeiro deriva do grego antigo καλός kalós, "fermoso", e o segundo do latín cedrus, tirado do grego antigo κέδρος kédros, "cedro". Literalmente: "cedros fermosos".
Sinónimo
editarEspecies
editarNa actualidade recoñécense dentro do xénero as seguintes catro especies:[2][7]
- Calocedrus decurrens (Torr.) Florin
- Calocedrus formosana (Florin) Florin
- Calocedrus macrolepis Kurz
- Calocedrus rupestris Aver., T.H.Nguyên & P.K.Lôc
En Galicia
editarDestas catro especies, en Galicia a única cultivada en parques e xardíns é a C. decurrens, o cedro de California,[4] que, a pesar da súa elegancia, só se encontra no parque de Padrón (tres exemplares moi antigos), no paseo da da Ferradura de Santiago,[4] e no xardín do Pazo de Torrecedeira en Redondela, que figura no catálogo de árbores senlleiras de Galicia elaborado pola Xunta de Galicia.
Notas
editar- ↑ Calocedrus en The gymnosperm Database.
- ↑ 2,0 2,1 Calocedrus en Tropicos.
- ↑ Calocedrus no IPNI.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Castro, Freire & Prunell 1989, p. 70.
- ↑ Mitchell 1979, p. 74.
- ↑ "Kew World Checklist of Selected Plant Families, Calocedrus". Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2019. Consultado o 12 de xaneiro de 2018.
- ↑ Calocedrus na The Plants List.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Calocedrus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Calocedrus |
Bibliografía
editar- Castro, Marisa, Luís Freire e Antonio Prunell (1989): Guía das Árbores de Galicia. Autóctonas e ornamentais. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-406-5.
- Christenhusz, M. J. M., J. L. Reveal, A. K. Farjon, M. F. Gardner, R. R. Mill & M. W. Chase (2011): "A new classification and linear sequence of extant gymnosperms". Phytotaxa 19: 55–70.
- Farjon, A. (1998): World Checklist and Bibliography of Conifers. Royal Botanic Gardens, Kew. 300 p. ISBN 1-900347-54-7.
- Farjon, A. (2005): Monograph of Cupressaceae and Sciadopitys. Royal Botanic Gardens, Kew. ISBN 1-84246-068-4.
- Gadek, Paul A.; Deryn L. Alpers, Margaret M. Heslewood & Christopher J. Quinn (2000): "Relationships within Cupresaceae senus lato: A combined morphological and molecular approach" (Ler o texto completo). American Journal of Botany 87 (7): 1044–1057.
- Mitchell, Alan (1979): Guía de campo de los árboles de Europa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-2820-549-3.
- Rushforth, Keith D. (1987): Conifers. Cidade de Nova York, Nova York, USA: Facts on File. ISBN 978-0-8160-1735-5.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Calocedrus en The gymnosperm Database (en inglés).
- Calocedrus Kurz en Flora of North America (en inglés).
- Calocedrus na EOL (en inglés).